Mostrando entradas con la etiqueta Accion titorial I. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Accion titorial I. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de febrero de 2013

Técnicas de Estudo: 20, 25, 27 febreiro

Mañan mércores, 20 de febreiro, seguindo coa formación e orientación escolar, terán os alumnos de 5º de Primaria unhas sesións prácticas de técnicas de estudo. Son moi interesantes e moi válidas para este nivel educativo.
Comezarán ás 9:30 h. en 5ºA, na miña titoria.Para seguir o luns 25 e mércores 27 de febreiro.
Entre as técnicas de estudo están o resume, esquema, subraiado, organización do tempo de estudo, espazo etc....

Interesante!!. Deixovos aquí algúns consellos:

1.-Condicionantes previos que faciliatn o estudo persoal:

-Ter unha organización previa de todo o material que vas a empregar-
-Estudar sempre no mesmo lugar , alonxado de calquera ruído que perturbe.
-Programar horario de estudo, cando estés máis concentrado.
-Planificar o tempo de estudo con descansos de 10 minutos.Horario de traballo.
-Estudar día a día.
-Comezar a mesma hora sempre a estudar para crear hábito.
-Tempo de estudo entre 1 e 2 horas.Ideal 1:30 h.
-Non estudar despois de ver a TV. Descentranos e absorbenos a concentración.Non falar por teléfono moito tempo, nin ver a TV nos descansos.

Pautas máis importantes antes de poñerse a estudar!!:

Lugar: mesa adecuada, silla respaldo, sen ruído,

Silencio: alexada do ruído, habitación máis silenciosa, sen música nin TV.

Temperatura: Nin fría nin calor entre 20-22 grados. Non menos de 17.

Iluminación: mellor luz natural pola esquerda aos diestros, e pola dereita aos zurdos.Bombilla de 60 w.Luz ambiental.

Ventilación:

Dormir o necesario

Comer adecuadamente

Facer exercicio fisico habitual:


2.-Preparación psicolóxica para estudar mellor



miércoles, 6 de febrero de 2013

Tareas de seguimento da área

Hoxe mércores 6 de febreiro, levarán para casa, a libreta de Coñecemento para enseñar aos pais/nais.
Así podedes, ollala e comprobar in situ un pouco como recollen apuntes, realización de actividades, ortografía, expresión, orde, hábitos, técnicas de estudo etc...

Mañan xoves 7, levarán tamén a proba escrita do tema 6 para completar, correxir e puntuar (autoavaliación pais/nais/nen@s) e deben entregala o xoves 14 d febreiro.Só farán aquelas cuestións que vexades incompletas, erróneas ou mellorables. Tedes que puntuar a proba con INS, SF,B,NT ou SB, según os vosos criterios (consensuar cos nenos).

Este tipo de tareas servenos a todos para levar un seguimento máis obxectivo, didáctico dos aprendizaxes,asi como comprobar os seus hábitos de estudo e rendemento académico.Espero e desexo sexa práctico e útil para vos.

Para calquer duda ou aclaración facédemo chegar ben por nota ou polos vosos fillos.

Un saúdo.

jueves, 31 de enero de 2013

Tema "A materia: experimentos dos alumn@s"

Despois de celebrar este mércores o día da Paz, continuamos e volvemos a normalidade do curso.
En coñecemento estamos a ver o tema 6 A materia e que prácticamente estamos a rematar.
Hoxe xoves e mañan venres os nenos están a realizar no laboratorio e na aula unha serie de experimentos en relación co tema que nos compete actualmente.
Dividos nos grupos de referencia elaboran unha ficha cos materiais, procedemento e conclusión do experimentos ou experimentos que van a facer.
Porei aqui algún deles, ven en video ou imaxes. Hai verdadeiros "pequenos científicos" neles!!.
Está resultando unha actividade moi divertida e moi moi educativa!!.
Nos experimentos están a constatar a teoría exposta no tema: cambios de estado, separación de mesturas (diferentes técnicas) e reaccións químicas (combustións, oxidacións..), e incluso se "colou" algún experimento máis "amplo" en canto a contidos e teorías.

Continuará!!!!


Antroido 2013
Coa celebarción este ano do Antroido, venres 8 de febreiro, os profesores deste ciclo ocurrísenos facer un homenaxe a música. E cada grupo de 5º e 6º vaise a disfrazar de diferentes modas musicais: rockeros, hippies, movida dos 80,....
Ao grupo de 5ºA, a miña titoria, tocoulle de hippies.Trátase de disfrazarse, divertirse e ter unha xornada lúdica, por iso queremos que os disfraces sexan o máis económicos, prácticos posibles!!.É un vestuario fácil de conseguir, cómodo e divertido.Porei algunha imaxe para daros ideas!!!.
Será o venres 8 de febreiro dende a entrada a hora de saida.Faremos, si o tempo acompaña un pasacalles co resto dos grupos de Primaria. Ireivos contando as novas aqui.


domingo, 27 de enero de 2013

Titoria Día da Paz 2013

Este mércores 30 de xaneiro celebramos o día da Paz,que neste ano o lema será " Os coidados", cun acto conxunto dende infantil ata 6º de Primaria.
Será no pavillón ás 16:15 h. e aberto a toda a comunidade educativa.
Haberá diferentes actuacións formando un todo polos diferentes niveis.
Leérase un manifesto e farase a represenatción a continuación.

A canción estrela é a de Macaco, "Seguiremos", fai referencia no video aos coidados de nenos enfermos....

Durante esta semana levaremos acabo diversas actividades, reflexións e tratamento do significado de Paz (nas diferentes áreas e como non na titoria), non a ausencia de guerra ou violencia (en sentido negativo), senón no seu significado e sentido positivo.Podemos dicir que é un estado de quietude, tranquilidade ou de felicidade incluso cos demáis e cun mesmo, o respecto, de xustiza (Ghandi)....

Cando a paz  refírese ao plano individual, polo xeral fai referencia a un estado interior desprovisto de sentimentos negativos como o odio ou a furia. Un suxeito en paz é aquel que está tranquilo consego mesmo e, polo tanto, cos demáis.

Para a relixión, a paz é tamén unha salutación, xa que é un valor que un desexa para sí mesmo e para o próximo. Por eso empréganse expresións como “a paz esté contigo” e, en algunhas misas, inclúe un bico no rostro á persoa que se ten ao lado.



Este venres pasado e nos vindeiros días continuremos coa reflexiónA paz como presenza de xustiza (inspirada na paz xudía e hindú).

Esta é unha perspectiva da paz positiva; a paz non se define pola ausencia de guerra ou de conflitos senón pola presenza da xustiza social e o benestar, pola satisfacción das necesidades básicas de todas as persoas e grupos sociais, tanto en sentido espiritual como material. A paz é vista como un proceso, algo que hai que construír. 
Gandhi dicía "non hai un camiño para chegar á paz, a paz é o camiño".

Abaixo imaxes e frases de Ghandi
nado en Porbandar (Guxarat) o 2 de outubro de 1869 e finado en Nova Delio 30 de xaneiro de 1948, foi un dos ideólogos e fundadores do moderno estado indio e un influente defensor do Satyagraha (principio da non agresión, forma non violenta de protesta) como un medio de revolución.

Gandhi axudou a liberar a India do goberno británico, inspirando outros pobos coloniais a traballar polas súas propias independencias e en última análise para o desmantelamento do Imperio Británico e a súa substitución pola Comunidade Británica (Commonwealth). O principio do satyagraha, frecuentemente traducido como "o camiño da verdade" ou "a busca da verdade", tamén inspirou xeracións de activistas democráticos e antirracistas, incluíndo Martin Luther King e Nelson Mandela. Frecuentemente Gandhi afirmaba a simplicidade dos seus valores, derivados da crenza tradicional hindú: verdade (satya) e non violencia (ahimsa).











Johan Galtung define a paz como "a capacidade de resolver os conflitos con empatía, noviolencia e creatividade". Neste sentido, a paz é o contexto e as condicións que permiten a transformación creativa e noviolenta dos conflitos; "creamos paz na medida que somos capaces de cambiar os conflitos en cooperación, de forma positiva e creadora, recoñecendo os opoñentes como persoas e utilizando o método do diálogo".
O mesmo Galtung, ao igual que outros autores, fala dun concepto amplo e positivo de paz que significa a ausencia de todo tipo de violencia, tanto directa (física ou verbal) como estrutural e cultural, ademais da posibilidade de que as persoas e os grupos sociais se liberen de todo o que lles impide levar unha vida minimamente humana, é dicir, que lles garanta a satisfacción das súas necesidades básicas para vivir dignamente. Este concepto de paz refírese a unha vida social onde exista cada vez máis xustiza e menos violencia nas relacións entre persoas, grupos sociais e nacións.

O sociólogo noruego é profesor sobre Estudos sobre a Paz na Universidade de Hawai, mediador de conflictos, escritor (máis de 50 libros: "O triángulo da violencia"  que fala de outros tipos de violencia estructural, cultural, explotación marxinal....entre outros), matemático, analista, asesor, pensador...



Outro luchador, defensor da paz, da marxinación, Martin Luther King, Jr. Foi un pastor estadounidense da igrexia bautista que desenrolou unha labor crucial nos Estados Unidos ao frente do "Movemento polos dereitos civís para os afroamericanos" e que, ademáis, participou como activista en numerosas protestas contra a Guerra de Vietnam e a pobreza en xeral.
Por esa actividade encaminada a terminar co apartheid estadounidense e a discriminación racial a través dos medios non violentos, foi condecorado co Premio Nobel da Paz en 1964. Catro anos despois, nunha época na que a súa labor orientárase especialmente cara á oposición á guerra e a loita contra a pobreza, foi asasiñado en Memphis, cando preparábase para liderar unha manifestación






Aqui podedes ver o video da canción:


Seguiremos de Macaco

jueves, 15 de noviembre de 2012

Acción titorial I


A acción titorial: interveñen profesores, pais/nais e alumnos. Podemos dicir que:
A función titorial ten como obxectivo primordial: "
promover e reforzar o desenrolo integral do alumno, orientándolle a empregar as súas potencialidades e habilidades para contribuir ao seu crecemento persoal".
Forma parte do Plan de Acción Titorial do noso Proxecto Educativo do centro.

Obxectivos:
-Favorecer a interacción entre profesores e alumnos.
-Coordinar a información relativa aos alumnos.
-Asesorar e informar ás familias de todo canto afecta á educación dos seus fillos.
-Fomentar a interacción e participación de cada un dos compoñentes do grupo-aula na  dinámica xeral do centro, facilitando a integración dos alumnos no seu grupo e no conxunto da dinámica do colexio.
-Realizar o seguemento do proceso de enseñanza-aprendizaxe dos alumnos, colaborando na detección de dificultades de aprendizaxe e das necesidades educativas especiais, coa finalidade de dar a resposta educativa pertinente, recurrendo aos apoios e actividades adecuadas.
-Orientar para o desenrolo persoal dos alumnos, potenciado o esforzo individual e o traballo en equipo, así como o desenrolo de hábitos de traballo e de estudio.
-Favorecer no alumno o coñecemento e aceptación de sí mesmo.

jueves, 18 de octubre de 2012

Orientacións e metodoloxía para 5º Primaria

A dinámica das sesións de coñecemento do medio son así:

1. METODO DE TRABALLO BASE
- Creación de clima. Motivación. Captar a atención.
- Comprobar si a anterior sesión quedou aclarada ou con dudas.
- Prelectura da materia a explicar, chuvia de ideas (cooperativo ), posta en común, ideas previas...
- Explicación do profesor, utilizando sempre apoios: pizarra dixital ou outros medios.
- Lectura e comprobación do explicado, mediante sondeos continuos.Atención, motivación..
- Posibles dudas, por parte dos alumnos, curiosidades
- Traballo en conxunto, equipos base e voz alta, de algún exercicio tipo.
- Traballo individual, corrección e posta en común.
- Pequeno esquema a memorizar, puntos a tratar do tema, estructura do tema, pasar a libreta (os seus apuntes)
- Autocontrois de fácil corrección. Monitorías.

2. TÉCNICAS DE ESTUDO E TRABALLO
- Observación : utilizarase ao principio da clase para poder expresarse oralmente e adquirir vocabulario.
- Escoitar: farase fincapé ao máximo en atender ás explicacións do profesor e dos compañeiros, para potenciar que o que atende, entenda.
- Prelectura : farase ao inicio de cada novo tema para ter unha visión xeneral do tema a tratar.
- Subraiado : iniciaráselles paulatinamente nesta técnica, para ser capaces de subraiar eles sos, sabendo encontrar as palabras clave.
- Resumen. Ao finalizar cada tema o realizarán eles sos.
- Esquema : Para sintetizar os temas  iniciaranse nesta técnica.
- Memorización : apoiarase nas técnicas de subraiado e esquemas para interiorizar o fundamental.
- Autoavaliación. Comprobar os alumnos os seus fallos na tarea diaria.Poñense notas en cada actividade que se corrixe.
- Hábítos de estudo persoal do alumno:
- Uso da axenda
- Uso de apuntes e esquemas á hora de estudar.
- Limitación do seu tempo de traballo, estudo e xogo.

Algúns dos obxectivos para este ciclo son tamén:
- Iniciarse na utilización para a aprendizaxe das tecnoloxías da información e a comunicación, desenrolando un espíritu crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.(C. Aprender a Aprender).

- Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respetar os dereitos humáns, así como o pluralismo propio dunha sociedade democrática. (C.Social e Cidadá).

- Desenrolar hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en sí mesmo, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interés e creatividade na aprendizaxe. (C.S e C, Aprender a Aprender, e Autonomía e I.Persoal).

- Adquirir habilidades para a prevención e para a resolución pacífica de conflictos, que lles permitan desenvolverse con autonomía no ámbito familiar e doméstico, así como nos grupos sociais cos que se relacionan. (C.Social e C., C.A.I.P).

- Coñecer, comprender e respetar as diferentes culturas e as diferenzas entre as persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non discriminación de persoas con discapacidade. (C.S.e C., C.Artistica e Cultural, e C.A.I.P)

En todo este proceso temos en conta:
Dependendo das diferencias individuais (maduración, estilo cognitivo, situación afectiva, adaptación á escola, etc.), danse situacións e ritmos de aprendizaxe diversos, o que fai necesario un adecuado tratamento da diversidade, todo esto está reflexado no departamento de Orientación (Plan de Atención á Diversidade que conta o Centro.

Resumindo, nesta etapa:
a) O tratamento axeitado dos alumnos e alumnas no estadio evolutivo no que se atopan, en cheo proceso de maduración e cambio profundo de estructuras de relación e coñecemento, é fundamental para o desenrolo integral da súa personalidade presente e futura.
b) O tipo de aprendizaxes que se adquiren supón a base instrumental coa que deben manexarse posteriormente, tanto no resto do periodo de educación institucional coma na súa vida adulta. Ao finalizar a etapa, os alumnos e alumnas contarán co fundamento principal para as súas futuras aprendizaxes e desenvolvemento funcional na sociedade.

Temos en conta as características dos alumnos, requerida por todas elas na determinación dos seus elementos: obxectivos, contidos, competencias básicas, metodoloxía e avaliación.

É importante, á hora de determinar o modo máis axeitado de actuación pedagóxica no aula, coñecer de forma pormenorizada as características psicoevolutivas do alumnado a quen ésta se dirixe e as circunstancias sociofamiliares dos alumnos. Dado que a Educación Primaria estructúrase en ciclos, óptase por definir de forma máis concreta os rasgos evolutivos do alumnado. De este xeito establécese unha relación directa entre as características psicopedagóxicas do alumnado e os obxectivos, contidos e criterios de avaliación propuestos para cada un dos ciclos.