1.-Caracteristicas das plantas
2.-Grupos de plantas:
2.1.-Segundo o seu tamaño: árbores, arbustos e herbas.
2.2.-Plantas con flores
2.3.-Plantas sen flores.
3.-A nutrición das plantas
3.1.-A entrada de nutrientes.
3.2.-A fotosintese.
3.3.-Repartición do alimento.
4.-A reprodución das plantas
4.1.-Reprodución con flores
4.2.-Reprodución sen flores
APUNTES-RESUMO TEMA AS PLANTAS:
1.-Características das plantas:
-Son seres pluricelulares.(son seres vivos)
-Non poden desprazarse.
-Fabrican o seu propio alimento a partires do aire,auga,dos nutrientes do solo e da luz do sol.
-Están formados por tres parte: raiz, talo e follas.
-Son terrestres ou acuáticas.
-Clasifícanse en dous grupos: con flor ou sen flor.
2.-Grupos ou clasificación das plantas:
2.1.-Segundo o seu tamaño e con flor: árbores, arbustos e herbas.
2.2.-Plantas con flor: reprodúcense mediante sementes que se producen no interior dos froitos.
2.3.-Plantas sen flores:non teñen flores nin sementes.Reprodúcense por esporas (fentos, carrizas)
3.-A nutrición das plantas:
As plantas coma todos os seres vivos tamén realizan, a función de nutrición.
-Toman as substancias do solo (auga e sales minerais) e do aire (dióxido de carbono).
-Fabrican o seu propio alimento mediante a fotosintese.
-O alimento repártese por toda a planta.
3.1.-Entrada de nutrientes na planta: 2 formas
-A través das follas (entra o dióxido de carbono do aire).
-Pola raiz (entra a auga e os sales minerais do solo). A mestura de auga e sales chamase zume bruto, que sobe polo talo cara ás follas polos vasos leñosos (= finos conductos).
3.2.- A fotosintese:
Cando o zume bruto chega ás follas prodúcese un proceso chamado fotosintese (gracias o cal producen o seu propio alimento a partires do dióxido de carbono e do zume bruto). O alimento que se produce nas follas chámase zume elaborado.
Para realizar a fotosintese as plantas necesitan a luz do sol (captada pola substancia verde chamada clorofila).
Neste proceso as plantas producen tamén osixeno (que se libera á atmosfera).
3.3.- A repartición do alimento
O zume elaborado nas follas repártese a todas as partes da planta a través duns finisimos tubos, chamados vasos liberianos.
A RESPIRACIÓN DAS PLANTAS
|
|
Pola noite: ver imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario