miércoles, 4 de mayo de 2022

Tema 5 A materia 5º

 Tema 5 A materia, as forzas e a enerxía

1.- A materia e as propiedades

         1.1.-As propiedades da materia: xerais e específicas

         1.2.-Os cambios de estado da materia

                   1.2.1.-Os cambios físicos

                   1.2.2.-Os cambios químicos

         1.3.-Substancias

                   1.3.1.-Puras

                   1.3.2.-Mesturas

                   1.3.3.-Métodos de separación

    1.4.-Os materiais

                1.4.1.-Naturais

                1.4.2.-Artificiais

                1.4.3.-Propiedades

1.5.-As forzas e os seus efectos

1.6.-A enerxía. Formas. Fontes de enerxía    

1.7.-A luz

Actividades:

-Elaboración guión do tema no caderno.

-Lectura compartida do tema

-Lapbook no caderno da unidade. Debe estar cuberto, completo e con cor. Páxs 100, 101, 102, 104, 106 

-Esquema do tema.

-Debuxo dos cambios de estado e métodos de separación de mesturas no caderno.

-Proba escrita T5 ( entre 19 e 25 de maio). Os alumnos de 5ºA faranno o mércores 25 de maio ás 9.30 h. (Desde o punto 1 ata as enerxías. As forzas e a luz non entran.)

 

Apuntes:

1.-A materia: todo o que nos rodea está formado por materia e ten masa e volume que son as propiedades xerais. As propiedades específicas son as propias de cada materia (densidade, punto ebulición,...)

Masa: é a cantidade de materia (g. kg, ..o peso). mídese con balanzas, básculas

Volume: é o espazo que ocupa (l, ml, ..). Mídese con cubetas e probetas

1.2.-Os estados da materia:

1.2.1.-Cambios físicos: ocorre sen  cambiarse a súa composición. Poden ser reversibles ou irreversibles

Sólido: ten forma fixa e volume constante.

Líquido: non ten forma e volume constante

Gasoso: non ten forma nin volume constante.

1.2.2.- Cambios químicos ou reaccións químicas, ocorre cano a materia sofre un cambio na súa composición.

-Combustión: é unha oxidación moi rápida que desprende enerxía en forma de luz e calor.

-Fermentación: é o proceso polo cal algúns microorganismos (bacterias e fermentos) transforman un tipo de materia noutra, sen intervención de osíxeno.

-Oxidación: é a transformación dunha substancia noutra pola acción do osíxeno 

1.3.-As substancias. Poden ser:

1.3.1.-Puras: son aquelas formadas por un só compoñente (ex: ouro)

1.3.2.-Mesturas: formadas por dous ou máis substancias ou compoñentes (ex: macedonia, granito, paella, auga de mar, ...) 

         Poden ser: homoxéneas (non se distinguen os compoñentes a simple vista) ou heteroxéneas (distínguense ou diferéncianse os compoñentes a vista)

         1.3.2.1.- Métodos de separación de mesturas:

                   -Separación de mesturas homoxéneas: evaporación (disolución sólido e líquido) e a destilación (para separar dous líquidos de distinto punto                    de ebulición.

                   -Separación mesturas heteroxéneas: a filtración (líquido e sólido) e a decantación (separar dous líquidos de distinta densidade)

1.4.-Os materiais é a materia que se emprega para fabricalos. Clasifícanse atendendo a varios criterios. Poden ser:

         1.4.1.-Naturais: obtéñense das plantas, animais ou rochas e úsanse sen modificar a súa composición. (ex: madeira, algodón, granito, area,..)

         1.4.2.-Artificiais: fabrícanse a partir de materiais naturais e no proceso altérase a súa composición.(Exs: plástico, pintura, )

         1.4.3.-Propiedades

a).- Metais (cobre, ferro, ouro,..), son de orixe mineral. Bos condutores, moi resistentes, teñen brillo e son moi densos. Todos sólido excepto o mercurio en estado líquido. As aliaxes son mesturas homoxéneas de distintos metais, ou metal e outro material.(Exs: bronce= cobre+estaño, aceiro=ferro+carbono)

b).- Polímeros: Son illantes, da calor e da electricidade.Son lixeiros. Exs: plástico, seda, caucho (formado por monómeros, moléculas ).

c).- Cerámicos: Son bos illantes, moi duros e fráxiles (rotura).Exs porcelana, cemento, vidro, ladrillo. Obtéñense de triturar e mesturar outros compoñentes. 

d).- Grafeno: é un nvo material, flexible, lixeiro, moi duro, resistente e condutor  da electricidade e o calor. En ordenadores, cámaras, baterias.

1.5.- As forzas ( non entra na proba)

1.6.-A enerxía. Formas. Fontes de enerxía :

A enerxía é a responsable dde todos os cambios do noso arredor. Actúa sobre os corpos. Transfórmase unha en outra, transpórtase.

     1.6.1-As formas de enerxía: maniféstase de distintas formas, por ex: mecánica, química, eléctrica, sonora, térmica, luminosa.

               Mecánica: é a capacidade que ten un corpo de levar a cabo un movemento.

               Química: almacénase en substancias (como o petróleo ou alimentos, que se libera cando se queiman u oxidan.

               Eléctrica: prodúcese polo movemento de cargas eléctricas nalgúns materiais.

               Sonora: prodúcese ao vibrar un corpo e fai vibrar o medio que o rodea

               Térmica: é a que transmiten os corpos en forma de calor.

               Luminosa: é transportada pola luz. Emítena algúns corpos coma o sol, unha lámpada

1.6.2-Fontes de enerxía. son materiais como o carbón, petróleo,.. ou fenómenos coma o vento, as ondas,... dos que se poden obter enerxía.

Poden ser renovables: ou limpas. Non se esgotan. Exs: enerxía eólica, solar, hidraúlica (son as menos empregadas)

Non renovables: consómose moi rápido, e rexeneranse moi lentamente, se esgotan co uso. Exs: gas natural, petróleo, substancias radioactivas (nuclear)

Enerxia e contaminación: a obtención e consumo produce contaminación da atmósfera, solo e auga (vertedura de resíduos). Ao queimar combustibles para obter enerxía emítese gases  que fai que aumente a temperatura (efecto invernadoiro, chuvia ácida,..)

1.7.- A luz