miércoles, 9 de diciembre de 2020

Tema 3: A reprodución

 Tema 3: A reprodución

1.1-As etapas da vida.:

A longo da nosa vida, as persoas atravesamos tres etapas: a infancia, a adolescencia e a idade adulta.

  • A infancia desde o nacemento ata os 12 anos de idade, aproximadamente. Crecemos moi rapidamente e adquirimos múltiples habilidades, como camiñar, falar e ler, ( habilidades motoras, cognitivas,..máis autónomos).

  • A adolescencia desde os 12 ata os 19 anos de idade, aproximadamente. 

-A puberdade entre os 11 e os 15 anos, etapa na que os aparatos reprodutores de rapaces e rapazas alcanzan a súa madurez e capacidade fértil. Aparición de diferenzas físicas claras entre os rapaces e as rapazas.

  • A idade adulta, desde os 19 anos ata a fin da vida, e divídese en tres etapas: a xuventude, a madurez e a ancianidade.

1.2.-Os caracteres sexuais

Diferencian os homes e as mulleres, poden ser de dous tipos:

  • Caracteres sexuais primarios: son os órganos reprodutores feminino e masculino.Permiten diferenciar se un bebé acabado de nacer é unha nena ou un neno.

  • Caracteres sexuais secundarios: son diferenzas físicas entre os homes e as mulleres que se fan máis evidentes durante a puberdade. Nesta etapa, o corpo experimenta unha serie de cambios, como a aparición de peluxe na pube e nas axilas. Ademais, prodúcense cambios específicos en cada sexo:

  • Nos rapaces, a voz vólvese máis grave, anchean os ombros, a noz faise máis evidente e comeza a crecer o bigote e a barba.

  • Nas rapazas, desenvólvense as mamas e as súas cadeiras van ancheando.

2.-Os óganos reproductores: masculino e feminino

O aparato reprodutor masculino está formado polos seguintes órganos: os testículos, os condutos deferentes, as vesículas seminais, a uretra e o pene. 

O aparato reprodutor feminino está formado polos seguintes órganos: os ovarios, as trompas de Falopio, o útero, a vaxina e a vulva. 

Curiosidade:

O símbolo masculino representa o Deus Marte, Deus da guerra na mitoloxía romana. O símbolo representa o escudo e a lanza que usaban os homes cando saían a cazar.

alt_text

O símbolo feminino representa a deusa Venus, deusa do amor, a beleza e a fertilidade na mitoloxía romana. O símbolo está formado por un círculo unido a unha cruz e representa a deusa cun espello na man.

alt_text




3.-As células sexuais e a fecundación

Os seres humanos realizamos as tres funcións vitais: a de nutrición, a de relación e a función de reprodución. 

Coa función de reprodución, orixinamos outros seres semellantes a nós (= continuidade da nosa especie). Temos un tipo de reprodución sexual; é necesario que se produza a unión de dúas células sexuais, unha feminina e outra masculina, é dicir, un óvulo e un espermatozoide. Este momento da reprodución recibe o nome de fecundación.

3.1.-As células sexuais:

O aparato reprodutor masculino produce espermatozoides, e o aparato reprodutor feminino produce óvulos. Estas dúas células sexuais son moi diferentes.

-Os espermatozoides: son as células reprodutoras masculinas. Tamén reciben o nome de gametos masculinos.

O seu tamaño é moi pequeno e ten tres partes: a cabeza, o pescozo e a cola ou flaxelo. Grazas ao seu flaxelo estas células poden moverse. Os espermatozoides comezan a formarse nos testículos durante a puberdade. 

-Os óvulos son as células reprodutoras femininas. Tamén se chaman gametos femininos

Teñen forma arredondada, o seu tamaño é moito maior ca o dos espermatozoides e non teñen capacidade de moverse.

No momento do nacemento, as nenas teñen no seu aparato reprodutor un gran número de óvulos inmaturos.

Estas células madurarán na puberdade (estarán preparadas para ser fecundadas).


3.2.- A fecundación: é a unión dun óvulo e un espermatozoide nunha das trompas de Falopio (cada 28 días, aproximadamente, un ovario libera un óvulo, é arrastrado a través das trompas de Falopio cara ao útero). Se durante ese percorrido o óvulo se encontra cun espermatozoide, pode ser fecundado. A fecundación prodúcese cando o espermatozoide alcanza o óvulo e consegue entrar nel. 

A partir dese momento, o óvulo fecundado ou cigoto comeza a dividirse e recibe o nome de embrión. Cando o embrión chega ao útero, fíxase nas súas paredes, é dicir, implántase, e segue crecendo.

Video: A odisea da vida e vídeo curto: A vida en 9 meses


4.-O embarazo e o parto: O embarazo dura aproximadamente nove meses e termina co parto. Durante este tempo prodúcense moitos cambios, tanto no embrión como no corpo da muller.

-A formación da placenta:

Durante as primeiras fases do desenvolvemento do embrión créase un tecido na parede do útero onde se produciu a implantación. Este tecido, que se chama placenta, encárgase de captar o osíxeno e os nutrientes do sangue da nai. O cordón umbilical une a placenta co bebé e a través del viaxan os nutrientes e o osíxeno que capta a placenta.

Tamén se forma a bolsa amniótica. No seu interior está o líquido amniótico, que rodea e protexe o embrión.

-Do embrión ao feto:

Durante os nove meses que dura o embarazo, o embrión evoluciona e prepárase para o momento do nacemento. Os cambios máis importantes que ocorren durante este período son:

  • Primeiro trimestre. Durante os dous primeiros meses, aproximadamente, o cerebro do futuro bebé comeza a desenvolverse, o seu corazón latexa e aparecen uns pequenos vultos que, co tempo, serán os seus brazos e as súas pernas. Ao final do primeiro trimestre o embrión recibe o nome de feto. Nese momento ten xa formados os órganos, que comezan a funcionar, a excepción dos pulmóns, que se estrearán no parto.

  • Segundo trimestre. Neste período o feto xa pode oír, chupa o dedo, abre e cerra os ollos, e a súa nai comeza a sentir como se move.

  • Terceiro trimestre. nos últimos meses, o feto crece e gaña peso,no 8 mes xa entre dous quilos e medio e tres quilos. Os seus órganos maduraron, polo que está listo para poder vivir fóra do ventre materno. Os bebés que nacen antes dese momento considéranse prematuros e, xeralmente, necesitan coidados especiais despois do parto.

O parto: é o momento do nacemento do bebé e desenvólvese en tres etapas: a dilatación, a expulsión e o libramento.

  • Durante a dilatación, a zona do útero que se une á vaxina dilátase pouco a pouco ata alcanzar un diámetro duns 10 centímetros. Ademais, prodúcense contraccións rítmicas que empuxan o feto cara á vaxina.

  • A fase da expulsión consiste na saída do feto ao exterior a través da vaxina. (córtase o cordón umbilical). Despois duns segundos, o bebé inspira aire por primeira vez e chora.

  • O libramento é a última fase do parto. Nela prodúcese a saída da placenta ao exterior.

miércoles, 25 de noviembre de 2020

martes, 24 de noviembre de 2020

lunes, 23 de noviembre de 2020

Tema 3: A intervención do ser humano no medio

 TEMA 3: A intervención do ser humano no medio

Temporalización: a partir do 20 de novembro ate o 15 de decembro.

1.-A degradación do medio natural

-O ser humano modifica a redonda (a industrialización)

-A degradación ambiental por mor do aumento da poboación mundial. As accións humanas que máis degradan o medio son: a contaminación, a sobreexplotación e a deforestación. Debemos por iso tomar conciencia da protección e de preservar (coidar) a noso medio natural.

A contaminación: é a introdución de substancias prexudiciais no aire (emitir gases á atmosfera), a auga (verter residuos aos ríos ou mares) ou ao solo (abusar de pesticidas e fertilizantes químicos).

A sobreexplotación: consiste nun aproveitamento tan intenso dos recursos naturais que se poden esgotar (petróleo) ou impedir a súa normal reprodución (peixes).

A deforestación: é a destrución da superficie forestal por culpa da queima ou da corta dos bosques para obter madeira ou conseguir solo para a agricultura, a minaría e a gandaría.

2.-A necesidade de protexer o medio natural

-Como nos afecta a contaminación: Aos seres humanos (enfermidades, alteracións na pel, alerxias,..), aos animais , as plantas (contaminación do solo, aire e auga afectalle negativamente a todos os seres vivos). Perxudica seriamente a biodiversidade.

-Como reducir a contaminación; a nivel persoal, nacional (leis) e mundial (organizacións, tratados,..)

3.-A sobreexplotación de recursos naturais

-Explotacións sustentables dos recursos.

-Contribuír a sustentabilidade do planeta (as 3R= reducir o consumo, reutilizar os produtos, reciclar os refugallos)

4.-Reciclaxe dos residuos domésticos: orgánicos, reciclables, compostos, perigosos,

-Separar (recollida selectiva): colector amarelo, azul, verde, xenérico, punto limpo e marrón.

-Cadea de reciclaxe.

5.-O cambio climático (autocompletar, buscar información páxinas do libro: 52, 53 ou online,webs)

-Que é o efecto invernadoiro?

-Que é o cambio climático?

-Que causa o cambio climático?

-Cales son as consecuencias do cambio climático?.

6.-Os espazos naturais protexidos. 

-Os parques nacionais e naturais de España.

Exs: Naturais en Galicia (son 6): Illas atlánticas (Cíes, Ons, Sálvora,...), Baixa Limia-Xurés, O Invernadeiro e Serra da Enciña-Lastra (en Ourense), Aloia (Tui), Fragas do Eume (preto de Ferrol), Courel (Lugo), Monte Perdido e Ordesa, Picos de Europa, Doñana (río Guadalquivir), Tablas de Daimiel, Monfragüe, Serra Nevada, Teide,...Para saber máis neste enlace: Parques naturais e nacionais España

A).-Actividades e tarefas:

-Avaliación predictiva (na primeira semana).

-Completar guión e apuntamentos no caderno de área ate o 11 de decembro.

-Traballo investigación, presentación, exposición sobre temática da unidade (a escoller). Expresión ou recollida en diferentes formatos. Data tope o 20 de decembro. Formatos dixital (varias opcións de ferramentas) ou non: word, ppt, genially, imaxe, infografía, papel, cartolina A4, audio (podcast), pooplet, goconqr, ...

-Avaliación con: rúbrica e lista de cotexo, escala ou observación (rexistro).  Revisión caderno

martes, 17 de noviembre de 2020

Provincias e comunidades de España.

 Xogo interactivo de repaso sobre comunidades, provincias e cidades autónomas de España. Proba escrita o venres 27 de novembro


lunes, 9 de noviembre de 2020

Climas e hidrografía de España

 Aquí tedes as táboas dos climas, vexetación e as súas paisaxes e dos ríos de España da unidade 2: o medio físico de España. Son os contidos da proba escrita de finais de novembro.





RÍOS: (só os que están en negrita)

1.-Vertente cantábrica: "son ríos curtos e de caudal regular debido ao seu clima, latitude e cercanía ao mar Cantábrico do seu relevo". 

Pais Vasco: Bidasoa, Deba e Nervión (de leste a oeste)

Cantabria: Pas, Saja

Asturias: o Sella, Nalón, Narcea ,Navia e o Eo. (de leste a oeste)

2.-Vertente Atlántica: (de norte ao sur)

2.1.-Ríos galegos ( son curtos, caudalosos ou de réxime regular pola climatoloxía)

Galicia: Eo (fronteira Asturias con Galicia), Eume, Xallas, Tambre, Ulla, Umia, Lérez, Verdugo, Miño e o seu afluente o Sil)

2.2.-Ríos atlánticos (das Castelas e Andalucia). "Son os máis longos, caudalosos (caudal abundante).

-Douro: Nace nos Picos de Urbión. Afluentes: Esla (Zamora), Pisuerga (Tordesillas-Valladolid) polo lado dereito e Tormes (Salamanca) e Adaja polo lado esquerdo. Desemboca en Oporto (norte de Portugal) no océano Atlántico. Pasa por cidades coma: Tordesillas (Valladolid), Zamora. É o máis caudaloso de España.

-Texo: Nace en Serra de Albarracín (Teruel), e desemboca en Lisboa, capital de Portugal. Pasa por cidades coma Toledo. Afluentes: Jarama (polo lado dereito), Tiétar, Guadarrama, .É o río máis longo da Península Ibérica.

-Guadiana: nace en Ollos do Guadiana en Cidade Real (antes Lagunas de Ruidera). Afluentes: Cigüela, Jabalón, Zújar. Pasa por Badaxoz

-Odiel e Tinto (en Huelva-Andalucia) e Guadalete.

-Guadalquivir. Nace na Serra de Cazorla (Xaén).Pasa por Córdoba e Sevilla e desemboca en Sánlucar de Barrameda (Cádiz). Afluente: o Genil (polo lado esquerdo), Guadaira, Guadalimar, Jándula, Bembézar

3.-Vertente mediterránea: (de sur a noreste, de Andalucía a Cataluña)

1.-Guadalhorce (Andalucia), Vélez, Almanzora,

2.-Segura (Murcia)

3.-Xúcar (Cullera- Comunidade Valenciana)

4.-Turia (Valencia - C. Valenciana)

5.-Ebro: nace en Cantabria, no Pico Tres Mares e desemboca en Amposta (Tarragona, formando un delta). Afluentes: Aragón, Gállego, Cinca e Segre (polo lado esquerdo), e Jalón (polo lado dereito). Pasa por Logroño, Zaragoza. É o río máis longo de España.

6.-Llobregat (preto de Barcelona)

7.-Ter (en Xirona)

Ficha repaso relevo e hidrografía de España (T2) 6ºEP

 

Relevo de España, ficha interactiva de repaso T2

jueves, 29 de octubre de 2020

Tema 2 O medio físico de España

T2: O medio físico de España

Esquema ou guión do tema:

1.-O relevo de España

    1.1.-Unidade de relevo: tres grandes grupos

        1.1.1.-Unidade interiores

        1.1.2.-Unidades exteriores

        1.1.3.-Unidades do relevo insular: illas Canarias e as illas Baleares

2.-O relevo costeiro. Penínsular e insular.

3.-Hidrografía: ríos, lagos e encoros.

    3.1.-Vertente cantábrica

    3.2.-Vertente atlántica

    3.3.-Vertente mediterránea

4.-Clima, vexetación e a paisaxe.

    4.1.-Clima atlántico ou oceánico

    4.2.-Clima mediterráneo continental

    4.3.-Clima mediterráneo típico

    4.4.-Clima de alta montaña

    4.5.-Clima subtropical.

5.-Comunidades e provincias de España (opcional)

Tabla resumo do tema 2 sobre o relevo peninsular e insular de España



Para practicar e repasar o relevo tedes este genially: O relevo de España

A proba escrita sobre o medio físico de España, é dicir, do tema 2 de Sociais, recordade que será o a finais de novembro, na derradeira semana, posiblemente o mércores 25 ou o venres 27 de novembro. Xa concretaremos a data próximamente.