miércoles, 27 de febrero de 2013

Experimentos Tema 6 A materia

Aquí expoño algúns dos experimentos que fixeron nos grupos os rapaces sobre a materia, correspondente ao tema 6.

A temática versaba sobre os cambios de estado da materia, ou as reaccións químicas, combustións...
Houbo experimentos moi interesantes sinxelos e moi creativos a vez.
Realizaronnos na aula ou no laboratorio onde poideron ver e observar algúns dos aparatos que se atopaban alí. Dende cubetas, microscopios,ácidos varios, mecheros de alcohol,probetas, tubos de ensaio, embudos, beakers, balóns de destilación, matraces, pipetas, serpentín,morteros, vidrios, cápsula petri, pinzas, espátulas, triángulos, crisoles,.....

Cada grupo elaborou un mínimo de dous experimentos e o expuso ao resto dos grupos.
Antes elaboraron a ficha co nome, os materiais, o procedemento e a conclusión na libreta de cada un.

Experimentos:
1.-Ovo pelota:
 Reacción química, unha metido o ovo nun vaso con vinagre 48 h. a cáscara perde a súas propiedades coma a fraxilidade e pasa a obter outra coma a "elasticidade", o ovo chega a "botar", sen romperse.

2.-"Velas apáganse solas".
Tres velas encendidas, tápanse con tres vasos de diferentes tamaños, e comprobase que aquela vela que se atopa no vaso máis grande tarda máis en apagarse. Combustión: lume, oxíseno...





3.-"Vela en auga"


4.-"Abeto de navidad".
Carton en forma de árbore, aplícase na base o ácido ...................e co paso dos días cristalizase ao ir subindo polo cartón.Paso de líquido a sólido, en forma de cristais.Precioso!!.
Paso a paso: os tres ou catro dias queda coma na terceira imaxe!!.







5.-"Xeado de chocolate".disolución, soluto, cambio de estado de líquido a sólido ( por enfriamento)....

6.-"Lentellas de ferro". Separación de ssubstancias por magnetismo.·kg de lentellas, bola de ferro e imán.O mesmo experimento para comprobar o peso (empregando unha bola dun árbore de navidade).

7.-"Estalamitas e estalatitas":








Tarefas Tema 8 "Avances técnicos"

Semana do 25 ao 1 de marzo:

Comezamos co tema 8, "Avances técnicos", cunha chuvia de ideas ( lectura previa da introducción do tema),comproban as partes nas que se divide (neste caso son 4), elaboramos un esquema cos titulos das partes e apartados de cada una, para ter unha idea global do tema e lanzamos a seguinte proposta para profundizar dun xeito máis lúdico e educativo nos contidos de dito tema, para non realizar a proba escrita senón avaliar co feito no traballo cooperativo de grupos. Será así:

-Traballo cooperativo:
-Organízanse en grupos de referencia de 4, e un de 5 alumnos.Elixen as funcións da cada compoñente e o coordinador do grupo reparte as tarefas a realizar na primeira sesión.

1ª Sesión:
-Reparto de funcións,de tarefas: cada compoñente do grupo asignase unha de esas 4 partes do tema.Debe elaborar un resumo, esquema ou mapa mental dese punto.Empregando as diferentes técnicas de estudo (subraido,resume,esquema,palabras claves, frase importante, palabras en negrita, ideas principais...)
-Poden empregar un papel a modo borrador pero despois deben pasalo a libreta.Terá q estar recollido na libreta co titulo,data etc...
-Elaborar dúas actividades sobre o punto ou apartado en cuestión.Poden ser actividades tipo coma as do libro de texto, sopa de letras, crucigrama,tipo test, inventada.....
-Esta sesión ocupará o mércores e 10 minutos do xoves da clase.

2ª Sesión:
-Xúntanse tódolos números 1 nun grupo (é dicir os alumnos que lles tocou o punto 1 xuntaríanse nun grupo), e asi cos nº 2, 3, e 4.Fan unha posta en común, comproban, dialogan e completan o que lles falte ou ocurra.
-Comentan as actividades propostas tamén.
-Elaboran unhas frases clave sobre o punto que lles tocou, a modo idea principal ou resumo.
-Será na sesión do xoves 28

3ª Sesión:
-Reunidos no grupo de referencia de novo, fan unha posta en común dos 4 puntos que deben compartir e elaborar todos na súa libreta.(é dicir, os catro compoñentes comparten o seu punto tratado en individual e no grupo anterior).
-Elaborar o esquema, mapa conceptual completo do tema, e resolven 8 cuestións do tema.
-Posta en común, lectura e resolución de dudas, preguntas entre todolos grupos.Senón dese tempo seguirían nunha cuarta sesión o luns.
-Sería na sesión do venres 1 de marzo.



Aquí podedes ver o esquema previa da unidade, consta de 4 puntos cos seus apartados.


ESQUEMA TEMA 8

Os avances técnicos
1.-Avances na Historia: no pasado
1.1.-Antes do século XX
1.2.-Avances no século XX e XXI

2.-Avances técnicos nas nosas vidas
2.1.-Avances técnicos nas vivendas.
2.2.-Avances na medicina
2.3.-Avances nos transportes.

3.-Avances técnicos nas comunicacións.
3.1.-As comunicacións persoais.
3.2.-As comunicacións de masas.

4.-A informática
4.1.-Aplicación dos ordenadores
4.2.-As redes informáticas.


Profundizando un pouco máis quedaría así os 4 puntos:


1.- Os avances técnicos na Historia: foron creados para solucionar as necesidades das persoas.

1.1.-Avances técnicos históricos: moitos foron revolucionarios no s.XIX por ex:

-A anestesia: o éter líquido do norteamericano Crawford Williamson en 1842.Para a dor.
-O teléfono: Antonio Meucci, italiano en EE.UU,en 1860.Despois Graham Bell desenvolveu a súa idea.
-A máquina de vapor: 1870, James Watt.Grazas a forza do vapor a presión.
-As lámpadas eléctricas: 1879, Thomas Edison (EE.UU), lámpada de incandescencia.
-O cine: 1895 os irmáns Lumière en París, 1º cine.imaxes en movemento.


1.2.-Os avances nos séculos XX e XXI: producíronse moitos que cambiaron as vidas das persoas.

-Medicina: novas técnicas cirúrxicas, microciruxía...
-Transportes: melloras nos vehículos,autoestradas,trens de alta velocidade, novas vías de cominucación...
-Comunicacións: grazas o teléfono, fax, internet....
-Industria: máquinas máis perfectas, precisas e tamén respetuosas co medio ambiente.
-Ocio e entretemento: a fotografía, tv, cine, museos, parques temáticos ofrecen diversión e cultura.


2.- Os avances técnicos nas nosas vidas

2.1.-Os avances técnicos nas vivendas:
-Electricidade (luz artificial) dende as centrais eléctricas,dos xeradores transpórtase mediante cables ou tendidos eléctricos ata as vivendas.
-A auga potable: mediante a potabilización, filtros,trátase con substancias químicas,desinféctase e lévase a través de tubaxes dende as estacións de bombeo.

2.2.-Os avances técnicos en medicina: para mellorar o diagnóstico e rapidez.
-Ecografía: usa o son para ver o interior do corpo.
-Radiografía: imaxes dos ósos.
-Endoscopia: videocámara para ver o interior.

2.3.-Os avances técnicos nos transportes
-Por auga: mellora de sistemas de navegación e comunicación.
-Por terra: mellora de vehículos, autoestradas,trens de alta velocidade,dispositivos seguridade, menos contaminantes....
-Por aire: avións máis rápidos.

*Integración: avances técnicos para facilitar a vida aos discapacitados: cadeiras, braille, sons,alarmas,plataformas elevadoras,semáforos....


3.- Os avances técnicos nas comunicacións:

3.1.- As comunicacións persoais: entre persoas concretas.
-Comunicación escrita: carta,postal, telegrama,fax,chat, correo electrónico, mensaxes de móbil...
-Comunicación falada: teléfonos fixos (por cable) e móbiles (por ondas de radio).
-Comunicación audiovisual: móbiles e ordenadores videocámara,webcam,web,micrófono...

3.2.-As comunicacións de masas: transmitese ao público anónimo.
-Información escrita: xornais, revistas,internet...
-Información falada: radio,
-Información audiovisual: tv, internet videoconferencias..


4.- A informática: crea e estudia os programas para os ordenadores.
Os ordenadores persoais que funcionan grazas a programas (escritos en linguaxe especifica).

4.1.-Aplicacións dos ordenadores:
-Procesamento de textos: escribir textos, imaxes...
-Comunicacións: enviar información escrita,falada,audiovisual..
-Entretenemento e ocio: peliculas, xogar,videoxogos, viaxes, cine..
-Deseño: exemplo autocad, debuxar, deseñar,publicidade...
-Tarefas de control: control de outras máquinas, semáforos, avións...
-Contabilidade: cálculo de cantidades
-Ciencia e medicina: descubrimentos, control médico...
-Comercio electrónico: mercar e vender por internet
-Ensino: simuladores, ex: avións,..


4.2.-As redes informáticas: conexión de dous ou máis ordenadores por cable ou ondas.
-Rede local: poucos ordenadores próximos.
-Rede corporativa: Intranet, unión ordenadores da mesma empresa (rede telefónica).
-Rede mundial, internet: ordenadores de todo o mundo conectados, información.








martes, 19 de febrero de 2013

Técnicas de Estudo: 20, 25, 27 febreiro

Mañan mércores, 20 de febreiro, seguindo coa formación e orientación escolar, terán os alumnos de 5º de Primaria unhas sesións prácticas de técnicas de estudo. Son moi interesantes e moi válidas para este nivel educativo.
Comezarán ás 9:30 h. en 5ºA, na miña titoria.Para seguir o luns 25 e mércores 27 de febreiro.
Entre as técnicas de estudo están o resume, esquema, subraiado, organización do tempo de estudo, espazo etc....

Interesante!!. Deixovos aquí algúns consellos:

1.-Condicionantes previos que faciliatn o estudo persoal:

-Ter unha organización previa de todo o material que vas a empregar-
-Estudar sempre no mesmo lugar , alonxado de calquera ruído que perturbe.
-Programar horario de estudo, cando estés máis concentrado.
-Planificar o tempo de estudo con descansos de 10 minutos.Horario de traballo.
-Estudar día a día.
-Comezar a mesma hora sempre a estudar para crear hábito.
-Tempo de estudo entre 1 e 2 horas.Ideal 1:30 h.
-Non estudar despois de ver a TV. Descentranos e absorbenos a concentración.Non falar por teléfono moito tempo, nin ver a TV nos descansos.

Pautas máis importantes antes de poñerse a estudar!!:

Lugar: mesa adecuada, silla respaldo, sen ruído,

Silencio: alexada do ruído, habitación máis silenciosa, sen música nin TV.

Temperatura: Nin fría nin calor entre 20-22 grados. Non menos de 17.

Iluminación: mellor luz natural pola esquerda aos diestros, e pola dereita aos zurdos.Bombilla de 60 w.Luz ambiental.

Ventilación:

Dormir o necesario

Comer adecuadamente

Facer exercicio fisico habitual:


2.-Preparación psicolóxica para estudar mellor



Tema 7 As máquinas

TEMA 7: "AS MÁQUINAS"

Comezamos o venres 15 co tema 7. Despois de facer a prelectura dúas veces, fixeron unha lectura comprensiva, subraiado e a continuación, fixemos unha posta en común das máquinas, e a súa función.

O luns continuamos coa elaboración dos apuntes persoais despois de desgranar os puntos de que trataba o tema comentado, é dicir o esquema do tema (ordear as ideas fundamentais do texto, idea global do tema) para crear cada un os seu resume.

A estructura, guión ou esqueleto que presenta esta lección é a seguinte:
A partires desta estructura fixeron os seus apuntes persoais empregando esquemas, nubes, chaves etc..Cada un escolleu o seu formato para realizar na libreta durante o luns e martes.


Tarefa para avaliar (dende o 21 ao 28 de febreiro): IMPORTANTE

Co tema 7 "As máquinas" e o tema 8 "Avances tecnolóxicos" non haberá proba escrita. Farán un proxecto en equipo (traballo cooperativo, grupos).Nos vindeiros días xa darei as pautas ou directrices para facelo.(a modo resumo: elaboran o proxecto (diversos materiais, temática, bocetos, debuxos, maquetas, ficha escrita na libreta, presentación, exposición e posta en común de forma oral na aula ao resto de compañeiros....)



ESQUEMA ORIENTATIVO


TEMA 7: As Máquinas

7.1.-Definición de máquinas. Natureza. Enerxía (humana, animal outras fontes: eólica, solar, eléctrica..)

7.2.-Tipos de máquinas: elementos ou compoñentes.

7.2.1.-Simples:
              -Pancas: partes (Pto. Apoio, Resistencia,Forza).
                 Tipos: 1º xénero (F Ap R ), ex: tixeiras, bambán parque infantil...
                            2º xénero (F R Ap ), ex: cascanoces.
                            3º xénero ( Ap F R ), ex: pinzas de xeo.

             -A polea: roda que xira sobre un eixe que ten un suco. varias forman un polipasto. 

             -O plano inclinado: é unha rampa

7.2.2.-Compostas: compoñentes. Os elementos que transmiten movemento chámanse elementos de transmisión. Son: 

-Mecánicos:

    * Manivela:

    * Engrenaxes:

           -Rodas dentadas

           -Rodas dentadas e cadea.

-Eléctricos/ electrónicos.







AS MÁQUINAS ( para situarnos ):

O ser humano sempre intenta realizar traballos que subrepasan a súa capacidade física ou intelectual. Algúns exemplos desta actitude de superación poden ser: mover rochas enormes, elevar coches para reparalos, transportar obxectos ou persoas a grandes distancias, extraer sidra da mazá, cortar árbores, resolver gran número de problemas en pouco tempo...

Para solucionar estes grandes retos inventaron as máquinas: unha grúa ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, ou os foguetes espaciais; sen esquecer tampouco ao simple coitelo, as imprescindibles pinzas de depilar, o adorado ordenador ou as obrigatorias escaleiras. Todos eles son máquinas e en común teñen, polo menos, unha cousa: son inventos humanos cuxo fin é reducir o esforzo necesario para realizar un traballo.Practicamente calquera obxecto pode chegar a converterse nunha máquina sen máis que darlle a utilidade axeitada. Por exemplo, unha costa natural non é, en principio, unha máquina, pero convértese nela cando o ser humano a usa para elevar obxectos cun menor esforzo (é máis doado subir obxectos por unha costa que elevalos a pulso); o mesmo sucede cun simple pau que nos encontramos tirado no chan, se o usamos para mover algún obxecto a xeito de panca xa convertémolo nunha máquina.




TIPOS DE MÁQUINAS según a súa complexidade

Analizando o noso ámbito podo encontrarnos con máquinas sinxelas (como as pinzas de depilar, o balancín dun parque, un coitelo, un cortaúñas ou un motor de gomas), complexas (como o motor dun automóbil ou unha escavadora) ou moi complexas (como un foguete espacial ou un motor de reacción), todo iso dependendo do número de pezas empregadas na súa construción.

Según as tecnoloxías, poden ser:
Por último podemos ver que algunhas delas son esencialmente mecánicas (como a bicicleta) ou electrónicas/eléctricas (como o ordenador); pero a maioría teñen mesturadas moitas tecnoloxías ou tipos de enerxías (unha escavadora dispón de elementos que pertencen ás tecnoloxías eléctrica, mecánica, electrónica, hidráulica, pneumática, térmica, química... todo para facilitar a extracción de terras).

Máquinas simples:
Cando a máquina é sinxela e realiza o seu traballo nun só paso encontrámonos ante unha máquina simple. Moitas destas máquinas son coñecidas dende a prehistoria ou a antigüidade e foron evolucionando incansablemente (en canto a forma e materiais) ata os nosos días.

Algunhas inventos que cumpren as condicións anteriores son: coitelo, pinzas, rampla, cuña, polea simple, rolo, roda, manivela, torno, machado, pata de cabra, balancín, tesoiras, alicates, chave fixa...

As máquinas simples pódense clasificar en tres grandes grupos que se corresponden co principal operador do que derivan: panca, plano inclinado e roda.



Para saber máis: pincha aquí debaixo.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared02/maquinas/

miércoles, 6 de febrero de 2013

Tareas de seguimento da área

Hoxe mércores 6 de febreiro, levarán para casa, a libreta de Coñecemento para enseñar aos pais/nais.
Así podedes, ollala e comprobar in situ un pouco como recollen apuntes, realización de actividades, ortografía, expresión, orde, hábitos, técnicas de estudo etc...

Mañan xoves 7, levarán tamén a proba escrita do tema 6 para completar, correxir e puntuar (autoavaliación pais/nais/nen@s) e deben entregala o xoves 14 d febreiro.Só farán aquelas cuestións que vexades incompletas, erróneas ou mellorables. Tedes que puntuar a proba con INS, SF,B,NT ou SB, según os vosos criterios (consensuar cos nenos).

Este tipo de tareas servenos a todos para levar un seguimento máis obxectivo, didáctico dos aprendizaxes,asi como comprobar os seus hábitos de estudo e rendemento académico.Espero e desexo sexa práctico e útil para vos.

Para calquer duda ou aclaración facédemo chegar ben por nota ou polos vosos fillos.

Un saúdo.

martes, 5 de febrero de 2013

Proba escrita tema 6 A materia, mércores 6

Este mércores 6 de febreiro levaremos a cabo a proba escrita do tema 6, a materia. Ademáis de puntuar e calificar a libreta de cada un.
Será as 9:30 h.
A calificación de este tema está dividida en tres partes, cun 30% de valor cada parte.
1.-Libreta: recollida de apuntes, presentación, información, experimentos e actividades etc..
2.-Experimentos: Realización na aula ou no laboratorio (en grupo), asi como o rexistro feito na libreta a modo ficha con estos catro puntos: nome, materiais, procedemento e conclusión (en lingua galega).
3.-Proba escrita do tema 6, mércores 6.

Orientacións, seguimento do 2º trimestre na área de Coñecemento do Medio.
A tarea anterior sirve de orientación e coñecemento do funcionamento dos alumnos na área correspondente.
Na libreta irán anotadas pautas, suxerencias e orientacións para lograr un bo rendemento académico e tamén poderedes ver o traballo realizado hasta agora polos vosos fillos.
É importante que vexades polo menos semanalmente ou cando moito quincenalmente, as libretas das diferentes áreas, a axenda e os resultados que van acadando nas diferentes probas escritas. Así teredes unha referencia da marcha do curso, da súa autonomía, dos seus hábitos de estudo etc...

domingo, 3 de febrero de 2013

Antroido venres 8 febreiro

A temática deste antroido 2013, coma xa comentei, será a música.Mellor dito: tendencias, estilos, moda...
e para 5ºA decidimos a moda ou época hippie.

Aquí podemos ver imaxes de disfraces para darlle unhas pequenas orientacións, ideas....