O reinado de Isabel II (1833-1868)
-Nace Isabel en 1830, o seu pai Fernando VII morre en 1833. Goberna mentras a súa nai: María Cristina (raíña rexente, goberna durante a minoría de idade de Isabel.)
-1833-1840: I Guerra carlista, os partidarios absolutistas de Don Carlos (irmán de Fernando VII), carlistas, levántanse contra a nova raíña Isabel (apoio dos liberais, os isabelinos)
-1837. Constitución liberal. Ideoloxía liberal. Xurden partidos políticos:
-Liberais: o poder emana do pobo. Voto nos que teñen certa riqueza. Hai moderados e progresistas
-Demócratas. Defende a igualdade ante a lei e o dereito ao voto
-Republicanos. Defende que todos os cargos públicos deben ser elixidos polos cidadáns. O seu modelo de goberno dun Estado é unha República.
No hay comentarios:
Publicar un comentario