jueves, 8 de noviembre de 2012

Trastornos lectoescritura I

A importancia dunha detención temprana e tratamento.

A lectura e a escritura son aprendizaxes esenciais no inicio da escolarización. A súa correcta aprendizaxe influirá no éxito escolar e nas súas habilidades comunicativas. É importante reflexionar sobre a metodoloxía máis axeitada empregada para ensinalos e detectar a aqueles alumnos que presentan dificultades ou trastornos nestas áreas, para proceder canto antes a un tratamento.

Este tipo de dificultades poden supoñer un serio obstáculo para o axeitado desempeño escolar do neno, xa que van ser a base das futuras aprendizaxes que vai ter que adquirir. Sen a axeitada intervención, o neno pode ter importantes problemas de aprendizaxe a longo prazo, causando fracaso escolar. Se un alumno ten dificultades na lectoescritura, custaralle resolver problemas de matemáticas, aprender novos idiomas, entender textos de coñecemento do medio...

En ocasións van xerar problemas de autoestima no neno, xa que non é capaz de conseguir os obxectivos que propón e obtén cualificacións académicas negativas.
Pola contra, coa axeitada intervención e seguimento, o alumno con dificultades non ten que ter consecuencias negativas a longo prazo, senón que pode conseguir un axeitado rendemento académico.


Diferentes trastornos de lectura e escritura:
1.-Dislexia:
A dislexia é un trastorno da lectura, no cal, as persoas que a presentan teñen dificultades para ler. Estas dificultades non son debidas nin a deficiencia intelectual, nin a problemas físicos ou psicolóxicos.

Tamén: “É unha grave dificultade coa forma escrita da linguaxe, que é independente de cualquera causa intelectual, cultural e emocional. Caracterízase porque as adquisicións do individuo no ámbito da lectura, a escritura e o deletreo, están moi por debaixo do nivel esperado en función da súa intelixencia e da
súa idade cronolóxica. É un problema de índole cognitivo, que afecta a aquelas habilidades lingüísticas asociadas coa modalidade escrita, particularmente o paso da modalidade escrita, particularmente o paso da codificación visual á verbal, a memoria a corto plazo, a percepción de orden e a secuenciación.”

1.1. Detección.
Na aula a dislexia pódese detectar inicialmente polo retraso no aprendizaxe da lectoescritura, a lentitude ao leer, a tendencia ao deletreo, a escasa comprensión lectora debida á falta de ritmo, a ausencia de puntuación… A medida que os cursos pasan, os problemas  agudízanse, xa que o estudio e o traballo
escolar en xeral básanse nas habilidades que o neno non ten e retrásase progresivamente.
Sendo a dislexia en principio un problema de aprendizaxe, acaba por crear unha personalidade característica que no aula faíse notar ou ben pola inhibición e o retraimento ou ben pola aparición de conductas disruptivas, falar, pelearse, non traballar, como formas de obter o recoñecemento que non pode alcanzar polos seus resultados escolares. En ocasións, os nenos experimentan en sí a aparición do mal autoconcepto que se chega a xerar polas dificultades que atopa no aprendizaxe.
En algunhas ocasións estos alumnos son tachados de inmaduros. Sen embargo con esta actitude pérdese un tiempo moi importante para a intervención con estos nenos e podríase evitar os problemas de personalidade anteriormente citados.

1.2. Diagnóstico.
Importancia da detección precoz destes problemas. Recoméndase a derivación ao psicopedagogo/a escolar co fin de descartar problemas de deficiencia intelectual, problemas emocionales, problemas visuales o auditivos… e orientar o diagnóstico cara á dislexia.
Algunhas das probas para detectar aos nenos con dislexia son as siguintes:
-. O WISC (Escala de intelixencia de Wechsler para nenos): no WISC os nenos disléxicos puntúan máis alto na escala manipulativa que na verbal. As probas de Díxitos, Información, Aritmética e a de Claves
están asociadas aos problemas de dislexia, os nenos con este problema puntúan baixo en elas por canto as habilidades que se esixen nelas teñen que ver coa memoria a corto plazo

  -. Probas de lateralidade, pois a lateralidade cruzada ou non definida, soe ir ligada á dislexia.
  -. T.A.L.E. (Test de Análise de Lectura e Escritura), que permite unha análisis detallado por niveis de idade e escolarización dos problemas que aparecen en todas as áreas e modos da lectoescritura: letras, sílabas, lecturas, comprensión lectora, dictado,copiado...
 -. O ITPA (O test Illinois de Aptitudes Psicolingüísticas), para detectar problemas na linguaxe.
 -. Test de Frostig: para a percepción visual.
 -. Lateralidade Usual de Margarite Auzias. Para comprobar as dificultades que posee respecto á lateralidade.

1.3. Tratamento.
Thomson recomienda o "sobreaprendizaxe". Volver a aprender a lectoescritura, pero adecuando o ritmo áss posibilidades do neno, traballando sempre co principio rector da aprendizaxe sen erros, propiciando os éxitos dende o principio e a cada paso do traballo de sobreaprendizaxe. Se trata de facer o  reaprendizaxe correcto das técnicas lecto-escritoras, facéndoas agradables e útiles para o neno, propiciando o éxito, en lugar do fracaso que está acostumbrado a colleitar.
O maestro na aula debe ter en conta algunhas consideracións con estes nenos e ao mesmo tempo orientar ás familias para que tamén as fagan dende casa. Son as seguintes:
1. Evaluar os seus progresos en comparación con él mesmo, co seu nivel inicial, non co nivel dos demáis na súas áreas deficitarias. Axúdelle nos traballos nas áreas que necesita mellorar.
2. Darlle unha atención individualizada sempre que sexa posible.
3. Asegurarse de que comprende as preguntas escritas antes de que se proceda a resolvelas.
4. Proporcionar o tempo que sexa necesario para que termine as tareas.
5. Facer observacións positivas sobre o seus traballo, para aumentar a súa autoestima e que él mesmo aprecie que está avanzando.
6. Contemplar a posibilidade dunha grabadora para o estudio, xa que o seu problema esta na lectoescritura.
7. Expresar actividades e exámenes oralmente para facilitar a súa comprensión.
8. Colaboración familia e escola, comentando avances e dificultades. Esto fomentará un correcto desenrolo do alumno.
9. Proporcionarlle fichas ou programas educativos que reforcen a lectoescritura.



2. TRASTORNOS NA ESCRITURA: DISGRAFÍA Y DISORTOGRAFÍA
Dentro dos trastornos na escritura podémonos encontrar a disgrafía e a disortografía. A primera afecta á forma ou contido da escrita e a disortografia é un déficit específico e significativo da ortografía.

2.1. Detección
No aula os alumnos teñen que realizar continuamente produccións escritas: dictados, comentarios, descripcións… a partires de elas os docentes podrán detectar estes dous tipos de trastornos.
Para a disgrafía os síntomas son: postura inadecuada, soporte incorrecto do lápis, mala presión do mesmo ou velocidade de escritura excesivamente rápida ou lenta, gran tamaño das letras, letras inclinadas, deformes, excesivo espaciado entre letras ou moi apiñadas, letras irreconocibles e, en definitiva, texto de difícil comprensión.
Para a disortografía os síntomas son: omisión ou confusión de artículos, plurais, acentos ou faltas de ortografía debido ao descoñecemento ou neglixencia nas regras gramaticais, dificultades relacionadas coa correspondencia fonema-grafema e aparecen erros de omisión, confusión e cambio de letras, sílabas, palabras, adicións e sustitucións.

2.2. Diagnóstico.
Ao igual que a dislexia, debemos insistir na importancia da detección precoz de estes problemas. En vez de ignorar as dificultades atribuidas a desidia, distrabilidade ou inmadurez, recomendase cara a derivación ao psicopedagogo/a escolar co fin de descartar problemas de deficiencia intelectual, problemas  emocionais, problemas visuais ou auditivos… e orientar o diagnostico cara a disgrafía ou disortografía.

A avaliación individual do neno con disgrafía ou disortografía é moi parecida á avaliación para a dislexia xa que moitas das probas específicas están dirixidas aos procesos lecto-escritores
Algunas das probas que se poden utilizar son:
- Wisc-R o Test de Matrices Progresivas de Raven, son pruebas que sirven para medir o nivel intelectual.
- O TALE, que investiga o proceso lecto- escritor do neno..
- PROESC, que evalúa os procesos da escritura.
- FROSTIG. Desenrolo da percepción
- Test de Bender: Con esta proba obtense unha valoración da madurez viso-motora do neno así como diferentes aspectos do seu temperamento.

2.3. Tratamiento.
O tratamento deberá centrarse principalmente en aqueles aspectos negativos que se detectaron  na avaliación do alumno. Para o tratamento de problemas na escritura debemos centrarnos en todos os aspectos desta: unha correcta posición ao escribir, suxección do instrumento de escritura, ortografía,
lectoescritura, morfología das palabras e incluso sintaxis dunha oración ou frase.
Hai que potenciar o reforzo positivo, o recoñecemento dos seus logros fará que o neno se sinta máis motivado para correxir as súas dificultades na escritura.
Algunhas das orientacións específicas para o tratamento da disgrafía son: correxir a postura dos alumnos na aula (ao sentarse, a distancia ao escribir, como coller o lápis…), realizar exercicios que melloren a coordinación visomotriz (traballo con punzóns, tixeiras…), controlar a excesiva presión ou fluidez ao escribir, traballar con cuadriculas para mellorar a letra…
En canto ao tratamento da disortografía algunhas son: ensinar normas e regras de ortografía, acostumar ao neno ao uso do diccionario, proporcionar técnicas e métodos para o estudio de novas palabras, facer consciente ao alumno do cambio de significado dunha palabra se comete faltas de ortografía…
Ao igual que a dislexia, é importante a coordinación familia escola. Pois esta contribuirá a un mellor desenrolo do alumno. As medidas que se estén tomando na clase, deben aplicalas tamén na casa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario