domingo, 17 de diciembre de 2017

Temporalización 2ª Quincena de decembro

Durante o mes de decembo comezaremos o Tema 3 "O clima" de C. Sociais (a partires do 14).
O tema 3 de C. Natureza dará comezo no mes de xaneiro.
Nesta semana faremos o guión da unidade de xeito individual, para ser comprobado o luns 18 no caderno de área.
Faremos tamén cunha aplicación ou no word un esquema de nubes ou figuras, chaves, etc do tema e de algún punto en concreto como por exemplos os climas de España.
Nos introducimos na interpretación dun climograma e mapas do tempo da prensa (A Voz, ou o Correo etc..). A lenda e os gráficos.Significado e lectura e interpretación da previsión do tempo atmosférico.

TEMA 3 O CLIMA
1.-O clima
1.1.O tempo atmosfércio
1.2.Factores

Introducción do tema:

1.-O tempo e o clima:

Chamamos tempo atmosférico ao estado no que se atopa a atmósfera nun lugar e nun momento concreto; e o clima ás condicións atmosféricas dun lugar concreto que se repiten cíclicamente ao longo dun ano (ou 5 anos mínimo).

Recordamos:
Tódolos fenómenos relacionados co tempo e o clima desenrólanse na atmosfera. Ésta é a capa gasosa que envolve  á Terra. Ten un espesor de máis de 1.000 km e os gases que contén (nitróxeno 78% e o osíxeno 21%) filtran parte dos raios solares que chegan á superficie. A capa en contacto coa superficie da Terra é a troposfera, na que se producen tódolos fenómenos meteorolóxicos. Grazas á atmósferas é posible a vida na Tierra debido a que:
  • Mantén unha temperatura adecuada.
  • Posé os gases necesarios  para cos amimais e as plantas desenrolen  as súas funcións vitais.
  • Protexe das radiacións  solares perxudiciais (raios gamma e ultravioleta)
  • Protéxenos da caída de corpos extraterrestres como os meteoritos que se desintegran ao pasar pola atmosfera.
  • Produce os procesos meteorolóxicos que xenera a chuvia ou o vento dos que dependen os seres vivos.
Por iso, calquer cambio importante que experimente a atmósfera terá consecuencias directas sobre os seres vivos que habitamos na Terra




Variacións da temperatura dependendo da latitude polo tanto temos tres zonas climáticas (zona fría (polos), zona temperada e zona cálida (Ecuador).) segundo a incidencia dos raios do Sol.


domingo, 3 de diciembre de 2017

Tema 2 C.Sociais

Un exemplo de esquema en árbore do tema: "A terra representación" feito na aula coas palabras clave.Seguimos coas técnicas de estudo! !.

Para saber máis:
A representación da Terra


viernes, 1 de diciembre de 2017

Próximas probas de C.Natureza e C. Sociais.

Xa nos atopamos no final do 1º trimestre e faltan por facer dúas probas, unha de C. da Natureza do tema 2 Os ecosistemas que será o mércores 13 de decembro (coa apliación Socrative) e a de C. Sociais, tamén do tema 2 "A representación da Terra", que sí será unha proba escrita para o martes 12 ( terá actividades coma: localizar, situar nun mapa (coordenadas xeográficas), interpretación e localización nun plano de metro, definicións,..)
Coas probas, máis as feitas anteriormente e o rexistro doutra serie de datos: caderno (técnicas de estudo), tareas, proxectos, actitudes, etc saldrá a nota de este trimestre.
Sigo a recalcar o traballo, coñecemento e asimilación das técnicas de estudo que se ven reflexadas no caderno e posteriormente nas tareas, probas e proxectos. É importante que revisedes as libretas das diferentes áreas e comprobedes o feito, o proceso, os contidos e a recollida de información así como, as miñas anotacións para poder levar un control conxunto (avances ou retrocesos no proceso).
Ánimo que veñen 15 días intensos de traballo pero xa pronto, tócavos descansar!!.

domingo, 19 de noviembre de 2017

Temporalización C. Sociais 2ª Quincena de novembro

Dende o 20 de novembro comezamos a traballar con mapas e planos de cidades, transporte, temáticos...Para elo, debedes traer a semana que ven un deles (un ou dous por equipos cooperativos )para profundizar e dar sentido ao tema 2 de c. Sociais dun xeito práctico, a representación da Terra (planos, coordenadas, etc). Dacordo?

Paralelos e Meridianos:



Recordamos:

lunes, 6 de noviembre de 2017

Nutrición das plantas: Ficha Fotosíntese

Un exemplo de como facer unha ficha da nutrición das plantas a través das follas, empregando follas recollidas no parque do colexio. Bo recurso, xa que cada alumno realizou unha ficha, no seu caderno. Unha aprendizaxe máis vivencial e visual (creando o recurso).



domingo, 5 de noviembre de 2017

Tema 2 A representación da Terra

Temporalización T2 A representación da Terra
(Primeiros de novembro ata 23).
Vamos a empregar técnicas de estudo para recoller e plasmar estos apuntamentos nos vosos cadernos
Fixádevos (sobre todo no primeiro párrafo) e que cada un sexa capaz de elaborar os seus (recordade os colores e suraiado das palabras clave)

1.- As coordenadas xeográficas
Son unhas liñas imaxinarias (paralelos e meridianos) que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e nos axudan a localizar un punto exacto sobre a superficie terrestre.

1.1.-Paralelos son círculos imaxinarios que dividen a Terra en hemisferio norte e sur (como rodas ou toros). O principal é o Ecuador, Trópico Cancro e Capricornio e os Círculos Polares.
Latitude=distancia dun punto calquera da superficie terrestre ao Ecuador.Pode ser norte ou sur.

1.2.-Meridianos: son semicírculos imaxinarios que van do polo Norte ao Sur.O principal é o de Greenwich (0º).Mide a Lonxitude que é a distancia dende calquera punto da superficie terrestre ao meridiano 0º ou de Greenwich, pode ser Leste ou Oeste.

2.-Os fusos horarios: para crear un sistema de horario común.
Son 24, é dicir cada unha das 24 partes en que se divide a Terra (360º:24 = 15 º equivalen a 1 hora).

3.- Os mapas e os planos xeográficos.
É unha representación da Terra ou dunha parte dela.A cartografía é a ciencia que se encarga de elaborar planos.
Globo terráqueo é unha representación total da Terra (con forma de esfera)
Mapa: é unha representación plana da Terra ou parte dela.(mapas planisferios=físicos e políticos) e máis pequenos son os planos xeográficos (cidades,..)
Lenda, símbolos (cada un dos elementos do mapa) tamén chamados signos convencionais
(habituais) (cores, liñas, puntos, flechas, círculos...)
A escala numérica ou gráfica (redución do tamaño na súa representación)

4.-Tipos de mapas
-Físicos (representan as distintas formas do relevo terrestre)
-Políticos amosan a organización territorial.
-Temáticos reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade.De moitos tipos (población, climáticos, económicos..)
-Atlas é unha colección d mapas de diferentes tipos e formato.

Para copiar no voso caderno.Debuxade os globos terráqueos coa seguinte información para recordar.

Paralelos e Meridianos:



Para saber máis:
A terra.Capas:

viernes, 3 de noviembre de 2017

Tema 1 O universo e o Sistema Solar

O resumo ou esquema do tema ben podería ser así: "O Universo e os Sistema Solar"
1.-O Universo.
-As estrelas:
-As galaxias. A nosa galaxia: a Vía Láctea.

2.- A Terra e o Sistema Solar.
-O Sol é a nosa estrela, unha xigantesca bola d gas moi quente e cun diámetro 100 veces maior ca Terra.Co seu calor e luz é posible a vida no noso planeta.
-Os planetas:deben o seu nome a divinidades romanas ou gregas. Temos os planetas interiores rochosos, sólidos e pequenos de densidade alta (Mercurio,Venus, Terra e Marte), os planetas exteriores: máis grandes, gasosos, (Xúpiter, Saturno), Urano e Neptuno de xeo tamén). Planetas ananos que inclúen:(Plutón),o  asteroide Ceres, Eris, Makemake,Haumea,Sedna,.Fora de Neptuno está o cinturón de Kuiper e a nube de Oort.
-Outros corpos: Asteroides (grandes corpos rochosos ), satélites, cometas (xeo,po,rochas), meteoroides (anacos de asteroides ou cometas) e meteoritos cando baten coa a Terra.

**Pincha neste enlace:Os planetas do Sistema Solar
O universo



3.-A Terra, o planeta azul
Formada hai 4650 millóns de anos. É un planeta rochoso, con forma de esfera achatada polos polos.
3.1.- A Terra no Universo:
-Teoría Xeocéntrica: creían antigamente que a Terra era plana, inmóbil e o centro do Universo.
-Teoría Heliocentrica no s.XVI, Sol centro do Sistema Solar e a Terra é os planetas xiraban ao redor do Sol.

3.2.-A Terra formada por 4 elementos:
-Sólido: rochas minerais  é o conxunto de continentes chamado Xeosfera.
-Líquido: máis abundante conxunto de augas Hidrosfera.
-Gasoso mestura de gases, nitróxeno e osíxeno.Atmosfera
-Os seres vivos e a Biosfera.

3.3.-As capas da Terra.
-Codia: é a capa máis externa e delgada (rochas,continentes e fondo mariño)
-Manto: é a capa intermedia,  temperatura elevada e rochas fundidas.
-Núcleo: é máis interna e de máis grosor.80% Ferro.como un imán.O planeta Terra exerce unha forma de atracción debido a gravidade.


4.- Movementos da Terra: (ten 5 movementos ( rotación, traslación, precesión, nutación y bamboleo de Chandler) ainda que só estudiamos dous).
-ROTACIÓN: movemento sobre o seu eixe.Orixina o día é a noite.Tarda 24 h en xirar sobre si mesma (un día).A sucesión do día é a noite débese ao movemento de rotación.
Móvese de oeste a leste, no sentido oposto ás agullas do reloxo.
O Leste chámase Levante por onde sae o Sol e Poniente ao Oeste, por onde se pon.
Os científicos crearon unhas liñas imaxinarias para coñecer mellor os movementos da Terra e son: o Ecuador que divide a Terra en dúas partes ou hemisferios norte e sur.
O eixe terrestre é unha liña que atravesa a Terra de norte a sur, e está lixeiramente inclinado por iso a duración do día e a noite varían ao longo do ano.Os extremos do eixe son Os polos norte e sur.



5.-A Terra xira ao redor do Sol.
Movemento de TRASLACIÓN, é ao redor do Sol constantemente seguindo unha órbita elíptica case circular.Tarda 365 días 6 h. e 9 minutos.
Debido a inclinación da Terra polo seu eixe orixinanse as estacións é os raios de Sol,caen de xeito diferente e por tanto a súa intensidade e diferente.(raios oblicuos en inverno, máis perpendiculares en verán ten os días máis longos).







6.- A Lúa
É o único satélite da Terra. Realiza dous movementos rotación e traslación (sobre si mesma e sobre a Terra, e tarda o mesmo tempo, 28 días). É iluminada polo Sol de aí as diferentes fases lunares ou caras.
A lúa inflúe na Terra, coas mareas pola  forzar de atracción q  exerce o Sol é Lúa cuando están aliñados con Terra.

Resultado de imagen de la luna y sus movimientos

-Eclipses é a ocultación total ou parcial da Lúa o ou do Sol vista desde a Terra.




Eclipse Solar:



Video sobre os movementos da Terra.


Outras curiosidades: diametros, distancias e un noveno planeta??




***Comparación de planetas e tamaños:
Planetas comparar

***Inclinación do eixe (Axial).Polo Norte á sur.




***Capas da Terra (para saber máis)



Enlace para ver Astromia solar (A Terra)

Movementos: Rotación
Resultado de imagen de movimientos de la tierra

Movemento de Traslación: as estacións




Vista da Lúa dende a Terra:Posicións

60 aniversario do Sputnik II (satélite artificial ruso)

Mañan 4 de novembro do 2017, fai 60 anos do envío a órbitar no  espazo a cadela atopada na rúa, Laika, que pesaba 6 kilos, branca, sen raza, e que sería o primeiro ser vivo en viaxar ao espazo.Morreu nada máis despegar debido a unha subida d temperatura, e fallar o sistema de refrixeración  (máis de 40 graos), e finalmente a nave Sputnik II acabaría desintegrándose aos 6 meses,dando varías miles d órbitas a Terra tamén.
Clica aquí:
Nova sobre Laika

A nova sobre Laika

Máis sobre novas do espazo e o Sistema solar.As misións Voyager I e II, máis alá da Vía Láctea.
Voyager

A lúa, estación espacial en 20 anos (Axencia Espacial Europea).Ver nova sobre a lúa
Vivir na Lúa.?

martes, 31 de octubre de 2017

Probas escritas Tema 1 Sociais e C.Natureza

As probas escritas dos temas 1 de: o venres 10, será o de Ciencias Sociais e o martes 14 de novembro o de Ciencias da Natureza..

jueves, 26 de octubre de 2017

TEMA 1 AS PLANTAS: Resumo

Aquí tedes en imaxes o resumo dos contidos da unidade 1: As plantas.
As ideas principais e as palabras clave.
1.-Clasificación de las plantas:
-Plantas con flores: Ximnospermas (sen froitos e con sementes) e Anxiospèrmas (con froitos)
-Plantas sin flores.








2.-A nutrición:





Partes dunha flor hermafrodita (con estames e pistilo, con órgano masculino e feminino)




5.-Relación das plantas co contorno: Movementos das plantas
Tropismos e nastias

martes, 24 de octubre de 2017

TEMA 1: AS PLANTAS (5º)

TEMA 1: AS PLANTAS:
Esquema ou guón da unidade.(Posible data da proba escrita 1ª ou 2ª semana de novembro).
  1. 1. Características das plantas (enlace ao libro dixital)
  2. 1.1.-Partes dunha planta.
  3. 1.2.-Clasificación das plantas:
    1. Plantas con flores: Anxiospermas e ximnospermas.
    2. Plantas sen fores: Fentos e musgos.
  4. 2. A nutrición das plantas: fotosintese.
  5. 3. A reprodución sexual das plantas.
  6. 4. A reprodución asexual nas plantas
  7. 5. A relación das plantas co contorno.

1.-CARACTERÍSTICAS das plantas:
Existe unha gran variedade de plantas. Todas teñen en común que fabrican o seu propio alimento, pero o seu aspecto pode ser moi distinto porque depende do medio no que viven.
1.1.-Partes dunha planta: 
A maioría das plantas posúan raíz, talo e follas.
-Raíz. É o órgano que fixa a planta ao solo. Absorbe a auga cos sales minerais disolvidos e, en ocasións, tamén serve como almacén de substancias.

-Follas. Son os órganos que captan a luz do sol e o dióxido de carbono. Xunto coa auga e os sales minerais do solo, utilízanos para fabricar o alimento.

-Talo. É o órgano que sostén a planta e comunica as súas distintas partes a través de dous tipos de condutos:
  • Os vasos leñosos conectan as raíces coas follas.
  • Os vasos liberianos conectan as follas con toda a planta.
1.2.-Clasificación das plantas:
 Ademais de raíz, talos e follas, moitas plantas posúen tamén flores, froitos e sementes. Estes órganos sérvenlles para reproducirse, e coñecelos permítenos clasificalas en dous grupos:

1.2.1.-Plantas con flores:  reprodúcense mediante sementes.

a) Anxiospermas: Teñen froitos e no seu interior hai sementes. Ex. foto debaixo: maceira 
( as sementes se atopan no interior dos froitos).


b) Ximnospermas: Non teñen froitos, pero si sementes. Ver foto debaixo, ex: piñeiro (as piñas non son os froitos, no interior están as sementes, os piñons).

(non teñen froitos pero si teñen sementes)

1.2.2.-Plantas sen flores: non producen sementes. Reprodúcense mediante esporas

Os fentos posúen raíces, follas e condutos polos que circula o zume, e os musgos, en cambio, non.
Exs:
Fentos:Teñen raíces, follas e condutos.
MusgosNon teñen raíces, follas nin condutos.

2.- A NUTRICIÓN:
As plantas, como os demais seres vivos, necesitan alimento e enerxía para crecer, e obtéñenos mediante a nutrición. Nas plantas, a nutrición ten dúas fases:
  • Fabricación do seu propio alimento nas follas mediante un proceso que se chama fotosíntese. Neste proceso despréndese osíxeno.

    Na fotosíntese as plantas utilizan auga, sales minerais, dióxido de carbono e a enerxía da luz do sol captada mediante a clorofila, unha substancia de cor verde que está nas follas.
  • Obtención de enerxía. As plantas respiran. Ao respirar toman o osíxeno do aire a través das follas. O osíxeno do aire e os alimentos que se fabricaron na fotosíntese únense e prodúcese enerxía. Neste proceso despréndese un gas, dióxido de carbono.

Repasamos a nutrición (=alimento,fotosíntese + enerxía), consiste en fabricación do seu propio alimento e obter enerxía:
a) Función nutrición:
  • As plantas absorben dióxido de carbono a través duns poros das follas chamados estomas.
  • As raíces absorben do solo auga con sales minerais disoltos. Esta mestura constitúe zume bruto. O zume bruto ascende cara ás follas a través dos vasos leñosos.
  • Nas follas prodúcese a fotosíntese. Nelas zume bruto e o dióxido de carbono transfórmanse en alimento grazas á luz solar. Neste proceso despréndese osíxeno.
  • O alimento forma o zume elaborado. O zume elaborado distribúese por toda a planta a través dos vasos liberianos. Así, a planta crece.

b) Obtención de enerxía

Tanto de día como de noite as plantas necesitan enerxía. Para iso utilizan os alimentos que produciron e osíxeno do aire.
Neste proceso, chamado respiración, despréndese dióxido de carbono.
A conclusión sería:
  • As plantas obteñen o alimento para crecer e vivir mediante afotosíntese. Neste proceso libérase osíxeno.
  • As plantas obteñen enerxía mediante a respiración. Neste proceso despréndese dióxido de carbono.

3.-A REPRODUCIÓN das plantas: A reproducción SEXUAL:
As plantas poden reproducirse de forma SEXUAL mediante a unión dun gran de pole e un óvulo. Este tipo de reprodución é diferente segundo a planta teña ou non teña flor e, nela, a nova planta é similar aos seus proxenitores.
3.1.-Plantas con flores:
1.1.-Flores hermafroditas: 
flor é o órgano reprodutor da maioría das plantas. En moitas plantas, as flores teñen pistilo, que é o órgano reprodutor feminino,estames, que son os órganos reprodutores masculinos. Este tipo de flores, como as da amendoeira, chámanse flores hermafroditas (teñen os dous órganos).
Nestas flores o pole dos estames e os óvulos do pistilo non se desenvolven á vez. Por iso, para que teña lugar a reprodución, o pole dunha flor ten que chegar ao pistilo da flor doutra planta. Este proceso, chamado polinización, prodúcese grazas a que o vento e algúns animais, como os insectos, transportan o pole.
Unha vez no pistilo da flor, o pole chega ao ovario e únese a un óvulo. Tras a unión, chamada fecundación, o ovario transfórmase nun froito e o óvulo fecundado, nunha semente.
Cando a semente cae ao chan e xermina dá lugar a unha nova planta.
1.2.-Flores masculinas ou femininas:
Nalgunhas plantas, como a aciñeira, os órganos reprodutores masculinos e femininos están en flores distintas, é dicir, existen flores masculinas e flores femininas.
3.2.-Plantas sen flores:
Por exemplo os fentos e musgos non teñen flores, a fecundación ten lugar no exterior, é dicir, fóra da planta.
O fento: posúe uns pequenos avultamentos (saquiños), chamados soros, que producen miles de esporasCando as esporas caen ao chan húmido, xerminan e forman un pequeno órgano. Nese órgano terá lugar a fecundación e orixínase unha nova planta (fento).
Fento reprodúcese por esporas que están nos soros (saquiños).
4.-A REPRODUCIÓN ASEXUAL das plantas:
Algunhas plantas tamén poden reproducirse de forma ASEXUAL a partir dun fragmento delas mesmas (obtense unha copia idéntica).Exemplos dos diferentes fragmentos:
Tubérculos (= talo subterráneo, ex: patacas, remolacha..)
Rizomas (= talo subterráneo, ex: grama, lirio..)
Bulbos (= follas modificadas,formado por capas.Ex: cebolas, allo, tulipán..)
Estolóns (= talo superficial, ex: amorodo..)
Escallos (= fragmento de talo, ex: vide, xeranio, hortensia..)
  Resultado de imagen de REPRODUCCION ASEXUAL NAS PLANTAS EJEMPLOS
5.-Relación das plantas co entorno (o medio).
As plantas relaciónanse co medio que os rodea e tamén reaccionan ante certos estímulos como os cambios no medio. Así, as variacións ambientais de luz, de temperatura e de humidade inflúen nos seus ciclos vitais.(ex: coas estacións do ano).
As plantas móvense:
As plantas reaccionan ante certos estímulos de dúas maneiras:
5.1.-Mediante movementos que implican crecemento: Tropismos
Tropismos: 
-Fototropismo (as plantas crecen cara á luz).
-Gravitropismo (raíz cara abaixo e o talo, cara arriba).
-Hidrotropismo (raices cara ás zonas húmidas)
5.2.-Mediante movementos que NON implican crecemento: Nastias
Nastias:
-Fotonastia (oriéntanse cara ao Sol, ex: xirasoles)
-Tigmonastia (Ex: plantas carnívoras, abren o cerrar as follas)
-Termonastia (Ex: os tulipáns ábrense ou cérranse dependendo da temperatura).


Conclusión: Por tanto, podemos dicir que:
As plantas reaccionan ante a luz, o contacto, a gravidade, a humidade, o número de horas de luz e a temperatura.

Para saber máis:

Neste enlace temos o Calendario de siembra