jueves, 27 de mayo de 2021

Historia de España s. XIX. Arte

 Século XIX: Arte e cultura

-1ª Metade do s. XIX: Romanticismo (exalatción ideais liberais, 

idealización: movemento, luz e cor). Villamil, Madrazo

-2ª Metade do s. XIX (1850) Realismo amosa escenas da vida cotiá, 

retratos, problemas sociedade). Fortuny, Rosales,.

-O costumismo reflexa os usos e costumes populares dun país.

-Finais s. XIX:

-Modernismo: ruptura co tradicional da época. Inspiración na 

natureza, gústalle as formas curvas escenas de mulleres. R. Casas, Rusiñol,..

-Impresionismo: coa fotografía, xa non se copia a realidade senón que  

amosaban a impresión que a realidade lles producía.A percepción 

subxectiva do artista. 

Estuda os efectos da luz sobre obxectos Destacaron: Sorolla, Regoyos,..

martes, 25 de mayo de 2021

España 1868-1902

 España 1868-1902 ( O camiño cara á democracia)

*1868-1874.Sexenio Democrático. Prodúcese un levantamento militar 

(demócratas e republicanos) contra Isabel II (que fuxe ao exilio a Francia) 

para acabar co  autoritarismo da monarquía española e democratizar 

a vida política do país.

-Goberno provisional (1868-1871).Reformas democráticas: 

sufraxio universal, liberdade de prensa,... Goberno de Prim (progresista), 

Serrano (demócrata). Constitución 1869 (a máis radical liberal, 

limitar poder do rei, liberdade de cultos,  asociación,..)

-Nova monarquía de Amadeo I de Savoia,1871-1873 italiano e 

de familia liberal, papel democrático da monarquía. Sucesos: 

Asasinado o general Prim. Carlistas en Navarra e País Vasco en contra. 

Alfonsinos (Borbones).Republicanos (partido demócrata, máis radicais), 

deu paso a unha inestabilidade política.(disencións). Abdica farto e 

regresa a Italia en 1873.

-I República ( proclámase nas Cortes o 11 de febreiro) 1873. 

 durou uns meses por moitos problemas sociais e políticos.

-Golpe de Estado militar en 1874 do xeneral Martínez Campos 

 restableceu a monarquía.

*1875-1885.Regresa a España Alfonso XII (fillo de Isabel II),

volta a monarquía moderada. As clases altas contentas.

*1885-1902.Morre Alfonso XII, e goberna a nai rexente Mª Cristina 

do seu fillo Alfonso XIII. Perde as derradeiras colonias de Cuba (EEUU),

Filipinas e Porto Rico.Alternacia no poder de conservadores e liberais 

(A quenda dinástica:  dous partidos alternan no poder, o partido conservador  

(sufraxio censitario) e o partido liberal (sufraxio universal e reformas).  

Sufraxio universal masculino en 1890, pero exercíase unha forte presión, 

influencia sobre os electores para que votasen ao seu candidato (caciquismo)

martes, 11 de mayo de 2021

O reinado de Isabel II (s.XIX)

O reinado de Isabel II (1833-1868)

-Nace Isabel en 1830, o seu pai Fernando VII morre en 1833. Goberna mentras a súa nai: María Cristina (raíña rexente, goberna durante a minoría de idade de Isabel.)

-1833-1840: I Guerra carlista, os partidarios absolutistas de Don Carlos (irmán de Fernando VII), carlistas, levántanse contra a nova raíña Isabel (apoio dos liberais, os isabelinos)

-1837. Constitución liberal. Ideoloxía liberal. Xurden partidos políticos:

-Liberais: o poder emana do pobo. Voto nos que teñen certa riqueza. Hai moderados e progresistas

-Demócratas. Defende a igualdade ante a lei e o dereito ao voto

-Republicanos. Defende que todos os cargos públicos deben ser elixidos polos cidadáns. O seu modelo de goberno dun Estado é unha República.