martes, 22 de marzo de 2016

Día Mundial da Auga: A auga e o emprego". 22 de marzo 2016


Tomar auga nos da vida, pero tomar conciencia daranos AUGA!!.

A volta de vacacións de Semana Santa adicaremos un día a sensibilizar e concienciar da importancia de facer un uso responsable da auga.

Reflexión:
A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, xogan un papel clave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.

Video oficial do Día Mundial da Auga 2016: "A auga e o emprego".

A auga significa emprego

A auga é un elemento esencial da vida. Pero é máis que esencial para acougar a sede ou a protección da saúde; a auga é vital para a creación de postos de traballo e apoiar o desenvolvemento económico, social e humano.

Hoxe en día, a metade dos traballadores do mundo (1500 millóns de persoas) traballan en sectores relacionados coa auga. Por outra banda, case todos os postos de traballo, con independencia do sector, dependen directamente desta. Con todo, a pesar do vínculo indisoluble entre o traballo e a auga, millóns de persoas cuxas vidas dependen do líquido elemento a miúdo non son recoñecidos ou protexidos polos dereitos laborais básicos.

A mellor auga, mellores empregos!!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario