viernes, 2 de noviembre de 2012

OS INVERTEBRADOS 5 GRUPOS:

OS INVERTEBRADOS

A.-CARACTERÍSTICAS COMÚNS:

-Non teñen un esqueleto interno nin columna vertebral.
-Todos os invertebrados son ovíparos (reprodúcese por ovos).
-Algúns teñen o seu corpo protexido por unha cuncha, outros por pel dura, e outros sen protección.
-Clasifícanse en 5 grupos:

1.-Moluscos: grupo moi numeroso

-Corpo brando e musculoso.Con cuncha (caracois, mexilóns,) ou sen cuncha (lesmas, polbos)
-A maioria son acuáticos,e outros terrestres. Moitos son comestibles.

Clasificanse en 3 grupos:
1.1.-Bivalvos: son acuáticos e a maioria mariños, con cuncha externa formada por dúas valvas.Viven fixos coma os mexilóns e outros desplázanse coma os berberechos. Aliméntanse nutrientes que filtran da auga.

1.2.-Cefalópodos: ("cabeza pé") son mariños.Posúen tentáculos (8 ou 10) con ventosas.Carnivoros.Algúns posúen cuncha interna (ex: xiba).

1.3.-Gasterópodos: ( univalvos, tentáculos na cabeza). Hainos acuáticos (comen algas) e terrestres (comen plantas).Poden ter cuncha (ex.caracois) ou non (lesmas).


1.1.Bivalvos:


1.2.-Cefalópodos:

Polbo

Polbo, 8 tentáculos




Xiba: ten unha cuncha interna











Imaxe anterior é unha xiba ("sepia") e esta correponde a unha lura ("calamar").


1.3.-Gasterópodos:

Lesma terrestre

Lesma de mar (teñen moito colorido)

Gasterópodo: un caracoi. Ten cuncha.

Lapas

Lapas: gasterópodos con cuncha externa.



2.-Os artrópodos:
-Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes.Pel endurecida e protéxeo.
-Teñen patas articuladas.Moitos teñen antenas.
-Poden ser terrestres e acuáticos.
Clasifícanse en 4 grupos:

2.1.-Insectos: corpo en 3 partes (cabeza, tórax e abdome).Teñen 6 patas e dúas antenas.Con ás ou sin ás.

2.2.-Arácnidos: corpo en 2 partes: cefalotórax (cabeza e tórax) e abdome.8 patas (arañas, escorpións).

2.3.-Crustáceos: corpo en 2 partes: cefalotórax e abdome. 2 antenas, a maioria con 10 patas (2 pinzas).Acuáticos.(ex: cangrexos, bogavantes,cigalas..)

2.4.-Miriápodos: corpo con cabeza e tronco formado por aneis.2 antenas e máis de 10 patas.(ex: cempés)



3.-Vermes:
-Corpo brando e alongado (maioria con aneis).
-Son terrestres ou acuáticos.
-Algúns son parasitos como as samesugas ou as lombrigas intestinais.



Verme acuático, parecido aún cempés!!.



4.-Poríferos:
-Corpo brando e irregular con moitos poros.Aliméntanse das sustancias que filtran da auga a través dos poros do seu corpo (ex: as esponxas).
-A maioría son acuáticos viven no mar, pegados as rochas.


5.-Equinodermos:
-O seu corpo ten simetría radial (ex: estrelas de mar)
-Están cubertos dunha protección de pezas duras, algúns teñen pugas (ex: ourizo de mar).
-Son mariños e desprázanse polo fondo lentamente.

Outro grupo de invertebrados de estructura moi sinxela, estaría formado por: anémonas, medusas e corais.

-De corpo brando excepto os corais que teñen coiraza dura.

-Son acuáticos, a maioria viven en mares calidos.Corais e anémonas están pegados ás rochas.
As medusas flotan no mar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario