Xa nos atopamos no final do 1º trimestre e faltan por facer dúas probas, unha de C. da Natureza do tema 2 Os ecosistemas que será o mércores 13 de decembro (coa apliación Socrative) e a de C. Sociais, tamén do tema 2 "A representación da Terra", que sí será unha proba escrita para o martes 12 ( terá actividades coma: localizar, situar nun mapa (coordenadas xeográficas), interpretación e localización nun plano de metro, definicións,..)
Coas probas, máis as feitas anteriormente e o rexistro doutra serie de datos: caderno (técnicas de estudo), tareas, proxectos, actitudes, etc saldrá a nota de este trimestre.
Sigo a recalcar o traballo, coñecemento e asimilación das técnicas de estudo que se ven reflexadas no caderno e posteriormente nas tareas, probas e proxectos. É importante que revisedes as libretas das diferentes áreas e comprobedes o feito, o proceso, os contidos e a recollida de información así como, as miñas anotacións para poder levar un control conxunto (avances ou retrocesos no proceso).
Ánimo que veñen 15 días intensos de traballo pero xa pronto, tócavos descansar!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario