lunes, 4 de abril de 2022

Tema 5 A Idade Media

3º trimestre: Historia de España e Galicia

T5: A Idade Media (2ª quincena de abril ata a 1ª quincena maio)

T6: A Idade Moderna (2ª quincena de maio ata a 2ª de xuño).

Actividades: 2ª quincena de abril. Ipads e ordenadores.

1.-Elaborar o guión da unidade.

2.-Comezaremos a Historia da Humanidade , e máis concretamente de España e Galicia, facendo un recordatorio ou introdución da división por etapas da Historia para 5º EP. É dicir, a Prehistoria e as súas tres grandes etapas: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais e a Historia: Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea.

Para iso faremos unha liña do tempo, en papel ou no caderno, en grupos cooperativos ou parellas do mesmo equipo. Que debe recoller?. Contidos: as etapas e acontecementos , así coma as súas datas. Como? con color, boa letra, debuxos (tipo visual thinking),... é dicir, orixinalidade e creatividade para facela. Recollerase e puntuarase. Ver rúbrica.

Nos blogs educativos do colexio tedes o blog de C. Sociais e C. da Natureza cos temas e contidos por etiquetas e cursos: http://ciamaria5aconecementodomedio.blogspot.com/search/label/Idade%20Media%205

 

PREHISTORIA. Ten tres grandes etapas:

         -Paleolítico ou pedra antiga. Son nómadas, cazadores e recolectores. Entorno ao millón de anos

         -Neolítico ou pedra nova: Son sedentarios, viven en poboados, gandeiros, agricultores. Aprx. 10.000 anos

         -Idade dos Metais: viven en poboados, traballan os metais (cobre, bronce, ferro..), cerámica, agricultores e gandeiros. Xoairía. 6.000 anos a.C.

HISTORIA: Divídese en  catro grandes etapas.

         Idade Antiga: aparición da escritura (3.500 a.C.) ata a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 d.C.

         Idade Media. desde a caída do Imperio Romano no 476 d.C ata o descubrimento de América no 1492

         Idade Moderna. Desde o descubrimento de América no 1492 ata a Revolución Francesa 1789.

         Idade Contemporánea: dende a Revolución Francesa 1789 ata os nosos días (2022).

Tema 5 "A Idade Media" (apuntes proba escrita)

Comeza coa caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476 d. C. e remata co descubrimento de América en 1492.

         Os pobos xermanos ou bárbaros (ostrogados, suevos, francos, visigodos, vándalos, anglo,...) procedentes do norte de Europa, invadiron a Península Ibérica aproveitando a gran crise do imperio romano no século III d.C. Teodosio dividiu o Imperio no 395 en dous, Occidente e Oriente.

Na Península Ibérica (España-Portugal na actualidade) os pobos xermánicos foron suevos, vándalos, alanos, visigodos.

Pobos que estiveron na Península Ibérica:

         1.-Visigodos: asentáronse na Hispania (España) no s. VI (507 d.C.) ata a invasión musulmana no 711. 

Capital: Toledo, gobernado por reis (monarquía). eran agricultores e gandeiros. Aproveitaron o latín (dos romanos) e a división en provincias. convertéronse ao catolicismo co rei Recaredo no ano 589. 

Arte: Eran grandes orfebres, xoias en ouro e prata (coroas, broches,..). Igrexas pequenas coma a de Santa Comba de Bande en Ourense

         2.-Musulmáns (Al-Andalus) chegou a Península no ano 711. Foi unha ocupación rápida. Permanecen na Península ata o ano 1492. Tivo 4 etapas:

         711-756 etapa do Emirato dependente do califato de Damasco (Siria). Fórmase o reino cristián de resistencia en Asturias.

         756-929 Emirato independiente, co reinado de  Abderramán I. Os reinos cristiáns seguen avanzando cara o sur (reconquista).

         929-1031 fórmase o Califato de Córdoba, indeoendente, con Abderramán III. Etapa de maior esplendor do Al-Andalus.

         1031-1492. Etapa dos reinos de taifas, debido as loitas internas dividíuse en pequenos reinos ou taifas. Isto favoreceu o avance dos reinos cristiáns. Na batalla das Navas de Tolosa, no ano 1212, os crsitiáns conquistan Sevilla e os musumáns quedan reducidos ao reino nazarí de Granada. Son expulsados do reino de Granada no 1492.

Vida e cultura en al-Andalus:

Viven en cidades, coñecidas co nome de medinas, son centros culturais, económicos e políticos. Rodeadas de murallas e rúas estreitas. Fóra da cidade estaban os arrabaldes (barrios pobres). Adicábanse ao comercio e a artesanía na venda no mercado ou zoco.

Partes da medina: fortaleza militar, zoco ou mercado, celeiros (almacéns), baños públicos, mesquita (lugar de oración).

Legado do pobo musulmán: 

       -Economía. Agricultura: novas plantas (arroz, cítricos (laranxa, limón), alcachofa, azafrán, azucre,...

       -Cultura: matemáticas (numeración), inventos (papel, astrolabio, compás, pólvora..), lingua (moitas palabras con a, al,..), cultura da auga (regadío, noria,..)

       -Arte: edificios (mesquita, baños, palacios), decoración (figuras xeométricas e vexetais), monumentos (mesquita Córdoba, Torre del Oro, Alhambra (Granada)

Os reinos cristiáns

Os primeiros reinos cristiáns formáronse no norte da Península (Asturias) onde non poideron chegar os musulmáns. Iniciaron desde aí a conquista dos territorios ocupados polos musulmáns. Este proceso chámase Reconquista. Foron uníndose e separándose e cambiando de nome. Entre os reinos cristiáns destacaron:

-Reino de Castela e León no s. XI conquistou ata o sur do río Tajo ata chegar a dominar case toda a Península no s.XIII.

-Reino de Aragón, no s. XIII conquistou os territorios de Valencia e Baleares.

Outros: Asturias (722) e o reino de Galicia no s. X. (910 co rei Ordoño)

A finais do s.XIII había catro reinos: Castela, Navarra, Aragón e Granada conquistado no ano 1492 polos Reis Católicos, Isabel e Fernando, (dos reinos de Castela e Aragón).

Ver o mapa das etapas (evolución) da Reconquista da páx 97. Século XI ata o Tajo, século XIII coa batalla de Navas de Tolosa (1212) na que derrotan aos musulmáns, ata Estremadura, val do Guadalquivir, Valencia e Baleares. E no s. XV repobouse ata Granada de cristiás/áns.

A vida nos reinos cristiáns:

1.-Sociedade: dividida en tres grandes grupos ou estamentos (rei, nobreza-clero e pobo baixo)  e en privilexiados e NON privilexiados. Privilexiados: rei, nobreza-clero e os NON privilexiados: pobo baixo.

         Nobreza: vivían en castelos, eran vasalos do rei a cambio de extensións de terreo ou feudos. Loitaba e defendía os terreos e grupos.

         O feudo divídese en reserva señorial con bosques, castelo e terras (é a parte da nobreza) e parte do pobo chamado manso (aldea e pequenas terras)

         Clero: adícanse ao rezo e a ensinanza-cultura (libros, lectura, ). Vivían en igrexas e mosteiros. Tiñan propiedades.

         Pobo baixo: traballaba as terras do señor e as propias para darlle unha parte da colleita ao señor feudal (diezmo ou imposto), formado polo campesiños, vivían nas aldeas arredor ou dentro do feudo.

Rexurdir das cidades:

A partir do s. XI as cidades ou burgos (habitantes chamáronlle burgueses, adicábanse ao comercio e artesanía (gremios, asociacións de artesáns)) adquiriron importancia gracias tamén ao Camiño de Santiago e a reconquista de terras. Os campesiños trasladáronse a elas. Había xograres (entreter ao público), mendigos, vendedores ambulantes,..

A cultura e a arte cristiás

Os centros culturais (oración, estudo, copia libros,..) e asistenciais foron os mosteiros. Co rexurdir das cidades apareceu a escola e as universidades.

O Camiño de Santiago: 

Desde comezos do s.IX noticia da tumba do apóstolo Santiago, orixinou as peregrinacións a Santiago de Compostela a visitala desde toda Europa. Fixo que medrara o comercio, a artesanía e a difusión de estilos (arte románico e gótico) nas vilas do camiño.

Estilo Románico (s. XI-XIII): igrexas de muros grosos, escuras, pouca luz, ventás. Arco de medio punto e bóvedas de canón (nas cubertas). Gravados e esculturas relixiosas.

Estilo Gótico (s. XII-XVI) catedrais de muros grandes e altos, grandes ventás, vidrieras, luminosas...Arcos apuntados e bóvedas de crucería. Pinturas, esculturas e vidrieras con temas relixiosos.

Actividades de repaso (Importante: son similares ás da proba escrita)

Páx. 93 (1 e 3), páx 95 (2), páx 99 (2), páx 101 (2)

Páx. 108 (1 á 12) 

Actividades para a avaliación

a).-Escribe o nome de alomenos 12 cidades, vilas ou pobos polos que pasa o Camiño de Santiago (francés ou portugués) ata chegar a Compostela

Ex: De Roncesvalles, ...........................,...........................O Pino, Santiago de Compostela

Ex: A Guarda o Tui ..................................................Padrón, Santiago de Compostela.

b).-Busca información e as características máis importantes da catedral de Santiago (estilos, data construción, outros..)

 

 Solucións actividades páxs: 93, 95, 99, 101

1.- O Islám significa obediencia á vontade dun Deus único: Alá. A relixión está recollida no libro sagrado, o Corán. Ten 5 Obrigas ou preceptos (pax. 92): .......

Mahoma foi o profeta que difundiu o islam.

3.-Ordenado sería así: 

-Invasión musulmana

-Emirato dependente

-Emirato independente

-Califato de Córdoba.

-Reinos de taifas

-Reino de Granada

Solucións páx 95

2.-Achegas: novos métodos de regadío, cultivos de novas plantas (arroz)

Solucións páxs: 99

2.-Grupos privilexiados (nobreza, clero)

Os campesiños vivían nas terras próximas ao castelo e traballan as terras do señor feudal, ao que lle tiñan que entregar parte da colleita. Pagaban impostos ao señor feudal.

Solucións páx 101

a).- Románico b).-Gótico c).-Románico d).-Gótico