Mostrando entradas con la etiqueta Esquemas Hª. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Esquemas Hª. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de marzo de 2017

Temporalización 3ºTrimestre

Temporalización 3º Trimestre C.Sociais 6º
Dende a 2ª Semana de marzo a 1ª quincena de xuño 
Historia
-Tema 6: A industrialización.
-Tema 7: Do Absolutismo ao Liberalismo
-Tema 8: España e Galicia no s.XX
-Tema 9: A España actual

Etapas da Historia:




Tema 6: A industrialización
Dende finais do século XVIII ata o século XIX.( anos 1700-1899).

1.-A revolución agrícola e industrial.
-As transformacións agrícolas:rotación de cultivos, fertilizantes,chegada de productos de América (patata, millo...)
-O nacemento da industria: novas máquinas como a de vapor. Melloras no transporte (ferrocarril).Fábricas, novas fontes de enerxía (carbón) e no s.XIX motores de gasolina (petróleo, coma en coches e avións).Aumento da mecanización, do transporte de mercadorías....
-O crecemento da poboación: mellor alimentación, aumento de poboación e éxodo do rural ás cidades.

2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais. Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema 6
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twistda novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.


A SOCIEDADE: Organización social S.XVIII-XIX
Pasase dunha sociedade ou organización social estamental privilexiados e non privilexiados a unha sociedade de clases (altas, medias e baixas) onde o diñeiro da a posición e fai que ascendan ou descendan no seus privilexios (mobilidade).Pódese comprar os títulos co diñerio e non co nacemento coma era anteriormente.Van desaparecendo os privilexios no Antiguo Reximén do S. XVIII.
As novas clases sociais que xurden tras a Revolución agrícola e industrial a finais do S.XVIII e XIX
Estas diferenzas e desigualdades sociais producirán enfrentamentos e conflictos