lunes, 25 de marzo de 2013

Tareas da proba tema 9 "O sistema solar"

Este xoves 21 pasado fixeron a proba escrita do tema 9. Foron 5 preguntas tipo tema ou subtema para desenrolar (capacidade de sintese,estructuración da información,vocabulario,comprensión e expresión escrita será o que se valore).
Un dos obxectivos desta proposta de proba escrita é:
-"Favorecer o desenrolo de técnicas para organizar, memorizar e relacionar a información, e para autoavaliar o avance na aprendizaxe".
9. Conocer las dos propiedades generales de la materia y algunos procedimientos y
Son preguntas tipo de desenrolo dunha temática concreta.Comezan todas por definicións, características,e algún debuxo.Ex: Hidrosfera: o contido sería: que é?,características ou partes e un debuxo!!.de acordo?

Esta puntuación queda para a 3ª avaliación,así comezaremos o 3º trimestre co tema 10 ata o 15 si dese tempo.Evidentemennte non faremos todos los temas, haberá algúns que traballaremolo con proxectos ou de xeito cooperativo.
Aqueles alumnos que non obtiveron unha boa calificación ou tiveron algunha dificultade cos contidos deberán facelo nestes días de vacacións na libreta e consultando o blog. Levaron a proba para casa para traballar con ela e elaborar aquelas preguntas que están erróneas ou incompletas!!.
A volta de vacacións o 2 de abril comprobarei o seu resultado.


martes, 12 de marzo de 2013

Plan Lector Infantil-Primaria

Nesta páxina web podedes acceder o plan lector do colexio Benedicto XIII de Illueca de Aragón.
Resulta moi interesante para a mellora e tratamento das dificultades de aprendizaxe da área lingüística.
Hai exercicios para practicar tanto na casa como no centro, e é unha ferramenta moi útil para todo o profesorado relacionado co apoio, audición e linguaxe ou pedagoxía terapeútica, a hora de tratar a velocidade lectora e a comprensión lectora.

PLAN LECTOR:

Illueca Aragón: Plan lector


lunes, 11 de marzo de 2013

O SISTEMA SOLAR E A TERRA

TEMA 9: O SISTEMA SOLAR E A TERRA

Estructura do tema é a seguinte: (4 partes)


1.-Sistema solar: 

-O Sol: é a estrela máis próxima á Terra.Masa xigante de gases (H).Ten moita enerxía,Tª alta.Luz e calor.

-Planetas: son astros (8) que non teñen luz propia e xiran sobre si mesmos arredor do sol.
e satélites (astros que non teñen luz propia e xiran sobre os planetas).

*Planetas Interiores: os máis próximos ao sol.Pequenos,sólidos,rochosos e densidade alta.Mercurio,Venus,Terra e Marte.

*Planetas Exteriores: máis afastados do sol.Máis grandes,gasosos (H,He).Teñen satélites.Densidade baixa: Xúpiter,Saturno,Urano e Neptuno.

.-Outros astros do sistema solar:

*Asteroides (cinto de asteroides,grandes rochas arredor do sol entre Marte e Xúpiter).

*Meteoritos:son asteroides que entran en contacto coa Terra e chocan coa súa superficie, onde se queiman e forman estrelas fugaces.


*Cometas: masas de xeo e rochas, xiran arredor do sol.Proceden de a Nube de Oort e o Cinto de Kuiper.



2.-A Terra e a Lúa

-A terra: grazas as súas condicións apareceu a vida: Tª (15º),Osíxeno (atmosfera)),Auga
Ten os movementos de rotación (sobre o seu eixe, 1 día, 24 h.Días e noites) e traslación(arredor do sol, un ano.365 días).As estacións.

-A lúa: é o satélite da Terra.(110º e -150º) movementos rotación( sobre si mesma 28 días) e traslación (.
28 días, mes lunar)(Chámase órbita capturada, forza de gravidade mútua, subida e baixada do mar, mareas, a Lúa frea un pouco a rotación (a lonxitude dos días crece un segundo cada 50.000 anos)).



3.-As partes da Terra

-A atmosfera: capa gasosa(nitróxeno, osíxeno,auga).Troposfera (vida) e Estratosfera (ozono)

-A hidrosfera: augas do planeta: estado sólido(glaciares,neveiros)e liquido (mares,rios,lagos,nubes,manantiais,augas subterráneas..)

-A xeosfera: parte sólida (3 capas: Codia (solo), Manto (rochas fundidas,intermedia), Núcleo(Fe,minerais).



4.-As representacións da Terra: grazas aos satélites artificiais.

-Globo terráqueo:esfera a escala real.Proporcional ao seu tamaño real.

-Planisferio: mapa da Terra nun plano, aparecen deformados.Da esfera a un plano.

Liñas imaxinarias para localizar un punto:

*Ecuador: é unha circunferencia imaxinaria que rodea a Terra.Dividea en dous hemisferios ou metades.

*Paralelos: son circunferencias imaxinarias paralelas ao ecuador (en grados).

*Meridianos: son circunferencias imaxinarias que pasan polos Polos. M.Greenwich 0º

Grazas aos paralelos e meridianos localizamos un punto coas súas coordenadas xeográficas.Utílizanse dúas distancias que se miden en graos son a:


-Latitude: relacionada cos paralelos.Partindo do Ecuador indica os graos que hai cara o norte ou ao sur.Ex: 90 º N.

-Lonxitude: Ten relación cos meridianos, graos que hai cara o leste ou oeste.
Ex: Menorca 40º N ((latitude)-4º L (lonxitude).


Lineas imaxinarias: Ecuador, paralelos e meridianos (esquerda (=oeste) menos horas, dereita (=este) + horas)
 

lineas imaginarias

Estas lineas son: o eixe terrestre, o ecuador, os paralelos, meridianos, trópicos e círculos polares.
Eixe terrestre: trátase da linea imaxinaria na cal a terra xira arredor do sol, vai dende o polo norte ata o polo sur.
O ecuador: é o circulo que divide á terra en dous hemisferios o norte e o sur, tamén se lle coñece como o paralelo 0.
Paralelos: son lineas paralelas ao Ecuador, a súa utilidade é expresar a altitude terrestre e os principais son: Ecuador, Trópico de Cáncer, Trópico de Capricornio e os círculos polares Ártico e Antártico.

Meridianos: son semicircunferencias que teñen comezo e fin nos polos, o máis importante é o de Greenwich e divide á terra en hemisferio occidental y oriental.(oeste/este)
Trópicos: están situados a 23º e 27 º ao norte e ao sur do Ecuador, recibindo o do norte trópico de Cáncer e o do sur trópico de Capricornio.
Círculos polares: son os paralelos situados a 66º e 33º latitude norte e sur, reciben o nome de Ártico no norte e no sur Antártico Norte.

 




1.- Planetas: sistema solar






Para saber máis!!!:

O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoniaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".
O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoniaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.


A Nube de Oort foi proposta polo astrónomo holandés Jan Hendrik Oort (1900-1992) en 1950 como explicación á existencia dos cometas de período longo, tratándose dunha vasta rexión esférica que envolve o noso Sistema solar á unha distancia de 100.000 ata 55.000 UA(=150 millóns de kms) do Sol, e que está composta de po e mais duns 100.000.000.000 de núcleos cometarios que, ocasionalmente, lánzanse en dirección ao Sol en virtude dalgunha perturbación na súa órbita.
Moito alén da órbita de Plutón, a medio camiño da estrela máis próxima está o limite do Sistema Solar. Esa rexión esférica, que se estende nun radio de 3 anos luz, ou sexa, 30 billóns de quilómetros do Sol non está baleira, senón que contén 6 billóns de pedras de xeo de diversas dimensións. Jan H. Oort verificou que os cometas de longo período viñan dunha rexión situada de 20.000 a 100.000 UA do Sol e previu que o Sistema Solar estaba rodeado por unha nube composta de miles de millóns de cometas. Ata hoxe ninguén viu a nube de Oort, esa xigantesca rexión esférica que abriga cometas e outros resíduas da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar.


http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/archive/1/12/20050919084845%21Oort_cloud_Sedna_orbit.jpg

Ninguén mediu o seu tamaño, a súa densidade ou contou o número de obxectos que aló existen. Probabelmente non será feito nun futuro próximo pois os corpos sitúanse a distancias moi grandes e son moi pequenos para seren detectados polos instrumentos existentes. Mais os científicos teñen a certeza de que existe. Ela é totalmente diferente das outras rexións do Sistema Planetario que contén restos da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar. Mentres que os corpos do anel de asteroides, situado entre Marte e Xúpiter, e da nube de Kuiper, situada logo despois da órbita de Netuno, están confinados ás proximidades do plano da Eclítica, os da nube de Oort están espallados en todas as direccións. É ben probable que exista maior aglomeración (5 billóns) nas proximidades do plano da Eclítica e o restante (1 billón) espallados aleatoriamente.
Os científicos estiman que a masa total de obxectos na nube de Oort debe ser da orde de 40 masas Terrestre. Para explicar a variada composición química dos cometas os científicos din que esa materia debe ter se formado a diferentes distancias do Sol e, polo tanto en locais con diferentes temperaturas. A temperatura na nube de Oort debe ser de -269° C, ou sexa 4° C por riba do cero absoluto.
Aló nas profundidades desa nube a acción gravitacional do Sol é tan fraca que os corpos están suxeitos á perturbacións debido a estrelas que pasaren nas proximidades do Sol, á mareas galáticas ou pola pasaxe do Sol por nubes intergalácticas, e con iso se precipitaren na dirección do Sol.
Os científicos aínda buscan resposta a algunhas preguntas:
  • Porque todo no Sistema Solar ten forma de disco e a nube de Oort é esférica?
  • Se a acción gravitacional do Sol é inexistente a esas distancias, por que os cometas caen na dirección do Sol?
  • Se cada poucos millóns de anos pasa unha estrela próxima do Sol; dentro de 1,36 millóns de anos a estrela Gliese 710 pasará a un ano luz do Sol; porque os encontros anteriores non quitaron xa todos os corpos de aló?.

2.- A TERRA E A LÚA











     

     


    Con esta imaxe podemos ver a distintas fases lunares nos seu movemento arredor da Terra, a situación nos 28 dias e como a vemos dende a Terra.

    As fases lunares (nos 28 dias) non son máis que as distintas aparenzas que toma a iluminación de este astro para un observador dende a T
    Os cambios son cíclicos e van a depender do movemento orbital da luna arredor do noso planeta..
    Salvo nos eclipses lunares, a metade dela permanece iluminada polo Sol, pero para o que observa ese brillo pode variar dun 100 % ―llamado lúa chea― ata un 0 % ―lúa nova..
    Nomes das distintas fases lunares
    Lúa nova: Tamén chamada Novilunio. Esta lúa non é visible pois a cara que vemos non é alumeada polo Sol.
    Lúa crecente: Chámase tamén lúa nova visible. É unha lúa a camiño entre a lúa nova e o cuarto crecente. Ten forma de gadaña.
    Cuarto crecente: É cando a lúa luce coma un círculo partido xusto á metade, unha parte iluminada e a outra oscura.
    Lúa chea: Tamén chamada Plenilunio. A lúa parece no ceo coma un círculo totalmente brillante.
    Cuarto menguante: Na mesma dirección, a lúa volve a ser un círculo partido á metade pero contrario ao cuarto crecente.
    Lúa menguante: As veces dise “Lúa Vella”. A súa imaxen é idéntica á de crecente pero inversa, tamén con forma de gadaña.
    Lúa negra: É a última fase da lúa, que da comezo novamente ao ciclo.




     
3.- PARTES DA TERRA









VIDEOS EDUCATIVOS


O sistema solar: videos









A terra: Movementos de rotación e traslación!!! Videos




1.- Movementos da terra 

2.-Estacións:





As estacións: explicacións:





 

Capas da terra:


 





E aqui o video profe virtual!!!
Moi intersante!!!tedes o voso profe persoal para explicarvos o tema (única pega é que está en castelán)!!!


 






 


ASTRONOMÍA

Aprendemos ASTRONOMIA!!!, web moi intersante para saber máis de astronomía!!
Preme aqui debaixo:
Aprender a aprender: Astronomia









    Os inventores: Leonardo da Vinci



    Continuando co tema dos avances técnicos estivemos a ver estes debuxos animados da serie "Érase unha vez os inventores", sobre Leonardo da Vinci.
    Son moi interesantes para coñecer dun xeito lúdico a valía e curiosidade de Leonardo.Consta de tres capítulos , aquí deixovos dous.
    Estivemos a velos na aula o venres 8 de marzo.

     Video Parte I
     


    A segunda parte de Leonardo da Vinci:



    Documental da BBC sobre Leonardo tamén aqui:



    Outro documental sobre Leonardo da Vinci:



    Video feito por escolares sobre Leonardo:debuxos animados para nenos!!.



    Máis!!
    E neste enlace podedes ver os manuscritos de Leonardo da Biblioteca Nacional de España.Están en formato interactivo. Realmente moi moi interesante!!!!.Olladeo!!!.


    Preme aquí debaixo!!
    Leonardo da Vinci Libro Interactivo



    Foto tornillo aéreo de Leonardo da Vinci.

    Un artesán xogueteiro (Antonio Barrios) de Villar dos Barrios (León) realizou un carrousel ou tio vivo con inventos de Leonardo da Vinci.
    Preme aquí!! ( tiovivodavinci.Carrousel-de-leonardo )




    Leonardo da Vinci: inventor , "curioso", un xenio.

    Para saber un pouco máis!!!. Quen foi?
    Leonardo da Vinci nado en Anchiano,Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci,en 1452 e finado en Amboise (Francia)  1519 foi un artista florentino destacado en diferentes eidos: pintorarquitectoenxeñeirocientíficoescultorinventorurbanista,matemático e escritor icona do Renacemento italiano.
    Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacementoxenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.
    É máis coñecido como pintor, sendo dúas das súas obras máis soadas, A Gioconda e A Última Cea, copiadas e parodiadas en varias ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio (, é un famoso debuxo acompañado de notas anatómicas realizado ao redor do ano 1492 nun dos seus diarios. Representa unha figura masculina espida en dúas posicións sobreimpresas de brazos e pernas e inscrita nun círculo e un cadrado. Trátase dun estudo das proporcións do corpo humano, realizado a partir dos textos de arquitectura de Vitruvioarquitecto da antiga Roma, do cal o debuxo toma o seu nome.Tamén se coñece como o Canon das proporcións humanas. que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados). 
    Porén, só se coñecen unha quincena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas.
    A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o claroscuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.
    Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), posto que a maioría non eran realizables aínda nesa época.Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas de anatomía, a enxeñería civil, a óptica e a hidrodinámica.
    No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.



    A esquerda: Imaxe de Leonardo na Galeria Uffizi, en Florencia


    A Gioconda