martes, 19 de febrero de 2013

Tema 7 As máquinas

TEMA 7: "AS MÁQUINAS"

Comezamos o venres 15 co tema 7. Despois de facer a prelectura dúas veces, fixeron unha lectura comprensiva, subraiado e a continuación, fixemos unha posta en común das máquinas, e a súa función.

O luns continuamos coa elaboración dos apuntes persoais despois de desgranar os puntos de que trataba o tema comentado, é dicir o esquema do tema (ordear as ideas fundamentais do texto, idea global do tema) para crear cada un os seu resume.

A estructura, guión ou esqueleto que presenta esta lección é a seguinte:
A partires desta estructura fixeron os seus apuntes persoais empregando esquemas, nubes, chaves etc..Cada un escolleu o seu formato para realizar na libreta durante o luns e martes.


Tarefa para avaliar (dende o 21 ao 28 de febreiro): IMPORTANTE

Co tema 7 "As máquinas" e o tema 8 "Avances tecnolóxicos" non haberá proba escrita. Farán un proxecto en equipo (traballo cooperativo, grupos).Nos vindeiros días xa darei as pautas ou directrices para facelo.(a modo resumo: elaboran o proxecto (diversos materiais, temática, bocetos, debuxos, maquetas, ficha escrita na libreta, presentación, exposición e posta en común de forma oral na aula ao resto de compañeiros....)



ESQUEMA ORIENTATIVO


TEMA 7: As Máquinas

7.1.-Definición de máquinas. Natureza. Enerxía (humana, animal outras fontes: eólica, solar, eléctrica..)

7.2.-Tipos de máquinas: elementos ou compoñentes.

7.2.1.-Simples:
              -Pancas: partes (Pto. Apoio, Resistencia,Forza).
                 Tipos: 1º xénero (F Ap R ), ex: tixeiras, bambán parque infantil...
                            2º xénero (F R Ap ), ex: cascanoces.
                            3º xénero ( Ap F R ), ex: pinzas de xeo.

             -A polea: roda que xira sobre un eixe que ten un suco. varias forman un polipasto. 

             -O plano inclinado: é unha rampa

7.2.2.-Compostas: compoñentes. Os elementos que transmiten movemento chámanse elementos de transmisión. Son: 

-Mecánicos:

    * Manivela:

    * Engrenaxes:

           -Rodas dentadas

           -Rodas dentadas e cadea.

-Eléctricos/ electrónicos.







AS MÁQUINAS ( para situarnos ):

O ser humano sempre intenta realizar traballos que subrepasan a súa capacidade física ou intelectual. Algúns exemplos desta actitude de superación poden ser: mover rochas enormes, elevar coches para reparalos, transportar obxectos ou persoas a grandes distancias, extraer sidra da mazá, cortar árbores, resolver gran número de problemas en pouco tempo...

Para solucionar estes grandes retos inventaron as máquinas: unha grúa ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, ou os foguetes espaciais; sen esquecer tampouco ao simple coitelo, as imprescindibles pinzas de depilar, o adorado ordenador ou as obrigatorias escaleiras. Todos eles son máquinas e en común teñen, polo menos, unha cousa: son inventos humanos cuxo fin é reducir o esforzo necesario para realizar un traballo.Practicamente calquera obxecto pode chegar a converterse nunha máquina sen máis que darlle a utilidade axeitada. Por exemplo, unha costa natural non é, en principio, unha máquina, pero convértese nela cando o ser humano a usa para elevar obxectos cun menor esforzo (é máis doado subir obxectos por unha costa que elevalos a pulso); o mesmo sucede cun simple pau que nos encontramos tirado no chan, se o usamos para mover algún obxecto a xeito de panca xa convertémolo nunha máquina.




TIPOS DE MÁQUINAS según a súa complexidade

Analizando o noso ámbito podo encontrarnos con máquinas sinxelas (como as pinzas de depilar, o balancín dun parque, un coitelo, un cortaúñas ou un motor de gomas), complexas (como o motor dun automóbil ou unha escavadora) ou moi complexas (como un foguete espacial ou un motor de reacción), todo iso dependendo do número de pezas empregadas na súa construción.

Según as tecnoloxías, poden ser:
Por último podemos ver que algunhas delas son esencialmente mecánicas (como a bicicleta) ou electrónicas/eléctricas (como o ordenador); pero a maioría teñen mesturadas moitas tecnoloxías ou tipos de enerxías (unha escavadora dispón de elementos que pertencen ás tecnoloxías eléctrica, mecánica, electrónica, hidráulica, pneumática, térmica, química... todo para facilitar a extracción de terras).

Máquinas simples:
Cando a máquina é sinxela e realiza o seu traballo nun só paso encontrámonos ante unha máquina simple. Moitas destas máquinas son coñecidas dende a prehistoria ou a antigüidade e foron evolucionando incansablemente (en canto a forma e materiais) ata os nosos días.

Algunhas inventos que cumpren as condicións anteriores son: coitelo, pinzas, rampla, cuña, polea simple, rolo, roda, manivela, torno, machado, pata de cabra, balancín, tesoiras, alicates, chave fixa...

As máquinas simples pódense clasificar en tres grandes grupos que se corresponden co principal operador do que derivan: panca, plano inclinado e roda.



Para saber máis: pincha aquí debaixo.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/andared02/maquinas/

No hay comentarios:

Publicar un comentario