jueves, 30 de marzo de 2017

A Revolución Agrícola

A Revolución Agrícola, se dí tamén, que foi unha evolución rápida nos métodos de cultivoque conlevou o gran incremento da productividade agrícola
Tamén é o período no que se asentan e popularizan novas forraxeiras e outros cultivos procedentes de América (millo e papa entre eles) que inflúe neste proceso.

Describe tamén un período de desenrolo agrícola en Gran Bretaña que abarca desde o século XVIII ata mediados do S. XIX, período durante o cal existíu un incremento moi alto da productividade agrícola, do rendemento e da producción total. Estes feitos provocaron un aumento da población sen precedentes, liberando do campo a un significante porcentaxe da población, que constituíu a man de obra da Revolución Industrial.



Excursión de Zamba á Revolución Industrial



Revolución Industrial

Revolución Agrícola (Sistema de producción agrícola)

Revolución Agrícola

martes, 28 de marzo de 2017

Temporalización 3ºTrimestre

Temporalización 3º Trimestre C.Sociais 6º
Dende a 2ª Semana de marzo a 1ª quincena de xuño 
Historia
-Tema 6: A industrialización.
-Tema 7: Do Absolutismo ao Liberalismo
-Tema 8: España e Galicia no s.XX
-Tema 9: A España actual

Etapas da Historia:




Tema 6: A industrialización
Dende finais do século XVIII ata o século XIX.( anos 1700-1899).

1.-A revolución agrícola e industrial.
-As transformacións agrícolas:rotación de cultivos, fertilizantes,chegada de productos de América (patata, millo...)
-O nacemento da industria: novas máquinas como a de vapor. Melloras no transporte (ferrocarril).Fábricas, novas fontes de enerxía (carbón) e no s.XIX motores de gasolina (petróleo, coma en coches e avións).Aumento da mecanización, do transporte de mercadorías....
-O crecemento da poboación: mellor alimentación, aumento de poboación e éxodo do rural ás cidades.

2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais. Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema 6
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twistda novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.


A SOCIEDADE: Organización social S.XVIII-XIX
Pasase dunha sociedade ou organización social estamental privilexiados e non privilexiados a unha sociedade de clases (altas, medias e baixas) onde o diñeiro da a posición e fai que ascendan ou descendan no seus privilexios (mobilidade).Pódese comprar os títulos co diñerio e non co nacemento coma era anteriormente.Van desaparecendo os privilexios no Antiguo Reximén do S. XVIII.
As novas clases sociais que xurden tras a Revolución agrícola e industrial a finais do S.XVIII e XIX
Estas diferenzas e desigualdades sociais producirán enfrentamentos e conflictos

viernes, 17 de marzo de 2017

Proba T4-T5 Actividades económicas

1.- Esquema dos sectores económicos ( primario, secundario e terciario) en España.

2.- Ordena de maior a menor os sectores económicos segundo a poboación ocupada neles en España.
      Sector Primario.                  Sector secundario.                  Sector terciario

3.-Imaxina que compras un zume de laranxa embotellado, que sectores interviñeron nel?

4.- Cal é o sector máis importante polo número de persoas, actividades, en España? Xustifica a túa resposta

5.- Indica si son verdadeiras ou falsas estas afirmacións
   - Unha empresa fabrica produtos ou ofrece servizos..:........
   -  O principal da empresa é facer un ben social...
   -  Todas as empresas pertencen ao mesmo sector económico
   -  As empresas pódense clasificar segundo o número de traballadores que teñen.
   -  A agricultura pode ser de secaño, baixura e regadío.
   -  Na Europa Atlántica predomina a gandaria bovina, porcina e aves de corral.
   -  Na Europa mediterránea cultívase o trigo, a vide, a oliveira, hortalizas e froitas

6.- Di algúns tipos de industria en España

7.- Nomea algúns tipos de industria en Europa que saibas.

8.- Escribe os recursos que precisa unha empresa e os seus tipos de departamentos.