jueves, 29 de octubre de 2020

Tema 2 O medio físico de España

T2: O medio físico de España

Esquema ou guión do tema:

1.-O relevo de España

    1.1.-Unidade de relevo: tres grandes grupos

        1.1.1.-Unidade interiores

        1.1.2.-Unidades exteriores

        1.1.3.-Unidades do relevo insular: illas Canarias e as illas Baleares

2.-O relevo costeiro. Penínsular e insular.

3.-Hidrografía: ríos, lagos e encoros.

    3.1.-Vertente cantábrica

    3.2.-Vertente atlántica

    3.3.-Vertente mediterránea

4.-Clima, vexetación e a paisaxe.

    4.1.-Clima atlántico ou oceánico

    4.2.-Clima mediterráneo continental

    4.3.-Clima mediterráneo típico

    4.4.-Clima de alta montaña

    4.5.-Clima subtropical.

5.-Comunidades e provincias de España (opcional)

Tabla resumo do tema 2 sobre o relevo peninsular e insular de España



Para practicar e repasar o relevo tedes este genially: O relevo de España

A proba escrita sobre o medio físico de España, é dicir, do tema 2 de Sociais, recordade que será o a finais de novembro, na derradeira semana, posiblemente o mércores 25 ou o venres 27 de novembro. Xa concretaremos a data próximamente.

miércoles, 28 de octubre de 2020

 TEMA 2: A NUTRICIÓN
1.-Que necesitamos para funcionar?
2.-O proceso dixestivo
3.-A respiración
4.-A circulación: a viaxe dos alimentos
5.-A excreción. Como eliminamos os refugallos.

1.- Que necesitamos para funcionar?
O noso corpo necesita nutrientes enerxía. Os nutrientes e a enerxía que precisamos obtéñense grazas a función da nutrición.
1.1.-A función de nutrición: teñen lugar distintos procesos:
  • O noso organismo toma o osíxeno do aire e transforma os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes.
  • Nas células, o osíxeno e os nutrientes transfórmanse en enerxía para realizar as funcións vitais.
O osíxeno e os nutrientes tamén se transforman en materia, necesaria crecer e renovarse. Durante todo este proceso, prodúcense substancias de refugallo que o corpo expulsa ao exterior.
1.2.-Aparatos que interveñen na nutrición: 
Son (4) catro aparatos que traballan de forma coordinada. Son o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor

Cada un destes aparatos realiza unha tarefa: 
  • aparato dixestivo transforma en nutrientes os alimentos e expulsa os residuos ao exterior en forma de feces
  • aparato respiratorio toma o osíxeno do aire a través dos pulmóns e expulsa ao exterior o dióxido de carbono, que é un residuo que se produce en todas as células. 
  • aparato circulatorio leva os nutrientes e o osíxeno ás células. Tamén se encarga de transportar os refugallos para eliminalos. 
  • aparato excretor está formado polo sistema urinario e as glándulas sudoríparas. Encárgase de eliminar os refugallos producidos polas células. Mestúraos con auga para producir a urina e a suor.

viernes, 16 de octubre de 2020

T1: Os seres vivos. Esquema da unidade

 Tema 1: Os seres vivos. Resumo, esquema da unidade.

1.-Funcións dos seres vivos

1.1.-Tamaño dos seres vivos: microorganismos (microscópicos) e macroorganismos (macroscópicos).

1.2. Seres unicelulares: unha soa célula. 

1.3.Seres pluricelulares.

2. A célula: unidade de vida

Tipos: animal e vexetal

Partes da célula e funcións da célula

Nivel de organización: tecidos, órganos, sistemas ou aparatos e organismo. 

Tipos de células: muscular, nerviosa, epitelial.

Reinos dos seres vivos: clasificación.

Reino dos animais, reino das plantas, reino das algas e protozoos, reino dos fungos, reino das bacterias




jueves, 15 de octubre de 2020

O CLIMA E A VEXETACIÓN DE EUROPA

Este é o derradeiro punto do tema 1: o medio físico de Europa. Recordamos que a proba escrita de dita unidade será o mércores 28 de outubro. Consta dun mapa mudo sobre o relevo, é dicir, medio físico e unhas preguntas curtas ou a desenrolar sobre o tema (clima, vexetación e a paisaxe).

Ollo tamén: haberá revisión e control de cadernos, das áreas de C. Sociais e C. Natureza, a partires da 2ª quincena de outubro.

 5.- O clima e a vexetación de Europa

-Predominan os climas temperados. Nalgunhas zonas presentan climas FRIOS.

-A vexetación está condicionada polo clima. É moi variada e modificada polo ser humano.

5.1.- Os TIPOS de clima:

1.-Os climas TEMPERADOS presentan 3 variedades.

1.1.-O clima OCEÁNICO ou ATLÁNTICO dáse na costa atlántica

1.2.-O clima MEDITERRÁNEO polo sur de Europa.

1.3.-O clima CONTINENTAL, ocupa o centro e o leste de Europa.

2.-Os climas FRIOS, dous tipos:

2.1.-O clima POLAR, localízase zonas do Norte e do Círculo Polar Ártico e Islandia.

2.2.-O clima de MONTAÑA dáse nas cordilleiras elevadas.


Cadro resumo dos climas, a vexetación de Europa coas súas carácterísticas.


martes, 6 de octubre de 2020

As vertentes e ríos de Europa (hidrografía) 6º EP

Continuando co tema 1 O relevo de Europa de Ciencias Sociais. Aquí tedes os seguintes apuntamentos:

Recordamos: límites, relevo (montañas, cordilleiras, macizos, chairas,..), mares, océanos, lagos, illas, penínsulas

Tema 1: O medio físico de Europa

1.-O relevo de Europa

    1.1.-Os límtes xeográficos de Europa

    1.2.- As principais unidades de relevo.

Para repasar tedes un xogo interactivo en castelán do relevo de Europa: 

Mapas interactivos. Relevo de Europa

No punto 3 veremos:

    1.3.- Os ríos e lagos de Europa: ver listado ou táboa máis abaixo.

Debedes completar a vosa táboa coas vertentes hidrográficas e os seus ríos vistos na aula estos días, dun xeito igual ou semellar. Serán os vosos apuntamentos para estudar. Recomendo o uso de cores!! e as técnicas de estudo que estamos a repetir dende 5º curso.!!

Completar a continuación o voso mapa mudo físico de Europa. Recordade empregar as cores e tonos. Os ríos de azul (bolígrafo, rotulador (así é máis doado localizalos).

HIDROGRAFÍA DE EUROPA: (listado)

Ríos:

Vertente Ártica: Divina Setentrional

Vertente Atlántica: Vístula, Oder, Rin, Sena, Loira, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir.

Vertente Mediterránea: Ebro, Ródano, Po, Tíber.

Vertente mar Negro: Dnieper, Danubio.

Vertente mar Caspio: Volga, Ural.

Lagos: 

    -No norte: son grandes (Ladoga, Onega (Rusia)).

    -Na Europa central: son medianos ( Balatón (Hungría)

Mares e océanos:

-Océano Glacial Ártico e mar de Barents (ao norte)

-Mar do Norte

-Mar Báltico

-Océano Atlántico

-Mar Mediterráneo

-Mar Adriático

-Mar Tirreno

-Mar Exeo

-Mar Negro

-Mar Caspio.