viernes, 23 de noviembre de 2018

Mapa ríos proba escrita 6º (semana do 3 de decembro)


C.Sociais 6º de Ed.Primaria:
A proba escrita será o luns 3 de decembro para 6ºB e martes 4 para 6ºC.

Os contidos para esta proba de Sociais serán os seguintes:
-Ríos de España, afluentes e características das vertentes (haberá un mapa mudo para situar e identificar os ríos e afluentes).
-Climas  de España, características e situación dos climas ( temperaturas, precipitacións, vexetación,..).
Os contidos están nas páxs: 30, 31, 32, 33, e nos apuntes do caderno, neste blog, nas táboas e mapas feitos polos alumnos.

Tipo de proba:
-Mapa mudo físico de España e preguntas curtas.

Tarefas realizadas e por entregar ata o venres 30 de novembro
-Mapa cuberto da hidrografía (comezada o 16 de novembro).
-Táboa, esquema, apuntes dos ríos, afluentes e vertentes (comezada o 12 de novembro).
-Actividades nº 3 da páxina 32 e 37 (táboa climas e vexetación de España, comezo hoxe, 23 de novembro).
-Revisión de cadernos na semana do 26 ao 30 de novembro.


viernes, 16 de noviembre de 2018

Ríos de España.Tema 2 C.Sociais

Aqui tedes a táboa dos ríos que temos que estudar neste curso para a proba escrita e o mapa mudo que faredes na derradeira semana de novembro.

Os ríos que vamos a estudar atópanse nas páxinas 30 e 31 do libro de texto da área e son:
Vertente Cantábrica:
Bidasoa, Deba, Nervión, Pas, Saja, Navia, Nalón, Narcea
Vertente Atlántica:
Miño (afluente Sil), Douro (afluentes: Esla, Tormes, Pisuerga), Texo (afluentes: Jarama, Alagón),
Guadiana (afluentes: Zújar, Cigüela, Jabalón).
Guadalquivir (afluentes: Genil, Guadalimar).
Odiel e Tinto.
Vertente Mediterránea:
Ter, Llobregat, 
Ebro (afluentes: Aragón, Gállego, Segre, Cinca, Jalón,).
Turia, Xúcar, Segura, Guadalhorce.

Para practicar este xogo:

lunes, 12 de noviembre de 2018

Hidrografía de España: ríos e vertentes

Comezamos o estudo da hidrografía de España, ríos, encoros do tema 2 de C. Sociais para 6º curso.
Faremos un esquema, tipo táboa (de 4 filas e 5 columnas como comentei na aula) ou noutro formato ou ferramenta web, app igual que fixemos no relevo. Unha vez feita debemos imprimila e pegala no caderno da área.
Comezamos hoxe e debería estar rematada o venres 23 do mes en curso.

Aquí tedes o esquema feito con goconqr sobre estes contidos.Pincha nel abaixo no enlace.
Os ríos e vertentes de España.Apuntes

Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

lunes, 5 de noviembre de 2018

Tema 2 A nutrición (6º)

Comezamos a mediados do mes de novembro o tema: A nutrición.
Tarefas a realizar na aula e no caderno ata o venres 30 de novembro.
-Guión da unidade.
-Recollida de apuntes do profesor no caderno (esquema).
-Esquema e debuxo do aparato dixestivo.
-Esquema e debuxo do aparato respiratorio.
-Revisión de tarefas e caderno na aula na derradeira semana de novembro.

No mes de decembro faremos en grupos cooperativos o estudo, elaboración e presentación coa aplicación BookCreator ou similar a aparato escollido da función de nutrición.