jueves, 15 de noviembre de 2012

Acción titorial I


A acción titorial: interveñen profesores, pais/nais e alumnos. Podemos dicir que:
A función titorial ten como obxectivo primordial: "
promover e reforzar o desenrolo integral do alumno, orientándolle a empregar as súas potencialidades e habilidades para contribuir ao seu crecemento persoal".
Forma parte do Plan de Acción Titorial do noso Proxecto Educativo do centro.

Obxectivos:
-Favorecer a interacción entre profesores e alumnos.
-Coordinar a información relativa aos alumnos.
-Asesorar e informar ás familias de todo canto afecta á educación dos seus fillos.
-Fomentar a interacción e participación de cada un dos compoñentes do grupo-aula na  dinámica xeral do centro, facilitando a integración dos alumnos no seu grupo e no conxunto da dinámica do colexio.
-Realizar o seguemento do proceso de enseñanza-aprendizaxe dos alumnos, colaborando na detección de dificultades de aprendizaxe e das necesidades educativas especiais, coa finalidade de dar a resposta educativa pertinente, recurrendo aos apoios e actividades adecuadas.
-Orientar para o desenrolo persoal dos alumnos, potenciado o esforzo individual e o traballo en equipo, así como o desenrolo de hábitos de traballo e de estudio.
-Favorecer no alumno o coñecemento e aceptación de sí mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario