lunes, 25 de febrero de 2019

Tema 6 A industrialización (SOC)

Temporalización: Marzo
Esquema-guión do Tema "A Industrialización"
A industrialización
A Revolución agrícola e Industrial.
1.1.-Transformacións agrícolas
1.2.-O nacemento da industria
1.3.-O crecemento da poboación.
-A revolución dos transportes
2.-Como era o traballo nas fábricas
3.-Una nova organización económica e social.
3.1.-A sociedade de clases
3.2.-O capitalismo
3.3.-As novas ideas sociais
4.-Unha cidade industrial 
5.-A industrialización española
5.1.-Unha débil industrialización
-Unha industrialización en Galicia.
5.2.-O crecemento da poboación.
5.3.-O mantenemento da sociedade tradicional.
6.1-O século de ferro e o aceiro
6.2.-A fotografía e o cine.

Planteamiento: (tratamento)
Facemos memoria, chuvia de ideas.Etapas da Historia.
Infografía, imaxe ou liña do tempo para situarnos.
Características económicas, sociais e políticas da Idade Media e Moderna (liñas xerais).
Investigamos un pouco.
Visualización videos. Reflexión grupal.
Palabras clave: revolución agrícola, revolución industrial, excedentes, máquina vapor, burguesía, capitalismo, clase obrera, ferrocarril, millo e pataca (novos cultivos), rotación cultivos, novas máquinas, ...


Introdución:
A Revolución Agrícola, se dí tamén, que foi unha evolución rápida nos métodos de cultivoque conlevou o gran incremento da productividade agrícola
Tamén é o período no que se asentan e popularizan novas forraxeiras e outros cultivos procedentes de América (millo e papa entre eles) que inflúe neste proceso.

Describe tamén un período de desenrolo agrícola en Gran Bretaña que abarca desde o século XVIII ata mediados do S. XIX, período durante o cal existíu un incremento moi alto da productividade agrícola, do rendemento e da producción total. Estes feitosprovocaron un aumento da población sen precedentes, liberando do campo a un significante porcentaxe da población, que constituíu a man de obra da Revolución Industrial.



1.-A revolución agrícola e industrial
Desde finais do século XVIII, unha serie de innovacións científicas e técnicas transformaron a agricultura e propiciaron o nacemento da industria moderna. Este conxunto de transformacións constitúen a revolución agrícola e industrial.

1.1.-As transformacións agrícolas
Novas técnicas e novos cultivos (aforro de man de obra e mellora e aumenta a produción de alimentos.Entre elas:
-Inicio da rotación de cultivos (sistema barbeito+cultivo de plantas forraxeiras ou legumes)
-Introdución uso de fertilizantes (mellora a produtividade)
-Cultivos de América xeneralizanse: millo, pataca,
-Novas máquinas para: arar, sementar, segar, mallar,...

Foi posible a industrialización grazas a,  e conlevou: (ver imaxe)


Exemplo do sistema de rotación e novos cultivos:

1.2.- O nacemento da industria

Pasamos da forza do ser humano e animal o da natureza (vento, auga) a finais do S. XVIII, a invención da máquina de vapor (carbón coma combustible principal), movía máquinas coa forza do vapor de auga. Grazas a isto se produciron gran cantidade de bens coas novas fontes de enerxía (chámase insdustrialización).

-Novos transportes grazas a máquina de vapor: o ferrocarril (vías, estacións..)

1.3.- O crecemento da poboación

Grazas a mellor alimentación permitíu o aumento da poboación. Os nacementos superaron as defuncións. Houbo éxodo rural cara as cidades (búsqueda de traballo) que creceron.


2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais. Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade,
 en definitiva a Inglaterra victoriana.




A SOCIEDADE: Organización social S.XVIII-XIX
Pasase dunha sociedade ou organización social estamental privilexiados e non privilexiados a unha sociedade de clases (altas, medias e baixas) onde o diñeiro da a posición e fai que ascendan ou descendan no seus privilexios (mobilidade).Pódese comprar os títulos co diñerio e non co nacemento coma era anteriormente.Van desaparecendo os privilexios no Antiguo Reximén do S. XVIII.
As novas clases sociais que xurden tras a Revolución agrícola e industrial a finais do S.XVIII e XIX
Estas diferenzas e desigualdades sociais producirán enfrentamentos e conflictos.





sábado, 9 de febrero de 2019

Tema 5 A empresa e o traballo

Temporalización: febreiro.
Tarefas a realizar (individual e cooperativo): ata o 28 de febreiro.
A) Cuestionario previo e final (KPSI) (Socrative ou outra ferramenta)
B) Esquema-resumo (coas ferramentas vistas, ou no caderno) (ata o 21/02)
C) Copiar imaxes páxs: 76-77-79-80.
C) Anuncio publicitario (equipo cooperativo).Debedes ver a rúbrica para saber como facer, guón, estructura, etc.Está na parede da aula.

Tema 5 A empresa e o traballo
1.-O diñeiro
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
1.2.-As formas de pagamento
2.-As empresas
2.1.-Tipos de empresa
2.2.-A organización empresarial
3.-A publicidade
3.1.-Estratexias publicitarias

1.-O diñeiro
Hai moitos anos existia o troco, intercambio de produtos. O diñeiro pon prezo aos produtos. É o conxunto de billetes e moedas que se empregan como medio de pago legal.
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
O diñeiro obtense a cambio dun traballo, da venda de produtos e servizos ou a partir dun préstamo. O conxunto de todo isto forma parte dos ingresos.
O diñeiro podemos gastalo, aforralo ou investilo. ( nos apuntamentos copiar imaxe da páx. 76, distribución dos ingresos)
Ingresos: cantidade de diñeiro que se gaña regularmente por algún concepto. Utilízase para:
gasto, aforro e/ou investimento.
Gasto: diñeiro que se emprega para comprar algo ou satisfacer necesidades e desexos.
Aforro: diñeiro que se garda ou reserva para unha necesidade futura.
Investimento: diñeiro que se arrisca en algo coa esperanza de obter un beneficio.
 1.2.- As formas de pagamento
O diñeiro é un medio de pagamento que permite o intercambio ou troco de mercadorías e servizos. Existen diferentes mecanismos de pago:
-Diñeiro en efectivo: moedas e billetes
-Tarxeta bancaria: ferramenta magnética que permite pagar sin levar diñeiro en efectivo (de crédito ou débito*).
-Cheque bancario: documento de pago, unha peroa con conta nun banco, ordea o pago.
-Pagamento electrónico: operación de pago por internet.
Importante: planificar, gastar o que se precise (necesidades), e aforrar (para máis adiante).
O orzamento persoal é unha ferramenta que organiza o diñeiro disponible.Existen tamén, apps para levar o control e planificación.

2.-As empresas
Todos os bens e servizos que consumimos son o resultado das actividades económicas xeradas polas empresas e o traballo humano.
2.1.-A empresa é unha organización que fabrica produtos e/ou ofrece servizos (supermercado, restaurante, cine,..) a cambio dun beneficio económico.Para iso necesitan recursos materiais (materias primas e ferramentas), humanos (persoas) e financieiros (diñeiro).
Existen outras organizacións (fundacións) cuxo principal obxectivo non é a obtención de diñeiro, senón facer un ben social.
2.2.-Tipos de empresas: criterios de clasificación
a) Sector económico ao que pertencen:
Sector primario, secundario ou terciario.
b) O tamaño: nº de traballadores
-Microempresas (1 a 10 traballadores)
-Pequenas empresas (entre 10 e 50)
-Medianas empresas (50 e 250)
-Grandes empresas (máis de 250 traballadores).
2.3.-A organización empresarial
Existen según o tamaño, propiedade diferentes formas de organización.
-Unha persoa soa: dirixe todas as actividades e é o propietario do negocio.
-Varias persoas: organízanse en departamentos como
Dirección, produción, marketing (dar a coñecer o produto ou servizo), comercial (vende), finanzas, recursos humanos.

3.-A publicidade
As empresas utilizan mensaxes publicitarios para vender, convencer dos beneficios dun produto ou servizo. Utilízanse os medios de comunicación para elo. Medios escrito, visual, auditivo, audiovisual,..). Os elementos son:
-O emisor é a empresa ou institución que transmite unha mensaxe para dar a coñecer un produto ou servizo
-A mensaxe é a información que se transmite. O elemento máis importante é o slogan, frase curta, con rima, apegadiza,...
-O destinatario é o conxunto de persoas ou empresas ás que vai dirixida a mensaxe.
3.1.-Estratexias publicitarias: debe captar a atención, impactar,espertar o desexo, para que o cliente o compre.Utilízanse diferentes técnicas: repetición, esaxeración dos beneficios do produto e a asociación da imaxe (personaxe, canción, sentimento..)


Tarefa a realizar co equipo cooperativo: (antes do 1 de marzo)
-Facer un anuncio publicitario sobre un produto ou servizo. (Debe incluir algún destes elementos: slogan, música ou canción, imaxe, texto, etc.. 
A estructura: 1.-Titular ou encabezamento, 2.-Mensaxe (corpo), 3.-eslogan e 4.-cerre/firma.
Ver a rúbrica na aula para ter orientacións sobre a avaliación e proceso.