Mostrando entradas con la etiqueta T5 C.N. (5º). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta T5 C.N. (5º). Mostrar todas las entradas

martes, 14 de abril de 2020

Tema: A enerxía

Vídeo para traballar e repasar a enerxía: consumo, usos responsables, coidado do medio ambiente (sensibilización), enerxías renovables,...Olladeo e contestade ven no enlace e/ou no vídeo inscrustado senón vai algunha das dúas opcións.
Que queres ser: Homo consumus e homo responsábilis

lunes, 23 de marzo de 2020

Tema 5: A enerxía

Programación: (finais de marzo ata xuño).
Neste 3º trimestre as unidades didácticas que imos traballar son:


Unidade 5: A enerxía
1.-Que é a enerxía
2.-As propiedades da enerxía
3.-As fontes de enerxía renovables e non renovables
4.-Problemas do uso da enerxía.Impactos ambientais, esgotamento de recursos..
5.-Desenvolvemento sustentable: coida o planeta
6.-Medidas de aforro enerxético: cidadáns, administracións


Tarefas: 
Para realizar na semana do 23 ao 27 de marzo dende a casa ("Aula na casa").
a) Guión deste tema: A enerxía
b) Elaborar ou crear un lapbook (non sei si recordades o que é, deixovos un enlace para ver como se fai un. Podedes empregar calquer material, mellor de refugallo: cartón, lá, papel de diferentes cores e materiais, madeira, cortizas,.....deixade voar a vosa imaxinación e dállede ás a vosa creatividade, que tedes moita máis do que credes!!!.


IMPORTANTE:
Tarefas a recoller ou enviar aos vosos profesores: Vanesa e Tito.
Opcións (escolle unha delas)
1.-Por email: enviar foto do voso lapbook aos profesores.
2.-Subir ao mural interactivo de Padlet a través do enlace compartido a vosa imaxe do lapbook.


Hecho con Padlet