viernes, 30 de noviembre de 2012

AS PLANTAS

O tema 4 "As plantas" ten o seguinte guión:

1.-Caracteristicas das plantas

2.-Grupos de plantas:
2.1.-Segundo o seu tamaño: árbores, arbustos e herbas.
2.2.-Plantas con flores
2.3.-Plantas sen flores.

3.-A nutrición das plantas
3.1.-A entrada de nutrientes.
3.2.-A fotosintese.
3.3.-Repartición do alimento.

4.-A reprodución das plantas
4.1.-Reprodución con flores
4.2.-Reprodución sen flores




APUNTES-RESUMO TEMA AS PLANTAS:

1.-Características das plantas:

-Son seres pluricelulares.(son seres vivos)
-Non poden desprazarse.
-Fabrican o seu propio alimento a partires do aire,auga,dos nutrientes do solo e da luz do sol.
-Están formados por tres parte: raiz, talo e follas.
-Son terrestres ou acuáticas.
-Clasifícanse en dous grupos: con flor ou sen flor.


2.-Grupos ou clasificación das plantas:

2.1.-Segundo o seu tamaño e con flor: árbores, arbustos e herbas.
2.2.-Plantas con flor: reprodúcense mediante sementes que se producen no interior dos froitos.
2.3.-Plantas sen flores:non teñen flores nin sementes.Reprodúcense por esporas (fentos, carrizas)


3.-A nutrición das plantas:

As plantas coma todos os seres vivos tamén realizan, a función de nutrición.
-Toman as substancias do solo (auga e sales minerais) e do aire (dióxido de carbono).
-Fabrican o seu propio alimento mediante a fotosintese.
-O alimento repártese por toda a planta.

3.1.-Entrada de nutrientes na planta: 2 formas
-A través das follas (entra o dióxido de carbono do aire).
-Pola raiz (entra a auga e os sales minerais do solo). A mestura de auga e sales chamase zume bruto, que sobe polo talo cara ás follas polos vasos leñosos (= finos conductos).

3.2.- A fotosintese:
Cando o zume bruto chega ás follas prodúcese un proceso chamado fotosintese (gracias o cal producen o seu propio alimento a partires do dióxido de carbono e do zume bruto). O alimento que se produce nas follas chámase zume elaborado.
Para realizar a fotosintese as plantas necesitan a luz do sol (captada pola substancia verde chamada clorofila).
Neste proceso as plantas producen tamén osixeno (que se libera á atmosfera).

3.3.- A repartición do alimento
O zume elaborado nas follas repártese a todas as partes da planta a través duns finisimos tubos, chamados vasos liberianos.




A RESPIRACIÓN DAS PLANTAS
  • As plantas obteñen a enerxía que necesitan para realizar as súas actividades mediante a respiración igual que o resto de seres vivos.
  • Na respiración, o osíxeno absorbido combínase coa materia orgánica da planta, producíndose dióxido de carbono e enerxía.
  • Durante o día, as plantas respiran sen tomar osíxeno do exterior porque utilizan unha parte do que se produce na fotosíntese.
  • Pola noite, como non se libera osíxeno na fotosíntese, as plantas necesitan tomar osíxeno do aire.

Pola noite: ver imaxe





As plantas

Este fin de semana porei os apuntes do tema 4, As plantas coma xa comentamos na aula.
Comparade e botádelle un ollo para elaborar os vosos propios apuntes.Continuaremos estos vindeiros días explicando coma deben facerse.Recordade que se trata de que fagades os vosos apuntes na clase para asi ir preguntando as dudas e orientarvos.esta tarea será dende o luns ao mércores 5 de decembro.Conseguiredes elaboralos dun xeito autónomo, creativo e persoal.
Empregaremos esquemas, mapas conceptuais, e resumo das ideas principais do tema.

Charla o día 4 de decembro sobre "dislexia un asunto educativo"

PARA PAIS E NAIS
O PRÓXIMO DÍA 4 DE DECEMBRO ÁS 20:00 H. TERÁ LUGAR UNHA CHARLA NO SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO SAN JOSÉ DE CLUNY.

TITULADA: "A DISLEXIA UN ASUNTO EDUCATIVO"
IMPARTIDA POR:

DNA. PAULA OUTÓN
(
DOUTORA EN CIENCIAS DA EDUCACIÓN, PROFESORA DE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE ESCOLAR) NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Tareas Tema 4: libro-dossier

Nesta semana do 26 ao 30 de novembro continuan a traballar e crear o libro, dosier do tema 4 As Plantas.
Están distribuidos en grupos de 4, excepto nun que son 5.Forma parte do proxecto de aprendizaxe cooperativo que estamos a realizar neste curso.
Unha vez rematado o libro sobre as plantas, deberán anotar, pasar a súa libreta toda a información relativa as plantas.
Os puntos que tratará o seu libro son os mesmos cos que aparecen no libro de texto de SM, a maiores poden poñer alún información, curiosidade etc que vexan interesante.
O libro constará e incluirá estes puntos:
Portada
Indice
Características da plantas: partes
Plantas con flor e sen flor.
Reproducción e fotosintese (nutrición)
Curiosidades.

Nesta semana rematarán esta primeira parte e a partires da vindeira semana farase a exposición dos traballos por grupos e aos demáis compañeiros para avaliar os proxectos.

jueves, 22 de noviembre de 2012

Tarea tema 4 As plantas

Continuando co traballo cooperativo, comezaron esta semana do 19 ao 23 de novembro co tema 4 "As plantas".Nese grupos base faran ao longo da semana que ven un pequeno libro, dossier sobre as plantas, dende características xerais, grupos e tipo de plantas, árbores, arbustos.. Tamén a súa clasificación, as funcións, fotosintese, e reproducción, curiosidades,etc.... Cómo?, a través deste caderno de campo no que porán: información, debuxos, fotos, follas,flores,esquemas....para logo expoñer aos demáis na aula.
Dende hoxe xoves recollerán o necesario e a partires de mañan nos grupos repartiran o traballo, guión para comezar a realizalo. 

jueves, 15 de noviembre de 2012

Acción titorial I


A acción titorial: interveñen profesores, pais/nais e alumnos. Podemos dicir que:
A función titorial ten como obxectivo primordial: "
promover e reforzar o desenrolo integral do alumno, orientándolle a empregar as súas potencialidades e habilidades para contribuir ao seu crecemento persoal".
Forma parte do Plan de Acción Titorial do noso Proxecto Educativo do centro.

Obxectivos:
-Favorecer a interacción entre profesores e alumnos.
-Coordinar a información relativa aos alumnos.
-Asesorar e informar ás familias de todo canto afecta á educación dos seus fillos.
-Fomentar a interacción e participación de cada un dos compoñentes do grupo-aula na  dinámica xeral do centro, facilitando a integración dos alumnos no seu grupo e no conxunto da dinámica do colexio.
-Realizar o seguemento do proceso de enseñanza-aprendizaxe dos alumnos, colaborando na detección de dificultades de aprendizaxe e das necesidades educativas especiais, coa finalidade de dar a resposta educativa pertinente, recurrendo aos apoios e actividades adecuadas.
-Orientar para o desenrolo persoal dos alumnos, potenciado o esforzo individual e o traballo en equipo, así como o desenrolo de hábitos de traballo e de estudio.
-Favorecer no alumno o coñecemento e aceptación de sí mesmo.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Reforzos educativos para saber un pouco máis!!!

Introducción
         O futuro da nosa sociedade e da Educación exisenos prestar unha especial atención na elección das respostas formativas máis axeitadas ás necesidades dos alumnos, intentando desenrolar as potencialidades de cada un, os seus estilos cognitivos, e atendendo á diversidade de capacidades e ritmos de maduración. Pero a práctica diaria demostra que a magnitude de ámbitos de actuación é tal (detección, prevención, mediación, intervención) que se fai imprescindible sistematizar as funcións a realizar tendo presente as circunstancias na que se atopan tanto o alumno como o centro e o seu entorno.

A LOE recolle no Titulo II " Equidad da Educación" do capítulo I "Alumnado con Necesidade Especifica de Apoio Educativo" unha serie de medidas ou recursos para garantir tal proceso.

Neste capitulo atopamos:

-Necesidades Educativas Especiais (Circunstancias sociais, Discapacidades (psíquica,fisica,sensorial), e trastornos graves de conducta).
-Dificultades especificas de aprendizaxe.
-Altas capacidades intelectuais.
-Integración tardía no Sistema Educativo Español (proceder doutros países, calquera outro motivo)
-Condicións persoais ou de historia escolar.


No seguinte (Art. 71, LOE) trata dos principios para o tratamento axeitado da equidad. Aparecen os aqui os REFORZOS EDUCATIVOS.
·Dispoñer dos medios necesarios para que todo o alumnado alcance o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral na LOE.
·Asegurar os recursos necesarios para que estes alumnos poidan alcanzar o máximo desenrolo posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.
·Establecer, así mesmo, os procedementos e os recursos precisos para identificar tempranamente as necesidades educativas específicas dos alumnos aos que se refiere o apartado anterior. A atención integral ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo iniciarase desde o mesmo momento na que dita necesidade sexa identificada e rexisare polos principios de normalización e inclusión.
·Garantizar a escolarización, regular e asegurar a participación dos pais ou titores nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos educativos deste alumnado.
Entre os recursos a utilizar polas administracións educativas para o logro de  fins antes señalados, cabe sinalar (LOE, Art. 72):
·Dispoñer do profesorado das especialidades correspondentes, de profesionais cualificados e dos medios e materiais precisos para a adecuada atención a este alumnado.
·Dotar aos centros públicos e privados concertados dos recursos necesarios para atender adecuadamente a  este alumnado.
·Promover a formación do profesorado e doutros profesionais relacionada co tratamiento do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
·Colaborar con outras Administracións ou entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, institucións ou asociacións, para facilitar a escolarización e unha mellorr incorporación deste alumnado ao centro educativo.
·Os centros realizarán as adaptacións e diversificacións curriculares precisas para facilitar a todo o alumnado a consecución dos fins establecidos.


Igualdade de oportunidades e medidas de reforzo para atender á Diversidade.

As administracións educativas teñen a obligación de garantir a igualdade de oportunidades na educación de todos os ciudadáns. Con todo, dada a desigualdade existente, faíse necesario adoptar medidas no ámbito escolar para atender estas diferencias segundo as condicións na que cada alumno se atope.

A resposta dunha escola comprensiva á diversidade dos alumnos supón ter en conta unha serie de medidas de resposta á diversidade que poden ir dende a consideración dun currículo aberto e flexible e unha optatividade curricular, ata aquelas medidas máis extraordinarias coma as Adaptacións Curriculares, os programas de Diversificación Curricular ou os programas de Garantía Social.

Dous aspectos fundamentais para ofrecer unha resposta a estes alumnos:
·Organizativos.

·Curriculares.
En primeiro lugar, os aspectos organizativos teñen que ver coa necesidade de establecer espacios de atención educativa, lugares comúns a todos os estudantes ou diferenciados para os alumnos con necesidades educativas específicas, ou definir cando e en que momentos prestaranse os apoios, reforzos ou adaptacións para acadar os obxectivos educativos. 


-Contémplanse, así mesmo, os recursos persoais e materiais requeridos en cada caso, así como a coordinación necesaria entre todos os profesionais que interveñen con cada estudante.

Aspectos organizativos: espazos, lugares, tempos,recursos persoais e materiais,coordinación entre profesionais.

-O segundo aspecto a ter en conta é o desenrolo do currículum que vai cursar o alumno con necesidades educativas específicas. Para elo, poden adoptarse medidas tanto de carácter ordinario como de carácter extraordinario.

Aspectos curriculares:

1-Actuacións xerais: Respecto aos contidos, as estratexias didácticas, ás avaliacións.

2.-Actuacións especificas: 
2.1.-Medidas ordinarias: Reforzo educativo, outros.
2.2.-Medidas extraordinarias: Adaptacións e diversificacións curriculares, outros.

2.1.·O reforzo educativo. Supón o menor grado de modificación curricular e organizativa para que un alumno supere unha dificultade de aprendizaxe. Se un alumno presenta un problema puntual relativo a un determinado contido, debe recibir o apoio específico do profesorado para superalo e para continuar o aprendizaxe co seu ritmo habitual.

2.2.-As adaptacións curriculares.  Son unha estratexia de planificación e actuación docente. As adaptacións curriculares -entendidas como modificacións curriculares máis ou menos extensas- son estratexias educativas para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe en algúns alumnos con necesidades educativas específicas. Pretenden ser unha resposta á diversidade individual independentemente do orixen desas diferenzas: historial persoal, historial educativo, motivación e intereses, ritmo e estilo de aprendizaxe…. A elaboración das adaptacións curriculares supón un esforzo que implica a todo o equipo docente e contar coa  información sobre o seu proceso de elaboración ou con modelos para a súa redacción, pode facilitar enormemente o labor.

 

Outras medidas extraordinarias:
-Aula hospitalaria.
-Atención domiciliaria.



Audición e a linguaxe I.Trastornos

Patoloxías da linguaxe:
Fai referencia aos trastornos ou desordenenes da linguaxe. O patolóxico é o "anormal".
Aqui vos deixo uns enlaces para descubrir e informarse sobre os trastornos da linguaxe.
Moi interesantes.Creo poden ser válidos para a xente que desea ampliar coñecementos sobre este área tan importante na labor educativa e no aprendizaxe, e no noso, caso na aprendizaxe escolar.

Pincha aqui debaixo:

Blog Audición e linguaxe


Blog de Audición e linguaxe II

domingo, 11 de noviembre de 2012

Proba escrita e tareas tema 3

Estas son as tareas e proba que estamos a facer estos días e que continuaremos nesta semana que ven:
Tamen nestes días, do 12 ao 16 de novembro, faremos a proba escrita correspondente ao tema dos Invertebrados. Comezaremos o tema 4 das plantas.
Farémola con case toda seguridade o martes 13 ou o xoves 15 xa que mércores 14 hai folga xeral.
Na proba escrita entra o tema 3 enteiro.
As tareas a realizar nesta semana son a confección dun esquema do tema (mapa conceptual), mediante nubes.
-Elaboración de apuntes propios, debuxos dos diferentes tipos e clasificación de invertebrados e as actividades do final do tema.
-Un comentario crítico sobre o descobremento de novas especies visto no blog na aula, e a contaminación de plásticos no planeta tamén visto nun video na clase.

viernes, 9 de noviembre de 2012

Baile de 5º, Coregrafia "Boys will be boys"

Aqui tedes outro video do baile da canción de Paulina Rubia para coller ideas para preparar a vosa actuación do dia da Nena María.
Animo!!!e espero vos sirva tamén!!

Coreografias, pasos para bailes

O prometido e deuda,  deixovos algún video para ver pasos de bailes para a coreografia que estades a preparar para o día da celebración da Nena María o mércores 21 de novembro pola tarde.
Espero sexa do voso agrado ou podades aproveitar algún paso para engadir ao que xa tedes preparado.Olladeo varios e sacade algún ou algúns dos diferentes videos.
A canción será "Boys will be boys" de Paulina Rubio










 
 
 
 
 
 

jueves, 8 de noviembre de 2012

Trastornos lectoescritura I

A importancia dunha detención temprana e tratamento.

A lectura e a escritura son aprendizaxes esenciais no inicio da escolarización. A súa correcta aprendizaxe influirá no éxito escolar e nas súas habilidades comunicativas. É importante reflexionar sobre a metodoloxía máis axeitada empregada para ensinalos e detectar a aqueles alumnos que presentan dificultades ou trastornos nestas áreas, para proceder canto antes a un tratamento.

Este tipo de dificultades poden supoñer un serio obstáculo para o axeitado desempeño escolar do neno, xa que van ser a base das futuras aprendizaxes que vai ter que adquirir. Sen a axeitada intervención, o neno pode ter importantes problemas de aprendizaxe a longo prazo, causando fracaso escolar. Se un alumno ten dificultades na lectoescritura, custaralle resolver problemas de matemáticas, aprender novos idiomas, entender textos de coñecemento do medio...

En ocasións van xerar problemas de autoestima no neno, xa que non é capaz de conseguir os obxectivos que propón e obtén cualificacións académicas negativas.
Pola contra, coa axeitada intervención e seguimento, o alumno con dificultades non ten que ter consecuencias negativas a longo prazo, senón que pode conseguir un axeitado rendemento académico.


Diferentes trastornos de lectura e escritura:
1.-Dislexia:
A dislexia é un trastorno da lectura, no cal, as persoas que a presentan teñen dificultades para ler. Estas dificultades non son debidas nin a deficiencia intelectual, nin a problemas físicos ou psicolóxicos.

Tamén: “É unha grave dificultade coa forma escrita da linguaxe, que é independente de cualquera causa intelectual, cultural e emocional. Caracterízase porque as adquisicións do individuo no ámbito da lectura, a escritura e o deletreo, están moi por debaixo do nivel esperado en función da súa intelixencia e da
súa idade cronolóxica. É un problema de índole cognitivo, que afecta a aquelas habilidades lingüísticas asociadas coa modalidade escrita, particularmente o paso da modalidade escrita, particularmente o paso da codificación visual á verbal, a memoria a corto plazo, a percepción de orden e a secuenciación.”

1.1. Detección.
Na aula a dislexia pódese detectar inicialmente polo retraso no aprendizaxe da lectoescritura, a lentitude ao leer, a tendencia ao deletreo, a escasa comprensión lectora debida á falta de ritmo, a ausencia de puntuación… A medida que os cursos pasan, os problemas  agudízanse, xa que o estudio e o traballo
escolar en xeral básanse nas habilidades que o neno non ten e retrásase progresivamente.
Sendo a dislexia en principio un problema de aprendizaxe, acaba por crear unha personalidade característica que no aula faíse notar ou ben pola inhibición e o retraimento ou ben pola aparición de conductas disruptivas, falar, pelearse, non traballar, como formas de obter o recoñecemento que non pode alcanzar polos seus resultados escolares. En ocasións, os nenos experimentan en sí a aparición do mal autoconcepto que se chega a xerar polas dificultades que atopa no aprendizaxe.
En algunhas ocasións estos alumnos son tachados de inmaduros. Sen embargo con esta actitude pérdese un tiempo moi importante para a intervención con estos nenos e podríase evitar os problemas de personalidade anteriormente citados.

1.2. Diagnóstico.
Importancia da detección precoz destes problemas. Recoméndase a derivación ao psicopedagogo/a escolar co fin de descartar problemas de deficiencia intelectual, problemas emocionales, problemas visuales o auditivos… e orientar o diagnóstico cara á dislexia.
Algunhas das probas para detectar aos nenos con dislexia son as siguintes:
-. O WISC (Escala de intelixencia de Wechsler para nenos): no WISC os nenos disléxicos puntúan máis alto na escala manipulativa que na verbal. As probas de Díxitos, Información, Aritmética e a de Claves
están asociadas aos problemas de dislexia, os nenos con este problema puntúan baixo en elas por canto as habilidades que se esixen nelas teñen que ver coa memoria a corto plazo

  -. Probas de lateralidade, pois a lateralidade cruzada ou non definida, soe ir ligada á dislexia.
  -. T.A.L.E. (Test de Análise de Lectura e Escritura), que permite unha análisis detallado por niveis de idade e escolarización dos problemas que aparecen en todas as áreas e modos da lectoescritura: letras, sílabas, lecturas, comprensión lectora, dictado,copiado...
 -. O ITPA (O test Illinois de Aptitudes Psicolingüísticas), para detectar problemas na linguaxe.
 -. Test de Frostig: para a percepción visual.
 -. Lateralidade Usual de Margarite Auzias. Para comprobar as dificultades que posee respecto á lateralidade.

1.3. Tratamento.
Thomson recomienda o "sobreaprendizaxe". Volver a aprender a lectoescritura, pero adecuando o ritmo áss posibilidades do neno, traballando sempre co principio rector da aprendizaxe sen erros, propiciando os éxitos dende o principio e a cada paso do traballo de sobreaprendizaxe. Se trata de facer o  reaprendizaxe correcto das técnicas lecto-escritoras, facéndoas agradables e útiles para o neno, propiciando o éxito, en lugar do fracaso que está acostumbrado a colleitar.
O maestro na aula debe ter en conta algunhas consideracións con estes nenos e ao mesmo tempo orientar ás familias para que tamén as fagan dende casa. Son as seguintes:
1. Evaluar os seus progresos en comparación con él mesmo, co seu nivel inicial, non co nivel dos demáis na súas áreas deficitarias. Axúdelle nos traballos nas áreas que necesita mellorar.
2. Darlle unha atención individualizada sempre que sexa posible.
3. Asegurarse de que comprende as preguntas escritas antes de que se proceda a resolvelas.
4. Proporcionar o tempo que sexa necesario para que termine as tareas.
5. Facer observacións positivas sobre o seus traballo, para aumentar a súa autoestima e que él mesmo aprecie que está avanzando.
6. Contemplar a posibilidade dunha grabadora para o estudio, xa que o seu problema esta na lectoescritura.
7. Expresar actividades e exámenes oralmente para facilitar a súa comprensión.
8. Colaboración familia e escola, comentando avances e dificultades. Esto fomentará un correcto desenrolo do alumno.
9. Proporcionarlle fichas ou programas educativos que reforcen a lectoescritura.



2. TRASTORNOS NA ESCRITURA: DISGRAFÍA Y DISORTOGRAFÍA
Dentro dos trastornos na escritura podémonos encontrar a disgrafía e a disortografía. A primera afecta á forma ou contido da escrita e a disortografia é un déficit específico e significativo da ortografía.

2.1. Detección
No aula os alumnos teñen que realizar continuamente produccións escritas: dictados, comentarios, descripcións… a partires de elas os docentes podrán detectar estes dous tipos de trastornos.
Para a disgrafía os síntomas son: postura inadecuada, soporte incorrecto do lápis, mala presión do mesmo ou velocidade de escritura excesivamente rápida ou lenta, gran tamaño das letras, letras inclinadas, deformes, excesivo espaciado entre letras ou moi apiñadas, letras irreconocibles e, en definitiva, texto de difícil comprensión.
Para a disortografía os síntomas son: omisión ou confusión de artículos, plurais, acentos ou faltas de ortografía debido ao descoñecemento ou neglixencia nas regras gramaticais, dificultades relacionadas coa correspondencia fonema-grafema e aparecen erros de omisión, confusión e cambio de letras, sílabas, palabras, adicións e sustitucións.

2.2. Diagnóstico.
Ao igual que a dislexia, debemos insistir na importancia da detección precoz de estes problemas. En vez de ignorar as dificultades atribuidas a desidia, distrabilidade ou inmadurez, recomendase cara a derivación ao psicopedagogo/a escolar co fin de descartar problemas de deficiencia intelectual, problemas  emocionais, problemas visuais ou auditivos… e orientar o diagnostico cara a disgrafía ou disortografía.

A avaliación individual do neno con disgrafía ou disortografía é moi parecida á avaliación para a dislexia xa que moitas das probas específicas están dirixidas aos procesos lecto-escritores
Algunas das probas que se poden utilizar son:
- Wisc-R o Test de Matrices Progresivas de Raven, son pruebas que sirven para medir o nivel intelectual.
- O TALE, que investiga o proceso lecto- escritor do neno..
- PROESC, que evalúa os procesos da escritura.
- FROSTIG. Desenrolo da percepción
- Test de Bender: Con esta proba obtense unha valoración da madurez viso-motora do neno así como diferentes aspectos do seu temperamento.

2.3. Tratamiento.
O tratamento deberá centrarse principalmente en aqueles aspectos negativos que se detectaron  na avaliación do alumno. Para o tratamento de problemas na escritura debemos centrarnos en todos os aspectos desta: unha correcta posición ao escribir, suxección do instrumento de escritura, ortografía,
lectoescritura, morfología das palabras e incluso sintaxis dunha oración ou frase.
Hai que potenciar o reforzo positivo, o recoñecemento dos seus logros fará que o neno se sinta máis motivado para correxir as súas dificultades na escritura.
Algunhas das orientacións específicas para o tratamento da disgrafía son: correxir a postura dos alumnos na aula (ao sentarse, a distancia ao escribir, como coller o lápis…), realizar exercicios que melloren a coordinación visomotriz (traballo con punzóns, tixeiras…), controlar a excesiva presión ou fluidez ao escribir, traballar con cuadriculas para mellorar a letra…
En canto ao tratamento da disortografía algunhas son: ensinar normas e regras de ortografía, acostumar ao neno ao uso do diccionario, proporcionar técnicas e métodos para o estudio de novas palabras, facer consciente ao alumno do cambio de significado dunha palabra se comete faltas de ortografía…
Ao igual que a dislexia, é importante a coordinación familia escola. Pois esta contribuirá a un mellor desenrolo do alumno. As medidas que se estén tomando na clase, deben aplicalas tamén na casa.



Blog de lectoescritura: recursos educativos

Este blog en castelán, aborda dun xeito práctico e teórico, case toda a problemáticas dos problemas dende a infancia da lectoescritura e ademáis permítenos coñecer outros ámbitos e recursos educativos para as aprendizaxes da lingua.
Dispón de numerosos recursos, enlaces, prácticas, fichas, axuda en xeral moi moi interesante e útil.
Espero sexa de voso interés ou podades transmitirlo a outras persoas que o precisen.De eso se trata: compartir tamén o noso coñecemento.

Pincha neste enlace:

Recursos educativos para a lingua: lectoescritura

Tareas tema 3: Os invertebrados

Semana do 5 ao 9 de novembro 2012.

As actividades e tareas que estamos a realizar nestes comezos de mes e de tema son as seguintes:

-Elaboración de apuntes propios, empregando mapas conceptuais, esquemas e resumes para representar os grupos de invertebrados e as seus subgrupos. Nubes, colores, numeración, guións...Onde se describen características xerais e específicas e o nome dos diferentes grupos.
-Creación táboas.
-Actividades: páxina 34 (1), 35 (2 e 4).
-Debuxos ou fotos dos diferentes grupos de animais invertebrados.
-Todas estas tareas realizaranse na aula consultando: libro,blog de coñecemento e internet e outros.
Dispoñen dun tempo prudencial para facelas na clase e senón deben completalas na casa!!.

martes, 6 de noviembre de 2012

Páxina Web moi interesante sobre ciencia!!!

Aqui vos deixo unha páxina web en castelán, trátase da axencia da ciencia, tecnoloxía onde podedes atopar curiosidades, o último en noticias sobre descobrementos, información, innovación etc todo o relacionado coa ciencia e as tecnoloxías!!moi moi moi interesante:

http://www.agenciasinc.es/Noticias

viernes, 2 de noviembre de 2012

OS INVERTEBRADOS 5 GRUPOS:

OS INVERTEBRADOS

A.-CARACTERÍSTICAS COMÚNS:

-Non teñen un esqueleto interno nin columna vertebral.
-Todos os invertebrados son ovíparos (reprodúcese por ovos).
-Algúns teñen o seu corpo protexido por unha cuncha, outros por pel dura, e outros sen protección.
-Clasifícanse en 5 grupos:

1.-Moluscos: grupo moi numeroso

-Corpo brando e musculoso.Con cuncha (caracois, mexilóns,) ou sen cuncha (lesmas, polbos)
-A maioria son acuáticos,e outros terrestres. Moitos son comestibles.

Clasificanse en 3 grupos:
1.1.-Bivalvos: son acuáticos e a maioria mariños, con cuncha externa formada por dúas valvas.Viven fixos coma os mexilóns e outros desplázanse coma os berberechos. Aliméntanse nutrientes que filtran da auga.

1.2.-Cefalópodos: ("cabeza pé") son mariños.Posúen tentáculos (8 ou 10) con ventosas.Carnivoros.Algúns posúen cuncha interna (ex: xiba).

1.3.-Gasterópodos: ( univalvos, tentáculos na cabeza). Hainos acuáticos (comen algas) e terrestres (comen plantas).Poden ter cuncha (ex.caracois) ou non (lesmas).


1.1.Bivalvos:


1.2.-Cefalópodos:

Polbo

Polbo, 8 tentáculos




Xiba: ten unha cuncha interna











Imaxe anterior é unha xiba ("sepia") e esta correponde a unha lura ("calamar").


1.3.-Gasterópodos:

Lesma terrestre

Lesma de mar (teñen moito colorido)

Gasterópodo: un caracoi. Ten cuncha.

Lapas

Lapas: gasterópodos con cuncha externa.



2.-Os artrópodos:
-Teñen un corpo articulado, dividido en varias partes.Pel endurecida e protéxeo.
-Teñen patas articuladas.Moitos teñen antenas.
-Poden ser terrestres e acuáticos.
Clasifícanse en 4 grupos:

2.1.-Insectos: corpo en 3 partes (cabeza, tórax e abdome).Teñen 6 patas e dúas antenas.Con ás ou sin ás.

2.2.-Arácnidos: corpo en 2 partes: cefalotórax (cabeza e tórax) e abdome.8 patas (arañas, escorpións).

2.3.-Crustáceos: corpo en 2 partes: cefalotórax e abdome. 2 antenas, a maioria con 10 patas (2 pinzas).Acuáticos.(ex: cangrexos, bogavantes,cigalas..)

2.4.-Miriápodos: corpo con cabeza e tronco formado por aneis.2 antenas e máis de 10 patas.(ex: cempés)



3.-Vermes:
-Corpo brando e alongado (maioria con aneis).
-Son terrestres ou acuáticos.
-Algúns son parasitos como as samesugas ou as lombrigas intestinais.



Verme acuático, parecido aún cempés!!.



4.-Poríferos:
-Corpo brando e irregular con moitos poros.Aliméntanse das sustancias que filtran da auga a través dos poros do seu corpo (ex: as esponxas).
-A maioría son acuáticos viven no mar, pegados as rochas.


5.-Equinodermos:
-O seu corpo ten simetría radial (ex: estrelas de mar)
-Están cubertos dunha protección de pezas duras, algúns teñen pugas (ex: ourizo de mar).
-Son mariños e desprázanse polo fondo lentamente.

Outro grupo de invertebrados de estructura moi sinxela, estaría formado por: anémonas, medusas e corais.

-De corpo brando excepto os corais que teñen coiraza dura.

-Son acuáticos, a maioria viven en mares calidos.Corais e anémonas están pegados ás rochas.
As medusas flotan no mar.