lunes, 11 de marzo de 2013

O SISTEMA SOLAR E A TERRA

TEMA 9: O SISTEMA SOLAR E A TERRA

Estructura do tema é a seguinte: (4 partes)


1.-Sistema solar: 

-O Sol: é a estrela máis próxima á Terra.Masa xigante de gases (H).Ten moita enerxía,Tª alta.Luz e calor.

-Planetas: son astros (8) que non teñen luz propia e xiran sobre si mesmos arredor do sol.
e satélites (astros que non teñen luz propia e xiran sobre os planetas).

*Planetas Interiores: os máis próximos ao sol.Pequenos,sólidos,rochosos e densidade alta.Mercurio,Venus,Terra e Marte.

*Planetas Exteriores: máis afastados do sol.Máis grandes,gasosos (H,He).Teñen satélites.Densidade baixa: Xúpiter,Saturno,Urano e Neptuno.

.-Outros astros do sistema solar:

*Asteroides (cinto de asteroides,grandes rochas arredor do sol entre Marte e Xúpiter).

*Meteoritos:son asteroides que entran en contacto coa Terra e chocan coa súa superficie, onde se queiman e forman estrelas fugaces.


*Cometas: masas de xeo e rochas, xiran arredor do sol.Proceden de a Nube de Oort e o Cinto de Kuiper.



2.-A Terra e a Lúa

-A terra: grazas as súas condicións apareceu a vida: Tª (15º),Osíxeno (atmosfera)),Auga
Ten os movementos de rotación (sobre o seu eixe, 1 día, 24 h.Días e noites) e traslación(arredor do sol, un ano.365 días).As estacións.

-A lúa: é o satélite da Terra.(110º e -150º) movementos rotación( sobre si mesma 28 días) e traslación (.
28 días, mes lunar)(Chámase órbita capturada, forza de gravidade mútua, subida e baixada do mar, mareas, a Lúa frea un pouco a rotación (a lonxitude dos días crece un segundo cada 50.000 anos)).



3.-As partes da Terra

-A atmosfera: capa gasosa(nitróxeno, osíxeno,auga).Troposfera (vida) e Estratosfera (ozono)

-A hidrosfera: augas do planeta: estado sólido(glaciares,neveiros)e liquido (mares,rios,lagos,nubes,manantiais,augas subterráneas..)

-A xeosfera: parte sólida (3 capas: Codia (solo), Manto (rochas fundidas,intermedia), Núcleo(Fe,minerais).



4.-As representacións da Terra: grazas aos satélites artificiais.

-Globo terráqueo:esfera a escala real.Proporcional ao seu tamaño real.

-Planisferio: mapa da Terra nun plano, aparecen deformados.Da esfera a un plano.

Liñas imaxinarias para localizar un punto:

*Ecuador: é unha circunferencia imaxinaria que rodea a Terra.Dividea en dous hemisferios ou metades.

*Paralelos: son circunferencias imaxinarias paralelas ao ecuador (en grados).

*Meridianos: son circunferencias imaxinarias que pasan polos Polos. M.Greenwich 0º

Grazas aos paralelos e meridianos localizamos un punto coas súas coordenadas xeográficas.Utílizanse dúas distancias que se miden en graos son a:


-Latitude: relacionada cos paralelos.Partindo do Ecuador indica os graos que hai cara o norte ou ao sur.Ex: 90 º N.

-Lonxitude: Ten relación cos meridianos, graos que hai cara o leste ou oeste.
Ex: Menorca 40º N ((latitude)-4º L (lonxitude).


Lineas imaxinarias: Ecuador, paralelos e meridianos (esquerda (=oeste) menos horas, dereita (=este) + horas)
 

lineas imaginarias

Estas lineas son: o eixe terrestre, o ecuador, os paralelos, meridianos, trópicos e círculos polares.
Eixe terrestre: trátase da linea imaxinaria na cal a terra xira arredor do sol, vai dende o polo norte ata o polo sur.
O ecuador: é o circulo que divide á terra en dous hemisferios o norte e o sur, tamén se lle coñece como o paralelo 0.
Paralelos: son lineas paralelas ao Ecuador, a súa utilidade é expresar a altitude terrestre e os principais son: Ecuador, Trópico de Cáncer, Trópico de Capricornio e os círculos polares Ártico e Antártico.

Meridianos: son semicircunferencias que teñen comezo e fin nos polos, o máis importante é o de Greenwich e divide á terra en hemisferio occidental y oriental.(oeste/este)
Trópicos: están situados a 23º e 27 º ao norte e ao sur do Ecuador, recibindo o do norte trópico de Cáncer e o do sur trópico de Capricornio.
Círculos polares: son os paralelos situados a 66º e 33º latitude norte e sur, reciben o nome de Ártico no norte e no sur Antártico Norte.

 




1.- Planetas: sistema solar






Para saber máis!!!:

O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.
Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoniaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".
O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoniaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.


A Nube de Oort foi proposta polo astrónomo holandés Jan Hendrik Oort (1900-1992) en 1950 como explicación á existencia dos cometas de período longo, tratándose dunha vasta rexión esférica que envolve o noso Sistema solar á unha distancia de 100.000 ata 55.000 UA(=150 millóns de kms) do Sol, e que está composta de po e mais duns 100.000.000.000 de núcleos cometarios que, ocasionalmente, lánzanse en dirección ao Sol en virtude dalgunha perturbación na súa órbita.
Moito alén da órbita de Plutón, a medio camiño da estrela máis próxima está o limite do Sistema Solar. Esa rexión esférica, que se estende nun radio de 3 anos luz, ou sexa, 30 billóns de quilómetros do Sol non está baleira, senón que contén 6 billóns de pedras de xeo de diversas dimensións. Jan H. Oort verificou que os cometas de longo período viñan dunha rexión situada de 20.000 a 100.000 UA do Sol e previu que o Sistema Solar estaba rodeado por unha nube composta de miles de millóns de cometas. Ata hoxe ninguén viu a nube de Oort, esa xigantesca rexión esférica que abriga cometas e outros resíduas da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar.


http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/archive/1/12/20050919084845%21Oort_cloud_Sedna_orbit.jpg

Ninguén mediu o seu tamaño, a súa densidade ou contou o número de obxectos que aló existen. Probabelmente non será feito nun futuro próximo pois os corpos sitúanse a distancias moi grandes e son moi pequenos para seren detectados polos instrumentos existentes. Mais os científicos teñen a certeza de que existe. Ela é totalmente diferente das outras rexións do Sistema Planetario que contén restos da nebulosa que deu orixe ao Sistema Solar. Mentres que os corpos do anel de asteroides, situado entre Marte e Xúpiter, e da nube de Kuiper, situada logo despois da órbita de Netuno, están confinados ás proximidades do plano da Eclítica, os da nube de Oort están espallados en todas as direccións. É ben probable que exista maior aglomeración (5 billóns) nas proximidades do plano da Eclítica e o restante (1 billón) espallados aleatoriamente.
Os científicos estiman que a masa total de obxectos na nube de Oort debe ser da orde de 40 masas Terrestre. Para explicar a variada composición química dos cometas os científicos din que esa materia debe ter se formado a diferentes distancias do Sol e, polo tanto en locais con diferentes temperaturas. A temperatura na nube de Oort debe ser de -269° C, ou sexa 4° C por riba do cero absoluto.
Aló nas profundidades desa nube a acción gravitacional do Sol é tan fraca que os corpos están suxeitos á perturbacións debido a estrelas que pasaren nas proximidades do Sol, á mareas galáticas ou pola pasaxe do Sol por nubes intergalácticas, e con iso se precipitaren na dirección do Sol.
Os científicos aínda buscan resposta a algunhas preguntas:
  • Porque todo no Sistema Solar ten forma de disco e a nube de Oort é esférica?
  • Se a acción gravitacional do Sol é inexistente a esas distancias, por que os cometas caen na dirección do Sol?
  • Se cada poucos millóns de anos pasa unha estrela próxima do Sol; dentro de 1,36 millóns de anos a estrela Gliese 710 pasará a un ano luz do Sol; porque os encontros anteriores non quitaron xa todos os corpos de aló?.

2.- A TERRA E A LÚA











     

     


    Con esta imaxe podemos ver a distintas fases lunares nos seu movemento arredor da Terra, a situación nos 28 dias e como a vemos dende a Terra.

    As fases lunares (nos 28 dias) non son máis que as distintas aparenzas que toma a iluminación de este astro para un observador dende a T
    Os cambios son cíclicos e van a depender do movemento orbital da luna arredor do noso planeta..
    Salvo nos eclipses lunares, a metade dela permanece iluminada polo Sol, pero para o que observa ese brillo pode variar dun 100 % ―llamado lúa chea― ata un 0 % ―lúa nova..
    Nomes das distintas fases lunares
    Lúa nova: Tamén chamada Novilunio. Esta lúa non é visible pois a cara que vemos non é alumeada polo Sol.
    Lúa crecente: Chámase tamén lúa nova visible. É unha lúa a camiño entre a lúa nova e o cuarto crecente. Ten forma de gadaña.
    Cuarto crecente: É cando a lúa luce coma un círculo partido xusto á metade, unha parte iluminada e a outra oscura.
    Lúa chea: Tamén chamada Plenilunio. A lúa parece no ceo coma un círculo totalmente brillante.
    Cuarto menguante: Na mesma dirección, a lúa volve a ser un círculo partido á metade pero contrario ao cuarto crecente.
    Lúa menguante: As veces dise “Lúa Vella”. A súa imaxen é idéntica á de crecente pero inversa, tamén con forma de gadaña.
    Lúa negra: É a última fase da lúa, que da comezo novamente ao ciclo.




     
3.- PARTES DA TERRA









VIDEOS EDUCATIVOS


O sistema solar: videos









A terra: Movementos de rotación e traslación!!! Videos




1.- Movementos da terra 

2.-Estacións:





As estacións: explicacións:





 

Capas da terra:


 





E aqui o video profe virtual!!!
Moi intersante!!!tedes o voso profe persoal para explicarvos o tema (única pega é que está en castelán)!!!


 






 


ASTRONOMÍA

Aprendemos ASTRONOMIA!!!, web moi intersante para saber máis de astronomía!!
Preme aqui debaixo:
Aprender a aprender: Astronomia









    No hay comentarios:

    Publicar un comentario