lunes, 4 de mayo de 2020

Os reinos cristiáns na Penísula Ibérica

Tema 7: Os reinos cristiáns.
0.- Introdución
1.-Etapas da Reconquista cristiá:
1.1.-Creación dos primeiros núcleos
1.2.-Expansión territorial dos reinos cristiáns
1.3.-Repoboacións dos territorios reconquistados

0.-Introdución:Logo da invasión musulmá da Península Ibérica, algúns visigodos (antigo reino de Toledo) fuxiron ás montañas cantábricas (como a zona Picos de Europa). Un grupo deles, liderado por don Pelayo, enfrontouse aos musulmáns na batalla de Covadonga (722) frenando a invasión musulmá e iniciando a Reconquista cristiá. Foi o primeiro rei do reino de AsturiasPodemos dividir en tres grandes etapas a Reconquista cristiá da Península.

1.Etapas:

1.1.-Creación dos primeiros núcleos cristiáns:A partir do século VIII, no Norte da Península Ibérica creáronse uns pequenos núcleos cristiáns de resistencia á invasión musulmá.Co paso do tempo, estes núcleos transformáronse en condados e reinos:Na zona cantábrica formouse o reino ástur-leonés, do que xurdiron os reinos de León no s. X (910) e de Castela no s. XI (1035), que acabaron unificándose. (ata a liña do Douro).
Na zona dos Pireneos creáronse o reino de Pamplona, o condado de Aragón e os condados cataláns.Ata o século XI, Al-Ándalus foi moi poderoso e os reis cristiáns, para evitaren a guerra, víronse obrigados a lles pagar tributos (impostos) aos califas cordobeses.
A Península Ibérica no s. XI. Reinos cristiáns no norte.

1.2.-Expansión territorial:
No século XI, a caída do Califato debilitou Al-Ándalus, e os reis cristiáns foron progresivamente conquistando os seus territorios.
A partir daquela, os reis de taifas tiveron que pagarlles tributos aos reis cristiáns. Con eses cartos puideron construír castelos e crear exércitos (cambio de rol, agora son os musulmáns os que pagan)
Nos séculos XI e XII, os reinos cristiáns avanzaron cara ao Sur, chegando ata os ríos Texo e Ebro  (ata a liña do Sistema Central e o río Texo, reino ata Toledo)
No ano 1212 tivo lugar a batalla das Navas de Tolosa, cunha importante vitoria cristiá.
Durante o século XIII conquistouse gran parte de Al-Ándalus, que ficou reducido ao reino de Granada. (reconquista dos vales dos ríos Guadiana e Guadalquivir polo rei Fernando III o Santo no 1252 e Valencia e Baleares por Jaime I o Conquistador no ano 1276)
Durante estes séculos de loita, na Península Ibérica consolidáronse catro grandes reinos cristiáns: a Coroa de Castela, o reino de Navarra, a Coroa de Aragón e máis o reino de Portugal.
A Península Ibérica a partires do s. XIII. No sur, en amarelo, o reino musulmán.
1.3.-As repoboacións:
As terras conquistadas foron repoboadas con xente procedente dos reinos cristiáns. Como recompensa, os reis concedéronlles terras e privilexios (non pagar algúns impostos).
Tras a conquista, moitos musulmáns quedaron nas súas terras, permitíuselles conservar a súa relixión e as súas pertenzas. Son os chamados mudéxares.
Ao final da Idade Media, a península estaba repartida en catro reinos cristiáns: Castela, Aragón, Navarra e Portugal e o reino musulmán de Granada.
A división da Idade Media na península sería así:
1.-Alta Idade Media da península ibérica divídese en dúas grandes etapas: 
a).-monarquía visigoda, dos séculos V ao VIII; 
b).-o Al-Ándalus omeia, de principios do século VIII a principios do século XI, que chegou a dominar toda a península ibérica, excepto unha franxa septentrional onde formaríanse  varios reinos e condados cristiáns.Pasou por varias etapas ou transformacións seguintes:
-Emirato dependiente de Córdoba 711-756 (dependiente de Damasco)
-Emirato independiente de Córdoba 756-929 
-Califato de Córdoba s. X e XI (929-1031).Reinos de taifas. Destacan: Abd-al-Rahman III e  Muhammad Ibn Abi Amir, conocido como Al-Mansur ("el vitorioso") = Almanzor
-Reino de Granada fundado no ano 1238 (s. XIII) polo noble nazarí Mohamed-Ben-Nazar.Sería o derradeiro estado musulmán na Pensínsula con Boadil derrotado o 2 de xaneiro de 1492 polos Reis Católicos, Isabel de Castela e Fernando de Aragón

2.-Baixa Idade Media:
Baixa Idade Media constitúe o derradeiro periodo da Idade Media e comprende os siglos XIV e XV —aunque alguúns historiadores sitúan o seu comenzo no s. XI negando a existencia do periodo da Plena Idad Media (siglos XI ao XIII)—.​ Estuvo marcada pola crise desencadenada polo impacto da Peste Negra iniciada no 1348 e que reducíu a poboación europea polo menos á metade.