domingo, 22 de febrero de 2015

Climogramas:estudo e comprensión.

Un climograma ou diagrama climático é un gráfico de dobre entrada que representa temperaturas e precipitacións correspondentes a unha Estación meteorolóxica nun ciclo anual. Os datos acostuman ser medias mensuais e normalizadas (medias de observacións de 15 anos ou máis) e represéntase a evolución destas ó longo dos doce meses do ano. Normalmente represéntanse as temperaturas cun gráfico liñal (liñas) e as precipitacións con barras. É un gráfico moi sinxelo e que permite estudar as características básicas do clima dun lugar.

Tanto a temperatura como a precipitación teñen que referirse a datos medios sobre un número amplo de anos observados: uns trinta se se queren obter conclusións climáticas significativas, uns cinco se se queren estudar as tendencias conxunturais, ou tamén dun só ano.

Estructura dun climograma é a seguinte:
Os diagramas climáticos teñen un eixe de abscisas onde se encontran os meses do ano, un eixe de ordenadas á esquerda (normalmente) onde se encontra a escala das temperaturas e un eixe de ordenadas á dereita onde se encontra a escala das precipitacións. Aínda que ás veces non se faga así a escala de precipitacións debe ser sempre o dobre ca de temperaturas se se quere que o diagrama represente correctamente a existencia ou non de estación seca



Para sacar conclusións dun climograma é necesario ter en conta os seguintes factores:
  • Con respecto ás precipitacións, ás precipitacións totais, distribución das precipitacións ó largo do ano, indicando o mes de máximas e o de mínimas precipitacións, e se hai ou non máximos ou mínimos secundarios e cando se dan.
  • Con respecto ás temperaturas, temperatura media, oscilación térmica anual (ou amplitude térmica anual: diferencia en °C entre a temperatura media do mes máis cálido e a temperatura media do mes máis frío), distribución das temperaturas ó largo do ano, indicando o mes máis cálido e o máis frío, e se hai máximos e mínimos secundarios.
  • Tamén é necesario indicar se hai períodos de aridez, que se recoñecen porque a curva das precipitacións están por debaixo da curva das temperaturas, e cando se dan eses períodos de aridez, se en verán ou en inverno.
Tendo en conta todo isto ,se pode recoñecer o clima ó que pertence o diagrama climático(climograma), xa que cada clima ten unhas características típicas.

Como estudar, analizar un climograma: que datos podemos obter??É o que se chamaría:
 Localización climática
A análise dun climograma debe permitir deducir a localización climática do lugar ó que se refire. O proceso de interpretación dun climograma pode ser o seguinte:
  1. Primeiramente, observando a estación seca, percíbese cal é o hemisferio en que está o espazo referido.
  2. Aténdese á temperatura:
    1. Dedúcese a temperatura media anual?
    2. Diferencia de temperatura entre o mes máis cálido e o máis seco?
    3. Diferencia de temperatura entre verán e inverno?
  3. Aténdese á precipitación:
    1. Dedúcese a precipitación total anual
    2. Dedúcese a precipitación total por estación
    3. Hai estación seca?



Imaxes para reflexionar e comprender mellor o estudo dos climogramas e a súa información:

Con estas imaxes traballamos a comprensión dos contidos das características dos climas.
Cantidade de chuvia (precipitacións en España por cidades, e así podemos delimitar as zonas climaticas, nome dos climas de España.)


Con esta imaxe estudamos cando chove (época, meses, estacións), cantidade ( (mm),máximo, mínimos (en que meses)), temperaturas (medias), e podemos sacar conclusións da zona climática a que corresponde:




Climogramas: estudos das cidades e climas:

Clima Mediterráneo típico: exemplo Valencia
Precipitacións escasas, e torrenciais en outono e primavera.Temperaturas cálidas (van por riba dos 10º c ata case os 30º c de media no verán).No verán case non chove.


Mediterráneo continental: exemplo Madrid e Sevilla



Clima Oceánico ou Atlántico: norte e no litoral do Cantábrico
Santiago de Compostela e Bilbao por exemplo


Clima subtropical: exemplo das illa Canarias, neste caso de San Cruz Tenerife



Climas de montaña:

Climas de España.Esquemas.Factores.Características.





O clima de España, presenta unha gran variedade debido a disposición do relevo (montañas, cordilleiras periféricas, vales, serras...) e a influencia do mar ou oceáno atlántico. Atópase na zona templada excepto as illas Canarias que están na zona climática subtropical.

Os factores e elementos que determinan e inflúen no tempo e por tano no clima son os seguintes:




Localización no mapa dos climas de España:



Mapa con comunidades autónomas para localizar os climas de xeito máis adecuado.




Resumo (en castelán): dos climas de España, para estudar coas características, vexetación e fauna relacionada co clima. Localización por comunidades e mapa.





Cuadro resumo clima e vexetación




Esquema moi interesante sobre as zonas climáticas da Terra. Climas de Europa: