miércoles, 14 de noviembre de 2012

Reforzos educativos para saber un pouco máis!!!

Introducción
         O futuro da nosa sociedade e da Educación exisenos prestar unha especial atención na elección das respostas formativas máis axeitadas ás necesidades dos alumnos, intentando desenrolar as potencialidades de cada un, os seus estilos cognitivos, e atendendo á diversidade de capacidades e ritmos de maduración. Pero a práctica diaria demostra que a magnitude de ámbitos de actuación é tal (detección, prevención, mediación, intervención) que se fai imprescindible sistematizar as funcións a realizar tendo presente as circunstancias na que se atopan tanto o alumno como o centro e o seu entorno.

A LOE recolle no Titulo II " Equidad da Educación" do capítulo I "Alumnado con Necesidade Especifica de Apoio Educativo" unha serie de medidas ou recursos para garantir tal proceso.

Neste capitulo atopamos:

-Necesidades Educativas Especiais (Circunstancias sociais, Discapacidades (psíquica,fisica,sensorial), e trastornos graves de conducta).
-Dificultades especificas de aprendizaxe.
-Altas capacidades intelectuais.
-Integración tardía no Sistema Educativo Español (proceder doutros países, calquera outro motivo)
-Condicións persoais ou de historia escolar.


No seguinte (Art. 71, LOE) trata dos principios para o tratamento axeitado da equidad. Aparecen os aqui os REFORZOS EDUCATIVOS.
·Dispoñer dos medios necesarios para que todo o alumnado alcance o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional, así como os obxectivos establecidos con carácter xeral na LOE.
·Asegurar os recursos necesarios para que estes alumnos poidan alcanzar o máximo desenrolo posible das súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral para todo o alumnado.
·Establecer, así mesmo, os procedementos e os recursos precisos para identificar tempranamente as necesidades educativas específicas dos alumnos aos que se refiere o apartado anterior. A atención integral ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo iniciarase desde o mesmo momento na que dita necesidade sexa identificada e rexisare polos principios de normalización e inclusión.
·Garantizar a escolarización, regular e asegurar a participación dos pais ou titores nas decisións que afecten á escolarización e aos procesos educativos deste alumnado.
Entre os recursos a utilizar polas administracións educativas para o logro de  fins antes señalados, cabe sinalar (LOE, Art. 72):
·Dispoñer do profesorado das especialidades correspondentes, de profesionais cualificados e dos medios e materiais precisos para a adecuada atención a este alumnado.
·Dotar aos centros públicos e privados concertados dos recursos necesarios para atender adecuadamente a  este alumnado.
·Promover a formación do profesorado e doutros profesionais relacionada co tratamiento do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
·Colaborar con outras Administracións ou entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, institucións ou asociacións, para facilitar a escolarización e unha mellorr incorporación deste alumnado ao centro educativo.
·Os centros realizarán as adaptacións e diversificacións curriculares precisas para facilitar a todo o alumnado a consecución dos fins establecidos.


Igualdade de oportunidades e medidas de reforzo para atender á Diversidade.

As administracións educativas teñen a obligación de garantir a igualdade de oportunidades na educación de todos os ciudadáns. Con todo, dada a desigualdade existente, faíse necesario adoptar medidas no ámbito escolar para atender estas diferencias segundo as condicións na que cada alumno se atope.

A resposta dunha escola comprensiva á diversidade dos alumnos supón ter en conta unha serie de medidas de resposta á diversidade que poden ir dende a consideración dun currículo aberto e flexible e unha optatividade curricular, ata aquelas medidas máis extraordinarias coma as Adaptacións Curriculares, os programas de Diversificación Curricular ou os programas de Garantía Social.

Dous aspectos fundamentais para ofrecer unha resposta a estes alumnos:
·Organizativos.

·Curriculares.
En primeiro lugar, os aspectos organizativos teñen que ver coa necesidade de establecer espacios de atención educativa, lugares comúns a todos os estudantes ou diferenciados para os alumnos con necesidades educativas específicas, ou definir cando e en que momentos prestaranse os apoios, reforzos ou adaptacións para acadar os obxectivos educativos. 


-Contémplanse, así mesmo, os recursos persoais e materiais requeridos en cada caso, así como a coordinación necesaria entre todos os profesionais que interveñen con cada estudante.

Aspectos organizativos: espazos, lugares, tempos,recursos persoais e materiais,coordinación entre profesionais.

-O segundo aspecto a ter en conta é o desenrolo do currículum que vai cursar o alumno con necesidades educativas específicas. Para elo, poden adoptarse medidas tanto de carácter ordinario como de carácter extraordinario.

Aspectos curriculares:

1-Actuacións xerais: Respecto aos contidos, as estratexias didácticas, ás avaliacións.

2.-Actuacións especificas: 
2.1.-Medidas ordinarias: Reforzo educativo, outros.
2.2.-Medidas extraordinarias: Adaptacións e diversificacións curriculares, outros.

2.1.·O reforzo educativo. Supón o menor grado de modificación curricular e organizativa para que un alumno supere unha dificultade de aprendizaxe. Se un alumno presenta un problema puntual relativo a un determinado contido, debe recibir o apoio específico do profesorado para superalo e para continuar o aprendizaxe co seu ritmo habitual.

2.2.-As adaptacións curriculares.  Son unha estratexia de planificación e actuación docente. As adaptacións curriculares -entendidas como modificacións curriculares máis ou menos extensas- son estratexias educativas para facilitar o proceso de ensinanza-aprendizaxe en algúns alumnos con necesidades educativas específicas. Pretenden ser unha resposta á diversidade individual independentemente do orixen desas diferenzas: historial persoal, historial educativo, motivación e intereses, ritmo e estilo de aprendizaxe…. A elaboración das adaptacións curriculares supón un esforzo que implica a todo o equipo docente e contar coa  información sobre o seu proceso de elaboración ou con modelos para a súa redacción, pode facilitar enormemente o labor.

 

Outras medidas extraordinarias:
-Aula hospitalaria.
-Atención domiciliaria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario