martes, 29 de noviembre de 2016

Repaso Tema 2 A nutrición (aplicación nearpod)

Creada unha lección do tema 2 de Ciencias da Natureza A Nutrición para 6º curso coa apliación nearpod. Xa veredes como funciona cos ipads na aula estos días. Serve para estudar e introducir o tema tamén.
https://share.nearpod.com/vsph/qNISanZMLu

viernes, 25 de noviembre de 2016

Proba escrita Tema 2 C.Sociais

O xoves, 1 de decembro, haberá a proba escrita do tema 2 O relevo de España. Os contidos que corresponden a:

-Unidades de relevo, sistemas, serras, picos, depresións, etc. de España.
-Hidrografía de España: ríos das tres vertentes, características xerais.
-Climas de España: tipos, características, vexetación e paisaxes. Comentario dun climograma dunha cidade española.
- A España política: Provincias e Comunidades Autónomas de España, ademáis das cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

A proba consiste en dous mapas mudos, e varias preguntas curtas ou dun apartado do tema.
Un comentario climático a partires dun climograma dunha cidade de España.

A evaluación deste tema inclúe:
-Libreta
-Proba escrita
-Recollida de mapas e puntuación deles.
-Esquema da unidade.
-Presentación da hidrografía  ben en word, PPT, cartolina etc...(xa comentado na aula).A entregar ata o 12 de decembro.

domingo, 20 de noviembre de 2016

martes, 15 de noviembre de 2016

O RELEVO DE ESPAÑA.TEMA 2

Aquí os deixo os apuntes do relevo de España correspondentes ao tema 2 de Ciencias Sociais. Está feito coa aplicación Mindomo que xa vos expliquei hoxe na clase.Intentade facer un vos.Animo!!.
https://www.mindomo.com/es/mindmap/o-relevo-de-espaa-t26-95364272d18f417d980592f806283ef8


viernes, 30 de septiembre de 2016

Probas escritas Temas 1 de C.Naturais e C. Sociais (outubro 2016)

Como xa comentamos na aula nos días pasados, teremos proximamente as probas escritas dos temas 1 de Naturais e Sociais, é dicir "Os seres vivos" de Naturais e " O medio físico de Europa" en Sociais.

O martes 18: tema 1 de C. Naturais. Avaliarei a maiores o traballo elaborado co material alternativo da célula.

O xoves 27: Tema 1 de C. Sociais. Haberá tamén un tarefa sobre Europa en equipos cooperativos .Partes a estudar: Punto 1, 3, 5 e as paisaxes

martes, 27 de septiembre de 2016

Apuntes Tema 1 Os seres vivos

Os seres vivos
1.-Os seres vivos
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macroscópicos.

2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal

3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares


1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutriciónrelación e reprodución.


NutriciónA función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía. 
Relación : a función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar antes eles.
Reprodución: permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles.


:
Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.
función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).
función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos núcleo.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos parede celular
Partes da célula:
  • membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación. 
  • citoplasmocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos
  • Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía. 
  • O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
  • Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes. 
  • parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
As células dun mesmo tipo agrúpanse formando tecidos
Tipos de células:
Células nerviosas                         Células musculares                       Células epiteliais

As células nerviosas son estreladas e con prolongacións. Estas células encárganse de establecer conexións e de transmitir información a todas as partes do corpo.
As células musculares teñen forma alongada. Estas células, e os tecidos que forman, contráense e estíranse. Isto permite que os músculos se movan.
As células epiteliais adoitan ser aplanadas. Estas células planas recobren determinadas zonas do corpo, como a pel. Illano corpo e protéxeno.
4.-Fungos, algas e protozoos.
Os fungos son seres vivos que nalgúns aspectos se parecen ás plantas e noutros se parecen aos animais. Non son capaces de desprazarse, como lles ocorre ás plantas. Ademais, non poden fabricar o seu propio alimento e, polo tanto, non necesitan a luz do sol para alimentarse, como tampouco a necesitan os animais.
Para reproducirse os fungos producen esporas.
Segundo a súa estrutura podemos distinguir distintos tipos de fungos: fungos con cogomelos, mofos e fermentos.

Fungos con cogomelos

Os fungos con cogomelos son seres pluricelulares. As súas células agrúpanse formando uns longos filamentos que se chaman hifas.
O cogomelo é a parte destes fungos que vemos sobre o solo. Nel prodúcense as esporas. Algúns destes fungos son comestibles, como os champiñóns, e outros son moi velenosos.

Existen fungos pluricelulares, como os cogomelos e os mofos, e unicelulares, como os fermentos.
Os fungos non posúen nin tecidos nin órganos. Non fabrican o seu alimento, senón que se alimentan de restos doutros seres vivos. Ademais, os fungos, igual que lles ocorre ás plantas, non poden desprazarse.

Mofos

Algúns fungos pluricelulares non producen cogomelos, senón que as hifas forman agrupacións con aspecto de algodón. Os mofos viven sobre restos de seres vivos e sobre a materia en descomposición, como por exemplo, a froita estragada.
Dalgúns mofos pódense obter antibióticos, como a penicilina.

Fermentos

Existe un tipo de fungos microscópicos que se chaman fermentos. Os fermentos son fungos unicelulares. Non forman hifas e, polo tanto, non teñen o aspecto filamentoso que teñen os mofos. Como son unicelulares, tampouco forman cogomelos.

Os fermentos úsanse na industria alimentaria para a elaboración do pan, do queixo ou do viño.


Os protozoos e as algas

As amebas pertencen ao grupo dos protozoos.
Os protozoos, como os paramecios ou as amebas, son seres vivos unicelulares tan pequenos que non podemos velos a simple vista, nin sequera cunha lupa. Para observalos utilizamos o microscopio.
As algas poden ser unicelulares e pluricelulares. As células das algas pluricelulares non forman verdadeiros tecidos.

As bacterias

As bacterias son seres unicelulares. A maioría teñen parede celular pero carecen de membrana nuclear, polo que o material do núcleo se encontra disperso no citoplasma. Algunhas son beneficiosas, como as que transforman o leite en iogur, e outras, causan enfermidades.

5.-CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Para clasificalos utilízanse criterios como o tipo de alimentación e a estrutura das células. Segundo estes criterios existen cinco reinosplantasanimais, fungosalgas protozoos, e bacterias
As células do reino das bacterias diferéncianse do resto porque o seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana.


Apuntes Tema 1 Os seres vivos

Os seres vivos
1.-Os seres vivos
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macrocóspicos.

2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal

3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares


1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutriciónrelación e reprodución.


Nutrición
A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía. 

Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.

Relación

función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).

Reprodución

función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos núcleo.
  • membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación. 
  • citoplasmocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos
  • Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía. 
  • O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos parede celular
  • Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes. 
  • parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
:
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
As células dun mesmo tipo agrúpanse formando tecidos
Tipos de células:
Células nerviosas                         Células musculares                       Células epiteliais

As células nerviosas son estreladas e con prolongacións. Estas células encárganse de establecer conexións e de transmitir información a todas as partes do corpo.
As células musculares teñen forma alongada. Estas células, e os tecidos que forman, contráense e estíranse. Isto permite que os músculos se movan.
As células epiteliais adoitan ser aplanadas. Estas células planas recobren determinadas zonas do corpo, como a pel. Illano corpo e protéxeno.


5.-CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
Para clasificalas utilízanse criterios como o tipo de alimentación e a estrutura das células. Segundo estes criterios existen cinco reinosplantasanimais, fungosalgas protozoos, e bacterias
As células do reino das bacterias diferéncianse do resto porque o seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana.



viernes, 3 de junio de 2016

Presentación de proxectos de España no s.XIX. Xuño 2016

Dende o martes 7 de xuño faremos a exposicións e debates sobre os proxectos de historia de España no s.XIX. por equipos cooperativos. Valorarase a exposición, o traballo previo, a investigación,a rigurosidade... cunha rúbrica indiviudal e por grupo.Asi mesmo a recollida de información, o esquema da unidade e os exercicos na libreta.
Haberá unha ficha para a avaliación escrita o martes 14 de xuño.

jueves, 2 de junio de 2016

Esquema España no S. XIX parte 1.Proba

Aquí tedes un pequeno esquema ou resumo da historia de España no s. XIX. Dende finais XVIII, Revolución Francesa 1789 ata 1868 (reinado de Isabel II).

A proba escrita do tema 8 será na semana do 9 ao 15 de xuño. 
Haberá tamén unha ficha de traballo individual do tema 9 para elaborar coa axuda de libro de texto e o netbook. Así como outras ferramentas audiovisuais.

martes, 24 de mayo de 2016

Rúbrica exemplo dun proxecto

Para avaliar proxectos,productos ou tarefas emprego este tipo de recursos para avaliar eu, autoavaliación deles e o que ou para o que se precise.Deixovos aquí unha tipo que elaborei para C.Sociais e C.da Natureza neste curso.

lunes, 2 de mayo de 2016

Temporalización C. Natureza e C. Sociais: maio 2016. Reválida 6º

Ciencias da Natureza 6º: Reválida 6º
Maio (Preparación, repaso para a proba final ou reválida de 6º da Lomce, que será os días 11, 12 e 13).
A proba de ciencia e tecnoloxía está prevista para o xoves 12 de maio a partires das 12 da mañan. Ditas probas só serán feitas en horario de mañan.

Temporalización:
A finais de abril rematamos o tema 5 e adicamos tempo a repasar os contidos do mesmo e tamén os contidos do resto do curso.Fixemos tamén unha proba estándar de avaliación final do MEC, que nos serviu para recordar e preparar a proba do 12 de maio.
Os contidos son vistos foron entre outros:
A materia. Cambios de estado: sólido, líquido e gasoso. Mesturas: homoxéneas, heteroxéneas.Separción de mesturas: Evaporación, condensación, licuación, solidificación. Cambios químicos. Fermentación, oxidación, combustión.Dilatación e contracción.
A enerxía: A luz e o calor. (Propiedades).Comportamento da materia ante a luz (materiais transparentes, traslúcidos e opacos. Reflexión e refracción. Luz e cores) e ante o calor (dilatción, contracción, cambios de estado). Fontes de enerxía (renovables e non renovables).
Máquinas simples e compostas.
A electricidade. Magnetismo.Circuitos eléctricos: elementos. Xerador (pila, bateria..), cables, receptores, interruptores..Tipos de cargas: positivas, negativas, neutras..
Os reinos dos seres vivos: Animal, vexetal, fungos, protozos e algas, baterias. As plantas.
As funcións vitais: nutricción, relación, reproducción..Órganos, aparatos,
A saúde. Enfermidades. Avances na mediciña. Primeiros auxilios...

Temario 6º
Tema 5:" A materia e a enerxía".(maio)
-Actividade feita no caderno: Rematado o tema, esquema e resumo. Valoración e comprobación da tarea realizada e finalizada (revisión de cadernos a semana do 16 ao 20 de maio).
-Continuación da presentación por equipos cooperativos de experiencias, experimentos e prácticas de laboratorio sobre a materia, cambios de estado, cambios químicos,....(ao longo do mes de maio).Taller de ciencias.
-Visionado de videos sobre a luz e as súas propiedades e o calor, ben dende o blog ou outras plataformas.

Tema 6: "A electricidade e o magentismo". (maio-xuño)
Comezamos este tema a finais de abril para repasar tamén os contidos da proba final de 6º da LOMCE.
Lectura e explicación do tema. Comprobando e recordando o que sabemos ou coñecemos da electricidade e o magnetismo visto tamén, o ano pasado, no 5º curso.
-Elaboración individual no caderno dos apuntes ou esquema da unidade.(ata finais de maio)
-Construcción dun circuito por equipos, grupos, parellas ou individualmente para expoñer e presentar aos compañeiros. Haberá unha exposición de todos os circuitos dos tres cursos de 6º.(ata finais de maio) e ademáis se poderá crear un video con móbil ou tablet sobre o traballo feito ou construído .
-No caderno: actividades prospostas do libro.
-Revisión cadernos na 3ª semana de maio e na 2ª semana de xuño. Avaliación do mesmo.

-Ficha de avaliación a primeiros de xuño sobre os temas 5 e 6.


ALGÚNS APUNTAMENTOS PARA RECORDAR!!!. 
TEMA 5


Combustión: Cambio químico brusco que ocorre cando unha substancia se combina co osíxeno. No proceso despréndese luz e calor. 
Fusión: Cambio de estado no que a materia pasa de sólido a líquido.
Oxidación: Cambio químico que ocorre cando unha substancia se combina co osíxeno e forma outra substancia distinta chamada óxido.









lunes, 28 de marzo de 2016

Tema 6 A Industrialización

Ciencias Sociais 6º Curso:
Temporalización: 29 de marzo ao 22 de xuño 2016.

Dende finais do século XVIII ata o século XIX.( anos 1700-1899).
Tema 6 A industrialización.
1.-A revolución agrícola e industrial.
-As transformacións agrícolas:rotación de cultivos, fertilizantes,chegada de productos de América (patata, millo...)
-O nacemento da industria: novas máquinas como a de vapor. Melloras no transporte (ferrocarril).Fábricas, novas fontes de enerxía (carbón) e no s.XIX motores de gasolina (petróleo, coma en coches e avións).Aumento da mecanización, do transporte de mercadorías....
-O crecemento da poboación: mellor alimentación, aumento de poboación e éxodo do rural ás cidades.

2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo
-Nova organización social: nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).

3.-As cidades industriais.Características:novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento.Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)

4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..). 
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.

Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros,arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)

O cine:xurde a finais do s.XIX. Aproveitaremos este arte para tratar o tema 6
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delicuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.







domingo, 27 de marzo de 2016

Temporalización 3ª Avaliación

Ciencias da Natureza 6º Curso:
Temporalización 3º Trimestre do 29 de marzo ao 22 de xuño 2016.
Temas 5 e 6.

TEMA 5:  "A MATERIA E A ENERXÍA"
Este tema irá integrado no proxecto II do horto escolar "Invernadoiros".
-Haberá dúas probas escritas moi sinxelas.
-A presentación do proxecto.
-A valoración da libreta coas actividades propostas e os apuntes.(Debe estar completa, ter orden, limpeza, caligrafía e puntuación, e valorase tamén a ortografía...).
-Esquemas ou apuntes das unidades para os dous temas do trimestre.
-Proxecto de video tutoriais por equipos cooperativos. (Metodoloxía Mobile learning e clase inversa).
-Fabricación de elementos para o horto escolar con materiais de refugallo.

APUNTES:
5.1.-A materia.
5.2.-As mesturas. Métodos de separación.
5.3.-Os cambios físicos e químicos das materias.
5.4.-A luz e o calor (formas de enerxía).
5.5.-Comportamento da materia ante a enerxía.

1.-A materia: 
materia forma todo o que existe no universo. Todo o que nos rodea, e incluso o noso corpo, está formado por materia, que ten masa e volume. Pero na natureza, a materia non sempre se presenta no mesmo estado.
Os estados da materia:
En xeral, ao noso redor podemos encontrar a materia en tres estados sólidolíquido ou gasoso.
SólidoA materia en estado sólido, como o xeo, ten forma propia e ocupa sempre o mesmo espazo, é dicir, mantén o seu volume.

LíquidoA materia en estado líquido, como a auga, carece de forma propia, xa que adquire a do recipiente que a contén, pero mantén o seu volume. 

GasosoA materia en estado gasoso, como o vapor de auga, non mantén a súa forma, xa que se adapta á do recipiente que a contén, e tampouco mantén o seu volume.


TEMA 6 "A ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO".
A mesma metodoloxía e avaliación co tema anterior.


martes, 22 de marzo de 2016

Día Mundial da Auga: A auga e o emprego". 22 de marzo 2016


Tomar auga nos da vida, pero tomar conciencia daranos AUGA!!.

A volta de vacacións de Semana Santa adicaremos un día a sensibilizar e concienciar da importancia de facer un uso responsable da auga.

Reflexión:
A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, xogan un papel clave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.

Video oficial do Día Mundial da Auga 2016: "A auga e o emprego".

A auga significa emprego

A auga é un elemento esencial da vida. Pero é máis que esencial para acougar a sede ou a protección da saúde; a auga é vital para a creación de postos de traballo e apoiar o desenvolvemento económico, social e humano.

Hoxe en día, a metade dos traballadores do mundo (1500 millóns de persoas) traballan en sectores relacionados coa auga. Por outra banda, case todos os postos de traballo, con independencia do sector, dependen directamente desta. Con todo, a pesar do vínculo indisoluble entre o traballo e a auga, millóns de persoas cuxas vidas dependen do líquido elemento a miúdo non son recoñecidos ou protexidos polos dereitos laborais básicos.

A mellor auga, mellores empregos!!!.

lunes, 29 de febrero de 2016

Hoxe é o Día Mundial das Enfermidades Raras

Nestes días estamos a ver o Tema 4 "A saúde, un ben común", e xusto un dos puntos a tratar fala das enfermidades, o seus tratamentos e os avances na medicina. Hoxe é o Día Mundial das Enfermidades Raras, xusto, un día "raro" tamén. E por que?.Celebrouse a primeira vez o 29 de febreiro do 2008.
Vexamos:
Tamén hoxe é un día "raro" xa que estamos nun ano bisiesto (366 días, introducido polo emperador Xulio César fai 2062 anos y modificado polo Papa Gregorio XIII !!), hoxe é 29 de febreiro 2016, é dicir, non se repetirá ata dentro duns 4 anos xa que a Terra no seu momento de traslación tarda 365 días e 5 horas, 48 minutos e 45,5 segundos ( 365,25 días, por eso cada ano que se pode dividir entre 4 é bisiesto).Ver aquí debaixo

201629 febrero 2016
202029 febrero 2020
202429 febrero 2024
202829 febrero 2028
203229 febrero 2032
203629 febrero 2036
204029 febrero 2040
204429 febrero 2044
204829 febrero 2048
205229 febrero 2052
205629 febrero 2056
206029 febrero 2060


DÍA MUNDIAL DAS ENFERMIDADES RARAS:

“Curar enfermedades raras xa no é unha quimera, é unha certeza”

O investigador do CSIC Lluis Montoliu, experto en albinismo, cree que as novas ferramentas de manipulación do ADN son unha revolución para tratar estas patoloxías.

O mérito de este progreso  teñeno as novas ferramentas de manipulación do ADN, como o método CRISPR, que foi unha "auténtica revolución", en palabras do investigador, para poder modificar o xenoma humano e correxir genes relacionados coas enfermidades.

jueves, 11 de febrero de 2016

Proba escrita T4 de C.Sociais

A proba escrita do Tema 4 "Actividades económicas" será o luns 15 de febreiro.
Consta de dúas partes:
1.-Proba individual: Tres preguntas (do tipo análisis, comentario e comparación de gráficas de poboación activa ou non, sectores económicos, actividades económicas de España e Europa..) e realizar un comentario sobre un dos videos "Fabricando España", exemplo como os que están neste blog.

2.Proba conxunta grupal (por equipos cooperativos): análisis, comparación e estudo de gráficas sobre os tres sectores (primario, secundario, e terciario), así coma as actividades agrícolas, tipos de industrias e actividades, cultivos, turismo, grandes rexións europeas e españolas (industria e agricultura-gandería).

domingo, 24 de enero de 2016

Concurso de Ciencias da Natureza

Comeza esta semana o concurso de preguntas e respostas, "Quen sabe máis?" ,dos temas 2 e 3 por equipos cooperativos.
A primeira sesión será o martes 26 de xaneiro, xa que estamos a preparar e celebrar a Semana Escolar da Paz coa grabación do lib dub, talleres e manifesto o venres 29 as 12:00 h no pavillón do centro.A segunda sesión o mércores 27.

lunes, 18 de enero de 2016

T4: Sectores económicos en España

Este esquema está feito co word e calquera de vós pode facelo.Xa vos explicarei como facelo, xa que unha das premisas deste ano de Ciencias da Natureza e Sociais é, coñecer e saber facer esquemas, infografías ou resumes con este tipo de ferramentas tamén.Neste caso trátase do tema de Ciencias Sociais de 6º Sectores económicos de España.Xa vedes que está resumido esquemáticamente e cos datos máis importantes para mellorar e axudar a súa comprensión.Si sodes capaces de facelo así seravos moi útil para os sucesivos cursos e contidos. É necesario facer este tipo de tarefas e dominar estes recursos para o desenrolo da vosa capacidade intelectual.

Xa rematado na pantalla do ordenador, feito co WORD.

Impreso en papel en branco e negro.

miércoles, 13 de enero de 2016

Tema 4 C. Sociais
















SECTOR PRIMARIO:
O sector primario está formado por todas aquelas actividades que obteñen productos directamente da natureza (chamadas materias primas).



A importancia do sector Primario no ano 2004: (ver a imaxe de abaixo)
En Galicia e Extremadura, insignificante en Comunidades coma Madrid.










jueves, 7 de enero de 2016

Cambio Climático: Cumbre Paris 2015 (COP21)

Aqui tedes máis información sobre a reunión de decembro do 2015 en París sobre o cambio climático e a reducción da emisión de gases a partires do 2020, para evitar a suba da temperatura en menos de 2 grados.(efecto invernadoiro).
Leede nestea enlaces:

A enerxía do cambio (os retos da cume de Paris 2015)

Embaixada francesa en Madrid COP21

Wikipedia.org 

El pais. Cumbre del clima

Que podemos facer nós??
Medidas e iniciativas nosas