lunes, 29 de octubre de 2012

Tema 3 Invertebrados

OS INVERTEBRADOS:
Son o grupo de animais máis numeroso da Terra.
Son aqueles animais que non posúen columna vertebral nin esqueleto interno articulado.
Son ovíparos.
Os grandes grupos de invertebrados son:
1.-Artrópodos:
2.-Moluscos:
3.-Vermes ("gusanos"):
4.-Poríferos:
5.-Medusas, esponsas, anémonas:


 
As esponxas: son os animais máis simples que existen.Todas viven na auga, fixadas as rochas ou a outros obxectos somerxidos. A maioría son mariñas.
O seu corpo ten unha forma xeralmente irregular. Está cheo de orificios moi pequenos, a través dos cales circula a auga. Aliméntanse capturando os organismos microscópicos que leva a auga.
 

 
 
Os celentéreos: medusas, anémonas,
Teñen simetria radial (quere dicir que é posible imaxinalo dividido en partes que son equivalentes).
Ten unha forma semellante á dunha bolsa, cun orificio nun extremo.Este orificio serve ao mesmo tempo de boca e de ano, e está rodeadopor uns apéndices brandos chamados tentáculos
 



 
Equinodermos:
 

 
 
Para saber máis:
A simetría nos animais:
O corpo dos animais pode presentar dous tipos de simetría: radial e bilateral.
Na simetría radial: o corpo consta de varias partes equivalentes, dispostas ao redor dun centro como os raios dunha roda. (ex: estrela de mar).
Na simetría bilateral: o corpo consta de dúas partes equivalentes, esquerda e dereita, desde a cabeza ata a cola. (ex:
 

martes, 23 de octubre de 2012

Réptiles: características e alimentación.Curiosidades.


4.-Réptiles:

Son animais vertebrados provistos de escamas.
Foron abundantes no Mesozoico, época na que xurdiron os dinosaurios, pterosaurios,..
Adaptáronse a vida terrestre a maioría, ainda que descubríronse que algúns viven na auga.(ex, serpe de rio, crocodilos).


4.1.-Características:
- Son ovíparos, poñen os ovos con cáscara, na terra, pero non os incuban, xa que a súa fecundación é interna.
- A maioría ten dentes (algúns inxectan veleno,ex: víboras,cobras,pitóns...)
- Respiración por pulmóns.
-A maioria ten escamas na súa pel que renovan de cando en vez.Outras teñen coiraza como as tartarugas.
-A súa temperatura corporal depende do medio. Son ectotérmicos, quere dicir son capaces de controlar a súa temperatura: si necesitan calor poñense ao sol, e frio a sombra ou na auga..

4.2.-Alimentación: 
- A maioría son carnívoros: serpes, crocodilos, camaleóns...Capturan a súas presas vivas.

- Herbívoros como as: tartarugas, iguanas, e algúns lagartos


Crocodilo: carnívoro,comendo un peixe.


Iguana: herbívora,comendo leituga.


 
 
Outros réptiles: serpes,lagartos,tartarugas.....
 


 
 

viernes, 19 de octubre de 2012

Orientacións básicas

Empezar con bo pé!!

Orientacións: necesítase constancia ao longo do tempo.
Dun xeito sinxelo estas son algunhas:

.-Como axudar dende casa?
1.- Favorecer unha boa forma física:
  • Descanso (10-8 h)
  • TV/ordenador na habitación non, son tentadores!!.
  • O tempo que adican a TV, internet, o móvil...(control).
-Alimentación:
  • Almorzo
  • Dieta variada
  • Alimentos con moito sucre non.
  • Comidas: respecto,horarios e número.
-Exercicio físico

  • Deporte moderado e habitual.
  • Castigo no hacer deporte o ler libros.

2.-Lugar estudio adecuado.

  • Fixo, cómodo, mesa amplia, altura adecuada, luz natural pola esquerda, de 60 w e azul. Sen ruidos (non TV, música..)
  • Ben ventilado..
3.-Exisir hábitos e rutinas:

  • Tempo de estudo adaptado.
  • No sobrecargar actividades extraescolares de estudio.
  • Respetar tempo de ocio e descanso.
  • Ensinarlle a organizarse (non todos teñen a facilidade para elo)
  • Establecer obxectivos, priorizar materias, emprego de axenda, e ensinar técnicas de estudo.Para conseguir que sexa totalmente autónomo.
4.-Contacto co centro (titor) para prevenir dificultades e evitar sorpresas.Colaboración permanente.

5.-Premiar e si é necesario castigar, premio como reforzo positivo.

6.-Transmitirlle apoio expreso e afectivo.Todos traballamos mellor respaldados por alguén querido.  O respaldo emocional da familia é fundamental ao longo de todo o curso.

7.-Evitar facerlle as tareas, comparalo ou criticalo sen recoñecer nunca o positivo.


" Encontro a TV moi educativa ".Cada vez que alguén a acende, retírome a outra habitación e leo un libro".
(Groucho Marx).

Máis en www.ceapa.es

Reunión de pais/nais do 4 outubro 2012

Estimados
Deixovos aqui algúns dos puntos dos que se trataron na reunión de pais e nais dos alumnos de 5º de primaria do xoves 4 de outubro do corrente.
Pode ser útil para aqueles que non asististedes ou para recordar. Entre os puntos están:

-Benvida da dirección e presentación do profesorado e titores. Proxecto educativo.
-Obxectivo do centro e do ciclo. "Todo é de todos, sexamos solidarios" "Súbete ao tren solidario".
-Proxecto Abalar, comeza no 5º curso este ano ou eso parece"..Emprego das novas tecnoloxías na ensinanza.
-Que supón o novo ciclo, o 3º ciclo. Horarios, profesorado, áreas, auxiliar de conversación de Inglés (en 5ºA é 1h no mércores tarde) para comprensión e fluidez oral nesta lingua.
-Titoria: horarios para 5ºA, xoves 16:45 a 17:40 h.Pedir cita previa.
-Cambios na forma de traballar, seguimento, hábitos de traballo, tareas, actividades,organización (libros, libretas, mochila (peso), material común e persoal, normas, convivencia.Axenda escolar "viaxeira"
-Actividades extraescolares: deportivas e non.Inglés: "Learning is fun" ( luns 13:30-14:30 h).
-Saídas, conviencias,eucarístias didácticas,celebracións..
-Uniforme.Chandal.
-Espazo de estudio.Horario,habitos e autonomia.
-Avaliación inicial.Avaliacións,probas,exames,puntuacións, actitudes, ed. en valores.
-Diario de aula.
-Pizarra dixital.Cortizas.
-Xustificacións, puntualidade, faltas, retrasos.
-Comedor,biblioteca,secretaría,porteria.
-Páxina webs onde tedes máis información, circulares,e todo o referente ao colexio:
www.ciamariacompostela.com
-Dúbidas, rogos e preguntas..

Creo que aqui queda recollido de xeito sinxelo a información que vos transmitimos nesa xuntanza de comezo de curso 2012/2013.

Leis de Educación,demasiadas reformas!!!

Estas son as diferentes leis de Educación na España democrática dende os anos 80, cos seus respectivos creadores ou ministros. Demasiadas leis e reformas e continuamos a ser o número 1, no fracaso escolar en Europa!!!.En algo somos os primeiros ademáis de no fútbol mundial!!.

-LOECE (1980, de Otero Novas da UCD)
-LODE (1985, de Maravall (PSOE), colexios concertados.
-LOGSE (1990, de Solano (PSOE)
-Lei Pertierra (1995) (PSOE), LOPEG, minorias.
-LOCE (2002) Pilar del Castillo (PP), relixión, Infantil de 3-6 anos..
-LOCE (2004) de Mª José Sansegundo (PSOE): Non relixión obrigatoria.
-LOE (2006) de Mercedes Cabrera (PSOE), Cidadanía e relixión optativa..
-LOCEM (2012) de Ignacio Wert (PP), 3º ESO + 3 BACH, Ed.Civica e Constitucional.

Ata cando con estas aberracións? Para pensar e reflexionar!!!.Ahi queda!!.

jueves, 18 de octubre de 2012

Orientacións e metodoloxía para 5º Primaria

A dinámica das sesións de coñecemento do medio son así:

1. METODO DE TRABALLO BASE
- Creación de clima. Motivación. Captar a atención.
- Comprobar si a anterior sesión quedou aclarada ou con dudas.
- Prelectura da materia a explicar, chuvia de ideas (cooperativo ), posta en común, ideas previas...
- Explicación do profesor, utilizando sempre apoios: pizarra dixital ou outros medios.
- Lectura e comprobación do explicado, mediante sondeos continuos.Atención, motivación..
- Posibles dudas, por parte dos alumnos, curiosidades
- Traballo en conxunto, equipos base e voz alta, de algún exercicio tipo.
- Traballo individual, corrección e posta en común.
- Pequeno esquema a memorizar, puntos a tratar do tema, estructura do tema, pasar a libreta (os seus apuntes)
- Autocontrois de fácil corrección. Monitorías.

2. TÉCNICAS DE ESTUDO E TRABALLO
- Observación : utilizarase ao principio da clase para poder expresarse oralmente e adquirir vocabulario.
- Escoitar: farase fincapé ao máximo en atender ás explicacións do profesor e dos compañeiros, para potenciar que o que atende, entenda.
- Prelectura : farase ao inicio de cada novo tema para ter unha visión xeneral do tema a tratar.
- Subraiado : iniciaráselles paulatinamente nesta técnica, para ser capaces de subraiar eles sos, sabendo encontrar as palabras clave.
- Resumen. Ao finalizar cada tema o realizarán eles sos.
- Esquema : Para sintetizar os temas  iniciaranse nesta técnica.
- Memorización : apoiarase nas técnicas de subraiado e esquemas para interiorizar o fundamental.
- Autoavaliación. Comprobar os alumnos os seus fallos na tarea diaria.Poñense notas en cada actividade que se corrixe.
- Hábítos de estudo persoal do alumno:
- Uso da axenda
- Uso de apuntes e esquemas á hora de estudar.
- Limitación do seu tempo de traballo, estudo e xogo.

Algúns dos obxectivos para este ciclo son tamén:
- Iniciarse na utilización para a aprendizaxe das tecnoloxías da información e a comunicación, desenrolando un espíritu crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.(C. Aprender a Aprender).

- Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respetar os dereitos humáns, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. (C.Social e Cidadá).

- Desenrolar hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en sí mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interés e creatividade na aprendizaxe. (C.S e C, Aprender a Aprender, e Autonomía e I.Persoal).

- Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflictos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. (C.Social e C., C.A.I.P).

- Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade. (C.S.e C., C.Artistica e Cultural, e C.A.I.P)

En todo este proceso temos en conta:
Dependendo das diferencias individuais (maduración, estilo cognitivo, situación afectiva, adaptación á escola, etc.), danse situacións e ritmos de aprendizaxe diversos, o que fai necesario un adecuado tratamento da diversidade, todo esto está reflexado no departamento de Orientación (Plan de Atención á Diversidade que conta o Centro.

Resumindo, nesta etapa:
a) O tratamento axeitado dos alumnos e alumnas no estadio evolutivo no que se atopan, en cheo proceso de maduración e cambio profundo de estructuras de relación e coñecemento, é fundamental para o desenrolo integral da súa personalidade presente e futura.
b) O tipo de aprendizaxes que se adquiren supón a base instrumental coa que deben manexarse posteriormente, tanto no resto do periodo de educación institucional coma na súa vida adulta. Ao finalizar a etapa, os alumnos e alumnas contarán co fundamento principal para as súas futuras aprendizaxes e desenvolvemento funcional na sociedade.

Temos en conta as características dos alumnos, requerida por todas elas na determinación dos seus elementos: obxectivos, contidos, competencias básicas, metodoloxía e avaliación.

É importante, á hora de determinar o modo máis axeitado de actuación pedagóxica no aula, coñecer de forma pormenorizada as características psicoevolutivas do alumnado a quen ésta se dirixe e as circunstancias sociofamiliares dos alumnos. Dado que a Educación Primaria estructúrase en ciclos, óptase por definir de forma máis concreta os rasgos evolutivos do alumnado. De este xeito establécese unha relación directa entre as características psicopedagóxicas do alumnado e os obxectivos, contidos e criterios de avaliación propuestos para cada un dos ciclos.



miércoles, 17 de octubre de 2012

Obxectivos aprendizaxe cooperativo en 5º e titoria entre iguais

Aprendizaxe cooperativo
A calidade educativa ten moito que ver coa capacidade que un centro ten para dar resposta á diversidade de alumnos e alumnas que atende. Isto esixe respostas axeitadas a necesidades diferentes. Nesta liña a relevancia do aprendizaxe en grupo é moi alta. É difícil atender necesidades diferentes se non é propiciando relacións grupales nas cales as respostas axeitadas non partan só do educador senón que se facilitan dende os mesmos alumnos.
Por outro lado, socialmente cada vez é maior a esixencia de persoas capaces de traballar en grupo e de manter relacións positivas e fluídas cos seus semellantes. Ata tal punto que unha persoa corre serio risco de non se incorporar ao mercado laboral se non é minimamente competente para relacionarse e colaborar cos outros.

A interacción entre os alumnos permítelles confrontar ideas, intercambiar informacións, modificar
conceptos previos, coñecer e compartir estratexias de aprendizaxe distintas das persoais, confrontar puntos de vista diferentes». Aprender, así pois, vai ligado a facelo en grupo, facilítase a tarefa a todos os alumnos e, por engadido, mellórase a calidade educativa.

Algúns obxectivos son:
- Colaborar con outras persoas para resolver de forma creativa, integradora e construtiva os interrogantes e problemas identificados a partir da experiencia diaria utilizando os coñecementos e os recursos materiais
dispoñibles» .
- Actuar con autonomía e responsabilidade nas actividades habituais e as relacións de grupo, desenvolvendo as posibilidades de tomar iniciativas e de madurar no establecemento de relacións persoais.
- Colaborar na planificación e realización de actividades en grupo, aceptar as normas e regras que oportunamente se establezan, articular os obxectivos e intereses propios cos dos outros membros do grupo,
respectando puntos de vista distintos e asumir as responsabilidades que correspondan.
- Obrar de acordo aos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana de forma habitual e apreciar a súa importancia».

Aprendizaxe cooperativa: falamos de estrutura de aprendizaxe cooperativa cando se organizan tarefas nas que a cooperación é a condición para realizalas. Son tarefas de aprendizaxe que non se poden realizar se non é colaborando entre os compañeiros. Non se pode ter éxito se os compañeiros non o teñen. Lígase o éxito propio ao éxito do resto.
Este tipo de aprendizaxe posibilta que se desenrolen habilidades comunicativas (respecto de quendas, escoitar, entender, preguntar...) para facer posible o traballo en grupo.

Por tanto tamén, hai xa algún tempo que sabemos que os estudantes poden actuar como mediadores, isto é dicir, pode "mediar entre a actividade mental dun compañeiro e a nova información que este trata de aprender. Poden, polo tanto, actuar como profesores dos seus compañeiros. Pola súa banda, o proceso de axuda que un alumno ofrece a un compañeiro pode xerar oportunidades de aprendizaxe para él, porque como ben sabemos os docentes ensinar é a mellor maneira de aprender.

Unhas pequenas reflexións apunto aquí, despois de ler, buscar recursos educativos de aprendizaxe na didáctica contemporánea, sobre dúas metodoloxías actuais así como imprendiscibles.

Últimamente, as ciencias da educación dan moita importancia á interacción, como elemento principal responsable do aprendizaxe. É a través da interacción cos outros cando ábrensenos conflictos cognitivos que nos fan aprender. É a través da interacción entre o novo coñecemento e o profesor (mediador) cando aprendemos (como ben dicíame o meu amigo José Pantoja, "aprendizaxes significativos", que razón tiña!!) . Pero ademáis, sabemos que en determinadas circunstancias os propios alumnos poden facer de mediadores. Todos aprendemos de compañeiros do colexio, ou do traballo (sempre decía Dª. Ana García Agudín: "aprendemos todolos días algo de todos", aprendizaxe permanente").
Algúns autores sosteñen que, as veces, os alumnos poden ser mellores mediadores (profesores) que os propios adultos. O xustifican dicindo que os alumnos son aprendices recentes dos contidos e, por tanto, son sensibles aos puntos de máis axuda. Ademáis empregan unha linguaxe máis directa, cercana e contan coa ventaxa de compartir referentes culturais e lingüísticos. Pero sobretodo, a principal ventaxa que a mediación dun alumno ten sobre a mediación dun profesor é que o alumno pode prestar axuda individual, a un só alumno. Mentras que o profesor, xeralmente, ten que repartila entre os numerosos alumnos da aula.

Dentro do aprendizaxe cooperativo temos a titoría entre iguais que chega a ser un instrumento de atención a diversidade, moi útil,e que moviliza a capacidade mediadora dos alumnos (de darse apoio para aprender) e que saca partido das diferencias de nivel entre alumnos (que tanto parecen molestar a algúns docentes (pequena autocrítica)).

Un deses métodos de aprendizaxe cooperativo é a titoría entre iguales, basado na creación de parellas, cunha relación asimétrica (derivada da adopción do rol respectivo de titor o titorado), cun obxectivo común coñecido e compartido (a adquisición dunha competencia curricular) que  lógrase a través da relación planificada polo profesor (segundo Durany Vidal, 2004). A titoría entre iguais é amplamente utilizada en moitos países (baixo a denominación de peer tutoring), en tódolos niveis educativos e áreas curriculares, e é recomendada polos expertos en educación (a propia UNESCO) como unha práctica altamente efectiva para a ensinanza inclusiva. Hai unha experiencia nos países anglosaxóns, experiencia escocesa, neste caso, de titoría entre iguais, que xa falarei máis adiante.

Si queredes saber máis recurride a este monográfico:
Duran, D (coord.) (2006): “Tutoría entre iguales, algunas prácticas”. Monográfico de Aula de Innovación Educativa, 153-154, 7-39.

miércoles, 10 de octubre de 2012

TEMA 2 OS VERTEBRADOS: ANFIBIOS

3.- OS ANFIBIOS
Os anfibios (Amphibia do grego αμφι, amphi ('ambos') e βιο, bio ('vida'), que significa «ambas vidas» ou «en ambos medios») son un grupo de vertebrados tetrápodos, ectotérmicos, con respiración branquial durante a fase larvaria e pulmonar ao alcanzar o estado adulto. A diferencia do resto dos vertebrados, distinguense por sufrir unha transformación durante o seu desenrolo. Este cambio pode ser drástico e denominase metamorfose. Os anfibios foron os primeiros vertebrados en adaptarse a unha vida semiterrestre, presentando na actualidade unha distribución en prácticamente todo o mundo, estando ausentes solo nas rexións árticas e antárticas, nos desertos máis áridos e na maioría das illas oceánicas. Hay descritas máis de 7000 especies de anfibios.
Cumplen un rol ecolóxico vital respecto ao transporte da enerxía desde o medio acuático ao terrestre, así como a nivel trófico ao alimentarse en estado adulto, en gran medida, de artrópodos e outros invertebrados. Algunhas especies de anfibios segregan a través da pel sustancias altamente tóxicas. Estas sustancias constituen un sistema de defensa frente aos depredadores.

Hai tres grupos importantes de anfibios:  (anuros (ranas, sapos son carnívoros en estado adulto e herbívoros en estado larvario, teñen membros desiguais.Hai 6000 especies), caudados ("salamandras" e tritóns, teñen membros iguais e cola,branquias de renacuajos e pulmóns de adultos,son moi parecidos dende pequenos. hai 600 especies) e gimnofiones (conocidos coloquialmente como cecilias o apodos, hai 180 especies) corresponden aos anfibios modernos máis escasos, desconocidos e peculiares. Son excavadores de aspecto vermiforme desprovistos de patas e que posúen unha cola rudimentaria e tentáculos olfativos. Habitan únicamente nas rexións tropicais húmedas.

A pel: é permeable, espida (non pelo nin escamas) e ten multitude de glándulas para pigmentación (color), defensa (veneno), funcións vitais como a respiración cutánea, ten varias capas e muda continuamente.
Os anuros e caudados posúen 4 extremidades, todos columna vertebral e por tanto esqueleto claro.

 Esqueleto de una rana


Reproducción:

Presentan fecundación interna e externa, sendo na súa maior parte ovíparos.A posta, ao non estar os ovos resgardados contra a desecación, efectúase normalmente na auga doce e está conformada por unha multitude de pequenos oviños unidos por unha sustancia xelatinosa , estando, a súa vez, cubertos por unha ou máis destas membranas que os protexen dos golpes, dos organismos patóxenos e dos depredadores.

 Dos ovos xurden as crías en estado larvario, chamadas en muchos casos cágados (renacuajos). As larvas dos anfibios viven nas augas doces, mentras que os adultos, polo xeneral, levan unha vida semiterrestre, ainda que sempre nos lugares húmedos. Este tipo de desenrolo chámase metamorfose. Ao longo deste as larvas van perdendo progresivamente a cola . En moitas especies mantense na fase adulta hábitos acuáticos e natatorios.

A fecundación, como mencionase, é externa, levándose a cabo na auga onde o macho verte a súa esperma á vez que a femia deposita os ovos aún sen fecundar.

A alimentación básase nos vexetais durante a fase larvaria e está composta por artrópodos e gusanos nol estado adulto.A principal fonte de alimentos no estado adulto a constituen os insectos, como os coleópteros, e outros invertebrados, como orugas de mariposa, gusanos de terra e arácnidos.






TEMA 2:
OS ANIMAIS VERTEBRADOS

2.- AVES:

As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, chimpan ou fican ergueitas sobre as súas extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores están modificadas como ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, son adaptacións para voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo recuberto de plumas e, as aves actuais posúen un peteiro córneo sen dentes. Para reproducirse poñen ovos, que chocan até a eclosión.

 Orixe das aves.
Confuciusornis, un paxaro cretácico de China.
Baseándose en evidencias fósiles e biolóxicas, a maioría dos científicos aceptan que as aves son un subgrupo especializado de dinosauros terápodos.Cos novos descubrimentos de terápodos non aviares estreitamente vencellados coas aves, a previamente clara distinción entre aves e non aves atópase cada vez máis difusa. Descubrimentos recentes na provincia chinesa de Liaoning, demostraron que moitos dinosauros terópodos tiñan plumas, o que contribúe a esta ambigüídade.
A opinión consensuada contemporánea da paleontoloxía, é que as aves, son os parentes máis achegados aos deinonychosauros, que inclúe aos dromaeosauridos e trodóntidoss. Xuntos, estos tres xuntos forman un grupo chamado Paraves. O Microraptor, é un dromaesauro basal, con trazos que quizais lle permitiron voar ou planear. A maioría dos deinonychosauros basais son moi pequenos. Esta evidencia medra a posiblidade de que o devanceiro das paraves fose arborícola, e/ou quen de planear.
O Archaeopteryx, fosil do xurásico superior, é ben coñecido coma un dos primeiros fósiles de transición descubertos que achegou apoio á teoría da evolución de finais do século XIX. Archaeopteryx amosa trazos claramente reptilianos: dentes, poutas, e unha longa cola semellante á dos lagartos, porén, no fosil aprécianse ás con plumas semellantes ás das aves modernas. Non é considerado un devanceiro directo das aves modernas, sen embargo considérase o membro máis vello coñecido das aves ou Avialae, e probablemente atópase vencellado de preto co seu antergo.

Teorías alternativas e controversias
Existen moitas controversias no estudo da orixe das aves. Os primeiros desacordos incluíron se as aves evoluíron a partir dos dinosauros ou dos máis primitivos arcosauros. Dentro do eido dos dinosauros existiron desacordos en referencia a se os ornitísquios ou os terópodos foron os parentes máis achegados.
Algúns científicos suxiren que as aves non son dinosauros, evolucionando a partir dos primeiros arcosauros.

Ascendencia das Aves
Así como os mamíferos, as aves son descendentes dos réptiles. Son, no entanto, descendentes de liñaxes distintas. As aves descenden de réptiles Diapsida, ao paso que os mamíferos descenden da liñaxe Sinapsida. O Archaeopteryx é o máis antigo fósil coñecido de ave e data de aproximadamente 140 millóns de anos atrás, do período Xurásico. O arqueopterix era un pouco maior que unha pomba e posuía rabo longo, percorrido pola columna vertebral, como os réptiles, alén de dentes, dedos individualizados con garras e, como característica máis marcante, penas do corpo e penas de voo asimétricas (indicios de que ese animal era capaz de voar). As aves pertencen ao mesmo grupo dos dinosauros, sendo que xa foron descubertas penas (ou estruturas semellantes, máis primitivas) noutros grupos de Dinosauria. Por tanto, actualmente acéptase o grupo aves non como Clase , mais un grupo bastante diversificado e actual de Dinosauria. Hai cerca de 65 millóns de anos, coa extinción da maioría dos grandes grupos de réptiles, ocorreu unha gran radiación adaptativa e consecuente diversificación das aves, que pasaron a poboar practicamente todos os ambientes terrestres. Actualmente acéptanse dous grandes grupos de aves: Paleornithes (ratitas) e Neornithes (carinatas).






Distribución:

As aves viven e aniñan na maioría dos hábitats terrestres e están presentes en todos os continentes,
 A maior diversidade de aves dáse nas rexións tropicais, e o país co maior número de especies no mundo é Colombia,seguido polo Perú e o Brasil. Outras avifaunas notables pola súa cantidade de son as de Nova Zelandia, Madagascar e Australia.
 A rexión bioxeográfica con maior número de especies, cunhas 3.700 (máis da terceira parte mundial), é o Neotrópico (inclúe América do Sur, América Central, terras baixas de México e as Antillas).
Numerosas familias de aves adaptáronse a vivir no mar, algunhas especies de aves mariñas só recalan na terra para aniñar, e sábese que algúns pingüíns chegan a mergullarse até a 300 m de profundidade.
Moitas especies de aves establecéronse en rexións onde foron introducidas polo home. Algunhas destas introducións foron deliberadas; o faisán común, por exemplo, foi introducido como especie para a caza por boa parte do mundo. Outras introducións foron accidentais, este é o caso de varias especies de papagaios, a cotorra arxentina que a partir de exemplares cativos fuxidos estableceuse en numerosas cidades de Norteamérica, Sudamérica e Europa.

Dieta e alimentación

 Adaptacións dos bicos para a alimentación
A dieta das aves inclúe unha gran cantidade de tipos de alimentos como néctar, froitas, plantas, sementes, prea, e diversos animais pequenos, incluídas outras aves.Como as aves non teñen dentes, o seu aparato dixestivo está adaptado a procesar alimentos sen mastigar que a ave traga enteiros.
As aves chamadas xeralistas son as que empregan moitas e diferentes estratexias para conseguir alimentos dunha ampla variedade de tipos, mentres que as que se concentran nun espectro reducido de alimentos ou teñen unha única estratexia para conseguir comida son consideradas especialistas.
As estratexias de alimentación das aves varían segundo a especie. Algunhas cazan insectos lanzándose sorpresivamente dende unha póla. As especies que se alimentan do néctar, coma os colibríes, os suimangas e os loris, teñen linguas pelosas e formas de bico especialmente adaptadas para axustarse ás plantas das que se alimentan.Os |kiwis e as aves limícolas teñen longos bicos que empregan para sondar o chan en busca de invertebrados; no caso das limícolas, os seus bicos presentan diferentes lonxitudes e curvaturas, xa que cada especie ten un nicho ecolóxico diferente.
As mobellas, parrulos mergulladores, pingüíns e álcidos perseguen ás súas presas baixo a auga, empregando as súas ás e/ou os seus pés para propulsarse, mentres que os mascatos, picapeixes e carrán son predadores aéreos que se mergullan en picado en busca da súa presa. Os flamengos, tres especies de petreis, e algúns parrulos, aliméntanse filtrando a auga. Outras aves, como os gansos e os patos nadadores, aliméntanse principalmente pastando. Algunhas especies, entre as que se inclúen as fragatas, as gaivotas, e os págaos, son cleptoparasitas, é dicir, rouban comida a outras aves. Suponse que con isto logran un suplemento adicional, pero non unha parte importante da súa dieta xeral.Hai outras aves que son carroñeiras, algunhas das cales, como os voitres, están especializados en comer cadáveres, mentres que outras, como as gaivotas, os córvidos ou algunhas aves de presa fano só como oportunistas.