España 1868-1902 ( O camiño cara á democracia)
*1868-1874.Sexenio Democrático. Prodúcese un levantamento militar
(demócratas e republicanos) contra Isabel II (que fuxe ao exilio a Francia)
para acabar co autoritarismo da monarquía española e democratizar
a vida política do país.
-Goberno provisional (1868-1871).Reformas democráticas:
sufraxio universal, liberdade de prensa,... Goberno de Prim (progresista),
Serrano (demócrata). Constitución 1869 (a máis radical liberal,
limitar poder do rei, liberdade de cultos, asociación,..)
-Nova monarquía de Amadeo I de Savoia,1871-1873 italiano e
de familia liberal, papel democrático da monarquía. Sucesos:
Asasinado o general Prim. Carlistas en Navarra e País Vasco en contra.
Alfonsinos (Borbones).Republicanos (partido demócrata, máis radicais),
deu paso a unha inestabilidade política.(disencións). Abdica farto e
regresa a Italia en 1873.
-I República ( proclámase nas Cortes o 11 de febreiro) 1873.
durou uns meses por moitos problemas sociais e políticos.
-Golpe de Estado militar en 1874 do xeneral Martínez Campos
restableceu a monarquía.
*1875-1885.Regresa a España Alfonso XII (fillo de Isabel II),
volta a monarquía moderada. As clases altas contentas.
*1885-1902.Morre Alfonso XII, e goberna a nai rexente Mª Cristina
do seu fillo Alfonso XIII. Perde as derradeiras colonias de Cuba (EEUU),
Filipinas e Porto Rico.Alternacia no poder de conservadores e liberais
(A quenda dinástica: dous partidos alternan no poder, o partido conservador
(sufraxio censitario) e o partido liberal (sufraxio universal e reformas).
Sufraxio universal masculino en 1890, pero exercíase unha forte presión,
influencia sobre os electores para que votasen ao seu candidato (caciquismo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario