Mostrando entradas con la etiqueta O relevo de Europa T1 (6º). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O relevo de Europa T1 (6º). Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de octubre de 2020

O CLIMA E A VEXETACIÓN DE EUROPA

Este é o derradeiro punto do tema 1: o medio físico de Europa. Recordamos que a proba escrita de dita unidade será o mércores 28 de outubro. Consta dun mapa mudo sobre o relevo, é dicir, medio físico e unhas preguntas curtas ou a desenrolar sobre o tema (clima, vexetación e a paisaxe).

Ollo tamén: haberá revisión e control de cadernos, das áreas de C. Sociais e C. Natureza, a partires da 2ª quincena de outubro.

 5.- O clima e a vexetación de Europa

-Predominan os climas temperados. Nalgunhas zonas presentan climas FRIOS.

-A vexetación está condicionada polo clima. É moi variada e modificada polo ser humano.

5.1.- Os TIPOS de clima:

1.-Os climas TEMPERADOS presentan 3 variedades.

1.1.-O clima OCEÁNICO ou ATLÁNTICO dáse na costa atlántica

1.2.-O clima MEDITERRÁNEO polo sur de Europa.

1.3.-O clima CONTINENTAL, ocupa o centro e o leste de Europa.

2.-Os climas FRIOS, dous tipos:

2.1.-O clima POLAR, localízase zonas do Norte e do Círculo Polar Ártico e Islandia.

2.2.-O clima de MONTAÑA dáse nas cordilleiras elevadas.


Cadro resumo dos climas, a vexetación de Europa coas súas carácterísticas.


lunes, 28 de septiembre de 2020

viernes, 18 de septiembre de 2020

Tema 1 O relevo de Europa

 Tarefas: para a 1ª semana de outubro

No caderno ou libreta: apuntamentos do relevo de Europa e elaborar o esquema (visto na clase, apuntamentos, guión).Completar coa lectura do tema o mapa mudo físico de Europa con mares, illas, penínsulas, montes ou cordilleiras (ver máis abaixo).
Na segunda semana de outubro corrección e puntuación do feito por cada un.

Recordade: No mapa mudo físico de Europa e cos apuntamentos do esquema, imos complétalo cos seguintes datos que temos para estudar e coñecer para a proba escrita.

O relevo de Europa
1.1.-Limites: ao norte océano Glacial Ártico, ao leste os Montes Urais e Asia, ao oeste o Océano Atlántico, ao sur o norte de África, mar Mediterráneo e Asia.

1.1.1.-Mares e oceános:
Océano  Glacial Ártico, mar de Barents, mar Branco, mar do Norte, océano Atlántico, mar Cantábrico, mar Mediterráneo, mar Tirreno, mar Adriático, mar Exeo, mar Negro, mar Caspio (12).

1.2.-Montes e cordilleiras:
Pódese distinguir entre montes ou macizos vellos (con menor altitude, máis gastados pola erosión debido a unha formación máis antigua) e as cordilleiras novas máis elevadas e máis recentes.
Montes Escandinavos, Gran Chaira Europea, Macizo Central Francés, 
Cordilleiras novas: Pireneos, Alpes (Pico Montblanc 4810 m.), Apeninos, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso (Pico Elbrus 5633m.), Montes Urais (10).

1.3.-Penínsulas:
EscandinavaIbérica, Itálica, Balcánica, (4), (non entra na proba a de Kola, Xutlandia)

1.4.-Illas: Islandia, Británicas, Canarias, Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Malta, Chipre (9).

 

PAÍSES DE EUROPA: Capitais (enlaces, fai clic máis abaixo).

Mapa Europa: paises e capitais 

Listado de países e capitais de Europa en castelán


Para practicar:
Recurso interactivo:mapa de Europa





martes, 16 de octubre de 2018

Proba escrita T 1 O medio físico de Europa

O venres 26 de outubro haberá a proba escrita do tema 1 de C. Sociais, " O medio físico de Europa"
Consta de dúas partes:
-Práctica (valor de 4 ptos): situar nun mapa físico mudo os datos xeográficos vistos no tema (montes ou cordilleiras, penínsulas, illas, mares ou oceános, límites de Europa, ríos e vertentes ).
-Teórica (6 ptos): Tres preguntas curtas sobre o anterior (apuntamentos caderno ou libro).


lunes, 1 de octubre de 2018

Tema O relevo de Europa

Tarefas: para a 1ª semana de outubro
No caderno ou libreta: apuntamentos do relevo de Europa e elaborar o esquema (visto na clase).Completar coa lectura do tema o mapa mudo físico de Europa con mares, illas, penínsulas, montes ou cordilleiras (ver máis abaixo).
Na segunda semana de outubro corrección e puntuación do feito por cada un.

Recordade: No mapa mudo físico de Europa e cos apuntes do esquema, imos complétalo cos seguintes datos que temos para estudar e coñecer para a proba escrita.

O relevo de Europa
1.1.-Limites: ao norte océano Glacial Ártico, ao leste os Montes Urais e Asia, ao oeste o Océano Atlántico, ao sur o norte de África, mar Mediterráneo e Asia.

Mares e oceános:
Océano  Glacial Ártico, mar de Barents, mar Branco, mar do Norte, océano Atlántico, mar Cantábrico, mar Mediterráneo, mar Tirreno, mar Adriático, mar Exeo, mar Negro, mar Caspio (12).

1.2.-Montes e cordilleiras:
Pódese distinguir entre montes ou macizos vellos (con menor altitude, máis gastados pola erosión debido a unha formación máis antigua) e as cordilleiras novas máis elevadas e máis recentes.
Montes Escandinavos, Gran Chaira Europea, Macizo Central Francés, 
Cordilleiras novas: Pireneos, Alpes (Pico Montblanc 4810 m.), Apeninos, Cárpatos, Balcáns, Cáucaso (Pico Elbrus 5633m.), Montes Urais (10).

1.3.-Penínsulas:
Escandinava, Ibérica, Itálica, Balcánica, (4), (non entra na proba a de Kola, Xutlandia)

1.4.-Illas: Islandia, Británicas, Canarias, Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Malta, Chipre (9).


Para practicar:
Recurso interactivo:mapa de Europa


Fai clic no enlace de abaixo para saber máis:

viernes, 30 de septiembre de 2016

Probas escritas Temas 1 de C.Naturais e C. Sociais (outubro 2016)

Como xa comentamos na aula nos días pasados, teremos proximamente as probas escritas dos temas 1 de Naturais e Sociais, é dicir "Os seres vivos" de Naturais e " O medio físico de Europa" en Sociais.

O martes 18: tema 1 de C. Naturais. Avaliarei a maiores o traballo elaborado co material alternativo da célula.

O xoves 27: Tema 1 de C. Sociais. Haberá tamén un tarefa sobre Europa en equipos cooperativos .Partes a estudar: Punto 1, 3, 5 e as paisaxes

lunes, 5 de octubre de 2015

Mapas interactivos para xeografía

Con este programa ou apliación podemos xogar e estudar a xeografía fisica dos continentes.Moi válido para 6º curso este ano xa que os primeiros temas corresponden a xeografía fisica e política de Europa e España.

Mapas interactivos. Relevo de Europa