lunes, 11 de marzo de 2013

Leonardo da Vinci: inventor , "curioso", un xenio.

Para saber un pouco máis!!!. Quen foi?
Leonardo da Vinci nado en Anchiano,Toscana, (República de Florencia), preto de Vinci,en 1452 e finado en Amboise (Francia)  1519 foi un artista florentino destacado en diferentes eidos: pintorarquitectoenxeñeirocientíficoescultorinventorurbanista,matemático e escritor icona do Renacemento italiano.
Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacementoxenio universal, ademais de filósofo humanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu.
É máis coñecido como pintor, sendo dúas das súas obras máis soadas, A Gioconda e A Última Cea, copiadas e parodiadas en varias ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do Home de Vitruvio (, é un famoso debuxo acompañado de notas anatómicas realizado ao redor do ano 1492 nun dos seus diarios. Representa unha figura masculina espida en dúas posicións sobreimpresas de brazos e pernas e inscrita nun círculo e un cadrado. Trátase dun estudo das proporcións do corpo humano, realizado a partir dos textos de arquitectura de Vitruvioarquitecto da antiga Roma, do cal o debuxo toma o seu nome.Tamén se coñece como o Canon das proporcións humanas. que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados). 
Porén, só se coñecen unha quincena das súas obras, debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica. Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas.
A pegada de Leonardo na historia da arte europea é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o sfumato e o claroscuro, tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.
Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o helicóptero, o carro de combate, o submarino e o automóbil. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable), posto que a maioría non eran realizables aínda nesa época.Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas de anatomía, a enxeñería civil, a óptica e a hidrodinámica.
No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.



A esquerda: Imaxe de Leonardo na Galeria Uffizi, en Florencia


A Gioconda

No hay comentarios:

Publicar un comentario