Temporalización T2 A representación da Terra
(Primeiros de novembro ata 23).
Vamos a empregar técnicas de estudo para recoller e plasmar estos apuntamentos nos vosos cadernos
Fixádevos (sobre todo no primeiro párrafo) e que cada un sexa capaz de elaborar os seus (recordade os colores e suraiado das palabras clave)
1.- As coordenadas xeográficas
Son unhas liñas imaxinarias (paralelos e meridianos) que se trazan sobre un globo terráqueo ou un mapa e nos axudan a localizar un punto exacto sobre a superficie terrestre.
1.1.-Paralelos son círculos imaxinarios que dividen a Terra en hemisferio norte e sur (como rodas ou toros). O principal é o Ecuador, Trópico Cancro e Capricornio e os Círculos Polares.
Latitude=distancia dun punto calquera da superficie terrestre ao Ecuador.Pode ser norte ou sur.
1.2.-Meridianos: son semicírculos imaxinarios que van do polo Norte ao Sur.O principal é o de Greenwich (0º).Mide a Lonxitude que é a distancia dende calquera punto da superficie terrestre ao meridiano 0º ou de Greenwich, pode ser Leste ou Oeste.
2.-Os fusos horarios: para crear un sistema de horario común.
Son 24, é dicir cada unha das 24 partes en que se divide a Terra (360º:24 = 15 º equivalen a 1 hora).
3.- Os mapas e os planos xeográficos.
É unha representación da Terra ou dunha parte dela.A cartografía é a ciencia que se encarga de elaborar planos.
Globo terráqueo é unha representación total da Terra (con forma de esfera)
Mapa: é unha representación plana da Terra ou parte dela.(mapas planisferios=físicos e políticos) e máis pequenos son os planos xeográficos (cidades,..)
Lenda, símbolos (cada un dos elementos do mapa) tamén chamados signos convencionais
(habituais) (cores, liñas, puntos, flechas, círculos...)
A escala numérica ou gráfica (redución do tamaño na súa representación)
4.-Tipos de mapas
-Físicos (representan as distintas formas do relevo terrestre)
-Políticos amosan a organización territorial.
-Temáticos reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade.De moitos tipos (población, climáticos, económicos..)
-Atlas é unha colección d mapas de diferentes tipos e formato.
Para copiar no voso caderno.Debuxade os globos terráqueos coa seguinte información para recordar.
Paralelos e Meridianos:
Para saber máis:
A terra.Capas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario