viernes, 25 de noviembre de 2016

Proba escrita Tema 2 C.Sociais

O xoves, 1 de decembro, haberá a proba escrita do tema 2 O relevo de España. Os contidos que corresponden a:

-Unidades de relevo, sistemas, serras, picos, depresións, etc. de España.
-Hidrografía de España: ríos das tres vertentes, características xerais.
-Climas de España: tipos, características, vexetación e paisaxes. Comentario dun climograma dunha cidade española.
- A España política: Provincias e Comunidades Autónomas de España, ademáis das cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

A proba consiste en dous mapas mudos, e varias preguntas curtas ou dun apartado do tema.
Un comentario climático a partires dun climograma dunha cidade de España.

A evaluación deste tema inclúe:
-Libreta
-Proba escrita
-Recollida de mapas e puntuación deles.
-Esquema da unidade.
-Presentación da hidrografía  ben en word, PPT, cartolina etc...(xa comentado na aula).A entregar ata o 12 de decembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario