martes, 20 de marzo de 2018

Rosco de provincias e comunidades de España

Outro tipo de actividade, o rosco, feito para recordar e aprender xogando as provincias e comunidades autónomas de España.Intentade completalo (excepto a Q, W, Y) e ollo que o K, ten truco !!!,(erro ortográfico ) .
Para ver a pantalla completa, clicade no primeiro recadro a dereita, "saltar anuncio" e despois de autor: Tito NMíguez abrir pantalla completa
Comunidades e provincias

lunes, 19 de marzo de 2018

Crucigrama A materia

Deixovos aquí un crucigrama que fixen sobre o tema 4 A materia e os materiais.Serve para recoñecer as propiedades da materia e os materiais.Feito en educaplay.


Propiedades da materia

viernes, 9 de marzo de 2018

Tema 4: A materia e os materiais

Tema 4 A materia e os materiais
1.-A materia
1.1.Propiedades xerais da materia: 
      -Masa: é a cantidade de materia que ten un corpo (mídese en kg, grs,..)
      -Volume: é os espazo que ocupa un corpo. (mídese en litros, cl, ml..)

2.-Propiedades específicas da materia
      -Dureza, fraxilidade, elasticidade e densidade entre outras.
      *A densidade é a relación que hai entre masa/volume.

3.-As forzas é a interacción entre dous corpos e producen: efectos (=deformacións: fráxil, elástico, plástico), ou cambios de movemento,..

4.-Materiais: son as materias que empregamos para fabricar obxectos.
4.1.-Propiedades dos materiais ( os usos dos materiais depende das súas propiedades)
      -Conductividade, opacidade ou transparencia e impermeabilidade.
 4.2.-Materiais na arquitectura:
        -Arxilas (illantes), ventás (transparentes, opacos,..), madeira, cerámica, formigón, plástico, cobre

Tarefas: (realizar no caderno 1 e 2):
1.-Esquema da unidade.
2.-Actividades da páxina 78, da 22 a 31 (copiando só o texto si é necesario). Ata o día 6 de abril.
3.-Prácticas de laboratorio na semana do 12 ao 23 de marzo e a volta de vacacións de Semana Santa
4.-Construir con diversos materiais algún obxecto ou móbil. (a volta de S. Santa)
5.-Visionado e reflexión do video " A illa do lixo ou flotante" (Edpuzzle, cuestións)

Mapa Mental creado con GoConqr por Tito Novoa

T4: A materia e os materiais

Para esta semana de marzo (12 ao 16), faredes o resumo, esquema ou mapa conceptual na libreta e con unha das ferramentas explicadas estes días, Popplet lite ou Goconqr. Aquí podedes ver a miña feita con Goconqr.
Probade a facela (agora que esta semana estou en Cantabria cos de 6º) ben na clase ou na casa.Os meus sustitut@s xa teñen o diario de traballo do luns 12, martes 13 e venres 16, en C.Natureza e C. Sociais.
En Ciencias Sociais: tarefas (do 12 ao 20 de marzo)
-Mapa mudo de provincias e comunidades de España para encher. Colorear (as  provincias da mesma comunidade co mesmo color), e outro para repasar.
-Rematar roteiro nos diferentes formatos escollidos para expoñer a partires do 19 de marzo.

Recordade: como comentei hoxe, podedes tamén traballar sobre o roteiro de sendeirismo: podedes facela nos diferentes formatos (cartolina, PPT, papel, cartón,díptico, goma eva, caixa,...) e as imaxes e datos, ben de internet, ou vosos.A volta do viaxe de Cantabria (dende o 19 de marzo) seguiremos na aula con ela para rematala, solucionar dudas e presentala ou expoñela (non é obrigatorio a exposición).Dacordo?