martes, 28 de enero de 2020

TEMA 4 A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA

TEMA: A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA
1.-A poboación española e a súa distribución
1.1.A poboación absoluta
1.2.A densidade de poboación.
2.-A densidade de poboación española
2.1.-A natalidade, mortalidade e esperanza de vida
2.2.-O crecemento natural da poboación.
2.3.-O crecemento real da poboación.
2.4.-A piramide de poboación
3.-As migracións en España
4.-A poboación europea.
 
1. A poboación española e a súa distribución 
A demografía é a ciencia que estuda a poboación.
1.1.-A poboación absoluta dun territorio é o número de persoas que vive nel. España ten 47 millóns de habitantes; é o quinto país máis poboado da Unión Europea.
A distribución da poboación española é irregular:
– A maioría da poboación concéntrase en zonas de relevo e clima favorables.
– As zonas de montaña e do interior están pouco habitadas.
1.2.-A densidade de poboación é o número de habitantes que viven en 1 quilómetro cadrado de superficie. A densidade de poboación de España é de 93,4 hab./km2 (dividimos os 47 millóns de habitantes de España entre a superficie do país, 505968 km2); a da Unión Europa é de 116,3 hab./km2.

2. Como é... A poboación española 
A natalidade é o número de nenos e nenas que nacen nun lugar durante un ano. A poboación española ten unha natalidade moi baixa, 1,3 fillos por muller.
A mortalidade é o número de persoas falecidas nun lugar durante un ano. A mortalidade española descendeu ao longo do século XX.
A esperanza de vida é a media de anos que vive unha poboación. En España a esperanza de vida é de 79 anos para os homes e 85 para as mulleres. Hai unha poboación avellentada.
O crecemento real é a suma do crecemento natural (diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións) e o saldo migratorio (resultado de lle restar ao número de inmigrantes o número de emigrantes). Nos comezos do século XXI, España tivo un crecemento real da poboación grazas á chegada de inmigrantes. Na actualidade o crecemento freouse.
A poboación activa (ocupada ou en paro) de España é do 48,2%. A poboación non activa (nenos, estudantes, amas de casa e xubilados) é do 51,8%

A pirámide de poboación é un gráfico que ordena os habitantes dun determinado lugar por grupos de idade e sexo nun momento concreto. Podemos saber se nacen máis nenos que nenas, se hai moita ou pouca poboación adulta ou anciá...

3. As migracións en España 
As migracións prodúcense por mor das desigualdades que existen entre os países pobres e os países ricos do mundo, ou entre distintas rexións ou zonas dun mesmo país. Os factores que inflúen nas migracións son: 
– Sociais e económicas. 
– Políticas. 
– Naturais. 
– Familiares. 
Ao longo dos séculos XIX e XX España foi un país de emigrantes:
Emigración exterior. 
– Emigración interior. 
A finais do século XX e comezos do XXI España foi un país receptor de inmigrantes.
Os inmigrantes estranxeiros de España son maioritariamente de Romanía, Marrocos, América Latina e China.
Para garantir unha boa convivencia débense recoñecer e respectar a identidade e a cultura tanto do país receptor coma do país emisor.

4. Como é... A poboación europea
Europa ten unha superficie de 10500000 km2 e unha densidade de poboación de 70 hab./km2. Ten unha distribución desigual: 
– As zonas máis densamente poboadas son as rexións industriais do centro e as costas do Mediterráneo.
– As zonas menos poboadas son as de climas extremos, relevo abrupto ou agrícolas.
Europa ten 740 millóns de habitantes, unha baixa natalidade e un crecemento natural débil. Ten o 7% da poboación mundial.

Pirámide poboacional de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela - Piramide de poblacion grupos quinquenales - Censo 2019

Evolucion de la poblacion desde 1900 hasta 2019





Crecemento natural ou vexetativo de Santiago de Compostela

Crecimiento Vegetativo del municipio de Santiago de Compostela desde 1996 hasta el 2018

lunes, 20 de enero de 2020

T3 O clima e vexetación: RESUMO

O CLIMA E A VEXETACIÓN
1.-O CLIMA: 
É o conxunto de condicións atmosféricas (temperatura, precipitacións (chuvia, neve,sarabia,)vento, humidade,...)que se dan nunha zona determinada da Terra durante alomenos 30 anos.(periodo longo de tempo).

1.1.-O tempo atmosférico:
É o estado da atmosfera nun lugar concreto e nun  momento determinados nun espazo de tempo moi breve.

Factores atmosféricos:
-A temperatura do aire (quente ou frío)
-O grao de humidade (cantidade de vapor de auga do aire)
-As precipitacións (chuvia, neve,..)
-O vento:(é o aire en movemento)
-A presión atmosférica.(é o peso do aire)

2.-OS FACTORES CLIMÁTICOS
O clima vése afectado por unha serie de factores atmosféricos e xeográficos que son:
-A latitude: distancia dun punto ao Ecuador (temperaturas máis altas máis cerca do Ecuador e + chuvias)
-A distancia ao mar (o mar suaviza as temperaturas, + humidade).Lonxe do mar= + calor, + frío,- chuvias
-O relevo e a altitude (=distancia ao nivel do mar). Máis altitude ,máis frío ou neve.


3.-AS ZONAS CLIMÁTICAS DA TERRA E DE EUROPA
O noso planeta ten grandes zonas climáticas segundo a súa temperatura.
Europa atópase case na totalidade na zona temperada do Hemisferio Norte.Ten gran variedade climática.
3.1.Segundo a latitude na Terra temos 3 zonas climáticas:
-Dúas zonas frías (nos Polos, temperaturas moi baixas, e invernos longos (baixo 0º, Tª negativas).
-Dúas zonas temperadas: nos dous hemisferios, entre os trópicos e os círculos polares. 4 estacións
-Unha zona cálida:entre os dous trópicos (Cancro e Capricornio).Tª elevada todo o ano.Non existe o inverno.

3.2.-Os climas de Europa:

-Clima Polar: Tª inferiores a 0º agás no verán.Vexetación: Taiga e tundra.Escasa tamén.

-Clima de Alta Montaña:invernos fríos e veráns frescos.Precipitacións abundantes.

-Clima Oceánico ou Atlántico: Tª suaves todo o ano.Precipitacións abundantes.

-Clima Continental:  invernos fríos e veráns calurosos.Precipitacións moderadas.

-Clima Mediterráneo:invernos suaves, e veráns calurosos.Precipitacións escasas.

-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas. Tª media anual entre 17º (inverno) e  24º (verán) (veranos agradables e invernos moi suaves).Din que é o mellor clima do mundo.Sin grandes oscilacións de temperatura ao ano polos ventos alisios, a corrente mariña do Golfo e o efecto do anticiclón das Azores en inverno, altas presións e a circulación do oeste (pola súa excepcional situación xeográfica).

4.-CLIMAS DE ESPAÑA:
A meirande parte do territorio español (Península e Baleares ten un clima temperado, excepto as illas Canarias que pola súa latitud, teñen un clima cálido, subtropical. Temos 4 variedades na Península Ibérica e débese a dous factores:

-A influencia do mar: suaviza as temperaturas e regula as precipitacións.Abundantes no norte.
-A disposición (colocación ou distribución) do relevo: fai que a influencia do mar no chegue igual ao interior da Península (fai de barreira).

-Clima Atlántico ou Oceánico:Tª suaves, non extremas (invernos suaves e veráns frescos). Precipitacións abundantes todo o ano.

-Clima de Montaña:invernos fríos e longos con Tª moi baixas, e veráns frescos e curtos. Chuvias abundantes en forma de neve no inverno.

-Clima Mediterráneo (típico):invernos suaves e veráns bastante calurosos. Chuvias escasas e irregulares.Na primaveira e verán (as veces no outono tamén) poden ser torrenciais. Estiaxe no ríos.

-Clima Mediterráneo-continental: invernos moi fríos e veráns moi calurosos (grande oscilación nas Tª). Precipitacións escasas (concentradas no outono e verán)

-Clima Subtropical: invernos moi suaves e veráns moderadamente cálidos. Precipitacións escasas.

Localización no mapa:


5.- A VEXETACIÓN DE ESPAÑA
A vexetación natural (as que o ser humano non modificou) dun lugar depende do clima.Existen igual co clima, 4 grandes áreas de vexetación: atlántica, mediterránea, de montaña e subtropical.
Nas áreas modificadas custa máis distinguir que especies son propias da zona climática.
Temos máis de 1500 espazos protexidos en España.

-Vexetación Atlántica: é rica e variada (polas chuvias).Bosques de árbores de folla caduca (carballos, faias, castiñeiros,..)Sotobosque humido (carrizas, fieitos,xestas,..).Prados naturais.

-Vexetación de montaña:dependendo da altitude: bosque tipo mediterráneo, bosque de folla caduca, bosque de coníferas (abetos), prados naturais.

-Vexetación mediterránea: adáptase ao calor e a seca. Bosques de árbores de folla perenne (piñeiros, aciñeiras e sobreiras), sotobosque seco (carrascas, breixo, e plantas aromáticas). Maquia ou garriga (=formación vexetal de arbustos e herbas). Estepa (herbas e arbustos espiñentos en zonas áridas (secas)).

-Vexetación subtropical: é moi distinta segundo as zonas porque cambia coa altitude, a orientación e a cantidade de chuvia. Ten formación vexetais (laurisilva=bosque humido perennifolio de laureis (ou selva temperada) e outras plantas (faial-brezal), abundante vexetación arbórea, tamén chamado "monteverde" en Canarias) e especies (piñeiro canario, drago, cardón,..) que só medran en Canarias.
Laurisilva; bosque humido ou selva temperada de laureis e outras.

6.-O CAMBIO CLIMÁTICO:
-É o conxunto de grandes alteracións que se producen no clima da Terra e que fan aumentar a temperatura.Son variacións que ocorreron sempre como consecuencia dos fenómenos naturais pero nas últimas décadas sucédense máis rápido debido á actividade humana.

6.1.-Efecto invernadoiro:
É un fenómeno natural que ten lugar  na Terra, prodúcese porque o vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) e o metano forman unha capa na atmosfera terrestre que retén parte do calor proveniente do Sol. Permite manter unha temperatura agradable no planeta.

6.2.-Que causa o cambio climático?:
aumento da Tª da Terra débese a moitas causas:
A máis importante é o crecemento das emisións de determinados gases sobretodo dióxodo de carbono (CO2), polo consumo de enerxía (petróleo, carbón, gas,) na actividade diaria (transporte, calefacción, e actividades industriais,..).Acentúan o efecto invernadoiro e provocan meirande retención de calor nas capas baixas da atmosfera.

6.3.-Consecuencias do cambio climático:
A Tª da Terra aumentou 0,7º en 100 anos.Os efectos do cambio son evidentes e moi graves:

a) Fusión dos casquetes polares e retroceso dos glaciares (descende a superficie do xeo no polo N). En España reducíuse os glaciares nos Pireneos. Isto provoca un aumento do nivel do mar.

b) Aumento dos fenómenos meteorolóxicos extremos: (inundacións, secas, ondas de calor, ciclóns.)

c) Desertización dos solos: aumento da Tª e o descenso das precipitacións pode provocar desertización nalgunhas áreas do planeta. Ex: no sur de España (Almeria,..).

d) Ameaza para os seres vivos: moitas plantas e animais non se adaptan ("aclimatan") ás novas condicións de vida do seu habitat (algunhas desprázanse, e outras en perigo).

martes, 14 de enero de 2020

T3 O clima e a vexetación (5º)

Unha das ferramentas que estamos a empregar este ano son as apps para facer esquemas ou mapas mentales e conceptuales.Este está feito con GoConqr: Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

lunes, 13 de enero de 2020

TEMA 3 O CORPO HUMANO E A RELACIÓN (5º E.P.)

Guión ou indice do tema 3 de C. da Natureza é o seguinte:


Tema 3: "O corpo humano e a relación"
1.-As tres funcións vitais
1.1. O corpo humano e a nutrición
1.2. O corpo humano e a relación
1.3. O corpo humano e a reprodución
1.4. A saúde do noso organismo

2.- A función de relación
2.1. A relación co noso contorno
2.2. Os estímulos
2.3. As respostas

3.- Os órganos receptores
3.1. Os órganos dos sentidos

4.- O sistema nervioso
4.1. As funcións do sistema nervioso
4.2. O sistema nervioso central
4.3. O sistema nervioso periférico
4.4. Os movementos voluntarios e involuntarios

5.- Os órganos efectores
5.1. Tipos de órganos efectores
5.2. O aparato locomotor

TEMA 3: O CORPO HUMANO E A RELACIÓN
0.-Introdución: 
As  persoas somos seres vivos e realizamos as funcións vitais de nutrición, relación e reprodución e, para iso, necesitamos órganos e aparatos que traballen de forma coordinada.

1.-AS TRES FUNCIÓNS VITAIS: A NUTRICIÓN
1.1.-O corpo humano e a nutrición:
Para realizar a función de nutrición é necesario que interveñan varios aparatos:
  • aparato dixestivotransforma os alimentos en substancias máis sinxelas que o organismo pode aproveitar. O esófago, o estómago,o páncreas, o figado e os intestinos (groso e delgado) son órganos do aparato dixestivo.
  • aparato respiratorio: toma do aire o osíxeno que necesitamos e expulsa dióxido de carbono. Os pulmóns, a larinxe, farinxe e a traquea son órganos do aparato respiratorio.
  • aparato circulatorio leva sangue con osíxeno e substancias nutritivas a todo o organismo e recolle refugallos e dióxido de carbonoO corazón é un órgano que forma parte do aparato circulatorio ademáis dos vasos sanguíneos (arterias, venas) e o sangue.
  • aparato excretor limpa o sangue de substancias de refugallo. Os riles (órganos secretores), uréteres, uretra e a vexiga son órganos (excretores) do aparato excretor.
  • 1.2.-O corpo e a relación:
    A función de relación permítenos captar o que ocorre ao noso redor e reaccionar ante esa información. Nela interveñen estes órganos, aparatos e sistemas:
    • Os órganos dos sentidos, como os ollos, a lingua, o nariz, o tacto ou os oídosreciben información do exterior.
    • sistema nervioso recolle a información que achegan os órganos dos sentidos e elabora respostas.
    • aparato locomotor executa as respostas que ordena o sistema nervioso e permítenos movernos.
    1.3.-O corpo e a reprodución:
    Os seres humanos somos vivíparos, nacemos do ventre das nosas nais. Na función de reprodución interveñen os órganos reprodutores másculino nos homes e aparato reprodutor feminino nas mulleres.

      1.4.-A saúde do noso organismo: 
      Precisamos para coidar a nosa saúde, (non enfermar) os nosos órganos e aparatos uns hábitos de vida saudables coma: alimentarse de forma equilibrada, coidar a hixiene, relacionarnos, boas posturas, exercicio físico, descanso,...

      2.-A FUNCIÓN DE RELACIÓN:
      Continuamente recibimos información do mundo que nos rodea e podemos responder a esa información de forma adecuada a través dos órganos receptores coma son por exemplo os órganos dos sentidos.
      2.1.-A relación co noso contorno:
      A función de relación é a capacidade de percibir estímulos ou cambios no noso arredor e elaborar respostas. Os órganos que captan estes estímulos son os órganos receptores. Podemos controlar e coordinar:fases
      1.Estímulo (é un cambio no contorno ou no noso corpo) produce unha sensación.
      2.Procesado da información:a sensación chega ao cerebro e elabora unha orde.
      3.Resposta:a orde tradúcese nunha acción para adaptarnos ao cambio percibido.

      2.2.-Os estimulos (dous tipos)
      -Estímulos internos: son cambios no interior do organismo.Os órganos receptores que captan os estímulos están no interior do corpo. (ex: a sede, falta de auga).

      -Estímulos externos:son os cambios que ocorren no exterior.Os órganos receptores que captan estes estímulos son os órganos dos sentidos (ex: un ruído)

      2.3.-As respostas:
      Os órganos efectores elaboran unha resposta ante a orde elaborada polo cerebro ante un estímulo interno ou externo.Existen dúas tipos de respostas ou accións:
      -Motoras: son os movementos dos músculos (ex: parar un balón coas mans).

      -Glandulares: consiste na produción de certas substancias por medio duns órganos chamados glándulas.(Ex: co calor suamos (sudor das glándulas sudoríporas da pel).

      3.-OS ÓRGANOS RECEPTORES:
      Recibimos a información (estímulos) do exterior e do interior do noso corpo.
      Captamos os estímulos do exterior (externos) a través dos órganos dos sentidos (cada un achega un  tipo de información diferente).

      3.1.-Os órganos dos sentidos:
      -Sentido do olfato: os receptores atópanse na cavidade nasal, na pituitaria.Envían a información ao cerebro.
      -Sentido do gusto: receptores do gusto na lingua, nas papilas gustativas.
      -Sentido do tacto: receptores na parte inferior da pel ou dermeCaptan: (dor, textura, temperatura e presión).
      -Sentido da vista: no ollo.A luz entra pola pupila, atravesa o cristalino e chega a retina, que transmite os estímulos ao cerebro a través do nervio óptico.
      -Sentido do oído: recolle estímulos sonoros.Desde a orella, recorren o conducto auditivo, chegan ao tímpano, pasan pola cadea de ósos finos e chegan ao caracol e ao nervio auditivo que os leva ao cerebro.

    • 4.-O SISTEMA NERVIOSO:
      O sistema nervioso recibe a información a través dos receptores e transmite as ordes a todo o organismo a través duns sinais chamados impulsos nerviosos.

      4.1.-As funcións do sistema nervioso son:
      -Transmite a información que captan os órganos dos sentidos.
      -Interpreta e procesa a información e elabora ordes
      -Transmite as ordes ata os órganos efectores.
      -Controla o funcionamento dos órganos vitais (movementos involuntarios, ex: latexo corazón, a respiración)
      -Intervén no razoamento, memorización,a aprendizaxe, e os sentimemtos.

      Para iso ten unha estructura complexa:
      -Os centros nerviosos que forman o sistema nervioso central (SNC)
      -Os nervios que forman o sistema nervioso periférico.(SNP).
      (**As neuronas:son estructuras microscópicas que transmiten os impulsos nerviosos ao SN forman cadeas ou redes.)

      4.2.-O sistema nervioso central (SNC)
      sistema nervioso central encárgase de recibir e interpretar a información e de elaborar ordesEstá formado polos centros nerviosos, que son a medula espiñal e o encéfalo.

      -medula espiñaestá protexida pola columna vertebral. Elabora as respostas automáticas e rápidas.

      -encéfalo atópase dentro do cranio. Ten tres partes: o cerebro, o cerebelo e o bulbo raquídeo.



    Cerebro.
    Elabora as respostas voluntarias e inflúe no pensamento, a memoria e a linguaxe.

    Bulbo raquídeo.
    Controla o funcionamento dos órganos vitais, como por ex: no latexo do corazón.

    Cerebelo.
    Intervén no equilibrio e na coordinación dos movementos.

    4.3.-O sistema nervioso periférico (SNP)
    O sistema nervioso periférico está formado por un conxunto de nervios que percorren todo o organismo e que se encargan de transmitir a información. Existen dous tipos de nervios: os nervios sensitivos e os nervios motores.

    -Os nervios sensitivos transmiten a información desde os órganos dos sentidos e os órganos internos ao sistema nervioso central.

    -Os nervios motores transmiten as ordes desde o sistema nervioso central aos músculos e glándulas.

    4.4.-Os movementos voluntarios e involuntarios
    Ante un estímulo, o sistema nervioso central reacciona cunha orde que pode provocar movementos involuntarios ou movementos voluntarios.

    -Nos movementos involuntarios ou reflexos intervén a medula espiñal, que orixina respostas automáticas e rápidas.( ex: se nos pinchamos cun cactus)

    -Nos movementos voluntarios intervén o cerebro, que orixina respostas máis lentas ca as involuntarias.(Ex: golpear unha pelota co pé)

    5.-OS ÓRGANOS EFECTORES
    O órgano efector e o que executa a orde do sistema nervioso. Por ex: mover os dedos.
    5.1.-Tipos de órganos efectores:
    Cando os nosos órganos receptores perciben estímulos, o sistema nervioso reacciona e elabora a orde máis adecuada. Esta orde convértese nunha resposta executada polos órganos efectores.

    -As respostas adoitan consistir nun movemento. No exemplo anterior, os órganos efectores pertencen ao aparato locomotor
    -Porén, cando a resposta consiste na produción dunha substancia, como a suor, os órganos efectores son as glándulas.

    5.2.-O aparato locomotor:
    O aparato locomotor está formado polo esqueleto, os músculos e os elementos que os unen.
    -O esqueleto é o conxunto de ósos que dá forma ao corpo e protexe os órganos internos. Os extremos dos ósos están protexidos polas cartilaxes, que son máis flexibles.

    -Os músculos son órganos capaces de contraerse e estirarse para mover os ósos. Únense aos ósos mediante os tendóns.

    As zonas de unión dos ósos (de dous ou máis) chámanse articulaciónsAs articulacións poden ser:
    -Fixas, como as dos ósos do cranio, que non se moven.

    -Semimóbiles, como as dos ósos que forman a columna vertebral, que teñen un movemento limitado.
    -Móbiles, como a articulación do ombro, que teñen gran capacidade de movemento.

    Nas articulacións semimóbiles e móbiles, os ósos están suxeitos por uns cordóns fibrosos, os ligamentos.


    Principais osos e músculos do corpo humano




    Algunhas definicións:

    Estímulo: Cambio que ten lugar no interior ou no exterior do organismo e que produce unha sensación.

    -Impulso nervioso: Sinais que se transmiten a través dos nervios (as neuronas).

    -Órgano efector: Órgano encargado de executar as ordes elaboradas polo sistema nervioso