domingo, 17 de diciembre de 2017

Temporalización 2ª Quincena de decembro

Durante o mes de decembo comezaremos o Tema 3 "O clima" de C. Sociais (a partires do 14).
O tema 3 de C. Natureza dará comezo no mes de xaneiro.
Nesta semana faremos o guión da unidade de xeito individual, para ser comprobado o luns 18 no caderno de área.
Faremos tamén cunha aplicación ou no word un esquema de nubes ou figuras, chaves, etc do tema e de algún punto en concreto como por exemplos os climas de España.
Nos introducimos na interpretación dun climograma e mapas do tempo da prensa (A Voz, ou o Correo etc..). A lenda e os gráficos.Significado e lectura e interpretación da previsión do tempo atmosférico.

TEMA 3 O CLIMA
1.-O clima
1.1.O tempo atmosfércio
1.2.Factores

Introducción do tema:

1.-O tempo e o clima:

Chamamos tempo atmosférico ao estado no que se atopa a atmósfera nun lugar e nun momento concreto; e o clima ás condicións atmosféricas dun lugar concreto que se repiten cíclicamente ao longo dun ano (ou 5 anos mínimo).

Recordamos:
Tódolos fenómenos relacionados co tempo e o clima desenrólanse na atmosfera. Ésta é a capa gasosa que envolve  á Terra. Ten un espesor de máis de 1.000 km e os gases que contén (nitróxeno 78% e o osíxeno 21%) filtran parte dos raios solares que chegan á superficie. A capa en contacto coa superficie da Terra é a troposfera, na que se producen tódolos fenómenos meteorolóxicos. Grazas á atmósferas é posible a vida na Tierra debido a que:
  • Mantén unha temperatura adecuada.
  • Posé os gases necesarios  para cos amimais e as plantas desenrolen  as súas funcións vitais.
  • Protexe das radiacións  solares perxudiciais (raios gamma e ultravioleta)
  • Protéxenos da caída de corpos extraterrestres como os meteoritos que se desintegran ao pasar pola atmosfera.
  • Produce os procesos meteorolóxicos que xenera a chuvia ou o vento dos que dependen os seres vivos.
Por iso, calquer cambio importante que experimente a atmósfera terá consecuencias directas sobre os seres vivos que habitamos na Terra




Variacións da temperatura dependendo da latitude polo tanto temos tres zonas climáticas (zona fría (polos), zona temperada e zona cálida (Ecuador).) segundo a incidencia dos raios do Sol.


No hay comentarios:

Publicar un comentario