lunes, 4 de septiembre de 2023

jueves, 25 de mayo de 2023

Tema 6 : A electricidade e magnetismo

 Tema 6 : A electricidade e magnetismo

1.-A electricidade

1.1.- Electricidade estática

1.2.- Comportamentos dos corpos ante a electricidade

2.-A corrente eléctrica

2.1.- Os circuitos

Compoñentes dos circuitos

2.2.- Condutores e illantes

3.- Magnetismo

3.1.- Os imáns

3.2.- O magnetismo terrestre

4.- A electricidade e o magnetismo

5.- Aplicacións do electromagnetismo

Actividades para avaliar (antes do 13 de xuño):

Resumo-esquema da unidade. Palabras clave

Realiza un Visual thinking da unidade. Recorda: texto (palabras clave), iconos ou debuxos, a cor, e os conectores.

O uso do Visual Thinking require de práctica, se a barreira do "eu non sei debuxar" é moi alta é necesario comezar empregando únicamente texto, para ir engadindo posteriormente a iconografía (debuxos) e finalmente o a cor.

Recorda: práctica, práctica, e máis práctica é o camiño cara a excelencia!!.

Actividades do libro (para antes do 15 de xuño):

Páx: 120 da 24 a nº 31

Páx 126 da 1 ata a nº 9

Revisión de cadernos para a avaliación (ata o 14 de xuño)

domingo, 23 de abril de 2023

Liña Tempo S. XIX España

 Aquí tedes  unha liña do tempo das etapas e acontecementos da Historia de España no s. XIX.

Houbo numerosos cambios políticos (absolutismo-liberalismo) desde a chegada de Xosé Bonaparte ata os Borbóns coa monarquía moderada.


 

miércoles, 12 de abril de 2023

T7 Do Absolutismo ao Liberalismo. España no s. XIX

Historia de España s-XIX
Antecedentes
Revolución francesa de 1789, triunfo do Liberalismo (coas novas ideas da Ilustración).Gobernou en Francia, Napoleón Bonaparte (república e imperio).
Goberno en España: reis-monarcas e outras formas de goberno.
*Carlos IV, foi rei de España desde o 14 de decembro de 1788 até o 19 de marzo de 1808 cando, como consecuencia do golpe de Estado que pasou á historia como o motín de Aranjuez, abdicou en favor do seu fillo Fernando (sería posteriormente Fernando VII), príncipe de Asturias.
Era fillo e sucesor de Carlos III e da súa esposa María Amalia de Saxonia.
*Fernando VII de España, alcumado o "desexado",foi rei de España, fillo de Carlos IV.
O seu reinado, como sucedeu en boa parte de Europa, estivo marcado pola tensión entre o absolutismo herdado e defendido por el e as novas ideas liberais. De feito herdou un país dividido pola Guerra da Independencia (1808) e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas Guerras Carlistas (1833).
En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador (perda da maioría das colonias americanas) en América latina, que rematará a finais do século XIX.
Etapas do seu reinado: 
-Sexenio absolutista (1814-1820)
-Trienio Liberal (1820-1823), non goberna Fernando VII, senón o coronel Riego). Invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés, para someter á España liberal e rexarcirse da derrota na Guerra de Independencia.
-Década Ominosa (ou II Restauración do Absolutismo) (1823-1833).
Fernando VII, fai pública no ano 1830, a Pragmática Sanción do seu pai Carlos IV de 1789, que abolía a Lei Sálica (impedía o goberno das mulleres)

*Trienio Liberal ou Constitucional: 1820-23.Pronunciamento do coronel Riego, para acatar a Constitución de 1812, e convocar eleccións.

Rei Fernando VII obrigado a xurar a Constitución de 1812 e suprimir a Inquisición.

 *Reinado de Isabel II (1833-1868)

-1ª etapa dende 1833-1840 Monarquía liberal coa Rexencia da súa nai Mª Cristina de Borbón.
-2ª etapa dende 1841-1843. Regencia de Espartero.
***Constitución de 1837-Constitución 1845
-3ª etapa: reinado de Isabel II (1843-1868) ata o exilio (de Isabel II) en 1868. ***Revolución de 1868.

*Sexenio Democrático (ou revolucionario) dende (1868-1874).
-Goberno Provisional (1868-1871) de Serrano. Constitución de 1869 establecía unha monarquía constitucional.
-Reinado de Amadeu I de Savoia dende 18671-1873. Houbo a II guerra Carlista ( tamén chamada a III) en 1872 ata 1876 en oposición a los monárquicos afonsinos partidarios do fillo de Isabel II.
-I República (1873-1874) co pronunciamento do xeneral Martínez Campos.

*Restauración borbónica (monarquía moderada): 1875-1902 (realmente duraría ata 1931).
1ª etapa co reinado de Afonso XII (1874-1885) e asentada nos catro pilares: Rei, Cortes, Constitución e quenda (turno: alternancia pacífica entre dous partidos: conservadores (de Cánovas) e liberais (de Sagasta) a través do caciquismo ou "pucherazo")).Foi unha etapa de oligarquía,centralismo e onde a Iglesia gañou poder de novo.Partidos políticos, sindicatos ou ideoloxías por ex: PSOE (1879), Anarquismo, Socialismo,UXT, CNT,....
2ª etapa: Rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902) ata que o seu fillo, Afonso XIII, cumpre os 16 anos en 1902, e xura a Constitución de 1876. 
Feitos relevantes: perda das derradeiras colonias españolas: Cuba, Porto Rico e Filipinas en 1898.

Actividades para facer (mes de abril aula e na casa):
1.-Guión do tema

2.-Liñas do tempo das etapas da historia do s. XIX cos seus acontecementos e datas máis importantes (ver apuntes, libro, blog,...)
    - Reinado de Fernando VII
    - Reinado Isabel II
    - Sexenio Democrático
    - Restauración borbónica (monarquía moderada).

3.-Resumo-apuntes das etapas do s. XIX

lunes, 6 de febrero de 2023

Temporalización: Febreiro-Marzo

Esquema-guión do Tema: "A industrialización"

A Revolución agrícola e Industrial.

1.1.-Transformacións agrícolas

1.2.-O nacemento da industria

1.3.-O crecemento da poboación.

-A revolución dos transportes

2.-Como era o traballo nas fábricas

3.-Una nova organización económica e social.

3.1.-A sociedade de clases

3.2.-O capitalismo

3.3.-As novas ideas sociais

4.-Unha cidade industrial 

5.-A industrialización española

5.1.-Unha débil industrialización

-Unha industrialización en Galicia.

5.2.-O crecemento da poboación.

5.3.-O mantenemento da sociedade tradicional.

6.Arte e cultura s.XVIII-XIX

6.1-O século de ferro e o aceiro

6.2.-A fotografía e o cine.


Planteamiento: (tratamento e tarefas-actividades tipo)

-Facemos memoria, chuvia de ideas (etapas da Historia). 

-Visionado trailer da película "Oliver Twist" ( veremos o film en inglés tamén, proxecto interdisciplinar)

-Infografía, imaxe ou liña do tempo para situarnos.

-Características económicas, sociais e políticas da Idade Media e Moderna (liñas xerais).

-Investigamos un pouco.

-Realizamos un visual thinking sobre este periodo (revolución agrícola e indutrial, páxs: 92-95). Cartolina ou folla A4.

-Visualización videos. Reflexión grupal.

-Visionado da película de Oliver Twist en inglés (proxecto interdisciplinar) e cumplimentado dunha ficha sobre ela.

Palabras clave: revolución agrícola, revolución industrial, excedentes, máquina vapor, burguesía, capitalismo, clase obreira, ferrocarril, millo e pataca (novos cultivos), rotación cultivos, barbeito, máquina de vapor, éxodo rural, James Watt,

Introdución:

A Revolución Agrícola, se dí tamén, que foi unha evolución rápida nos métodos de cultivo, que conlevou o gran incremento da productividade agrícola

Tamén é o período no que se asentan e popularizan novas forraxeiras e outros cultivos procedentes de América (millo e pataca entre eles) que inflúe neste proceso.


Describe tamén un período de desenrolo agrícola en Gran Bretaña que abarca desde o século XVIII ata mediados do S. XIX, período durante o cal existíu un incremento moi alto da productividade agrícola, do rendemento e da producción total. Estes feitos provocaron un aumento da población sen precedentes, liberando do campo a un significante porcentaxe da población, que constituíu a man de obra da Revolución Industrial. 

1.-A revolución agrícola e industrial

Desde finais do século XVIII, unha serie de innovacións científicas e técnicas transformaron a agricultura e propiciaron o nacemento da industria moderna. Este conxunto de transformacións constitúen a revolución agrícola e industrial.

1.1.-As transformacións agrícolas

Novas técnicas e novos cultivos (aforro de man de obra e mellora e aumenta a produción de alimentos.Entre elas:

-Inicio da rotación de cultivos (sistema barbeito+cultivo de plantas forraxeiras ou legumes)

-Introdución uso de fertilizantes (mellora a produtividade)

-Cultivos de América xeneralizanse: millo, pataca,

-Novas máquinas para: arar, sementar, segar, mallar,... 

1.2.- O nacemento da industria

Pasamos da forza do ser humano e animal o da natureza (vento, auga) a finais do S. XVIII, a invención da máquina de vapor (carbón coma combustible principal), movía máquinas coa forza do vapor de auga. Grazas a isto se produciron gran cantidade de bens coas novas fontes de enerxía (chámase insdustrialización).

-Novos transportes grazas a máquina de vapor: o ferrocarril (vías, estacións..)

1.3.- O crecemento da poboación

Grazas a mellor alimentación permitíu o aumento da poboación. Os nacementos superaron as defuncións. Houbo éxodo rural cara as cidades (búsqueda de traballo) que creceron.


2.-Unha nova organización económica e social.

-O capitalismo: novo sistema económico-social baseado na produción, no libre comercio ou mercado e industria e nos bens privados (capital, diñeiro: medio polo cal se poden obter bens materiais, pagar polo traballo,...) para adquirir lucro.

-Nova organización social. Nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).


3.-As cidades industriais. Características: novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento. Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)


4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.

-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 

-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.

-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.


Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros, arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)


Arte e cultura. Expresións artísticas.

O cine:xurde a finais do s.XIX. (Aproveitaremos este arte para tratar o tema)

A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delincuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.

Actividades e tarefas:

1.-Guión da unidade

2.-Liña do tempo da Hª e da Hª Contemporánea. En papel, caderno ou dixitalmente

3.-Esquema da unidade. Resumo. (Non esquecer as palabras clave).

4.-Visual thinking da revolución agrícola e industrial das páxs: 92 a 95. (Xa explicado e feito na aula e senón mira o que é e coma se fai neste vídeo: youtu.be/YP3pkm3RIbE )

5.-Pirámide da sociedade (Fai un debuxo cos estratos da sociedade do S XVIII-XIX)

6.-Opcional: facer un vídeo explicativo da arte e cultura ou da revolución industrial (ex: con móbil, ou apps coma Powtoon).


Pirámide da sociedade SXVIII-XIX







martes, 31 de enero de 2023

Tema 5 " A empresa e o traballo"

Temporalización: febreiro-primeiros de marzo 2023.

Tarefas a realizar (individual e cooperativo): ata o 28 de febreiro.
A) Cuestionario previo e final (KPSI) (Socrative ou outra ferramenta)
B) Guión e esquema-resumo (coas ferramentas vistas, ou no caderno) (ata o 25/02)
C) Copiar imaxes páxs: 76-77-79-80.
C) Anuncio publicitario (equipo cooperativo ou individualmente).Debedes ver a rúbrica para saber como facer, guón, estructura, etc. Está na cortiza da aula.

Tema 5 A empresa e o traballo (guión)
1.-O diñeiro
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
1.2.-As formas de pagamento
2.-As empresas
2.1.-Tipos de empresa
2.2.-A organización empresarial
3.-A publicidade
3.1.-Estratexias publicitarias

Resumo: apuntes do tema
1.-O diñeiro
Hai moitos anos existia o troco, intercambio de produtos. O diñeiro pon prezo aos produtos. É o conxunto de billetes e moedas que se empregan como medio de pago legal.
1.1.-Os ingresos: gasto e aforro
O diñeiro obtense a cambio dun traballo, da venda de produtos e servizos ou a partir dun préstamo. O conxunto de todo isto forma parte dos ingresos.
O diñeiro podemos gastalo, aforralo ou investilo. ( nos apuntamentos copiar imaxe da páx. 76, distribución dos ingresos)
Ingresos: cantidade de diñeiro que se gaña regularmente por algún concepto. Utilízase para: gasto, aforro e/ou investimento.
Gasto: diñeiro que se emprega para comprar algo ou satisfacer necesidades e desexos.
Aforro: diñeiro que se garda ou reserva para unha necesidade futura.
Investimento: diñeiro que se arrisca en algo coa esperanza de obter un beneficio.
 1.2.- As formas de pagamento
O diñeiro é un medio de pagamento que permite o intercambio ou troco de mercadorías e servizos. Existen diferentes mecanismos de pago:
-Diñeiro en efectivo: moedas e billetes
-Tarxeta bancaria: ferramenta magnética que permite pagar sin levar diñeiro en efectivo (de crédito ou débito*).
-Cheque bancario: documento de pago, unha peroa con conta nun banco, ordea o pago.
-Pagamento electrónico: operación de pago por internet.
Importante: planificar, gastar o que se precise (necesidades), e aforrar (para máis adiante).
O orzamento persoal é unha ferramenta que organiza o diñeiro disponible. Existen tamén, apps para levar o control e planificación.

2.-As empresas
Todos os bens e servizos que consumimos son o resultado das actividades económicas xeradas polas empresas e o traballo humano.
2.1.-A empresa é unha organización que fabrica produtos e/ou ofrece servizos (supermercado, restaurante, cine,..) a cambio dun beneficio económico.Para iso necesitan recursos materiais (materias primas e ferramentas), humanos (persoas) e financieiros (diñeiro).
Existen outras organizacións (fundacións) cuxo principal obxectivo non é a obtención de diñeiro, senón facer un ben social.
2.2.-Tipos de empresas: criterios de clasificación
a) Sector económico ao que pertencen:
Sector primario, secundario ou terciario.
b) O tamaño: nº de traballadores
-Microempresas (1 a 10 traballadores)
-Pequenas empresas (entre 10 e 50)
-Medianas empresas (50 e 250)
-Grandes empresas (máis de 250 traballadores).
2.3.-A organización empresarial
Existen segundo o tamaño, propiedade diferentes formas de organización.
-Unha persoa soa: dirixe todas as actividades e é o propietario do negocio.
-Varias persoas: organízanse en departamentos como : dirección, produción, marketing (dar a coñecer o produto ou servizo), comercial (vende), finanzas, recursos humanos.

3.-A publicidade
As empresas utilizan mensaxes publicitarios para vender, convencer dos beneficios dun produto ou servizo. Utilízanse os medios de comunicación para elo. Medios escrito, visual, auditivo, audiovisual,..). Os elementos son:
-O emisor é a empresa ou institución que transmite unha mensaxe para dar a coñecer un produto ou servizo
-A mensaxe é a información que se transmite. O elemento máis importante é o slogan, frase curta, con rima, apegadiza,...
-O destinatario é o conxunto de persoas ou empresas ás que vai dirixida a mensaxe.
3.1.-Estratexias publicitarias: debe captar a atención, impactar, espertar o desexo, para que o cliente o compre. Utilízanse diferentes técnicas: repetición, esaxeración dos beneficios do produto e a asociación da imaxe (personaxe, canción, sentimento..)


Tarefa a realizar individualmente ou equipo cooperativo online: (antes do 7 de marzo)
-Facer un anuncio publicitario sobre un produto ou servizo. (Debe incluir algún destes elementos: slogan, música ou canción, imaxe, texto, etc.. 
A estructura: 1.-Titular ou encabezamento, 2.-Mensaxe (corpo), 3.-eslogan e 4.-cerre/firma.
Ver a rúbrica na aula para ter orientacións sobre a avaliación (e do proceso).