martes, 28 de enero de 2020

TEMA 4 A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA

TEMA: A POBOACIÓN DE ESPAÑA E EUROPA
1.-A poboación española e a súa distribución
1.1.A poboación absoluta
1.2.A densidade de poboación.
2.-A densidade de poboación española
2.1.-A natalidade, mortalidade e esperanza de vida
2.2.-O crecemento natural da poboación.
2.3.-O crecemento real da poboación.
2.4.-A piramide de poboación
3.-As migracións en España
4.-A poboación europea.
 
1. A poboación española e a súa distribución 
A demografía é a ciencia que estuda a poboación.
1.1.-A poboación absoluta dun territorio é o número de persoas que vive nel. España ten 47 millóns de habitantes; é o quinto país máis poboado da Unión Europea.
A distribución da poboación española é irregular:
– A maioría da poboación concéntrase en zonas de relevo e clima favorables.
– As zonas de montaña e do interior están pouco habitadas.
1.2.-A densidade de poboación é o número de habitantes que viven en 1 quilómetro cadrado de superficie. A densidade de poboación de España é de 93,4 hab./km2 (dividimos os 47 millóns de habitantes de España entre a superficie do país, 505968 km2); a da Unión Europa é de 116,3 hab./km2.

2. Como é... A poboación española 
A natalidade é o número de nenos e nenas que nacen nun lugar durante un ano. A poboación española ten unha natalidade moi baixa, 1,3 fillos por muller.
A mortalidade é o número de persoas falecidas nun lugar durante un ano. A mortalidade española descendeu ao longo do século XX.
A esperanza de vida é a media de anos que vive unha poboación. En España a esperanza de vida é de 79 anos para os homes e 85 para as mulleres. Hai unha poboación avellentada.
O crecemento real é a suma do crecemento natural (diferenza entre o número de nacementos e o número de defuncións) e o saldo migratorio (resultado de lle restar ao número de inmigrantes o número de emigrantes). Nos comezos do século XXI, España tivo un crecemento real da poboación grazas á chegada de inmigrantes. Na actualidade o crecemento freouse.
A poboación activa (ocupada ou en paro) de España é do 48,2%. A poboación non activa (nenos, estudantes, amas de casa e xubilados) é do 51,8%

A pirámide de poboación é un gráfico que ordena os habitantes dun determinado lugar por grupos de idade e sexo nun momento concreto. Podemos saber se nacen máis nenos que nenas, se hai moita ou pouca poboación adulta ou anciá...

3. As migracións en España 
As migracións prodúcense por mor das desigualdades que existen entre os países pobres e os países ricos do mundo, ou entre distintas rexións ou zonas dun mesmo país. Os factores que inflúen nas migracións son: 
– Sociais e económicas. 
– Políticas. 
– Naturais. 
– Familiares. 
Ao longo dos séculos XIX e XX España foi un país de emigrantes:
Emigración exterior. 
– Emigración interior. 
A finais do século XX e comezos do XXI España foi un país receptor de inmigrantes.
Os inmigrantes estranxeiros de España son maioritariamente de Romanía, Marrocos, América Latina e China.
Para garantir unha boa convivencia débense recoñecer e respectar a identidade e a cultura tanto do país receptor coma do país emisor.

4. Como é... A poboación europea
Europa ten unha superficie de 10500000 km2 e unha densidade de poboación de 70 hab./km2. Ten unha distribución desigual: 
– As zonas máis densamente poboadas son as rexións industriais do centro e as costas do Mediterráneo.
– As zonas menos poboadas son as de climas extremos, relevo abrupto ou agrícolas.
Europa ten 740 millóns de habitantes, unha baixa natalidade e un crecemento natural débil. Ten o 7% da poboación mundial.

Pirámide poboacional de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela - Piramide de poblacion grupos quinquenales - Censo 2019

Evolucion de la poblacion desde 1900 hasta 2019





Crecemento natural ou vexetativo de Santiago de Compostela

Crecimiento Vegetativo del municipio de Santiago de Compostela desde 1996 hasta el 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario