As plantas fanerógamas son aquelas cuxos órganos reproductores se atopan nas flores. A partires das flores se forman os froitos e as sementes.De forma xeral, as plantas fanerógamas reprodúcense sexualmente, isto é, mediante a unión dun óvulo e un espermatozoide.
A parte da planta onde se atopan os órganos reproductores é a flor.
Hai moitos tipos de flores grandes, vistosas, pequenas, simples....
Teñen a maioria as seguintes partes: cáliz e corola (órganos externos da flor), estames e pistilo (son os órganos reproductores da flor).
A.-Órganos externos da flor:
- O cáliz: son follas pequenas modificadas, polo xeral de cor verde, chamados sépalos.Protexea cando comeza a formarse.
- A corola formada tamén por follas modificadas, chamadas pétalos. Son de cores vivos para atraer ós insectos. Nos tulipáns os pétalos non se poden diferenciar dos sépalos.
B.- Órganos reproductores da flor:
- Os estames son os órganos reproductores masculinos (son filamentos cunha bolsa de grans de pole).
- O pistilo é o órgano reproductor feminino (forma de botella contén rudimentos de semente que contén un óvulo cada un).
Así pois, as flores completas son hermafroditas, xa que fabrican tanto óvulos coma espermatozoides.
Hai plantas con flores que só son masculinas (non teñen pistilo), e flores que unicamente son femininas (non teñen estames) ex: millo, piñeiro, aciñeira....
Por tanto as plantas teñen dous tipos de reprodución nas plantas con flores:
1.-Sexual: visto anteriormente (nas flores ).
2.-Asexual: un só individuo é capaz de producir descendentes sen axuda doutro. É tamén común nas plantas con flor. Os tipos de reprodución asexual máis frecuentes nas fanerógamas son:
- Por bulbos: parte inferior dun talo, envolta por follas sen clorofila, moi grosas e moi xuntas.A cebola e o tulipán reprodúcense por bulbos.
- Por tubérculos, que son o extremo dun talo subterráneo que almacena o alimento e se engrosa. Ex: a pataca, os cacahuetes..
- Por rizomas, que son talos que medran horizontalmente baixo terra, e dos que xorden pólas verticais. Ex: céspede e as canas.
Outros: estalóns (= talos rastreros, coma as fresas), acodos (talos que cando tocan o chan saenlle raíces por ex: a vide,figueira..).
Por bulbos: imaxes de cebolas coa súa flor
Por tubérculos:
Imaxe da pataca coa flor tamén
Cacahuete
Por rizomas:
Imaxe dunha raiz de céspede tipo gramón.medra en horizontal baixo terra e en vertical as pólas.
A reprodución nas plantas sen flores:
Isto é, algas, mofos e os fieitos, ocorren dous tipos de reprodución que se van alternando:
1.- Reprodución sexual, semellante á dos vexetais con flores, con órganos sexuais masculinos e femininos.
2.- Reprodución asexual, polo xeral mediante esporas. As esporas son unhas células moi resistentes que se fabrican nuns órganos chamados soros ou esporanxios. Cando o soro ou esporanxio se abre, as esporas espállanxe e, ao atopar as condicións axeitadas, constitúen unha planta nova.
Para saber máis!!.
O ser humano aproveita a capacidade de reprodución asexual das plantas para multiplicalas artificialmente (escisión ou fragmentación). Dous tipos comúns de reprodución artificial son os gallos ou escallos e máis os inxertos.
Un gallo ou escallo ( esqueje en castelán) é unha póla dunha planta leñosa que se corta e cultiva á parte.De alí a un tempo, a esta póla sáenlle raíces e acábase por converter unha planta.
Un enxerto é a inserción dun brote ou abrocho, ou póla dunha planta nun corte no talo leñoso doutra planta. Co tempo, a póla enxertada fusiónase coa planta receptora, formando parte dela.
A función da relación nas plantas:
A capacidade de captar estímulos(variacións: física-química, temperatura, humidade, luz, gravidade..)
As plantas non teñen órganos dos sentidos, pero teñen resposta ante os estímulos que serían: a caída da folla, flores, crecemento...
Non teñen sistema nervioso, nin glándulas, nin músculos, nin ósos...
As
respostas das plantas a realiza o seu sistema hormonal.
Respostas das plantas:Son respostas aos
cambios ambientais, as plantas non se desprazan, é dicir, os seus movementos son
sen desprazamentos.
- Movemento: móvense pero sen desprazamento.
- Desenrolo=crecemento(xerminación, floración, polinización, fecundación, maduración, froitos, dispersión)
Dous tipos de movementos teñen as plantas: tropismos e nastias.
- Movemento: móvense pero sen desprazamento.
- Desenrolo=crecemento(xerminación, floración, polinización, fecundación, maduración, froitos, dispersión)
Dous tipos de movementos teñen as plantas: tropismos e nastias.
- TROPISMOS: son movementos de crecementos dirixidos polo estímulo e son permanentes, os tropismos son causados polas auxinas (= tipo de hormonas).
-Geotropismo: crece cara o centro da terra(+raíz, -talo).
-Hidrotropismo: cara o auga.
-Quimiotropismo: cara as sales minerais.
- NASTIAS: son movementos na súa dirección, producen turxencia(cheo de auga) nas células(ósmosis).Os cambios non son permanentes .
-Sismonastia(por contacto): zarcilos(enredadera), plantas carnívoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario