Este é o derradeiro punto do tema 1: o medio físico de Europa. Recordamos que a proba escrita de dita unidade será o mércores 28 de outubro. Consta dun mapa mudo sobre o relevo, é dicir, medio físico e unhas preguntas curtas ou a desenrolar sobre o tema (clima, vexetación e a paisaxe).
Ollo tamén: haberá revisión e control de cadernos, das áreas de C. Sociais e C. Natureza, a partires da 2ª quincena de outubro.
5.- O clima e a vexetación de Europa
-Predominan os climas temperados. Nalgunhas zonas presentan climas FRIOS.
-A vexetación está condicionada polo clima. É moi variada e modificada polo ser humano.
5.1.- Os TIPOS de clima:
1.-Os climas TEMPERADOS presentan 3 variedades.
1.1.-O clima OCEÁNICO ou ATLÁNTICO dáse na costa atlántica
1.2.-O clima MEDITERRÁNEO polo sur de Europa.
1.3.-O clima CONTINENTAL, ocupa o centro e o leste de Europa.
2.-Os climas FRIOS, dous tipos:
2.1.-O clima POLAR, localízase zonas do Norte e do Círculo Polar Ártico e Islandia.
2.2.-O clima de MONTAÑA dáse nas cordilleiras elevadas.
Cadro resumo dos climas, a vexetación de Europa coas súas carácterísticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario