lunes, 8 de junio de 2015

Idade Moderna: Os Austrias

O Imperio Español: Idade Moderna











LOS AUSTRIAS MENORES: CARLOS I E FELIPE II
E OS AUSTRIAS MAIORES





Resumo do Reinado de Carlos I (V de Alemaña)




Os Austrias maiores e Borbóns: reinados.Política.



Os Reis Católicos

Esquema resumo do Reinado dos Reis Católicos Isabel de Castela e Fernando de Aragón.
Política interior e exterior.Conquistas.Sociedade....












Proxectos de Historia 5º

Para finalizar o 3º trimestre faredes os proxectos de Historia. Deixovos aquí material, imaxes, contidos, esquemas (a información, sobre o periodo da Historia que tedes que preparar e expoñer nos equipos cooperativos).Sociedade, política, reinados, conquistas, cultura, arte, etapas....
Pode ser material de consulta, para o voso traballo, ou de orientación.

A Idade Media na Península Ibérica:
.-O Reino Visigodo na Península.
Tras varios séculos de presenza romana na Península Ibérica, a situación política e social que existía no Imperio Romano tamén deixouse notar no noso territorio.(Caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476 d.C.
Así, dende Centro Europa, chegaron a chan hispánico pobos aos que os romanos -por estar fóra dos seus territorios- lles chamaban BÁRBAROS.
Estes pobos eran os SUEVOS, VÁNDALOS e ALANOS. Chegaron a Hispania tras atravesar media Europa e, entrando polos Pireneos, estendéronse por gran parte da Península.

Mapa das invasións dos pobos xermánicos desde CentroEuropa



Os romanos, xa moi debilitados polas guerras internas polo poder (crise do I.Romano), e polas invasións dos pobos xermánicos, pediron axuda aos VISIGODOS un pobo do Centro de Europa, para que, como os seus aliados viñesen a Hispania para loitar contra estes Bárbaros e devolver o poder a Roma.

Os VISIGODOS, viñeron a loitar por Roma, pero tras derrotar os pobos bárbaros, e ver a riqueza das terras hispanas, romperon os vínculos con Roma (perdendo as súas posesións na Galia) para quedar coas fértiles terras de Hispania. Así comezou a saída dos romanos da Península.

Estes quedaron e adoptaron moitos dos costumes romanos, o que os fixo máis doada a introdución no territorio. Así, baseándose no Dereito Romano, fixeron o seu propio dereito, adoptaron a relixión cristiá (convertíronse ao Catolicismo co Rei Recaredo (fillo de Leovigildo) no ano 589 d.C., deixando o Arrianismo), etc.

Pero non chegaron nunca a ter o mesmo poder e nivel de organización que os romanos. Estas loitas internas polo poder (xa que a súa monarquía non era hereditaria, senón electiva entre os nobres), fixeron que ao cabo duns poucos anos se esborrallase o reino dos Visigodos, coincidindo coa chegada dos musulmáns á Península no ano 711.

A chegada dos musulmáns á Península Ibérica, a rápida conquista do territorio peninsular e a desaparición do reino visigodo produciron un cambio de rumbo na historia deste territorio.

Aínda que a ocupación musulmá foi case total, na parte norte da Península, ao Norte da cordilleira Cantábrica, vivían algúns pobos que dificilmente se asimilaran á cultura romana, e que non se integraran no reino visigodo; eran os astures, cántabros e vascóns, que tampouco se incorporarían a Al Ándalus (nome que os musulmáns deron ao territorio que conquistaron na Península Ibérica).

Polo lado do Pireneo, especialmente nos vales pirenaicos, vivían grupos de poboación que de forma illada conseguiran escapar á dominación musulmá.
Nesas dúas zonas xurdiron os primeiros núcleos de resistencia cristiá, que co paso do tempo e coa participación de novos territorios, daría lugar ao inicio da Reconquista, pola cal os reinos cristiáns volveron conquistar a Península Ibérica.





Mapa da época cos reinos barbaros e visigodo asentados na Península Ibérica.







SOCIEDADE NO REINO VISIGODO





Chegan os musulmáns no ano 711 polo Estreito de Xibraltar:

Península no Século IX






Historia da Idade Media con mapas!!!




Reconquista no século XII: mapa
Os reinos cristiáns foron recuperando as terras conquistadas polos musulmáns no S.VIII-XI







AL-ANDALUS: ETAPAS.POLÍTICA






Comezo da Reconquista polos reinos cristiáns!!Etapas e reinos dende os S.VIII-XV (711-1492)





Nesta imaxe podemos ver as etapas e períodos da invasión musulmán e a reconquista por parte dos reinos cristiáns.





Alta Idade Media (dende os Visigodos ata a Reconquista Crsitiá no s.XII (Camiño de Santiago).
Características desta etapa:Feudalismo, ( o feudo: sistema político económico e social desa época).





Baixa Idade Media: dominio reinos crstiáns, o comercio, cambios políticos, as cidades, a expansión do Camiño de Santiago, Cruzadas, o centro económico é a cidade, os burgueses, gremios, feiras,...





CRONOLOXIA REINOS CRISTIÁNS E AL-ANDALUS: