lunes, 10 de febrero de 2020

TEMA 5 ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA

Temporalización:
Tarefas para a 2ª e 3ª semana de febreiro:
-Elaborar guión despois da lectura e comezar esquema e resumo do tema 5.
-Buscar nas diferentes fontes os países de Europa, en especial os 27 da Unión Europea.
-Completar o mapa mudo de Europa entregado o martes 18 de febreiro, primeiro a lapis, e unha vez confirmado, en bolígrafo e no reverso da folla os países coas capitales da U.E. Data límite ata o 6 de marzo.

ESPAÑA NA U.E.
1.-España, un Estado democrático
1.1.-Que é unha democracia
1.2.-A Constitución garante a democracia
1.3.-Dereitos edeberes dos cidadáns
1.4.-Como funciona a democracia.
2.-A división de poderes en España
2.1.-O poder lexislativo: o Parlamento
2.2.-O poder executivo: o Goberno
2.3.-O poder xudicial: xuíces e maxistrados.
3.-A organización territorial de España.
3.1.-Comunidades Autónomas
3.2.-Goberno das Comunidades Autónomas.
4.-Que é a Unión Europea
4.1.-Orixe da U.E.
4.2.-Obxectivos da U.E.
4.3.-Institucións da U.E e eleccións na U.E.
4.4.-Países da U.E.
4.5.-Vantaxes da U.E.

ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA
1. España, un Estado democrático 
España é un Estado democrático de Europa. A democracia española caracterízase polos seguintes trazos:
– Todas as persoas teñen os mesmos dereitos e deberes.
– Todos somos iguais ante a lei.
O poder reside no pobo.
A Constitución española de 1978 é a lei fundamental de España. Segundo esta, o goberno de España é:
– Unha monarquía parlamentaria: o Rei é o xefe de Estado baixo o control das institucións (reina pero non goberna).
– Un Estado de dereito.
– Un Estado social.
– Unha organización descentralizada (17 Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas).
A Constitución española recoñece os dereitos, as liberdades e os deberes dos cidadáns e cidadás.
O pobo elixe os seus gobernantes mediante o voto.

2. Como é... A división de poderes en España 
O poder lexislativo exérceno as Cortes Xerais ou Parlamento, que é a institución que representa ao pobo español.
As súas funcións son elaborar as leis, aprobar os orzamentos do Estado e controlar a actuación política do Goberno.
As Cortes Xerais están formadas:
– Polo Congreso dos Deputados (350 deputados e deputadas).
– Polo Senado (266 senadores e senadoras).
O poder executivo exérceo o Goberno formado polo Presidente e os ministros. As súas funcións son aplicar as leis e gobernar.
O poder xudicial exérceno xuíces e maxistrados. As súas funcións son xulgar persoas e institucións. O poder xudicial esta formado por:
Xulgados.
Tribunais de xustiza (Tribunal Constitucional e Tribunal Supremo).

3. A organización territorial de España 
España é un Estado descentralizado, a súa división territorial baséase nas Comunidades Autónomas, nas provincias e nos municipios.
Unha Comunidade Autónoma é un territorio de España cunhas características xeográficas, históricas e culturais comúns.
Unha Comunidade Autónoma gobérnase mediante un Estatuto de Autonomía que establece entre moitas outras cousas as competencias autonómicas nas que a Comunidade por si mesma pode lexislar e gobernar. As Comunidades Autónomas teñen:
Parlamento Autonómico.
Goberno Autonómico.
A provincia é unha unidade territorial que inclúe diversos municipios.
Un municipio é a división territorial máis pequena do territorio español e está gobernado polo Concello.

4. Que é a Unión Europea 
A Unión Europea fundárona 6 países europeos en 1957 e co nome de Comunidade Económica Europea (CEE). Querían crear un mercado común.
Cos anos, a CEE ampliou os seus membros. España entrou en 1986. Na actualidade, a Unión Europea ten 27 países (* o Reino Unido deixou dende o 31 de xaneiro do 2020 a U.E.)
Os obxectivos da UE son:
Crecemento económico, solidariedade e axuda económica entre os países membros.
– A libre circulación.
– O progreso científico e técnico.
– Defender os dereitos da poboación infantil e a diversidade cultural.
As principais institucións da UE son:
– O Consello da Unión Europea.
– A Comisión Europea.
– O Parlamento Europeo.
– O Tribunal de Xustiza.

5. Vivo... Nun país da Unión Europea
As vantaxes de ser un cidadán europeo son:
– Poder circular libremente, tanto as persoas coma as mercadorías, grazas ao mercado único.
– Gozar da cidadanía europea.
Formar parte do mercado único permítenos como consumidores:
– Mercar produtos procedentes de calquera país da UE sen pagar impostos.
– Pagar coa mesma moeda, o euro.
– Ter unha garantía da calidade dos produtos que foron elaborados na Unión Europea.
Como Estado membro:
– Axudas económicas.
– Protexer conxuntamente o ambiente ou medio natural.
– Participar nos avances científicos e tecnolóxicos.
A cidadanía europea dános dereito a:
– Defender os intereses propios.
– Viaxar, residir, estudar e traballar libremente en calquera país da Unión Europea.
– Recibir atención médica en calquera país grazas á tarxeta sanitaria europea.
– Ter garantido o cumprimento dos dereitos humanos que están recollidos na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE.
– Exercer o dereito ao voto e poder ser elixido nas eleccións municipais e no Parlamento Europeo.

Como se realizan as eleccións 
En España hai 4 tipos de eleccións:
Concellos. 
Cortes Xerais. 
Parlamento Europeo.
Parlamentos autonómicos. 
Calquera persoa maior de 18 anos e de nacionalidade española ou europea pode exercer o dereito de voto nunhas eleccións.
Os resultados electorais dependen do reconto de votos. Cada candidatura dun partido político obtén un número de representantes (escanos) proporcional ao número de votos conseguido.


Fonte: Vicens Vives


No hay comentarios:

Publicar un comentario