miércoles, 28 de octubre de 2020

 TEMA 2: A NUTRICIÓN
1.-Que necesitamos para funcionar?
2.-O proceso dixestivo
3.-A respiración
4.-A circulación: a viaxe dos alimentos
5.-A excreción. Como eliminamos os refugallos.

1.- Que necesitamos para funcionar?
O noso corpo necesita nutrientes enerxía. Os nutrientes e a enerxía que precisamos obtéñense grazas a función da nutrición.
1.1.-A función de nutrición: teñen lugar distintos procesos:
  • O noso organismo toma o osíxeno do aire e transforma os alimentos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes.
  • Nas células, o osíxeno e os nutrientes transfórmanse en enerxía para realizar as funcións vitais.
O osíxeno e os nutrientes tamén se transforman en materia, necesaria crecer e renovarse. Durante todo este proceso, prodúcense substancias de refugallo que o corpo expulsa ao exterior.
1.2.-Aparatos que interveñen na nutrición: 
Son (4) catro aparatos que traballan de forma coordinada. Son o aparato dixestivo, o aparato respiratorio, o aparato circulatorio e o aparato excretor

Cada un destes aparatos realiza unha tarefa: 
  • aparato dixestivo transforma en nutrientes os alimentos e expulsa os residuos ao exterior en forma de feces
  • aparato respiratorio toma o osíxeno do aire a través dos pulmóns e expulsa ao exterior o dióxido de carbono, que é un residuo que se produce en todas as células. 
  • aparato circulatorio leva os nutrientes e o osíxeno ás células. Tamén se encarga de transportar os refugallos para eliminalos. 
  • aparato excretor está formado polo sistema urinario e as glándulas sudoríparas. Encárgase de eliminar os refugallos producidos polas células. Mestúraos con auga para producir a urina e a suor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario