domingo, 17 de diciembre de 2017

Temporalización 2ª Quincena de decembro

Durante o mes de decembo comezaremos o Tema 3 "O clima" de C. Sociais (a partires do 14).
O tema 3 de C. Natureza dará comezo no mes de xaneiro.
Nesta semana faremos o guión da unidade de xeito individual, para ser comprobado o luns 18 no caderno de área.
Faremos tamén cunha aplicación ou no word un esquema de nubes ou figuras, chaves, etc do tema e de algún punto en concreto como por exemplos os climas de España.
Nos introducimos na interpretación dun climograma e mapas do tempo da prensa (A Voz, ou o Correo etc..). A lenda e os gráficos.Significado e lectura e interpretación da previsión do tempo atmosférico.

TEMA 3 O CLIMA
1.-O clima
1.1.O tempo atmosfércio
1.2.Factores

Introducción do tema:

1.-O tempo e o clima:

Chamamos tempo atmosférico ao estado no que se atopa a atmósfera nun lugar e nun momento concreto; e o clima ás condicións atmosféricas dun lugar concreto que se repiten cíclicamente ao longo dun ano (ou 5 anos mínimo).

Recordamos:
Tódolos fenómenos relacionados co tempo e o clima desenrólanse na atmosfera. Ésta é a capa gasosa que envolve  á Terra. Ten un espesor de máis de 1.000 km e os gases que contén (nitróxeno 78% e o osíxeno 21%) filtran parte dos raios solares que chegan á superficie. A capa en contacto coa superficie da Terra é a troposfera, na que se producen tódolos fenómenos meteorolóxicos. Grazas á atmósferas é posible a vida na Tierra debido a que:
  • Mantén unha temperatura adecuada.
  • Posé os gases necesarios  para cos amimais e as plantas desenrolen  as súas funcións vitais.
  • Protexe das radiacións  solares perxudiciais (raios gamma e ultravioleta)
  • Protéxenos da caída de corpos extraterrestres como os meteoritos que se desintegran ao pasar pola atmosfera.
  • Produce os procesos meteorolóxicos que xenera a chuvia ou o vento dos que dependen os seres vivos.
Por iso, calquer cambio importante que experimente a atmósfera terá consecuencias directas sobre os seres vivos que habitamos na Terra




Variacións da temperatura dependendo da latitude polo tanto temos tres zonas climáticas (zona fría (polos), zona temperada e zona cálida (Ecuador).) segundo a incidencia dos raios do Sol.


domingo, 3 de diciembre de 2017

Tema 2 C.Sociais

Un exemplo de esquema en árbore do tema: "A terra representación" feito na aula coas palabras clave.Seguimos coas técnicas de estudo! !.

Para saber máis:
A representación da Terra


viernes, 1 de diciembre de 2017

Próximas probas de C.Natureza e C. Sociais.

Xa nos atopamos no final do 1º trimestre e faltan por facer dúas probas, unha de C. da Natureza do tema 2 Os ecosistemas que será o mércores 13 de decembro (coa apliación Socrative) e a de C. Sociais, tamén do tema 2 "A representación da Terra", que sí será unha proba escrita para o martes 12 ( terá actividades coma: localizar, situar nun mapa (coordenadas xeográficas), interpretación e localización nun plano de metro, definicións,..)
Coas probas, máis as feitas anteriormente e o rexistro doutra serie de datos: caderno (técnicas de estudo), tareas, proxectos, actitudes, etc saldrá a nota de este trimestre.
Sigo a recalcar o traballo, coñecemento e asimilación das técnicas de estudo que se ven reflexadas no caderno e posteriormente nas tareas, probas e proxectos. É importante que revisedes as libretas das diferentes áreas e comprobedes o feito, o proceso, os contidos e a recollida de información así como, as miñas anotacións para poder levar un control conxunto (avances ou retrocesos no proceso).
Ánimo que veñen 15 días intensos de traballo pero xa pronto, tócavos descansar!!.