Temporalización: Febreiro-Marzo
Esquema-guión do Tema: "A industrialización"
A Revolución agrícola e Industrial.
1.1.-Transformacións agrícolas
1.2.-O nacemento da industria
1.3.-O crecemento da poboación.
-A revolución dos transportes
2.-Como era o traballo nas fábricas
3.-Una nova organización económica e social.
3.1.-A sociedade de clases
3.2.-O capitalismo
3.3.-As novas ideas sociais
4.-Unha cidade industrial
5.-A industrialización española
5.1.-Unha débil industrialización
-Unha industrialización en Galicia.
5.2.-O crecemento da poboación.
5.3.-O mantenemento da sociedade tradicional.
6.Arte e cultura s.XVIII-XIX
6.1-O século de ferro e o aceiro
6.2.-A fotografía e o cine.
Planteamiento: (tratamento e tarefas-actividades tipo)
-Facemos memoria, chuvia de ideas (etapas da Historia).
-Visionado trailer da película "Oliver Twist" ( veremos o film en inglés tamén, proxecto interdisciplinar)
-Infografía, imaxe ou liña do tempo para situarnos.
-Características económicas, sociais e políticas da Idade Media e Moderna (liñas xerais).
-Investigamos un pouco.
-Realizamos un visual thinking sobre este periodo (revolución agrícola e indutrial, páxs: 92-95). Cartolina ou folla A4.
-Visualización videos. Reflexión grupal.
-Visionado da película de Oliver Twist en inglés (proxecto interdisciplinar) e cumplimentado dunha ficha sobre ela.
Palabras clave: revolución agrícola, revolución industrial, excedentes, máquina vapor, burguesía, capitalismo, clase obreira, ferrocarril, millo e pataca (novos cultivos), rotación cultivos, barbeito, máquina de vapor, éxodo rural, James Watt,
Introdución:
A Revolución Agrícola, se dí tamén, que foi unha evolución rápida nos métodos de cultivo, que conlevou o gran incremento da productividade agrícola.
Tamén é o período no que se asentan e popularizan novas forraxeiras e outros cultivos procedentes de América (millo e pataca entre eles) que inflúe neste proceso.
Describe tamén un período de desenrolo agrícola en Gran Bretaña que abarca desde o século XVIII ata mediados do S. XIX, período durante o cal existíu un incremento moi alto da productividade agrícola, do rendemento e da producción total. Estes feitos provocaron un aumento da población sen precedentes, liberando do campo a un significante porcentaxe da población, que constituíu a man de obra da Revolución Industrial.
1.-A revolución agrícola e industrial
Desde finais do século XVIII, unha serie de innovacións científicas e técnicas transformaron a agricultura e propiciaron o nacemento da industria moderna. Este conxunto de transformacións constitúen a revolución agrícola e industrial.
1.1.-As transformacións agrícolas
Novas técnicas e novos cultivos (aforro de man de obra e mellora e aumenta a produción de alimentos.Entre elas:
-Inicio da rotación de cultivos (sistema barbeito+cultivo de plantas forraxeiras ou legumes)
-Introdución uso de fertilizantes (mellora a produtividade)
-Cultivos de América xeneralizanse: millo, pataca,
-Novas máquinas para: arar, sementar, segar, mallar,...
1.2.- O nacemento da industria
Pasamos da forza do ser humano e animal o da natureza (vento, auga) a finais do S. XVIII, a invención da máquina de vapor (carbón coma combustible principal), movía máquinas coa forza do vapor de auga. Grazas a isto se produciron gran cantidade de bens coas novas fontes de enerxía (chámase insdustrialización).
-Novos transportes grazas a máquina de vapor: o ferrocarril (vías, estacións..)
1.3.- O crecemento da poboación
Grazas a mellor alimentación permitíu o aumento da poboación. Os nacementos superaron as defuncións. Houbo éxodo rural cara as cidades (búsqueda de traballo) que creceron.
2.-Unha nova organización económica e social.
-O capitalismo: novo sistema económico-social baseado na produción, no libre comercio ou mercado e industria e nos bens privados (capital, diñeiro: medio polo cal se poden obter bens materiais, pagar polo traballo,...) para adquirir lucro.
-Nova organización social. Nova sociedade de clases: A burguesía e a clase obrera (obreiros).Prodúcese novas desigualdades sociais e xurden novas organizacións obreiras: sindicatos e os partidos socialistas (critican o capitalismo e defenden un sistema baseado na igualdade social (revolución para por fin o capitalismo e implantar unha nova sociedade sin clases sociais (socialismo)).
3.-As cidades industriais. Características: novas actividades económicas e industriais, fábricas, comercio, finanzas, (bancos) transportes....Novos barrios, mellora de infraestructuras (ilumninación, sumidoiros, pavimento. Novos transportes (ferrocarril, tranvías, e o metro).Novos entretenementos (teatros, casinos, cafés, salóns de baile..)
4.-A industrialización española: foi débil, con retraso e lenta.Xa que a terra seguía en mans de poucos e grandes propietarios (nobles e burgueses).A xente seguía adicada a agricultura.Excepto no País Vasco (finais do XIX coa industria siderúrxica) e Cataluña coa industria textil a partires de 1830, e as minas de carbón de Asturias.
-A industrialización en Galicia.Cambios a final do s.XIX e comezos do s.XX na tradicional industria pesqueira. Pásase das salgaduras á industria conservera que xerou outras modificacións en outros sectores (barcos, portos,..).
-Crecemento da poboación no s.XIX, menor ca en Europa polo lento proceso de industrialización, agricultura atrasada,alimentación deficiente, e expansión de enfermidades.Éxodo rural.
-Mantenemento da sociedade tradicional (nobreza).Nova burguesía agraria e industrial.Maioría poboación campesiña e nº obreiros son escasos excepto en Cataluña e País Vasco.
Século do Ferro e do Aceiro (e vidro): arte (enxeñeiros, arquitectos, novos edificios, a fotografía, o cinematógrafo (o cine)
Arte e cultura. Expresións artísticas.
O cine:xurde a finais do s.XIX. (Aproveitaremos este arte para tratar o tema)
A través do cine estudaremos esta etapa da historia, cos fragmentos do film Oliver Twist da novela de Charles Dickens, que reflexa e recolle dun xeito veraz o traballo infantil, as miserias, a delincuencia, o comezo da industrialización, da migración do campo a cidade, en definitiva a Inglaterra victoriana.Actividades e tarefas:
1.-Guión da unidade
2.-Liña do tempo da Hª e da Hª Contemporánea. En papel, caderno ou dixitalmente
3.-Esquema da unidade. Resumo. (Non esquecer as palabras clave).
4.-Visual thinking da revolución agrícola e industrial das páxs: 92 a 95. (Xa explicado e feito na aula e senón mira o que é e coma se fai neste vídeo: youtu.be/YP3pkm3RIbE )
5.-Pirámide da sociedade (Fai un debuxo cos estratos da sociedade do S XVIII-XIX)
6.-Opcional: facer un vídeo explicativo da arte e cultura ou da revolución industrial (ex: con móbil, ou apps coma Powtoon).
Pirámide da sociedade SXVIII-XIX
No hay comentarios:
Publicar un comentario