martes, 24 de marzo de 2020

Web de RECUSOS para docentes y familias

Deixovos este enlace da web do Ministerio de Educación con contido dixital virtual e aprendizaxe en línea, adaptado a todas as etapas educativas. Moi interesante. Podedes velo no enlace, fai clic sobre él.   Aprendoencasa

lunes, 23 de marzo de 2020

Tema 5: A enerxía

Programación: (finais de marzo ata xuño).
Neste 3º trimestre as unidades didácticas que imos traballar son:


Unidade 5: A enerxía
1.-Que é a enerxía
2.-As propiedades da enerxía
3.-As fontes de enerxía renovables e non renovables
4.-Problemas do uso da enerxía.Impactos ambientais, esgotamento de recursos..
5.-Desenvolvemento sustentable: coida o planeta
6.-Medidas de aforro enerxético: cidadáns, administracións


Tarefas: 
Para realizar na semana do 23 ao 27 de marzo dende a casa ("Aula na casa").
a) Guión deste tema: A enerxía
b) Elaborar ou crear un lapbook (non sei si recordades o que é, deixovos un enlace para ver como se fai un. Podedes empregar calquer material, mellor de refugallo: cartón, lá, papel de diferentes cores e materiais, madeira, cortizas,.....deixade voar a vosa imaxinación e dállede ás a vosa creatividade, que tedes moita máis do que credes!!!.


IMPORTANTE:
Tarefas a recoller ou enviar aos vosos profesores: Vanesa e Tito.
Opcións (escolle unha delas)
1.-Por email: enviar foto do voso lapbook aos profesores.
2.-Subir ao mural interactivo de Padlet a través do enlace compartido a vosa imaxe do lapbook.


Hecho con Padlet

viernes, 20 de marzo de 2020

T6: AL-ANDALUS

Aquí tedes uns videos que resume a etapa da historia medieval da Penísnsula Ibérica dende o reino visigodo ata o califato de Córdoba (Al-Andalus) e o Al-Andalus.







jueves, 19 de marzo de 2020

Xogo sobre etapas de Historia (Máquina do tempo)

O seguinte enlace está pensado para entreter neste momento de encerro polo Coronavirus e a vez ensinar historia.
Unha máquina do tempo!! Entrade e intentade resolver os retos.

martes, 17 de marzo de 2020

Historia: Tema 6 Al-Andalus (Comezo 3º Trimestre)

Comezamos o 3º trimestre, corresponde a Historia de España (3 unidades)
Dende o Al-Andalus ata a Idade Moderna.
Temporalización: 2ª quincena de marzo ata xuño
O guión é o seguinte:
Tema 6 Al-Andalus
1.-De romanos a visigodos.
2.-Al-Andalus: da invasión aos reinos de taifas.
3.-Unha cidade musulmán.
4.-Que nos legou Al-Andalus?. 
5.-Patrimonio: A mesquita e o palacio.

1. De romanos a visigodos
Ao longo do século V, a parte occidental do Imperio romano foi ocupada por pobos xermánicos e, no ano 476, foi destituído o derradeiro emperador. A caída do Imperio romano considérase a orixe da Idade Media.
A partir do século VI, nas terras que ocupara o Imperio romano formáronse tres grandes civilizacións:
– Bizancio, no Imperio romano de Oriente.
– A Europa feudal e cristiá, na zona occidental.
– Os musulmáns, en Oriente Próximo e no Norte de África.
En Hispania, os visigodos conquistaron case toda a Península e intentaron crear unha monarquía forte: adoptaron o catolicismo como relixión e promulgaron unha lei única para todos.
Cos visigodos, a maioría de cidades romanas desapareceron e a poboación instalouse no campo vivindo da agricultura e da gandaría.

2. Al-Andalus: da invasión aos reinos de taifas 
A principios do século VIII, un exército musulmán invadiu a Península Ibérica e púxolle fin á monarquía visigoda. O territorio baixo dominio musulmán denominouse Al-Andalus.
As súas funcións son elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado e controlar a actuación política do Goberno.
Al-Andalus pasou por diversas etapas:
– Provincia (emirato) dependente de Damasco (711-756).
Emirato independente do imperio islámico (756-929).
Califato de Córdoba, a época de maior esplendor comercial e cultural (929-1031).
Reinos de taifas, que supuxeron a fragmentación de Al-Andalus (1031-1238).

A cidade de Córdoba converteuse nun dos centros comerciais e culturais máis importantes do Mediterráneo. 
Cuns 100000 habitantes, Córdoba era a cidade máis poboada de Europa.
Nela creáronse escolas e bibliotecas que atraeron sabios de todo o mundo. Os califas construíron o palacio de Medina Azahara, nos arrabaldes. 
Al-Andalus era unha sociedade moi diversa. Nela convivían musulmáns, mozárabes e xudeus.


3. Vivo... Nunha cidade musulmá 
-Al-Andalus era unha sociedade moi urbana. As cidades convertéronse en centros de produción artesanal e de intercambios comerciais.
-As cidades estaban amuralladas e as casas distribuíanse de xeito irregular en rúas estreitas. Nos barrios existían numerosos talleres ou obradoiros de artesáns. A medina constituía o centro da cidade e albergaba o zoco (mercado).
-As cidades musulmás desenvolveron un importante comercio a longa distancia.

4.-Que nos legou Al-Andalus? 
Al-Andalus tivo un gran desenvolvemento económico, científico e cultural.
A maioría da poboación musulmá vivía no campo e dedicábase á agricultura. Introduciron novas técnicas de regadío (alxibes, aceas, noras) e novos cultivos (granada, melón, albaricoque, berenxena, alcachofa, espárrago).
Os intelectuais musulmáns transmitíronlle á Europa cristiá as riquezas da cultura e da ciencia árabe e oriental. En matemáticas introduciron a numeración arábiga. Tamén difundiron a fabricación de papel, o xogo do xadrez e o alcol.
Moitas das palabras das linguas galega e castelá proveñen do árabe (alcalde, aceite, oxalá...).

5.-Zoom Patrimonio... A mesquita e o palacio 
A arte hispanomusulmá constitúe un gran patrimonio artístico da humanidade. En arquitectura destacaron as mesquitas, os palacios e as alcazabas, entre outros.
A mesquita é o lugar de culto dos musulmáns. Todas as mesquitas constan de:
Patio de entrada. 
Sala de oracións. 
Minarete. 
As mesquitas adoitaban estar construídas de ladrillo e cachotaría (obra feita con pedras desiguais unidas con cal, area e auga) e decorada con mármores e mosaicos.

Os palacios e alcazabas eran construcións fortificadas que contiñan a residencia dos gobernantes, as salas da administración e xardíns para o lecer. A decoración exterior era moi sinxella. A decoración interior tiña formas xeométricas, adornos vexetais, florais e caligráficos con escritos do Corán. Nunca figuras humanas, pois o islam prohibe a súa representación.

lunes, 16 de marzo de 2020

Tema 4: A materia e os materiais (Aula na casa)

Aula na casa: Ciencias da Natureza (5ºA-B-C)
Tarefas:
Para realizar nestes días do 16 ao 27 de marzo.
1.-Completar, rematar o resumo/esquema do tema 4 (ver entrada neste mesmo blog)
2.-Realizar o cuestionario de Socrative a través do seguinte enlace: Socrative Student: login.
Recordade primeiro engadir a habitación TITO5 e a continuación o voso nome e apelido ou nº ou clase (A-B-C)
3.-Antes de completar o cuestionario debedes repasar o tema.Adicarlle un bo tempo de estudo!!.

Aula na casa

Neste espazo, "Aula na casa" dos meus blogs, publicaremos e programaremos as tarefas, contidos ou actividades para realizar durante este periodo extraordinario de inactividade lectiva por mor do Coronavirus.
Semanalmente e, a través da plataforma Educamos, informarémosvos das cuestións ditas anteriormente. As comunicacións faremolas por email, e tamén a maiores puxemos a vosa disposición, un espazo compartido para subir todo aquilo referente ao estudo neste periodo.Nos blogs do profesorado tamén podedes seguir a devandita programación.
Para calquer consulta, dúbida, aclaración etc, non dubidedes en poñervos en contacto co profesorado dos vosos fillos.
Tócanos un momento de serenidade, de esperanza e de compromiso individual para superar esta situación.
Ánimo e calma, pronto volveremos a normalidade entre todos.
Saudos

martes, 3 de marzo de 2020

Resumo T4 A materia e os materiais 5º E.P. C.Natureza

TEMA : A MATERIA E OS MATERIAIS
4.1.- A materia
É todo aquilo que ocupa un espazo, é dicir, que ten masa e volume.
As propiedades xerais da materia: (son características que posúe toda a materia).
-A masa: é a cantidade de materia que ten un corpo. Mídese en quilogramos (kg) ou gramos (g).
Calcúlase coa balanza ou báscula.
-Volume: e o espazo que ocupa un corpo. Midese en litros (l) e en mililitros (ml).Utilízase para medilo recipientes graduados.
-Volume: e o espazo que ocupa un corpo. Midese en litros (l) e en mililitros (ml).Utilízase para medilo recipientes graduados.

4.2.-Propiedades específicas da materia
Son aquelas que diferencian unhas materias de outras. Algunhas son:
-Dureza: resulta dificil raiar
-Fraxilidade: rompe con facilidade.
-Elasticidade:si despois de aplicar unha forza sobre ela, recupera a súa forma inicial.
-Densidade: é a relación entre masa e volume.
Por ex. un corpo afundese se é máis denso ca o líquido no que se encontra e flota se é menos denso ca ese líquido.

4.3.-Forzas por todas partes:
A forza é a interación entre dous corpos. Permite modificar o movemento dun obxecto, deformalo ou rompelo.As forzas producen distintos efectos.

4.4.-Os materiais
Ás materias que utilizamos para fabricar obxectos chamámoslle materiais. Para saber que material é o máis adecuado para cada uso fixámonos nas súas prpoiedades. Algunhas son:
-Conductividade térmica: paso de calor, electricidade, dise que é conductor.Impide o paso é illante.
-Opacidade ou transparencia: opaco si impide o paso da luz. Si deixa pasar é transparente ou traslucido (pouco).
-Impermeabilidade: se non permite o paso dun liquido a través del é impermeable.

Materiais na arquitectura:
-Formigón (cemento, area e auga), nas estructuras, cimentos, vigas,
-Ladrillos arxila: illantes
-Ventás: exteriores, cristais (transparentes, paso da luz)
-Madeira e cerámica: illantes interiores
-Tubaxes: plástico, cobre e outros materiais impermeables.


REPASO:

Deixovos aquí un crucigrama que fixen sobre o tema 4 A materia e os materiais. Serve para recoñecer as propiedades da materia e os materiais.
Feito en educaplay.


Propiedades da materia


Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

Repaso preguntas tipo:
1. Define materia. En que estados pódese atopar?, pon exemplos. En que dous grupos clasifícanse as propiedades da materia?. A materia é todo o que forma o universo (ten masa) e ocupa un espazo nel (ten volume). A materia preséntase en tres estados: sólido, como o ferro; líquido, como a auga; e gaseoso como o osíxeno. A materia ten diversas propiedades que podemos clasificar en xenerais e específicas.
2. Que son as propiedades xerais da materia? As propiedades xerais son as que ten en común toda a materia e permítennos describila; entre elas atópanse a masa e o volume.
3. Nomea e define as dúas propiedades xerais da materia, e dei que instrumentos e unidades usamos para coñecelas. Masa: cantidade de materia dun obxecto. Para coñecer a masa dun corpo usamos balanzas e básculas, e expresámola en quilogramos, gramos. Volume: cantidade de espazo que ocupa un obxecto. Para coñecer o volume dun corpo, usamos probetas, xerras graduadas, e expresámola en litros, mililitros, centímetros cúbicos.

4. Práctica laboratorio ou aula:

Explica detalladamente que farías para medir as dúas propiedades xerais dunha canica. Para medir a masa usaría unha báscula e mediríaa directamente.
Para medir o volume usaría unha probeta e o método da diferenza de niveis. Ao mergullala, o nivel do líquido sobe. A diferenza entre o primeiro e o segundo nivel que alcanza o líquido corresponde ao volume da canica.

5. Explica que son as propiedades específicas das substancias e nomea dúas propiedades específicas dos sólidos e unha dos líquidos. Son as características das substancias que nos permiten diferenciar unhas doutras. As substancias sólidas teñen dureza, fraxilidade, elasticidade.

Os líquidos teñen viscosidade.
6. Relaciona estas propiedades específicas cos estados da materia: dureza, viscosidade, elasticidade, compresibilidade e fraxilidade. Sólido: dureza, elasticidade e fraxilidade. Líquido: viscosidade. fluidez, capilaridade, cohesión (forza atracción entre moléculas iguais),
Gasoso: compresibilidade.


Material artificial é o que fabricamos os seres humanos a partir de materiais naturais. O plástico obtense fundamentalmente do petróleo; úsase para fabricar todo tipo de obxectos: envases, ferramentas, pezas de coches,....

O vidro obtense das areas, por ser duro, illante e permitir o paso da luz, úsase en xanelas, vasillas, vasos, pantallas de televisor. O papel fabrícase con madeira e outros materiais; usámolo para escribir, limpar, secar. O aceiro obtense a partir do ferro e o carbón; usámolo para fabricar coches, na construción de edificios, na fabricación de ferramentas e utensilios de cociña..