Para esta semana de marzo (12 ao 16), faredes o resumo, esquema ou mapa conceptual na libreta e con unha das ferramentas explicadas estes días, Popplet lite ou Goconqr. Aquí podedes ver a miña feita con Goconqr.
Probade a facela (agora que esta semana estou en Cantabria cos de 6º) ben na clase ou na casa.Os meus sustitut@s xa teñen o diario de traballo do luns 12, martes 13 e venres 16, en C.Natureza e C. Sociais.
En Ciencias Sociais: tarefas (do 12 ao 20 de marzo)
-Mapa mudo de provincias e comunidades de España para encher. Colorear (as provincias da mesma comunidade co mesmo color), e outro para repasar.
-Rematar roteiro nos diferentes formatos escollidos para expoñer a partires do 19 de marzo.
Recordade: como comentei hoxe, podedes tamén traballar sobre o roteiro de sendeirismo: podedes facela nos diferentes formatos (cartolina, PPT, papel, cartón,díptico, goma eva, caixa,...) e as imaxes e datos, ben de internet, ou vosos.A volta do viaxe de Cantabria (dende o 19 de marzo) seguiremos na aula con ela para rematala, solucionar dudas e presentala ou expoñela (non é obrigatorio a exposición).Dacordo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario