martes, 27 de septiembre de 2016

Apuntes Tema 1 Os seres vivos

Os seres vivos
1.-Os seres vivos: 
1.1.-Funcións vitais: nutrición, relación, reproducción.
1.2.-Tamaño: microscópicos (microorganismos) y macrocóspicos.

2.-A Célula:unidade de vida
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal

3.-A organización dos seres vivos: seres unicelulares e pluricelulares


1.1.-Funcións vitais:
Os seres vivos realizan unha serie de funcións, chamadas funcións vitais. Son as funcións de nutrición, relación e reprodución.


Nutrición
A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes, e en enerxía. 

Algúns seres vivos, como as plantas, fabrican os seus propios nutrientes coa axuda da luz. Outros, como os animais, aliméntanse doutros seres vivos.

Relación

A función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles (estímulos e respostas).

Reprodución

A función de reprodución permite aos seres vivos ter descendentes parecidos a eles. 
1.2.-Tamaño:
Os seres que se distinguen a simple vista chámanse seres macroscópicos. Os que non se ven chámanse seres microscópicosou microorganismos. Para observalos necesitamos un instrumento chamado microscopio.
2.-A célula: unidade de vida.
A célula é a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia, xa que realiza as tres funcións vitais: nútrese, relaciónase e reprodúcese. Todos os seres vivos estamos formados por células
2.1.-Tipos de células: animal e vexetal.
As células animais e vexetais parécense moito. Ambas teñen: membrana celular, citoplasma, orgánulos e núcleo.
  • A membrana celular é a envoltura externa da célula, e participa na función de relación. 
  • O citoplasma ocupa o interior da célula. É un líquido viscoso no que flotan os orgánulos. 
  • Os orgánulos realizan algunhas funcións da célula, como fabricar substancias e obter enerxía. 
  • O núcleo contén o material necesario para reproducirse e dirixe as actividades da célula. Nas células animais e vexetais o núcleo está separado do citoplasma por unha membrana.
As células vexetais posúen, ademais,cloroplastos e parede celular. 
  • Os cloroplastos son uns orgánulos verdes que captan a luz e fabrican os nutrientes. 
  • A parede celular é unha estrutura ríxida que rodea a membrana celular e protexe a célula.
:
3.-A organización dos seres vivos:
-Seres unicelulares:
Os seres vivos que están formados por unha soa célula chámanse seres unicelulares. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.
Ex. o paramecio que vive nas charcas ou estanques.
-Seres pluricelulares:
Os seres vivos formados por dúas ou máis células, chámanse seres pluricelulares. Nestes seres vivos todas as células se coordinan para que o organismo poida realizar as funcións vitais.
As células dun mesmo tipo agrúpanse formando tecidos. 
Tipos de células:
Células nerviosas                         Células musculares                       Células epiteliais

As células nerviosas son estreladas e con prolongacións. Estas células encárganse de establecer conexións e de transmitir información a todas as partes do corpo.
As células musculares teñen forma alongada. Estas células, e os tecidos que forman, contráense e estíranse. Isto permite que os músculos se movan.
As células epiteliais adoitan ser aplanadas. Estas células planas recobren determinadas zonas do corpo, como a pel. Illano corpo e protéxeno.


5.-CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS
Para clasificalas utilízanse criterios como o tipo de alimentación e a estrutura das células. Segundo estes criterios existen cinco reinos: plantas, animais, fungos, algas e protozoos, e bacterias. 
As células do reino das bacterias diferéncianse do resto porque o seu núcleo non está separado do citoplasma por unha membrana.



No hay comentarios:

Publicar un comentario