lunes, 3 de diciembre de 2018

T.3 A intervención

Tema 3 " A intervención humana no medio "
Actividades a realizar para logo realizar os proxectos sobre o tema: informáticos, tecnolóxicos, audiovisuais,...
-Resumo-esquema da unidade cos contidos máis relevantes.(no cuaderno do alumno)
-Proxecto cooperativo: Desenrolar un punto do tema e presentalo en equipo cooperativo aos demáis compañeiros en calquera formato dos que dixemos na aula.




ANTECEDENTES. Investigamos:

Obxectivos de Desenrolo Sostible. O 25 de setembro de 2015, 193 líderes mundiais compremetéronse con 17 Obxectivos Mundiais para acadar 3 cousas extraordinarias nos próximos 15 anos. "Erradicar a pobreza extrema. Combatir a desigualdade e a inxustiza":

viernes, 23 de noviembre de 2018

Mapa ríos proba escrita 6º (semana do 3 de decembro)


C.Sociais 6º de Ed.Primaria:
A proba escrita será o luns 3 de decembro para 6ºB e martes 4 para 6ºC.

Os contidos para esta proba de Sociais serán os seguintes:
-Ríos de España, afluentes e características das vertentes (haberá un mapa mudo para situar e identificar os ríos e afluentes).
-Climas  de España, características e situación dos climas ( temperaturas, precipitacións, vexetación,..).
Os contidos están nas páxs: 30, 31, 32, 33, e nos apuntes do caderno, neste blog, nas táboas e mapas feitos polos alumnos.

Tipo de proba:
-Mapa mudo físico de España e preguntas curtas.

Tarefas realizadas e por entregar ata o venres 30 de novembro
-Mapa cuberto da hidrografía (comezada o 16 de novembro).
-Táboa, esquema, apuntes dos ríos, afluentes e vertentes (comezada o 12 de novembro).
-Actividades nº 3 da páxina 32 e 37 (táboa climas e vexetación de España, comezo hoxe, 23 de novembro).
-Revisión de cadernos na semana do 26 ao 30 de novembro.


viernes, 16 de noviembre de 2018

Ríos de España.Tema 2 C.Sociais

Aqui tedes a táboa dos ríos que temos que estudar neste curso para a proba escrita e o mapa mudo que faredes na derradeira semana de novembro.

Os ríos que vamos a estudar atópanse nas páxinas 30 e 31 do libro de texto da área e son:
Vertente Cantábrica:
Bidasoa, Deba, Nervión, Pas, Saja, Navia, Nalón, Narcea
Vertente Atlántica:
Miño (afluente Sil), Douro (afluentes: Esla, Tormes, Pisuerga), Texo (afluentes: Jarama, Alagón),
Guadiana (afluentes: Zújar, Cigüela, Jabalón).
Guadalquivir (afluentes: Genil, Guadalimar).
Odiel e Tinto.
Vertente Mediterránea:
Ter, Llobregat, 
Ebro (afluentes: Aragón, Gállego, Segre, Cinca, Jalón,).
Turia, Xúcar, Segura, Guadalhorce.

Para practicar este xogo:

lunes, 12 de noviembre de 2018

Hidrografía de España: ríos e vertentes

Comezamos o estudo da hidrografía de España, ríos, encoros do tema 2 de C. Sociais para 6º curso.
Faremos un esquema, tipo táboa (de 4 filas e 5 columnas como comentei na aula) ou noutro formato ou ferramenta web, app igual que fixemos no relevo. Unha vez feita debemos imprimila e pegala no caderno da área.
Comezamos hoxe e debería estar rematada o venres 23 do mes en curso.

Aquí tedes o esquema feito con goconqr sobre estes contidos.Pincha nel abaixo no enlace.
Os ríos e vertentes de España.Apuntes

Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

lunes, 5 de noviembre de 2018

Tema 2 A nutrición (6º)

Comezamos a mediados do mes de novembro o tema: A nutrición.
Tarefas a realizar na aula e no caderno ata o venres 30 de novembro.
-Guión da unidade.
-Recollida de apuntes do profesor no caderno (esquema).
-Esquema e debuxo do aparato dixestivo.
-Esquema e debuxo do aparato respiratorio.
-Revisión de tarefas e caderno na aula na derradeira semana de novembro.

No mes de decembro faremos en grupos cooperativos o estudo, elaboración e presentación coa aplicación BookCreator ou similar a aparato escollido da función de nutrición.

martes, 30 de octubre de 2018

Tarefas e probas a realizar próximamente

Estas son as tarefas que imos realizar na aula durante 4 ou 5 sesións dende a derradeira semana de outubro e a primeiras dúas de novembro (dende o 29 outubro ao 12 de novembro)
En C.Sociais
-Elaborar táboa do relevo de España no caderno, ou en Word , PPT, ou coa ferramenta GoConqr que xa expliquei e comentei hai  uns días na clase e voltarei a ensinar (debedes ter un pendrive na aula)
-Completar o mapa mudo de España, na clase ( a partires desta táboa do relevo).
(Xa publiquei a miña táboa para comprobar os datos q teñen q aparecer na vosa).
Xa suliñaremos no libro os datos ou contidos a estudar.(Ver páxs. 22 á 27 para elaborar a táboa ou os apuntes que tedes no caderno).
Revisión de tarefas os luns 12 de novembro.
A proba escrita será o luns 19 de novembro para 6ºB, sobre o relevo de España (táboa 1), e para 6ºA e 6º C (seguramente xoves 22 ou venres 23) está sen decidir, sería tamén nesa 3ª semana de novembro.

C. da Natureza
Dúas probas: concurso por equipos é individualmente tamén. Son probas avaliables) coa ferramenta ou app Socrative, o xoves 8 de novembro.
Revisión libretas na semana do 5 ao 9 de novembro.Resumo esquema T1, e táboa-esquema reinos dos seres vivos.
Proba escrita o venres 9 de novembro.

martes, 16 de octubre de 2018

Proba escrita T 1 O medio físico de Europa

O venres 26 de outubro haberá a proba escrita do tema 1 de C. Sociais, " O medio físico de Europa"
Consta de dúas partes:
-Práctica (valor de 4 ptos): situar nun mapa físico mudo os datos xeográficos vistos no tema (montes ou cordilleiras, penínsulas, illas, mares ou oceános, límites de Europa, ríos e vertentes ).
-Teórica (6 ptos): Tres preguntas curtas sobre o anterior (apuntamentos caderno ou libro).


lunes, 8 de octubre de 2018

T1: Os ríos de Europa

Continuando co tema 1 de Ciencias Sociais:
Tema 1: O medio físico de Europa
1.-O relevo de Europa
1.1.-Os límites xeográficos
1.2.-As principais unidades de relevo.

No punto 3, veremos:
1.3.-Os ríos e lagos de Europa: 
(Debedes completar a vosa táboa coas vertentes hidrográficas e os seus ríos vistos na aula estos días, dun xeito igual ou semellar. Serán os vosos apuntamentos para estudar. Recomendo o uso de cores!! e as técnicas de estudo que estamos a repetir dende 5º curso.!!)



lunes, 1 de octubre de 2018

Tema O relevo de Europa

Tarefas: para a 1ª semana de outubro
No caderno ou libreta: apuntamentos do relevo de Europa e elaborar o esquema (visto na clase).Completar coa lectura do tema o mapa mudo físico de Europa con mares, illas, penínsulas, montes ou cordilleiras (ver máis abaixo).
Na segunda semana de outubro corrección e puntuación do feito por cada un.

Recordade: No mapa mudo físico de Europa e cos apuntes do esquema, imos complétalo cos seguintes datos que temos para estudar e coñecer para a proba escrita.

O relevo de Europa
1.1.-Limites: ao norte océano Glacial Ártico, ao leste os Montes Urais e Asia, ao oeste o Océano Atlántico, ao sur o norte de África, mar Mediterráneo e Asia.

Mares e oceános:
Océano  Glacial Ártico, mar de Barents, mar Branco, mar do Norte, océano Atlántico, mar Cantábrico, mar Mediterráneo, mar Tirreno, mar Adriático, mar Exeo, mar Negro, mar Caspio (12).

1.2.-Montes e cordilleiras:
Pódese distinguir entre montes ou macizos vellos (con menor altitude, máis gastados pola erosión debido a unha formación máis antigua) e as cordilleiras novas máis elevadas e máis recentes.
Montes Escandinavos, Gran Chaira Europea, Macizo Central Francés, 
Cordilleiras novas: Pireneos, Alpes (Pico Montblanc 4810 m.), Apeninos, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso (Pico Elbrus 5633m.), Montes Urais (10).

1.3.-Penínsulas:
Escandinava, Ibérica, Itálica, Balcánica, (4), (non entra na proba a de Kola, Xutlandia)

1.4.-Illas: Islandia, Británicas, Canarias, Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Malta, Chipre (9).


Para practicar:
Recurso interactivo:mapa de Europa


Fai clic no enlace de abaixo para saber máis:

lunes, 17 de septiembre de 2018

Inicio do Curso 2018/2019. C.da Natureza e C. Sociais

Comeza a partires do 12 de setembro, un novo curso académico en 6º curso de Ed. Primaria.
Neste blog irei colgando as tarefas, apuntes, proxectos, videos, e todo aquilo que precise para levar a cabo a programación das áreas de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais neste curso 2018-2019.
Nas primeiras semanas de setembro faremos unha avaliación inicial nas dúas materias coa aplicación Socrative (ou na primeira de outubro).

En Ciencias da Natureza e en Ed. Plástica, en relación a Tema 1, unha vez feito a estructuración do tema na libreta, construirán unha célula animal ou vexetal orixinal e empregando calquer tipo de material: cartón, froitas, pasta, plásticos, chuches,papel, colores, gomaespuma, fieltros,...CREATIVIDADE e INVESTIGACIÓN, non desexo que sexa un traballo extra para as familias, senón que eles mesmos argallen como facela, e claro está investiguen que partes, orgánulos ten unha célula (clase inversa), logo xa faremos unha posta en común para achar entre todos os contidos clave que debemos saber!!. Sorte!!
Este tarefa debe estar rematada e exposta na aula a primeiros de outubro.(Xa vos contará e dará a profesora de Plástica as pautas, dicir que será feito nos grupos cooperativos.)

viernes, 25 de mayo de 2018

T 7: Os reinos cristiáns

Tema 7 "Os reinos cristiáns"
Guión:
1.-Formación e expansión dos reinos cristiáns
1.1.-A creación dos primeiros núcleos
1.2.-A expansión territorial
1.3.-As repoboacións
2.-Os nobres e os seus castelos
Sociedade
2.1.-Privilexiados
2.2.-Castelos
3.-As terras do feudo
3.1.-Os campesiños
3.2.-A produción agrícola
4.-Vivo nunha cidade castelá
5.-O camiño de Santiago
6.-Arte e o patrimonio:
O estilo románico (ex: A igrexa románica) desenvolveuse entre o s.XI e s. XII.Igrexas ou monasterios rurais, pequenas, de planta de cruz latina, e arcos de medio punto e bóvedas de cañon.Grosos muros e escasas fiestras, interiores escuros.Paredes con pinturas con escenas da Biblia ou vida de Xesús.No lugar central a figura de Xesús,o Pantocreator.
A igrexa gótica

viernes, 4 de mayo de 2018

Tema 6 Al Andalus (Historia 5)

Tema 6: Al Andalus
Historia Medieval ou Idade Media (dende o s.V, ano 476 ata o descubrirmento de América no 1492)
1.De romanos a visigodos
A longo do s.V, a parte occidental do Imperio Romano foi ocupada por pobos xermánicos, (caída do Imperio Romano no ano 476, será a orixe da Idade Media).
I.1.-Fragmentación do Imperio Romano a partir do s.VI
-Imperio Romano de Oriente ou Bizantino
-Na zona occidental do Imperio Romano instaláronse os pobos xermánicos (ou bárbaros) que crearon varios reinos (dende o ano 411: suevos (en Galicia y norte de Portugal), vándalos,visigodos, francos, lombardos,..) e deron paso a Europa feudal e cristiá.
Os visigodos dominaron a península ( Hispania Romana) dende o 416 ata o 711.
-Os musulmáns invadiron a Península dende o norte de África é Arabia no ano 711 (s.VIII) ata o ano 1492 (fináis do s.XV).

I.2.- O reino visigodo (dende o 416 d.C. ata o 711)
A partir do 507 (s.VI) os visigodos fundaron e estableceron  o seu reino en Toledo.Gobernada por reís (monarquia como gobernó) que se convertiron ao catolicismo como relixión (foi o reí Recaredo no ano 587) e conquistaron case toda a Península.Tiñan unha Lei única para todos.A poboación vivía en aldeas de agricultores e gandeiros, cidades foron despoboadas polas continuas guerras, e por tanto había pouco comercio e artesáns.

II.- Al Andalus: da invasión aos reinos de taifas (dominio de oito séculos do s.VIII ao s.XV)
Invaden a Península Ibérica no ano 711 (s.VIII) e derrotan á monarquia visigoda.
O territorio invadido polos musulmáns chamouse Al Andalus.
2.1.- A invasion musulmán: dende o norte de África entraron polo estreito de Xibraltar. No ano 711 o reí visigodo Rodrigo foi derrotado na batalla de Guadalete
En sete anos conquistaron case toda a Península.
Fases:
2.1.-Conquista:
-Emirato ou provincia dependiente do Imperio islámico de Damasco (Califato Omeya). A capital foi Córdoba ( dende o711 á
-Emirato de Córdoba (independente do de Damasco) desde o ano 773.
2.2.-Califato de Córdoba no s.X, reí ou califa Abd-Al-Rahmán III, xefe espiritual, do 929 a 1031, foi a época de maior esplendor do Al Andalus.Centro comercial e cultural, sabios, mercaderes, escolas, bibliotecas, estudos, con Cordoba e o palácio da Medina Azahara coma cidade máis poboada de Europa.
-Despois da caída do califato no s.XI e fragmentouse en reinos de taifas independentes entre si, co Imperio Almorávide, en 1144 o II reino de taifas e despois o Imperio Almohade,en 1224 o III reino de taifas e a partires de 1238 o reino nazarí de Granada ( ata ser conquistado o reino de Granada e expulsados polos Cristián no s.XV, no ano 1492) .
2.3.-Sociedade na época musulmán
Gran diversidade debido aos poboadores hispanorromanos, visigodos, e conquistadores musulmáns.
Musulmáns descendentes dos conquistadores e visigodos convertidos ao Islamismo
Mozárabes eran os visigodos que mantiveram a súa relixión, a cristiá.
Xudeus seguidores do xudaismo eran comerciantes.

3.Unha cidade musulmá:
Al-Andalus era unha sociedade moi urbana. Foron grandes e importantes cidades coma: Sevilla, Córdoba, Granada, Málaga,.
As cidades forn centros de produción de artesanía, de intercambios comerciais.O zoco era o centro comercial, onde acudían campesiños e artesáns dos arredores.Existian barrios cheos de obradoiros de tecidos, cerámicas, armas, coiros, cobre, papel, vidro,...Desenvolveron un importante comercio a longa distancia.
Partes: Murallas con portas.Alcazaba era a fortaleza militar.Medina: era o centro da cidade con zoco, mesquita, alcázar ou palacio, fonda, baños públicos (hammams), barrios (xudaría, barrio mozárabe,..) e arrabaldes no exterior.
4.-Legado do Al-Andalus
Tivo un gran desenvolvemento económico, científico e cultural e a súa influencia ainda a podemos ver hoxe, na nosa lingua, costumes, cultura,..
1.Novos cultivos e novas técnicas: técnicas d regadío (alxibes ou pozos, aceas, noras;..).Novos cultivos coma froitas: granada, melón, verduras: (alcachofa, espárrago, berenxena,..), cítricos: limón, laranxa, arroz, algodón, azafrán
2.-Avances científicos e técnicos: matemáticos, médicos-cirujanos, filósofos, astrónomos, botánicos,..En matemáticas: a numeración arábiga (o 0), o papel, o xadrez,.

5.-Arte e patrimonio:
Numeroso patrimonio: palacios del Generalife e a Alhambra de Granada, Xiralda de Sevilla,Mesquita de Córdoba, alcazabas, medinas,..

jueves, 26 de abril de 2018

Tarefas para maio

Aquí tedes a modo resumo as tarefas para realizar dende finais de abril ata o 24 de maio, tanto en Ciencias da Natureza como en Ciencias Sociais.
Ollo!!!, xa o repetín varias veces, representarán  o 50 % da nota desta avaliación.Coa proba escrita e o caderno é os proxectos saldrán as notas finais.
C.Natureza:
-Rematar o padlet do tema 5 da Enerxia no caderno.Revisión e avaliación ata o 15 de maio.
-Proba escrita coa aplicación  Socrative sobre o tema da  enerxia e o padlet na semana do 21 ao 24 de maio

C. Sociais
-Mapa de Europa político e países da Unión Europea (algunhas capitais máis relevantes).Proba escrita o venres 18.
-Liña do tempo das etapas da Prehistoria e Historia para o martes 15.
-Liña do tempo do tema 6 Al Andalus para o venres 18.

viernes, 13 de abril de 2018

Tema 5: Xeografía de Europa

Vamos a estudar os países de Europa e os que pertencen a Unión Europea.




A Unión Europea está formada por 28 países, Reino Unido solicitou sair da U.E ("Brexit")
Pincha no enlace e xoga a descubrilos!!
-Unión Europea

Para coñecer as capitales: cultura xeral tes este outro xogo:
-Xogo capitales de Europa

Actividades para facer o venres 20 de abril.
-Completar o mapa mudo cos países de Europa.
-Colorear e debuxar as bandeiras dos países dos integrantes da U. Europea no teu caderno de C. Sociais.

Para saber máis tes este enlace sobre xeografía física e política de Europa
-Coñece Europa: xeografía

Bandeiras:

Resultado de imagen de BANDERAS PAISES EUROPA SIN COLOR

Europa: mapas, bandeiras, xogos, puzzles. Pincha debaixo
Europa política (dun blog)

sábado, 7 de abril de 2018

viernes, 6 de abril de 2018

Tema 5 A enerxía (3º Trimestre)

Dende o 3 de abril deu comezo o 3º trimestre.Na área de C.da Natureza corresponden ás unidades 5 e 6, "A enerxía" e "Estructuras e máquinas" e faremos, a través dun mural interactivo con padlet (feito por Pedro), a maioría das actividades ou tarefas do tema 5 "A enerxía".

Para entregar o martes 10, haberá que ler e facer un pequeno resumo ou comentario no caderno de c. da natureza, do seguinte artigo do xornal El mundo, sobre as enerxías renovables en Portugal. Miradea desde o blog, ou o xornal e facede a actividade.
Actividade 1: (lectura e comentario no caderno: mínimo 6 liñas!!)
 Nova sobre enerxías renovables no El Mundo. Clicade no enlace abaixo!!.
Medio ambiente:Enerxías renovables Portugal marzo 2018

Mirade o mural para continuar a facer as seguintes actividades da unidade 5 A enerxía. Xa vos iremos comentando na aula.

Hecho con Padlet

martes, 3 de abril de 2018

Proba escrita C.Sociais.

A proba escrita, co mapa "mudo" sobre provincias e comunidades autónomas de España será o venres 6 de abril e a recuperación o martes 10 de abril (para aqueles que necesiten repetilo).
O contido son as 50 provincias de España, as dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e as 17 comunidades autónomas.En total (50+2+17= 69 datos ).Recordaremos tamén o nome das illas de Baleares e Canarias.
Datos xeográficos e de organización territorial de España a recordad: 69/69 (máis as illas)

martes, 20 de marzo de 2018

Rosco de provincias e comunidades de España

Outro tipo de actividade, o rosco, feito para recordar e aprender xogando as provincias e comunidades autónomas de España.Intentade completalo (excepto a Q, W, Y) e ollo que o K, ten truco !!!,(erro ortográfico ) .
Para ver a pantalla completa, clicade no primeiro recadro a dereita, "saltar anuncio" e despois de autor: Tito NMíguez abrir pantalla completa
Comunidades e provincias

lunes, 19 de marzo de 2018

Crucigrama A materia

Deixovos aquí un crucigrama que fixen sobre o tema 4 A materia e os materiais.Serve para recoñecer as propiedades da materia e os materiais.Feito en educaplay.


Propiedades da materia

viernes, 9 de marzo de 2018

Tema 4: A materia e os materiais

Tema 4 A materia e os materiais
1.-A materia
1.1.Propiedades xerais da materia: 
      -Masa: é a cantidade de materia que ten un corpo (mídese en kg, grs,..)
      -Volume: é os espazo que ocupa un corpo. (mídese en litros, cl, ml..)

2.-Propiedades específicas da materia
      -Dureza, fraxilidade, elasticidade e densidade entre outras.
      *A densidade é a relación que hai entre masa/volume.

3.-As forzas é a interacción entre dous corpos e producen: efectos (=deformacións: fráxil, elástico, plástico), ou cambios de movemento,..

4.-Materiais: son as materias que empregamos para fabricar obxectos.
4.1.-Propiedades dos materiais ( os usos dos materiais depende das súas propiedades)
      -Conductividade, opacidade ou transparencia e impermeabilidade.
 4.2.-Materiais na arquitectura:
        -Arxilas (illantes), ventás (transparentes, opacos,..), madeira, cerámica, formigón, plástico, cobre

Tarefas: (realizar no caderno 1 e 2):
1.-Esquema da unidade.
2.-Actividades da páxina 78, da 22 a 31 (copiando só o texto si é necesario). Ata o día 6 de abril.
3.-Prácticas de laboratorio na semana do 12 ao 23 de marzo e a volta de vacacións de Semana Santa
4.-Construir con diversos materiais algún obxecto ou móbil. (a volta de S. Santa)
5.-Visionado e reflexión do video " A illa do lixo ou flotante" (Edpuzzle, cuestións)

Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

T4: A materia e os materiais

Para esta semana de marzo (12 ao 16), faredes o resumo, esquema ou mapa conceptual na libreta e con unha das ferramentas explicadas estes días, Popplet lite ou Goconqr. Aquí podedes ver a miña feita con Goconqr.
Probade a facela (agora que esta semana estou en Cantabria cos de 6º) ben na clase ou na casa.Os meus sustitut@s xa teñen o diario de traballo do luns 12, martes 13 e venres 16, en C.Natureza e C. Sociais.
En Ciencias Sociais: tarefas (do 12 ao 20 de marzo)
-Mapa mudo de provincias e comunidades de España para encher. Colorear (as  provincias da mesma comunidade co mesmo color), e outro para repasar.
-Rematar roteiro nos diferentes formatos escollidos para expoñer a partires do 19 de marzo.

Recordade: como comentei hoxe, podedes tamén traballar sobre o roteiro de sendeirismo: podedes facela nos diferentes formatos (cartolina, PPT, papel, cartón,díptico, goma eva, caixa,...) e as imaxes e datos, ben de internet, ou vosos.A volta do viaxe de Cantabria (dende o 19 de marzo) seguiremos na aula con ela para rematala, solucionar dudas e presentala ou expoñela (non é obrigatorio a exposición).Dacordo?




miércoles, 28 de febrero de 2018

martes, 27 de febrero de 2018

Repasamos xogando O clima

Con esta ferramenta podemos repasar ou xogar (en forma cuestionario ou preguntas para responder a nosa audiencia, os alumnos).Fácil e cómoda.Moi interactiva
Menti O clima: xogamos??
Menti

lunes, 26 de febrero de 2018

viernes, 23 de febrero de 2018

Probas escritas C.Natureza e C. Sociais

O venres 2 de marzo faremos a proba escrita do Tema "O clima e a vexetación" de Ciencias Sociais
O martes 6 de marzo o tema  "O corpo humano e a relación" de Ciencias da Natureza

viernes, 26 de enero de 2018

Resumo final: O clima e a vexetación

O CLIMA E A VEXETACIÓN
1.-O CLIMA: 
É o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións (chuvia, neve,sarabia,)vento, humidade,...)que se dan nunha zona determinada da Terra durante alomenos 30 anos.(periodo longo de tempo).

1.1.-O tempo atmosférico:
É o estado da atmosfera nun lugar concreto e nun  momento determinados nun espazo de tempo moi breve.

Factores atmosféricos:
-A temperatura do aire (quente ou frío)
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga do aire)
-As precipitacións (chuvia, neve,..)
-O vento:(é o aire en movemento)
-A presión atmosférica.(é o peso do aire)

2.-OS FACTORES CLIMÁTICOS
O clima vése afectado por unha serie de factores atmosféricos e xeográficos que son:
-A latitude: distancia dun punto ao Ecuador (temperaturas máis altas máis cerca do Ecuador e + chuvias)
-A distancia ao mar (o mar suaviza as temperaturas, + humidade).Lonxe do mar= + calor, + frío,- chuvias
-O relevo e a altitude (=distancia ao nivel do mar). Máis altitude ,máis frío ou neve.


3.-AS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA E DE EUROPA
O noso planeta ten grandes zonas climáticas segundo a súa temperatura.
Europa atópase case na totalidade na zona temperada do Hemisferio Norte.Ten gran variedade climática.
3.1.Segundo a latitude na Terra temos 3 zonas climáticas:
-Dúas zonas frías (nos Polos, temperaturas moi baixas, e invernos longos (baixo 0º, Tª negativas).
-Dúas zonas temperadas: nos dous hemisferios, entre os trópicos e os círculos polares. 4 estacións
-Unha zona cálida:entre os dous trópicos (Cancro e Capricornio).Tª elevada todo o ano.Non existe o inverno.

3.2.-Os climas de Europa:

-Clima Polar: Tª inferiores a 0º agás no verán.Vexetación: Taiga e tundra.Escasa tamén.

-Clima de Alta Montaña:invernos fríos e veráns frescos.Precipitacións abundantes.

-Clima Oceánico ou Atlántico: Tª suaves todo o ano.Precipitacións abundantes.

-Clima Continental:  invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.

-Clima Mediterráneo:invernos suaves, e veráns calurosos.Precipitacións escasas.

-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas. Tª media anual entre 17º (inverno) e  24º (verán) (veranos agradables e invernos moi suaves).Din que é o mellor clima do mundo.Sin grandes oscilacións de temperatura ao ano polos ventos alisios, a corrente mariña do Golfo e o efecto do anticiclón das Azores en inverno, altas presións e a circulación do oeste (pola súa excepcional situación xeográfica).

4.-CLIMAS DE ESPAÑA:
A meirande parte do territorio español (Península e Baleares ten un clima temperado, excepto as illas Canarias que pola súa latitud, teñen un clima cálido, subtropical. Temos 4 variedades na Península Ibérica e débese a dous factores:

-A influencia do mar: suaviza as temperaturas e regula as precipitacións.Abundantes no norte.
-A disposición (colocación ou distribución) do relevo: fai que a influencia do mar no chegue igual ao interior da Península (fai de barreira).

-Clima Atlántico ou Oceánico:Tª suaves, non extremas (invernos suaves e veráns frescos). Precipitacións abundantes todo o ano.

-Clima de Montaña:invernos fríos e longos con Tª moi baixas, e veráns frescos e curtos. Chuvias abundantes en forma de neve no inverno.

-Clima Mediterráneo (típico):invernos suaves e veráns bastante calurosos. Chuvias escasas e irregulares.Na primaveira e verán (as veces no outono tamén) poden ser torrenciais. Estiaxe no ríos.

-Clima Mediterráneo-continental: invernos moi fríos e veráns moi calurosos (grande oscilación nas Tª). Precipitacións escasas (concentradas no outono e verán)

-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas.


5.- A VEXETACIÓN DE ESPAÑA
A vexetación natural (as que o ser humano non modificou) dun lugar depende do clima.Existen igual co clima, 4 grandes áreas de vexetación: atlántica, mediterránea, de montaña e subtropical.
Nas áreas modificadas custa máis distinguir que especies son propias da zona climática.
Temos máis de 1500 espazos protexidos en España.

-Vexetación Atlántica: é rica e variada (polas chuvias).Bosques de árbores de folla caduca (carballos, faias, castiñeiros,..)Sotobosque humido (carrizas, fieitos,xestas,..).Prados naturais.

-Vexetación de montaña:dependendo da altitude: bosque tipo mediterráneo, bosque de folla caduca, bosque de coníferas (abetos), prados naturais.

-Vexetación mediterránea: adáptase ao calor e a seca. Bosques de árbores de folla perenne (piñeiros, aciñeiras e sobreiras), sotobosque seco (carrascas, breixo, e plantas aromáticas). Maquia ou garriga (=formación vexetal de arbustos e herbas). Estepa (herbas e arbustos espiñentos en zonas áridas (secas)).

-Vexetación subtropical: é moi distinta segundo as zonas porque cambia coa altitude, a orientación e a cantidade de chuvia. Ten formación vexetais (laurisilva=bosque humido perennifolio de laureis (ou selva temperada) e outras plantas (faial-brezal), abundante vexetación arbórea, tamén chamado "monteverde" en Canarias) e especies (piñeiro canario, drago, cardón,..) que só medran en Canarias.
Laurisilva; bosque humido ou selva temperada de laureis e outras.



6.-O CAMBIO CLIMÁTICO:
-É o conxunto de grandes alteracións que se producen no clima da Terra e que fan aumentar a temperatura.Son variacións que ocorreron sempre como consecuencia dos fenómenos naturais pero nas últimas décadas sucédense máis rápido debido á actividade humana.

6.1.-Efecto invernadoiro:
É un fenómeno natural que ten lugar  na Terra, prodúcese porque o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) e o metano forman unha capa na atmosfera terrestre que retén parte do calor proveniente do Sol. Permite manter unha temperatura agradable no planeta.

6.2.-Que causa o cambio climático?:
aumento da Tª da Terra débese a moitas causas:
A máis importante é o crecemento das emisións de determinados gases sobretodo dióxodo de carbono (CO2), polo consumo de enerxía (petróleo, carbón, gas,) na actividade diaria (transporte, calefacción, e actividades industriais,..).Acentúan o efecto invernadoiro e provocan meirande retención de calor nas capas baixas da atmosfera.

6.3.-Consecuencias do cambio climático:
A Tª da Terra aumentou 0,7º en 100 anos.Os efectos do cambio son evidentes e moi graves:

a) Fusión dos casquetes polares e retroceso dos glaciares (descende a superficie do xeo no polo N). En España reducíuse os glaciares nos Pireneos. Isto provoca un aumento do nivel do mar.

b) Aumento dos fenómenos meteorolóxicos extremos: (inundacións, secas, ondas de calor, ciclóns.)

c) Desertización dos solos: aumento da Tª e o descenso das precipitacións pode provocar desertización nalgunhas áreas do planeta. Ex: no sur de España (Almeria,..).

d) Ameaza para os seres vivos: moitas plantas e animais non se adaptan ("aclimatan") ás novas condicións de vida do seu habitat (algunhas desprázanse, e outras en perigo).







lunes, 15 de enero de 2018

TEMA 3 O CORPO HUMANO E A RELACIÓN

Guión ou indice do tema 3 de C. da Natureza é o seguinte:

Tema 3: "O corpo humano e a relación"
1.-As tres funcións vitais
1.1. O corpo humano e a nutrición
1.2. O corpo humano e a relación
1.3. O corpo humano e a reprodución
1.4. A saúde do noso organismo

2.- A función de relación
2.1. A relación co noso contorno
2.2. Os estímulos
2.3. As respostas

3.- Os órganos receptores
3.1. Os órganos dos sentidos

4.- O sistema nervioso
4.1. As funcións do sistema nervioso
4.2. O sistema nervioso central
4.3. O sistema nervioso periférico
4.4. Os movementos voluntarios e involuntarios

5.- Os órganos efectores
5.1. Tipos de órganos efectores
5.2. O aparato locomotor

TEMA 3: O CORPO HUMANO E A RELACIÓN
0.-Introdución: 
As  persoas somos seres vivos e realizamos as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución e, para iso, necesitamos órganos e aparatos que traballen de forma coordinada.

1.-AS TRES FUNCIÓNS VITAIS: A NUTRICIÓN
1.1.-O corpo humano e a nutrición:
Para realizar a función de nutrición é necesario que interveñan varios aparatos:
  • aparato dixestivotransforma os alimentos en substancias máis sinxelas que o organismo pode aproveitar. O esófago, o estómago,o páncreas, o figado e os intestinos (groso e delgado) son órganos do aparato dixestivo.
  • aparato respiratorio: toma do aire o osíxeno que necesitamos e expulsa dióxido de carbono. Os pulmóns, a larinxe, farinxe e a traquea son órganos do aparato respiratorio.
  • aparato circulatorio leva sangue con osíxeno e substancias nutritivas a todo o organismo e recolle refugallos e dióxido de carbono. O corazón é un órgano que forma parte do aparato circulatorio ademáis dos vasos sanguíneos (arterias, venas) e o sangue.
  • aparato excretor limpa o sangue de substancias de refugallo. Os riles (órganos secretores), uréteres, uretra e a vexiga son órganos (excretores) do aparato excretor.


1.2.-O corpo e a relación:
A función de relación permítenos captar o que ocorre ao noso redor e reaccionar ante esa información. Nela interveñen estes órganos, aparatos e sistemas:
  • Os órganos dos sentidos, como os ollos, a lingua, o nariz, o tacto ou os oídos, reciben información do exterior.
  • sistema nervioso recolle a información que achegan os órganos dos sentidos e elabora respostas.
  • aparato locomotor executa as respostas que ordena o sistema nervioso e permítenos movernos.
1.3.-O corpo e a reprodución:
Os seres humanos somos vivíparos, nacemos do ventre das nosas nais. Na función de reprodución interveñen os órganos reprodutores másculino nos homes e aparato reprodutor feminino nas mulleres.

1.4.-A saúde do noso organismo: 
Precisamos para coidar a nosa saúde, (non enfermar) os nosos órganos e aparatos uns hábitos de vida saudables coma: alimentarse de forma equilibrada, coidar a hixiene, relacionarnos, boas posturas, exercicio físico, descanso,...


2.-A FUNCIÓN DE RELACIÓN:
Continuamente recibimos información do mundo que nos rodea e podemos responder a esa información de forma adecuada a través dos órganos receptores coma son por exemplo os órganos dos sentidos.
2.1.-A relación co noso contorno:
A función de relación é a capacidade de percibir estímulos ou cambios no noso arredor e elaborar respostas. Os órganos que captan estes estímulos son os órganos receptores. Podemos controlar e coordinar:fases
1.Estímulo (é un cambio no contorno ou no noso corpo) produce unha sensación.
2.Procesado da información:a sensación chega ao cerebro e elabora unha orde.
3.Resposta:a orde tradúcese nunha acción para adaptarnos ao cambio percibido.

2.2.-Os estimulos (dous tipos)
-Estímulos internos: son cambios no interior do organismo.Os órganos receptores que captan os estímulos están no interior do corpo. (ex: a sede, falat de auga).

-Estímulos externos:son os cambios que ocorren no exterior.Os órganos receptores que captan estes estímulos son os órganos dos sentidos (ex: un ruído)

2.3.-As respostas:
Os órganos efectores elaboran unha resposta ante a orde elaborada polo cerebro ante un estímulo interno ou externo.Existen dúas tipos de respostas ou accións:
-Motoras: son os movementos dos músculos (ex: parar un balón coas mans).

-Glandulares: consiste na produción de certas substancias por medio duns órganos chamados glándulas.(Ex: co calor suamos (sudor das glándulas sudoríporas da pel).


3.-OS ÓRGANOS RECEPTORES:
Recibimos a información (estímulos) do exterior e do interior do noso corpo.
Captamos os estímulos do exterior (externos) a través dos órganos dos sentidos (cada un achega un  tipo de información diferente).

3.1.-Os órganos dos sentidos:
-Sentido do olfato: os receptores atópanse na cavidade nasal, na pituitaria.Envían a información ao cerebro.
-Sentido do gusto: receptores do gusto na lingua, nas papilas gustativas.
-Sentido do tacto: receptores na parte inferior da pel ou derme. Captan: (dor, textura, temperatura e presión).
-Sentido da vista: no ollo.A luz entra pola pupila, atravesa o cristalino e chega a retina, que transmite os estímulos ao cerebro a través do nervio óptico.
-Sentido do oído: recolle estímulos sonoros.Desde a orella, recorren o conducto auditivo, chegan ao tímpano, pasan pola cadea de ósos finos e chegan ao caracol e ao nervio auditivo que os leva ao cerebro.





4.-O SISTEMA NERVIOSO:
O sistema nervioso recibe a información a través dos receptores e transmite as ordes a todo o organismo a través duns sinais chamados impulsos nerviosos.

4.1.-As funcións do sistema nervioso son:
-Transmite a información que captan os órganos dos sentidos.
-Interpreta e procesa a información e elabora ordes
-Transmite as ordes ata os órganos efectores.
-Controla o funcionamento dos órganos vitais (movementos involuntarios, ex: latexo corazón, a respiración)
-Intervén no razoamento, memorización,a aprendizaxe, e os sentimemtos.

Para iso ten unha estructura complexa:
-Os centros nerviosos que forman o sistema nervioso central (SNC)
-Os nervios que forman o sistema nervioso periférico.(SNP).
(**As neuronas:son estructuras microscópicas que transmiten os impulsos nerviosos ao SN forman cadeas ou redes.)

4.2.-O sistema nervioso central (SNC)
O sistema nervioso central encárgase de recibir e interpretar a información e de elaborar ordes. Está formado polos centros nerviosos, que son a medula espiñal e o encéfalo.

-A medula espiñal está protexida pola columna vertebral. Elabora as respostas automáticas e rápidas.

-O encéfalo atópase dentro do cranio. Ten tres partes: o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.

Cerebro.
Elabora as respostas voluntarias e inflúe no pensamento, a memoria e a linguaxe.

Bulbo raquídeo.
Controla o funcionamento dos órganos vitais, como por ex: no latexo do corazón.

Cerebelo.
Intervén no equilibrio e na coordinación dos movementos.

4.3.-O sistema nervioso periférico (SNP)
O sistema nervioso periférico está formado por un conxunto de nervios que percorren todo o organismo e que se encargan de transmitir a información. Existen dous tipos de nervios: os nervios sensitivos e os nervios motores.

-Os nervios sensitivos transmiten a información desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.

-Os nervios motores transmiten as ordes desde o sistema nervioso central aos músculos e glándulas.

4.4.-Os movementos voluntarios e involuntarios
Ante un estímulo, o sistema nervioso central reacciona cunha orde que pode provocar movementos involuntarios ou movementos voluntarios.

-Nos movementos involuntarios ou reflexos intervén a medula espiñal, que orixina respostas automáticas e rápidas.( ex: se nos pinchamos cun cactus)

-Nos movementos voluntarios intervén o cerebro, que orixina respostas máis lentas ca as involuntarias.(Ex: golpear unha pelota co pé)

5.-OS ÓRGANOS EFECTORES
O órgano efector e o que executa a orde do sistema nervioso. Por ex: mover os dedos.
5.1.-Tipos de órganos efectores:
Cando os nosos órganos receptores perciben estímulos, o sistema nervioso reacciona e elabora a orde máis adecuada. Esta orde convértese nunha resposta executada polos órganos efectores.

-As respostas adoitan consistir nun movemento. No exemplo anterior, os órganos efectores pertencen ao aparato locomotor
-Porén, cando a resposta consiste na produción dunha substancia, como a suor, os órganos efectores son as glándulas.

5.2.-O aparato locomotor:
O aparato locomotor está formado polo esqueleto, os músculos e os elementos que os unen.
-O esqueleto é o conxunto de ósos que dá forma ao corpo e protexe os órganos internos. Os extremos dos ósos están protexidos polas cartilaxes, que son máis flexibles.

-Os músculos son órganos capaces de contraerse e estirarse para mover os ósos. Únense aos ósos mediante os tendóns.

As zonas de unión dos ósos (de dous ou máis) chámanse articulacións. As articulacións poden ser:
-Fixas, como as dos ósos do cranio, que non se moven.

-Semimóbiles, como as dos ósos que forman a columna vertebral, que teñen un movemento limitado.
-Móbiles, como a articulación do ombro, que teñen gran capacidade de movemento.

Nas articulacións semimóbiles e móbiles, os ósos están suxeitos por uns cordóns fibrosos, os ligamentos.
O aparato locomotor


Principais ósos e músculos:

Principais ósos e músculos do corpo



-Estímulo: Cambio que ten lugar no interior ou no exterior do organismo e que produce unha sensación.

-Impulso nervioso: Sinais que se transmiten a través dos nervios (as neuronas).

-Órgano efector: Órgano encargado de executar as ordes elaboradas polo sistema nervioso.



Esquema da unidade:


A función de relación


Conjunto de Fichas creado con GoConqr por escolapias sotillo

sábado, 13 de enero de 2018

CLIMAS DE ESPAÑA

CLIMAS DE ESPAÑA
Para consultar: fai clic nos enlaces seguintes:
-Climas de España
-Climas e vexetación de España
-Clima e vexetacion.pdf
-Contidos: climas de España
-Clima e vexetación de España (6º)
-Blog clima e paisaxe**

*Repaso 4º: O tempo e clima.pdf
*Materiais para imprimirclima España (recursos)
*Recursos varios de Sociais e outras: Sociais 5º
*Adaptación Tema o climaO clima (ACI)






1.-Clima Atlántico ou Oceánico en España.
Características:




2.-Clima Mediterráneo Continental (interior)
-Localizado: na Meseta Central, depresión do Ebro, interior de Cataluña e noreste de Andalucía.
-Temperaturas: grandes diferencias entre o inverno e o verán, e entre o día e a noite. Invernos fríos e veráns calurosos e secos.(é un clima alexado do mar, por tanto é seco)
-Precipitacións: escasas sobre todo no verán.
-Vexetación: encinas, pino, matorrais, ...

3.-Clima Mediterráneo típico (costa)
É un clima templado con veráns muy calurosos e secos e invernos suaves. Estacións máis chuviosas son a primavera e o outono.
Precipitacións moi escasas (poden estar 3 a 6 meses sen chover).Zonas d sequía.

4.-Clima de Montaña:
-Localización: zonas de máis de 1200 m de altitude.(Pirineos, Sistema Central, Cord.Cantábrica, Béticas,..)
-Invernos largos e moi frios, con temperaturas por debaixo d 0º e veráns frescos.
-Precipitacións: escasas en verán e primaveira e en forma d neve en inverno e outono.

5.-Clima Subtropical (Illas Canarias)
-Localización: nas zonas templadas próximas aos trópicos.En España nas illas Canarias.
-Paisaxe: moi seco, volcánico.
-Vexetación: adapatda á sequía.Cactus, palmeras, plátanos,..Fauna: adaptada, ovina, caprina,...
-Temperaturas: altas todo o ano.Sen diferencias entre inverno e verán.
-Precipitacións: moi escasas.

viernes, 12 de enero de 2018

T3 O clima e a vexetación.Temporalización.

Apuntamentos: Tema 3 " O clima e a vexetación"
3.1.-O clima
3.2.-Os factores climáticos
3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa
3.4.-O clima de España
3.5.-A vexetación de España
3.6.-O cambio climático.

Temporalización (das tarefas a realizar da unidade): (Xaneiro.1ª sem. febreiro).
Aprender a aprender / C.Dixital / Ap. Cooperativa:
a)-Esquema: guión ou indice do tema.Elaboración propia de apuntamentos (técnicas de estudo) nas primeiras sesións no caderno persoal.

b)-Actividades no caderno:
Debuxo das zonas climáticas da Terra (esfera, globo terráqueo). Debuxos mapas (colores) dos climas de Europa e climas de España. Cadro climas de España.

c)-Aprendizaxe cooperativa:
Sorteo proxectos sobre climas de Europa ou España, para expoñer e presentar. Guión.Puntos a tratar, reparto de tareas e funcións de cada menbro de equipo.Formato de presentación (papel, cartolina ou ferramentas dixitais). Xestión do tempo.Recollida de datos no diario de equipo e resumo do proxecto no caderno persoal.
Exposición (oral, dixital,..),defensa e respostas de dudas, cuestións, consultas etc..

d)-Elaboración telexornal ou sketch sobre o tempo con TouchCast por grupos ou parellas (opcional) para coñecer as posibilidades e emprego das NN.TT.

3.7.-Aprendiz de xeógrafo e curiosidades.
Interpretar gráficas, mapas, táboas,(ex: periódicos, tv,..)



TEMA 3: O CLIMA E A VEXETACIÓN (APUNTAMENTOS)


3.1.-O clima: amosa as condicións do tempo atmosférico que adoitan darse nun lugar concreto.Na Terra danse diferentes climas, que condicionan a vida dos seres humanos, dos animais e das plantas. As persoas adaptámonos ao clima do lugar onde vivimos: vestimenta, casas, alimentación, horarios, actividades,..
Diferenciamos entre tempo atmosférico e clima.Vexamos os  videos e as diferenzas:
-Tempo e clima
-Fenómenos atmosféricos

3.1.1.-O tempo atmosférico: é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento concreto, e dicir nun espazo de tempo moi breve (é algo cambiante).Depende dos factores atmosféricos que son:
-A temperatura do aire (cantidad de calor del aire (quente ou frío).Mídese en grados Celsius C).
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga no aire).
-As precipitacións (forma de chuvia (mídese en l/m²), neve, saraiba ("granizo")..)
-O vento (aire en movemento, sensación de frío ou calor.)
-A presión atmosférica (é o peso do aire sobre a superficie, mídese en bares).

3.1.2.-O clima: é o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións, vento, humidade,..) que caracterizan (ou danse) nunha zona determinada da Terra durante un período longo (uns 30 anos).

3.2.-Os factores climáticos: o clima vese afectado (inflúen) por un conxunto de factores xeográficos e son:
-A latitude: é a distancia dun punto ao Ecuador.Canto máis preto do Ecuador máis calor e chove máis e o contrario.Afastamos menos temperatura.
-A distancia ao mar: as zonas próximas ao mar reciben humidade da auga, e as temperaturas son máis suaves e chove máis.No interior (veráns calurosos e invernos frios e menos choiva).
-O relevo e a altitude: a súa disposición, localización modifica o clima. (Preto da costa, fai de barreira natural aillando as terras interiores).
A altitude é a distancia dun punto respecto ao nivel do mar.Zonas máis altas, máis frío, chove máis ou en forma de neve.





Pincha nos enlaces debaixo:
-Elementos e factores do clima
-Imaxe factores do clima

3.3.-As zonas climáticas da Terra e de Europa:
O planeta Terra ten grandes zonas climáticas, que se establecen en función das temperaturas.
A meirande parte de Europa atópase na zona temperada.
3.3.1.-As zonas climáticas de Europa: (segundo a incidencia dos raios solares nas zonas da Terra)



A latitude determina a existencia de dúas zonas frías (os polos norte e sur), dúas zonas temperadas (no hemisferio norte e sur entre os trópicos e os polos) e unha zona cálida.
-Zonas frías: Nos polos Norte e Sur.Temperaturas moi baixas e invernos moi longos (baixo cero).

-Zonas temperadas:nos dous hemisferios, entre os trópicos e os circulos polares.Se dan catro estacións (fría= inverno, cálida= verán, e dúas intermedias outon/primavera).

-Zona cálida: entre os dous trópicos.Temperaturas elevadas todo o ano (+18ºC).Non hai inverno.


3.3.2.- Os climas de Europa: (está nunha das zonas temperadas) no hemisferio norte e abrangue unha zona fría tamén.
-Clima Polar: temperaturas por debaixo de 0ºC, e precipitacións en forma de neve.
-Clima Alta Montaña: invernos fríos e veráns frescos. Precipitacións abundantes (neve tamén).
-Clima Oceánico ou Atlántico: temperaturas suaves todo o ano. Precipitacións abundantes (ex: Galicia)
-Clima Continental: invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.
-Clima Mediterráneo: invernos suaves e veráns calurosos.Precipitacións escasas.
-Clima Subtropical.: as temperaturas oscilan pouco durante o ano (estables), invernos moi suaves e veráns cálidos. Precipitacións escasas, excepto zonas máis elevadas (ex: no Teide).



Imaxes:
Clima Polar




Clima Alta Montaña




Clima Oceánico ou Atlántico: